Noticias
17 de decembro de 2019
Córdoba Patrimonio 5-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non poderá regresar de terras andaluzas con boas sensacións tras sucumbir ante Córdoba Patrimonio da Humanidade (5-1). Os tres goles encaixados na primeira parte pesaron demasiado para os galegos, malia gañar en comodidade sobre a pista e finalización na segunda. Agora toca pensar en despedir o ano e a primeira volta, en Vista Alegre, no gran talismán, cunha alegría. Jimbee Cartagena será o rival da xornada 15 o sábado, a partir das 18.30 horas.

Córdoba saltou á pista coas cousas máis claras que o Burela. Os de Juanma Marrube viviron un fatídico minuto, no 6, encaixando dúas dianas, a través de César, de estratexia, e Manu Leal, en penalti. Non conseguiu meterse no partido o conxunto galego e Zequi, en acción individual, volveu facer dano, co terceiro, no 16. Luisma e Pitero dispuxeron de grandes ocasións antes do descanso para reducir a contenda e foi precisamente o 6 burelista o encargado de poñer o 3-1 a poucos segundos do reinicio.

A Alma Laranxa estaba disposta a todo, seguía loitando contra vento e marea; os de Juanma Marrube dispuxeron de máis presenza en cancha contraria e sobre todo de máis finalización na segunda parte; o Pescados Rubén estaba cómodo con pelota e xeraba ocasións. Con oito minutos aínda por diante subiu a quinta falta local. A escuadra galega tivo a oportunidade de reducir nun dobre penalti de Matamoros, no 34, que se estrelou contra o pau; era a gran oportunidade para ir a por os tres puntos con todo. Foi entón cando o 10 mariñano se enfundou na camiseta de porteiro xogador, pero a fortuna non se aliou cos seus intereses e foi Cristian Ramos o que atopou o 4-1 a porta baleira no 39. A falta de 5 segundos para a bucina final Zequi anotou o 5-1.



Ficha técnica

Córdoba Patrimonio de la Humanidad: Cristian Ramos, Jesús, Manu Leal, César, Koseky, cinco inicial; tamén xogaron Lolo, Zequi, Pablo, Giasson, Cristian Cárdenas, Gonzalo

Pescados Rubén Burela FS: Edu, Joselito, Lucho, Matamoros, Álex Diz, cinco inicial; tamén xogaron Renato, Everton, Juanfran, Pope, Luisma, Pitero

Goles: 1-0, minuto 7, César; 2-0, minuto 7, Manu Leal (penalti); 3-0, minuto 16, Zequi; 3-1, minuto 21, Luisma; 4-1, minuto 39, Cristian Ramos; 5-1, minuto 40, Zequi.

Árbitros: Blas Alonso // Romero Candela. Por Córdoba amarela a Zequi (minuto 26). Por Burela amarela para Luisma (minuto 7), Juanfran (minuto 25), Matamoros (39)

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Primeira División disputado no Vista Alegre de Córdoba.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores