Noticias
30 de decembro de 2019
Ceuta, destino en 2020 para o laranxa Juanfran
O ala murciano Juanfran Botía Galiano incorporarase ao UA Ceutí co ano novo. O 11 laranxa, con contrato co Pescados Rubén Burela FS ata xuño de 2020, defenderá á escuadra de Segunda División como reforzo de inverno, xunto a outro dos seus compañeiros na Mariña, o brasileiro Everton.

Juanfran recalou no equipo de Juanma Marrube en 2018-19 para converterse nunha das almas que cumpriron o gran soño do regreso á elite para o conxunto galego, proclamándose campión de Segunda a tempada pasada.

A Familia Laranxa agradece o compromiso e a valiosa achega do ala murciano no crecemento do Pescados Rubén ao longo desta tempada e media. Juanfran, o UA Ceutí tamén medrará grazas á túa axuda.

Moita sorte!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores