Noticias
9 de xaneiro de 2020
DESTACADA
Abonos de Media Tempada xa dispoñibles
O Pescados Rubén Burela FS xa ten á disposición de tod@s @s interesad@s os abonos de media tempada. Con 50% de desconto, poderás gozar de toda a segunda volta de Primeira División Masculina e Feminina en Vista Alegre.

Ademais terás as mesmas vantaxes que os abonados de comezo de tempada, cun 10% de desconto no Servizo de Wellness do Thalasso Resort Las Sirenas de Viveiro.

Tarifas Media Tempada 2019-20:

0-5 anos: Gratuíto

6-17 anos: 10 euros

Abono 25 (18-25 anos): 25 euros

Xubilad@: 35 euros

Individual: 50 euros

Familiar (só para soci@s antig@s): 80 euros


Podes formalizar o teu carné na sede do club laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta 10). Horario de atención ao público: De luns a xoves, 10.00-14.00 //16.00-19.00 Venres: 10.00-14.00 horas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores