Noticias
14 de xaneiro de 2020
Autos Llano e Pescados Rubén renovan o seu acordo ata 2022
Autos Llano e Pescados Rubén Burela FS acaban de renovar o seu acordo ata 2022. Fernando Lozano, directivo da empresa vilalbesa, visitou a sede do club laranxa para pechar a ampliación do contrato co presidente, Manuel Blanco.

“Esta é a terceira tempada que percorremos España con Autos Llano como transporte oficial da entidade; é unha empresa de competencias contrastadas que nos brinda os mellores servizos para os nosos deportistas e estamos moi satisfeitos con contar con eles os dous próximos exercicios” aplaudía así Manuel Blanco a continuidade na relación coa firma, tras a recente presentación do novo Bus Laranxa, co confort e a modernidade como sinais de identidade para facer máis levadeiros os centos e ata miles de quilómetros que escuadras sénior teñen que percorrer en Primeira División.

Fernando Lozano, segunda xeración xunto a Alfredo Lozano á fronte de Autos Llano, tamén mostrou o seu agrado por “seguirse afianzando no sector, con entidades deportivas, conservando e coidando a proximidade e especial atención cos clientes, algo ao que levamos sendo fieis nos máis de 50 anos de historia da empresa, cunha flota de 30 autobuses e 50 traballadores”.

Desde novembro, o Bus Laranxa de Llano loce novo look, a cargo da empresa RM Deseño e Imaxe de Vilalba, con presenza dos principais apoios do Pescados Rubén Burela FS polo seu periplo desde a base á elite, coa axuda institucional con Xunta de Galicia, Deporte Galego-ABanca, Deputación de Lugo e Concello de Burela, e do principal patrocinador, Pescados Rubén coa marca Rubén 1964, ademais das empresas colaboradoras da entidade Joma, Halcón Viajes, Mejuto, Galitec e Serviplus.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores