Noticias
3 de febreiro de 2020
Duelo amigable co Xapón antes de Copa do Rei
Descanso de liga pero sen tregua sobre a pista. Vista Alegre acollerá mañá, martes 4, un amigable entre o Pescados Rubén Burela FS e a Selección de Xapón, ás 20.30 horas. Será o preámbulo dun desafío máximo con cuartos de Copa do Rei, o mércores 12, na pista do FC Barcelona (Palau, 15.30 horas), co regreso á competición regular xa o sábado 15, coa visita doutro titán, ElPozo Murcia, á comarca da Mariña.

O combinado nipón recalará na Bomboneira tras a vitoria de onte fronte ao Parrulo (2-3). O enfrontamento co Esteo, o xoves, completará o stage da selección do galego Bruno García como preparatorio do AFC Futsal Championship (26 de febreiro-8 de marzo) en Turkmenistán e que será clasificatorio para o Mundial de Lituania 2020.

Xunto aos lesionados Amoedo e Pitero, tampouco entrará na convocatoria laranxa Lucho, por molestias, nin Xande, inmerso no clasificatorio con Uruguai. Quelle, Renato Rodrigues e Bruno serán algúns dos xuvenís da lista de Juanma Marrube para a cita, na que tamén estará M. Kaluza tras os seus compromisos con Polonia.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores