Noticias
8 de febreiro de 2020
Na final four da Raíña, tras vencer pola mínima a Leganés (1-2)
O Pescados Rubén Burela FS gañou esta tarde o pase á final four da Copa de SM A Raíña tras vencer pola mínima ao Leganés Masdeporte (1-2), nunha cita na que as mariñás dispuxeron de inmensidade de ocasións pero non puideron rematar ata a recta final. Poio e Alcorcón fixéronse cos outros dous billetes tras impoñerse a Roldán (1-0) e Futs (3-1) respectivamente. O cuarto protagonista decidirase mañá ás 12.00 en La Granja, Zaragoza-UA.

Tenteou Peque, por partida dobre, antes do minuto 2. Probou fortuna Jenny no 3 desde fóra da área, pero a estrea do luminoso chegou nas zapatillas da sempre máxica Cilene, no minuto 6, de penalti. Jane, nunha bonita combinación laranxa, no 8 e Cilene, no 16, a balón parado, non puideron ampliar a vantaxe, e Jozi, con apenas traballo, mantivo esa renda no 17 ante dúas boas chegadas, de Elena e Stone, e máis tarde de Guti, no 19, para chegar ao tempo de descanso con vantaxe.

Estrelouse o cadro galego contra a rede madrileña na segunda parte de novo con dominio e xogo, pero coa fortuna de costas nos últimos metros. Jane a punto estivo de sorprender no 26, á escuadra; a 11 laranxa volveu ter outra gran oportunidade nos seguintes compases, sen éxito. Dany intentouno nunha transición rápida no 30, pero foi a parar á meta do Leganés. E volveu á carga Jane ata en tres ocasións. Con case sete minutos por diante, o Pescados Rubén apostou por xogo de cinco. A cruceta desartellou o segundo laranxa nun pase longo a Peque no 35 e Leganés aproveitou para poñer o 1-1 ao minuto seguinte, con pase en profundidade que Guti sentenciou fronte ao adelantamiento de Jozi. As Guerreiras non estaban dispostas a ceder en na pugna pola nova coroa e recuperaron a iniciativa no marcador no 38, coa máis incisiva do partido, Jane, a pase de Peque. As locais non conseguiron recompensa con porteira xogadora, aínda que dispuxeron dunha boa ocasión que pegou no pau rozando a bocina.

La Fortuna será de novo o destino para as mariñás o vindeiro sábado, co regreso da competición de liga, na xornada 20, ás 19.15 horas.



Ficha técnica

Leganés Masdeporte FS:Sandra, Patri Montilla, Patricia B., Ampi, Stone, cinco inicial; tamén xogaron Elena, Carmen, Guti, Saki, Mónica, Esther

Pescados Rubén Burela FS: Jozi, Dany, Cristina, Peque, Jenny, cinco inicial; tamén xogaron Cilene, Jenny Lores, Bea Mateos, Jane, Luci

Goles: 0-1, minuto 6, Cilene (penalti), 1-1, minuto 36, Guti; 1-2, minuto 38, Jane

Árbitros: Munez Carpintero // Moreno Durán. Por Leganés amarela a Sandra (minuto 15), Elena (minuto 38). Por Burela amarela a Jenny (minuto 37)

Incidencias: Partido correspondente a cuartos de final de Copa de SM A Raíña disputado en La Fortuna.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores