Noticias
24 de febreiro de 2020
O Parrulo visita a Bomboneira no inicio das semifinais galegas (entrada gratuíta)
O Parrulo FS visitará mañá a Bomboneira na ida de semifinais de XXIX Copa Galicia (20.30 horas, entrada gratuíta). Así, o Pescados Rubén Burela FS inicia a terceira semana de dobre cita sobre o parqué, que se pechará o sábado recibindo o FC Barcelona (Día do Club, 17.00 horas).

“O cadro está mentalizado do que supón o calendario nestes meses de febreiro e marzo e con esa premisa o equipo está ben; sabíamos que iamos estar moi saturados de partidos, case sen adestramentos, e co efectivos xustos polos minutos e polos quilómetros” explicaba o técnico, Juanma Marrube, agardando “unha cita moi esixente ante un rival moi duro, como está demostrando tanto na liga coma na Copa. Esperamos un encontro moi igualado”

Ferroláns e mariñáns víronse xa as caras en dúas ocasións esta tempada. Na liga, a vitoria quedou na Malata con 4-1 e, na Copa do Rei, foi para Vista Alegre, con 7-1.

O cadro de Juanma Marrube realizará a última sesión antes da cita copeira hoxe pola tarde, ás 16.30 horas en Vista Alegre.

A outra semifinal tamén comezará mañá, na pista compostelá, Santiago Futsal-Noia Portus Apostoli (21.00 horas).

Coma na competición feminina, o partido de volta está previsto para o 18 de marzo. Os vencedores pelexarán polo título o 11 de abril, na final.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores