Noticias
Arquivo de Xaneiro 2010
Aos benxamíns escápaselles a final do 'Cidade de Lugo'
O equipo benxamín da EDM Burela FS rematou o seu periplo na fase nacional/internacional do VIII Torneo ‘Cidade de Lugo’ cun meritorio papel, aínda que lle faltou un pouco de sorte. Despois dun empate, unha vitoria e unha derrota, aos pequenos futbolistas laranxas escapóuselles a segunda praza do grupo e, polo tanto, o pase á final. No seu primeiro enfrontamento, o conxunto burelao soubo estar á altura do CPR A Merced, subcampión da pri
4 de xaneiro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo
A cor laranxa brilla no Torneo Benéfico 'Mételle un Gol ó Cancro'
A cor laranxa do CD Burela FS brillou con luz propia no partido de exhibición do X Torneo Benéfico ‘Mételle un Gol ó Cancro’ na tarde de onte en Abegondo. Os pupilos de Suso Rey impuxéronse con soltura ante o Deportivo de Veteranos (1-5), conxunto que contou con figuras de recoñecido prestixio como Paco Jémez, Manjarín ou Luís Gómez. O público que se achegou ao pavillón de San Marcos puido contribuír a unha boa causa e gozar do es
4 de xaneiro de 2010
O Burela FS Feminino disputará o II Trofeo Raíñas Meigas ante o Valladolid
O Burela FSF Pescados Rubén preparará o seu regreso á competición ligueira co II Trofeo Raíñas Meigas Concello de Burela, o vindeiro domingo, 10 de xaneiro, ante o Valladolid FSF, rival das pupilas de Javier Pardeiro na División de Honra. Vista Alegre acollerá o duelo da elite futbolística a partir das 12.00 horas. Baixo a organización do CD Burela FS e coa colaboración d
4 de xaneiro de 2010
Visita real ao Hospital da Costa
Aínda que sen capa de Oriente, o CD Burela FS visitou onte a sección de Pediatría do Hospital da Costa, na vila, para adiantarse aos Reis Magos. As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Ro e Marta foron acompañadas polo delegado do equipo feminino Manuel Carballés. Coma se de paxes reais se tratara, as futbolistas laranxas quixeron facerlles entrega aos nenos ingresados de diferentes agasallos, como peluches ou contos, ademais de inte
5 de xaneiro de 2010
Los Telares viste o Burela FS Feminino
O Burela FSF Pescados Rubén presentou a roupa de tempada que lucirán as xogadoras e o corpo técnico nos eventos oficiais. A firma española de téxtil Los Telares, dirixida en Burela por Ángeles Marcos, encárgase de vestir a entidade laranxa no exercicio 2009-10. Nunha tendencia ‘casual’, a indumentaria do equipo feminino comporase de pantalón chinés en ton tostado, con chaqueta de la e cazadora negras. O xerente do club laranx
5 de xaneiro de 2010
A internacional brasileira Jozi defenderá a meta do Burela FS Feminino
A gardameta brasileira internacional Joziane de Oliveira, máis coñecida como Jozi, vestirá a camisola do Burela FSF Pescados Rubén en Honra, no seu regreso do descanso de Nadal; a incorporación laranxa foi presentada onte nas oficinas do club polo presidente da entidade, José Ramón González Casas, e o directivo José Luís Sáez. Aos seus 27 anos, Jozi posúe unha prestixiosa traxectoria, onde destacan os títulos de campioa mundial universitaria d
6 de xaneiro de 2010
I Torneo de Reis 'AD Santiago de Foz', cita para os prebenxamíns burelistas
Os tres equipos que compoñen a categoría prebenxamín da EDM Burela FS participarán no I Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz 2010’ este sábado, 9 de xaneiro. Os conxuntos laranxas A e C, nados/as en 2002-03, estarán integrados no Grupo Prebenxamín xunto ao AD Santiago de Foz, Praia de Covas e Puerto Celeiro FS; disputarán os seus encontros no pavillón do colexio do Pilar. O equipo B, con alumnos/as nacidos/as en 2003-04, xogará no Grupo
7 de xaneiro de 2010
Presentación do II Trofeo Raíñas Meigas Concello de Burela
O CD Burela FS presentou esta tarde, no salón de plenos do consistorio burelao, o II Trofeo Raíñas Meigas Concello de Burela de Fútbol Sala Feminino. Coa colaboración da Delegación de Deportes municipal e o patrocinio da Área de Deportes da Deputación de Lugo, o club laranxa ofrecerá nesta cita, o 10 de xaneiro, un duelo da División de Honra, entre o Burela FS Feminino Pescados Rubén e o Valladolid FSF. O acto contou coa presenza do d
7 de xaneiro de 2010
A ala-pivote Drica deixa de ser xogadora do Burela FSF
A ala-pivote Adriana da Costa, Drica, non seguirá sendo xogadora do Burela FSF Pescados Rubén na presente tempada. O club laranxa decidiu non prolongar a súa relación contractual coa brasileira, vixente ata o pasado mes de decembro. A xunta directiva do CD Burela FS agradece á futbolista os servizos prestados durante estes meses e deséxalle os maiores logros na súa nova etapa.
8 de xaneiro de 2010  |  Foto: Antonio López-El Progreso
O Burela FS renova o seu convenio co Concello para a xestión da escola deportiva
O CD Burela FS renovou esta mesma mañá o seu convenio de colaboración co Concello de Burela para 2009-10, polo que a entidade laranxa asume, unha tempada máis, a xestión da escola deportiva municipal de fútbol sala. O consistorio acolleu a sinatura do compromiso entre a concelleira de Deportes, Neves Cando, e o directivo burelista Marcelino Luna. Este é o terceiro ano de xestión para o club laranxa na escola deportiva municipal, con pr
8 de xaneiro de 2010  |  Foto: Concello de Burela
Aprazado o encontro Burela FS-BP Andorra ata o 15 de febreiro
O Burela FS pospón o seu encontro ante o BP Andorra de mañá, correspondente á décimo sexta xornada da División de Prata, por petición do equipo pirenaico. A data alternativa para o enfrontamento queda fixada para o  Luns de Entroido, 15 de febreiro, coa hora aínda por confirmar. O club andorrano solicitou o aprazamento do partido ante a dificultade de trasladarse ata Galicia pola adversidade das condicións metereolóxicas; as forte
8 de xaneiro de 2010
Burela e Valladolid protagonizan o II Trofeo Raíñas Meigas este domingo, ás 12.00
A afección laranxa ten esta fin de semana unha cita co fútbol sala feminino de elite; será o domingo, co II Trofeo Raíñas Meigas Concello de Burela, que enfrontará o Burela FSF Pescados Rubén e o Valladolid FSF, coa colaboración da Concellería de Deportes burelá e a Área de Deporte da Deputación de Lugo. A partir das 12.00 horas, o pavillón Vista Alegre acollerá un encontro moi igualado entre dous equipos de Honra separados por un pun
8 de xaneiro de 2010
Os burelistas álzanse co 'AD Santiago de Foz 2010' en miniprebenxamíns
A EDM Burela FS proclamouse campioa do I Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz 2010’, esta fin de semana, como miniprebenxamín. Os máis pequenos do club laranxa, Prebenxamín B, fixéronse co título despois de impoñerse ao equipo anfitrión (3-7) e o Praia de Covas (3-5). Os outros dous representantes burelistas no torneo focego, Prebenxamín A e C, participaron na categoría prebenxamín, apuntando maneiras, aínda que con menos sorte. O primei
11 de xaneiro de 2010
Os de Suso Rey reciben o Azkar Lugo este mércores, nun amigable
Despois do aprazamento da visita andorrana na liga, os pupilos de Suso Rey recibirán este mércores, 13 de xaneiro, o Azkar Lugo, da División de Honra, nun amigable. O pavillón Vista Alegre acollerá o encontro de adestramento, de portas abertas, a partir das 19.30 horas. O Burela FS reiniciará a competición en Prata o vindeiro sábado, 16, na pista de La Muela-Aragón (18.00 horas, Ciudad Deportiva La Mu
11 de xaneiro de 2010
Claudia remata a súa intervención con Galicia a un paso da final nacional
A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén Claudia colgou a camisola galega na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, quedando a un paso da final. No primeiro enfrontamento, o sábado pasado en Ourense, as cousas parecían comezar ben para Galicia, co triunfo ante Cantabria por 2-0. Non obstante, onte a derrota ante Madrid (5-3) privou ao equipo de María Varela Bardanca do pase en favor das madrileñas. Claudia tivo
11 de xaneiro de 2010
O Burela FSF revalida o Raíñas Meigas ante o Valladolid (2-1), na súa segunda edición
O Burela FSF Pescados Rubén revalidou o título do Raíñas Meigas onte ante o Valladolid FSF (2-1), na segunda edición do trofeo burelao. O conxunto laranxa recibiu o trofeo de campión do delegado de Deportes da Deputación de Lugo, Antón Veiga. A concelleira de Deportes, Neves Cando, foi a encargada de entregarlles ás valisoletanas a copa de subcampioas. O duelo entre mariñás e pucelanas rexeuse pola cautela. Ningunha das escuadras quixo
11 de xaneiro de 2010  |  Foto: Manuel Cao
Espina & Delfín presta o seu apoio á base laranxa
A empresa galega Espina & Delfín prestará o seu apoio á base do CD Burela FS a través do patrocinio do conxunto cadete na tempada 2009-10. Con base no acordo pechado entre a compañía hidráulica e o club laranxa, o conxunto que adestra Marcelo Santoro, ‘Neco’, lucirá o logo de Espina & Delfín na parte dianteira das camisetas de competición, na Liga Autonómica Cadete. Fundada nos anos 70, a empresa dirixe a súa activida
12 de xaneiro de 2010
Jozi incorpórase ao profesorado da escola laranxa
A internacional brasileira Joziane de Oliveira, nova porteira do Burela FSF Pescados Rubén, incorporarase ao profesorado da EDM Burela FS, que dirixe Alfonso Mera, para adestrar os pequenos e pequenas gardametas. Jozi, que compartirá moitos dos seus coñecementos e segredos coas categorías benxamín, alevín e infantil en sesións específicas, amplía a nómina de xogadores e xogadoras dos primeiros equipos laranxas que xa desenvolven estas
13 de xaneiro de 2010  |  Foto: Manuel Cao
O duelo entre mariñáns e lugueses resólvese cun axustado 1-2
O duelo amigable entre o CD Burela FS e o Azkar Lugo resolveuse onte cun axustado 1-2 a favor dos transportistas, nunha cita na que os anfitrións non estiveron acertados de cara á portería. Nun encontro moi igualado, poucos foron os goles en Vista Alegre, que estiveron concentrados no segundo período da primeira parte. A vantaxe que Juanma lles brindou aos laranxas, co 1-0 no minuto 11, converteuse en empate poucos segundos despois das
14 de xaneiro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Amigables   EDM Burela FS Alevín B-Puerto Celeiro AlevínSábado 16 de xaneiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   EDM Burela FS Prebenxamín C-Puerto Celeiro PrebenxamínSábado 16 de xaneiro, ás 17.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
14 de xaneiro de 2010
As mellores instantáneas da familia burelista 2009-10 xa están dispoñibles en Foto Sergio
As mellores imaxes da gran familia que compón o CD Burela FS en 2009-10 xa están dispoñibles en Foto Sergio, dende a instantánea do club ata os cadros das categorías inferiores. As persoas interesadas xa poden adquirir as fotografías no devandito establecemento burelao, situado na rúa Rosalía de Castro, número 57. Calendario Laranxa 2010 Cos mesmos protagonistas saíu á rúa o tradicional ‘Calendario Lara
14 de xaneiro de 2010
A Coruña e Lugo, rivais da Mariña na final de Seleccións Locais Base
A Coruña e Lugo serán os rivais da Mariña Benxamín e Cadete, respectivamente, na final do Campionato Autonómico de Seleccións Locais, que terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro domingo, 17 de xaneiro. O conxunto cadete logrou a clasificación grazas ás vitorias ante o combinado de Lambre e Ferrol; os benxamíns, ademais dos triunfos fronte ás devanditas seleccións, precisaron un terceiro encontro, ante Cambre (
15 de xaneiro de 2010
A División de Prata volve para os burelaos en terras aragonesas
Despois do aprazamento Burela FS-BP Andorra da semana pasada, os pupilos de Suso Rey retoman por fin a competición de Prata este sábado, 16 de xaneiro, en terras aragonesas. Enfrontaranse a La Muela no centro deportivo da localidade zaragozana, a partir das 18.00 horas. Sen perder a terceira praza (28 puntos) e cun partido menos, o Burela FS loitará pola vitoria na décimo sétima xornada ante o duodécimo (14 puntos) do Grupo Norte. 
15 de xaneiro de 2010
O Burela FSF comeza 2010 sen lesións ante o Soto del Real
O Burela FSF Pescados Rubén comeza 2010 coa décimo quinta xornada de Honra sen lesións. O cadro de Javier Pardeiro afrontará mañá a visita do Soto del Real madrileño coa volta da pichichi laranxa, Lucía, que poderá gozar dos seus primeiros minutos dende a escordadura de nocello sufrida ante o Móstoles en decembro. Vista Alegre acollerá a cita ás 18.30 horas. No antepenúltimo encontro da primeira volta, o Burela FS Feminino pelexará por
15 de xaneiro de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
O equipo masculino cae ante La Muela (3-2) pero mantén a terceira praza
A derrota do Burela FS no seu desprazamento a Zaragoza non lle impide continuar na terceira praza do Grupo Norte. Empezou marcando o cadro de Suso Rey por mediación de Javi Rodríguez (0-1. Minuto 7), pero déronlle a volta ao marcador os aragoneses por mediación de San Miguel (minuto 13) e Jose Mari (minuto 25). No treito final, cando os laranxas intentaban a remontada, a mala sorte fixo que Minu marcase un gol en propia porta (3-1, min
16 de xaneiro de 2010
Vitoria do Burela FSF (2-0) ante un difícil Soto del Real
Gañaron as pupilas de Javier Pardeiro un partido que se lles puxo de cara aos cinco minutos grazas a un gran gol de Lucía á saída dun córner. As madrileñas intentaron enfrontar o xogo laranxa cunha defensa agresiva e algunha que outra xogada que a piques estivo de custar un desgusto á parroquia local, aínda que a primeira parte rematou con 1-0. Durante a segunda parte, o xogo volveuse espeso e ningún dos dous equipos mandaba con clarid
16 de xaneiro de 2010
Os burelistas Brais, Turero e Manuel, na Selección Galega Sub-20
Os integrantes do CD Burela FS Brais García e Rubén García, ‘Turero’, foron reclamados por Galicia Sub-20, xunto ao xuvenil Manuel Jiménez, para a preparación do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que terá lugar en Santiago de Compostela entre o 10 e o 14 de febreiro. O primeiro adestramento do combinado que dirixe Santiago Valladares será hoxe, luns, ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Pontepedriña. Xunto
18 de xaneiro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Amigables   EDM Burela FS Alevín B 3-3 Puerto Celeiro Alevín EDM Burela FS Prebenxamín C 3-3 Puerto Celeiro Prebenxamín
18 de xaneiro de 2010
Os cadetes mariñáns tropezan na gran final autonómica
O conxunto cadete da Mariña estivo a un suspiro de facerse co Campionato Autonómico de Seleccións Locais Base. Os da costa de Lugo tropezaron na gran final ante Santiago, caendo por 2-0. Despois de vencer a Lambre e Ferrol na fase previa, os cadetes mariñáns plantáronse na final grazas aos penaltis, tras o empate 2-2 da semifinal con Lugo. Non obstante, no último encontro, os composteláns non lles deron opción. O outro represen
18 de xaneiro de 2010
Irene compartirá tarefas con Jozi no adestramento de gardametas de base
A porteira do Burela FSF Pescados Rubén Irene, unha das protagonistas no ascenso do conxunto laranxa á División de Honra, compartirá tarefas coa brasileira internacional Jozi no adoutrinamento de gardametas da EDM Burela FS. Nesta iniciativa de especializar ensinanzas, os adestramentos específicos reunirán, dende hoxe, a porteiros e porteiras das categorías benxamín, alevín e infantil. Un total de 17 pequenos/as gardametas aprenderán
19 de xaneiro de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Coruxo FCDomingo 24 de xaneiro, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Cadete Xornada 13ª aprazada Liga Autonómica Infantil EDM Burela FS-Azkar Lugo FSSábado 23 de xaneiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
21 de xaneiro de 2010
A entidade laranxa lanza os abonos de media tempada
Navegando polo ecuador ligueiro, o CD Burela FS lanza a campaña de socios/as de media tempada, con prezos moi accesibles, oscilando entre os 10 euros de xuvenil e os 60 de familiar. En xaneiro, os abonos redúcense ao cincuenta por cento e incluso máis, con dereito aos partidos do equipo masculino, en Prata, e do feminino, en Honra. O individual é de 35 euros e o familiar de 60; o xuvenil (14-18 anos) custa 10 e o universitario e de xu
21 de xaneiro de 2010
O infantil Miguel Rivas participará na preparación da Selección Galega
O alumno da EDM Burela FS Miguel Rivas foi convocado para a posta a punto da Selección Galega Infantil cara ao nacional de comunidades. O xogador do Infantil A laranxa adestrará co combinado autonómico o vindeiro martes, 26 de xaneiro, ás 17.00 horas, no pavillón compostelán de Restollal. Sub-20. A capital galega tamén acollerá a segunda sesión preparatoria de selección sub-20, cos xogadores do primeiro equipo masculin
22 de xaneiro de 2010
Vista Alegre acolle o duelo directo Burela FS-Lanzarote este venres (21.00 horas)
O pavillón Vista Alegre acollerá este venres, 22 de xaneiro, o enfrontamento entre o Burela FS e o Lanzarote Tías Yaiza en duelo directo, correspondente á décimo oitava xornada do Grupo Norte de Prata. A partir das 21.00 horas ambos os conxuntos pelexarán por consolidarse nas prazas de play off. Despois de caer derrotados a semana pasada, un só punto segue separando os mariñáns (28), na terceira posición, dos canarios, que son cuartos
22 de xaneiro de 2010
As burelás viaxan ao parapeto ilicitano coas dúbidas de Souza e Ro
O Burela FSF Pescados Rubén viaxa esta fin semana ao parapeto do Femesala Elxe, coas dúbidas de Souza e Ro, afectadas de tendinite e molestias lumbares respectivamente, pero tamén co máis que probable debut da gardameta brasileira internacional Jozi. O encontro de mañá comezará ás 17.30 horas, no pavillón Esperanza Lag. Na décimo sexta e penúltima xornada da primeira volta de Honra, tendo en xogo a presenza laranxa na Copa de España, o
22 de xaneiro de 2010
O Burela recupera a senda do triunfo ante un Lanzarote que puido saír goleado de Vista Alegre
Primeira vitoria do Burela FS no novo ano que pon fin á súa serie negativa, dúas derrotas consecutivas, e que lle permite distanciar ao seu inmediato perseguidor e rival na noite de onte, o Lanzarote Tías Yaiza. Os burelenses venceron por 5-2 ao cadro canario que puido levar unha goleada maior, nun choque marcado pola superioridade laranxa e a falta de rigor táctico. Desde o asubío inicial, os pupilos de Suso Rey buscaron levar a inic
23 de xaneiro de 2010
O Burela FSF perde en Elxe pero quédalle a opción de Vista Alegre para inscribirse na Copa de España
O Burela FSF Pescados Rubén mantívose fiel ao seu estilo a pesar de perder na súa visita ao todopoderoso Femesala Elxe, que venceu por 4-2. O duelo entre ambos os conxuntos respondeu ás expectativas esperadas xa que as dúas escuadras ofreceron unha gran tarde de fútbol sala. O inicio do encontro foi trepidante por parte das ilicitanas que asediaron a meta defendida por Jozi, que fixo o seu debut oficial co cadro mariñán. A meta b
23 de xaneiro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 0-1 Coruxo FC   Liga Autonómica Infantil EDM Burela FS 0-7 Azkar Lugo FS   Amigables Burela FS Cadete B 10-5 EDM Burela FS Infantil B
25 de xaneiro de 2010
Néstor Valle adestra con Galicia Benxamín
O alumno da EDM Burela FS Néstor Valle, do Benxamín C, adestrará mañá coa Selección Galega; a sesión está prevista para as 18.00 horas, no pavillón santiagués de Restollal. Néstor convértese no quinto membro do CD Burela FS convocado por Galicia para esta semana. Co combinado sub-20 prepararanse hoxe os xogadores do primeiro equipo masculino Brais e Turero, xunto ao xuvenil Manuel; será no pavillón compostelán de Pontepedriña, ás 17.00
25 de xaneiro de 2010
Promoción especial para a Copa de España 'Santiago de Compostela 2010'
O CD Burela FS, como club da LNFS, poñerá á disposición dos seus socios/as un prezo especial para a Copa de España ‘Santiago de Compostela 2010’, ofrecendo o abono para todos os partidos a 20 euros. Para poder beneficiarse desta promoción, os socios/as laranxas deben solicitar os abonos nas oficinas do Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) antes do 5 de febreiro. &nb
25 de xaneiro de 2010  |  LNFS
As burelás xogarán a súa presenza na Copa de España o domingo, ante o Valladolid
O Burela FSF Pescados Rubén cambia o seu horario habitual dos sábados en Vista Alegre para a gran cita que decidirá a súa presenza na Copa de España (Ourense, 8-11 de abril). O conxunto de Javier Pardeiro xogará o último encontro da primeira volta na División de Honra ante o Valladolid FSF o domingo, 31 de xaneiro, a partir das 12.30 horas. Nesta xornada, 4 conxuntos pelexarán por asentarse entre os sete primei
25 de xaneiro de 2010  |  Foto: Manuel Cao
A Pataca Naranxa homenaxea o Entroido o 6 de febreiro
A peña A Pataca Naranxa renderalle homenaxe ao Entroido 2010 o sábado 6 de febreiro cun tradicional cocido, tan típico destas datas. Coincidindo co encontro da vixésima xornada de Prata entre o Burela FS e o Camping El Escorial, o colectivo reunirá os seus socios e socias nun xantar na Parrillada de Jandro, a partir das 15.00 horas. O prezo será de 8 euros. At
27 de xaneiro de 2010
As apostas dos clubs xa clasificados sitúan o Burela FSF na Copa de España
A maioría dos equipos con billete asegurado para a próxima edición da Copa de España de Fútbol Sala Feminino ven o Burela FSF Pescados Rubén como compañeiro de viaxe. Dos cinco técnicos que estarán con total seguridade na cita de Ourense, do 8 ao 11 de abril, só un exclúe o conxunto mariñán da listaxe de participantes. Marabillas Salsano, preparadora do Femesala Elche, precisamente o último verdugo das laranxas na liga regular, pensa que o Val
28 de xaneiro de 2010  |  La Voz// Foto: Manuel Cao
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo-Burela FSDomingo 31 de xaneiro, ás 12.00 horas, no Centro Deportivo Terra de Lugo   Liga Autonómica Cadete Burela FS-Troula FSSábado 30 de xaneiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela    Liga Autonómica Infantil
28 de xaneiro de 2010
Visita laranxa ás escolas deportivas de Mondoñedo
Dentro do seu programa de promoción do fútbol sala, o CD Burela FS visitou onte unha das máis firmes apostas por este deporte na Mariña, a de Mondoñedo. Ás escolas deportivas da cidade cunqueiriana acudiron o adestrador do primeiro equipo masculino, Suso Rey; o segundo preparador do Burela FSF Pescados Rubén, Marcelo Santoro ‘Neco’; o ala Javi Rodríguez; a porteira Jozi e o directivo José Luís Sáez.  Unha trintena de rapaces e ra
28 de xaneiro de 2010
O ala-peche madrileño Juampe desvincúlase do club burelista
O ala-peche Juan Pedro Toldos, Juampe, non rematará a liga nas filas do CD Burela FS. Na súa segunda tempada consecutiva vestindo a camisola laranxa, o madrileño desvincúlase do equipo; ambas as dúas partes decidiron rescindir o seu contrato ante a oferta que recibiu o xogador para ingresar no Azkar Lugo, de Honra. Juampe chegou á localidade mariñá en 2004-05 cedido polo Carnicer Torrejón, tempada na que o Burela FS disputou o seu prim
29 de xaneiro de 2010
A artillería do Burela FS, preparada para asaltar o líder talaverano
O Burela FS desprázase hoxe ao interior da península para protagonizar un dos encontros máis apetecibles da décimo novena xornada da División de Prata. Ostentando a terceira praza, o conxunto laranxa asaltará mañá o fortín do Grupo de Empresas Talavera, líder inamovible do Grupo Norte dende novembro. O duelo de titáns arrincará ás 18.00 horas, no pavillón toledano Primero de Mayo. Nove puntos separan o Talavera (40) do Burela FS (31),
29 de xaneiro de 2010
Corenta minutos ante o Valladolid separan o Burela FSF do soño da Copa
Corenta minutos e un rival, o Valladolid FSF, separan o Burela FSF Pescados Rubén de cumprir un gran soño na súa primeira tempada de Honra, conseguir o billete para a Copa de España (Ourense, 8-11 de abril). O domingo, ás 12.30 horas, o asubío arbitral marcará o comezo do apaixonante encontro, que contará coa presenza da delegada da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, entre o público de Vista Alegre
29 de xaneiro de 2010  |  Foto: Manuel Cao
Os pupilos de Suso Rey neutralizan o todopoderoso Talavera (3-6)
Os pupilos de Suso Rey chegaron a Talavera para gañar e non desaproveitaron a oportunidade. No Primero de Mayo, o Burela FS neutralizou o todopoderoso líder por un claro 3-6; a vitoria de hoxe outórgalles aos laranxas a segunda praza provisional (34 puntos), á espera do resultado Gijón El Llano-Extremadura Cáceres 2016 de mañá, e coa que reduce a fenda cara á cabeza do Grupo Norte (40). O conxunto mariñán non dubidou nin un só momento
30 de xaneiro de 2010
Souza fai realidade o soño da Copa de España para o Burela FSF, ante o Valladolid (2-1)
O Burela FSF Pescados Rubén escribe a súa primeira fazaña na historia da División de Honra, co acceso á Copa de España (Ourense, 8-11 de abril). Souza foi a gran protagonista da vitoria de hoxe ante o Valladolid FSF (2-1), como autora dos dous tantos laranxas; este resultado proporciónalle ao conxunto mariñán a sexta praza (30 puntos). Tras os triunfos do UCAM Murcia e Diamante La Rioja de onte, o partido de Vista Alegre comezaba coa t
31 de xaneiro de 2010
50 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores