Noticias
Arquivo de Xaneiro 2011
As burelás pelexarán por un novo éxito no Raíñas Meigas ante o Poio FS
As burelás, bicampioas do Trofeo Raíñas Meigas, pelexarán por un novo éxito na terceira edición da cita ante o Poio FS, da División de Prata. Vista Alegre acollerá o evento o martes 4 de xaneiro, con dobre cita; ás 18.30 horas, mediranse os conxuntos infantís e ás 20.00 horas tocaralle a quenda ao duelo sénior. A entrada será gratuíta. As pupilas de Javier Pardeiro defenderán o trofeo ante un dos candidatos ao ascenso. O Poio FS, que x
3 de xaneiro de 2011
Resultados do IX Torneo Internacional de fútbol sala base 'Cidade de Lugo'
Onte, dende as 16:00 e ata as 24:00 horas, os 48 equipos que disputan dende o domigo día 2 e ata o martes a segunda fase do IX Torneo Internacional de fútbol sala de base “Cidade de Lugo”, xogaron o seu primeiro partido de grupos. O luns será unha xornada maratoniana xa que dende as 09:00 e ata as 01:00 horas os tres pavillóns de xogo, o Centro Deportivo Terra, Casa do Deporte e Palacio Municipal dos Deportes de Lugo, a
3 de xaneiro de 2011
Novas acreditacións de socio/a para 2011
Dende este sábado (Burela FSF-Atlético de Madrid Navalcarnero), os socios/as do CD Burela FS só poderán acceder aos encontros laranxas cos carnés de 2011, dispoñibles xa nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado), de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-20.00 horas. A entidade laranxa recorda que, para recoller as novas acreditacións se deberá presentar o xustificante bancario da segunda cota, no
4 de xaneiro de 2011
O Burela FS exerce de representante das Súas Maxestades de Oriente
O CD Burela quixo alixeirar a carga de traballo que estes días teñen que soportar As Súas Maxestades de Oriente coa tradicional visita laranxa ao Hospital da Costa. As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Claudia e Vanessa foron acompañadas por Brais e André, xogadores do equipo masculino,  e por Alfonso Mera, director da Escola Deportiva Eón Burela FS. Os representantes laranxas fixeron entrega de diferentes presentes aos nenos
5 de xaneiro de 2011
O Burela FSF Pescados Rubén conquista o triplete do Raíñas Meigas
O Burela FSF Pescados Rubén proclamouse campión da terceira edición do Raíñas Meigas tras vencer ao Poio FSF por 7-3. Con esta vitoria o conxunto laranxa alcanza o triplete no clásico torneo do Nadal no que derrotou ao Fervenza e Cidade das Burgas, edición 2009, e ao Valladolid en 2010. No duelo ante o Poio a escuadra dirixida por Javier Pardeiro venceu con autoridade e solvencia aínda que o conxunto pontevedrés mostrou unha boa imaxe
5 de xaneiro de 2011
Turero e Paleta finalizarán a tempada no Superti A Pontenova
Os xogadores do Burela FS David Richarte e Rubén García, coñecidos deportivamente como Paleta e Turero, respectivamente, finalizarán a tempada actual nas filas do Superti A Pontenova. Ambos os xogadores buscarán no conxunto pontenovés, que milita en Primeira Nacional A, a continuidade necesaria para manter a súa progresión futbolística. O CD Burela FS e Superti Pontenova, en virtude da boas relacións existentes entre ambas as entidades, q
5 de xaneiro de 2011
O Torneo de Reis 'AD Santiago de Foz', primeira parada dos prebenxamíns
A primeira parada para os prebenxamíns da ED EON Burela FS en 2011 será a segunda edición do Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz’, o venres 7 de xaneiro, no pavillón Torques de Marzán. Comezará a xornada o Prebenxamín B medíndose a Praia de Covas (10.30), Santiado de Foz (11.30) e ED Mondoñedo (12.30); a entrega de medallas será ás 13.30 horas. Xa pola tarde, os rivais do Prebenxamín A serán Santiago de Foz (15.30), ED Mondoñedo (17.00)
6 de xaneiro de 2011
O Burela FSF disputa a cuarta praza co Atlético de Madrid
Tras o éxito do III Trofeo Raíñas Meigas, Vista Alegre retoma a liga en 2011 con duelo de Honra. O Burela FSF Pescados Rubén intentará arrebatarlle a cuarta praza ao Atlético de Madrid Navalcarnero na visita de mañá á bomboneira, correspondente á décimo terceira xornada (18.30 horas). Tan só dous puntos afastan as laranxas do obxectivo deste sábado. As pupilas de Javier Pardeiro deberán aplicarse a fondo ante un rival nada doado como v
7 de xaneiro de 2011
Os pupilos de Suso Rey clausuran a primeira volta en Brihuega
Os pupilos de Suso Rey regresan á competición ligueira co comezo de 2011 en terras castelano-manchegas. Ata Guadalajara viaxou o Burela FS para clausurar mañá a primeira volta ante o Azulejos y Pavimentos Brihuega, décimo terceiro. O pavillón municipal Virgen de la Peña acollerá o encontro a partir das 19.00 horas. Aínda que entre brihuegos e burelaos hai unha diferenza de 12 puntos, os da Mariña non deben subestimar o rival, moi forte
7 de xaneiro de 2011
A derrota en Guadalajara (5-3) aperta a táboa para os laranxas
 A primeira volta finalizou con derrota dos laranxas en Guadalajara (5-3) ante o Azulejos y Pavimentos Brihuega, un resultado que aperta a táboa para o Burela FS. Os pupilos de Suso Rey comparten os 31 puntos con ElPozo Ciudad de Murcia, que venceu o Extremadura Cáceres 2016 (3-1), e teñen a 1 só punto a oitava praza, do Arcebansa Zamora, que se impuxo ao BP Andorra (1-5). Por arriba, o quinto posto atópase a 2 puntos dos intereses mariñá
8 de xaneiro de 2011
O Burela desbanca as madrileñas (3-2) e colócase ás portas do podio
A bancada laranxa foi testemuña hoxe dun dobre premio para o Burela FSF Pescados Rubén, que se fixo cos tres puntos ante o Atlético de Madrid Navalcarnero (3-2), desbancando o seu rival directo da cuarta praza. Con esta vitoria as pupilas de Javier Pardeiro soben un chanzo na táboa clasificatoria e colócanse ás portas do impoñente podio defendido polos todopoderosos Valladolid, Ponte Ourense e Móstoles. Cun comezo moi equilibrado e con
8 de xaneiro de 2011
Foto Sergio e Interfilm ofrecen as mellores imaxes dos protagonistas laranxas 2010-11
As mellores imaxes da gran familia que compón o CD Burela FS en 2010-11 xa están dispoñibles en Foto Sergio e Interfilm, dende a fotografía de todos os integrantes do club laranxa ata os cadros das diferentes categorías de base. As persoas interesadas xa poden adquirir as instantáneas nos devanditos establecementos burelaos, situados na rúa Rosalía de Castro, números 57 e  27 respectivamente.
10 de xaneiro de 2011
Galicia prepara a final do Nacional Sub-19
Galicia Sub-19 volve hoxe ao traballo para preparar a final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que terá lugar en Segovia entre o 3 e o 6 de febreiro, coincidindo coa XXII Copa de España. Os burelistas Manu, Juan e Antón volverán participar no adestramento desta tarde, no pavillón compostelán de Roxos. Tamén estarán Diego Núñez, Antonio Diz e Ángel Trabada, do Azkar Lugo; David Pazos, Marcos Fernández e Alejandro Sal, do
10 de xaneiro de 2011
Segunda e terceira praza para os prebenxamíns en Foz
Os Prebenxamíns A e B da ED EON Burela FS fixéronse coa segunda e terceira praza das súas respectivas competicións no II Torneo de Reis ‘AD Santiago de Foz’ o venres pasado. O Prebenxamín A venceu o ED Cervo (6-0) e o EF Viveiro (7-1) e empatou co Santiago de Foz (1-1) e Praia de Covas (0-0). Os máis pequenos, do Prebenxamín B, tamén realizaron un bo papel, cunha vitoria (EF Viveiro 4-0) e dúas derrotas (Praia de Covas 8-2 e Santiago d
10 de xaneiro de 2011
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Leis Pontevedra FS-Burela FSSábado 15 de xaneiro, ás 11.15 horas, no pavillón municipal de Pontevedra Liga Autonómica Cadete Burela FS-Azkar Lugo FSDomingo 16 de xaneiro, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Infantil ED EON B
13 de xaneiro de 2011
Burela acollerá o I Encontro do Deporte Base na Mariña, con José Venancio, o sábado 22
O I Encontro do Deporte Base na Mariña, que contará coa inestimable presenza do seleccionador nacional, José Venancio, baixo a organización do CD Burela FS, terá lugar finalmente o sábado 22 de xaneiro. A cita, prevista para o 4 decembro de 2010, foi aprazada pola folga encuberta de controladores e o peche do espazo aéreo, que impediron o desprazamento do técnico dende o aeroporto madrileño de Barajas. José Venancio ab
13 de xaneiro de 2011
As laranxas poñen a proba o sólido Vistalegre cordobés
Despois dun desprazamento esgotador, con máis de mil quilómetros ás costas, as laranxas poñerán a proba o sólido Vistalegre cordobés. A décimo cuarta xornada de Honra, ante o Cajasur, dará comezo ás 18.30 horas. Tras a vitoria moral e numérica fronte ao Navalcarnero da semana pasada, o Burela FSF Pescados Rubén pelexará por manter a súa liña de imbatibilidade e a cuarta praza (24 puntos) ante o oitavo clasificado (17 puntos), unha das
13 de xaneiro de 2011
Adestramento da Selección Galega
 Os xuvenís Manu, Juan e Antón participarán nun novo adestramento da Selección Galega Sub-19, na preparación da final de Segovia (3-6 de febreiro). Será o luns 17, no pavillón Monte dos Postes, en Santiago de Compostela (18.30 horas). Sorteo. O combinado de Santiago Valladares terá que enfrontarse na fase final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais ás rexas Andalucía e Cataluña, no Grupo A. O sorteo r
14 de xaneiro de 2011
Os burelaos arrincan a segunda volta ante un pechacancelas sorprendente
Os burelaos arrincan a segunda volta na pista do Melilla FS, pechacancelas da táboa que deu a sorpresa a semana pasada privando o OPDE Ribera Navarra da primeira praza. O encontro está programado para mañá ás 17.30 horas (pavillón Javier Imbroda Ortiz). Na vixésima cita de Prata, o Burela FS medirase a un rival moi condicionado polos altibaixos, que só é resolutivo na casa. Os seus 12 puntos actuais so
14 de xaneiro de 2011
A vitoria do feminino en Córdoba (1-4) achégao máis á terceira praza
O Burela FS Feminino Pescados Rubén acadou un importante triunfo ante o Cajasur Córdoba (1-4) e achégase máis deste xeito á terceira praza da clasificación. Lucía e Lara adiantaron o conxunto laranxa na primeira parte e Lucía volveu anotar un gol impresionante desde 16 metros na segunda metade que deu a tranquilidade ás de Pardeiro, logo de que Noe puxera o 1-2 no marcador, no minuto 19. Dolo foi a encargada de pechar a conta anot
16 de xaneiro de 2011
Os de Suso Rey gañan o Melilla (0-3) e empatan na quinta posición
Nun partido dominado polos burelaos, o equipo local mantivo a emoción ata o final, cando Esteller e Edu remataron definitivamente coa resistencia do Melilla con dous goles no último minuto. Ata daquela, o pechacancelas mantivo o tipo esperando aos laranxas en campo propio e vivindo de contras esporádicas que resolveu Edu. Víctor Cachón anotou o 0-1 no minuto 17 e non foi ata os últimos instantes cando Esteller primeiro e Edu despo
16 de xaneiro de 2011
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Leis Pontevedra FS 0-5 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 0-8 Azkar Lugo FS Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 8-3 Azkar Lugo FS Liga Prebenxamín da Mariña ED EON Burela FS Pre
17 de xaneiro de 2011
O CD Campillos retírase da División de Honra
A Real Federación Española de Fútbol comunicoulle o venres pasado ao CD Burela FS a retirada oficial do CD Campillos, pechacancelas da División de Honra. Con esta nova, a clasificación non se verá alterada. Respectaranse as puntuacións dos partidos disputados ata o momento, como no caso do Burela FSF Pescados Rubén, que xa se enfrontou ás malagueñas e gañou por 2-8. No resto dos encontros, darase por vencedor o opoñente polo
17 de xaneiro de 2011
Colabora coa Pataca Naranxa
A peña burelista A Pataca Naranxa sorteará unha fin de semana de hotel para dúas persoas, coincidindo co premio da ONCE do 7 de maio, co fin de recadar fondos para as actividades da tempada. O posuidor da papeleta gañadora poderá escoller a súa estancia nun aloxamento de tres ou catro estrelas entre Galicia, Asturias e Cantabria, válido durante un ano. As rifas, ao prezo simbólico de 1 euro, es
17 de xaneiro de 2011
Ribadeo FSF 0-5 Funeraria Apóstol de Santiago
O ano non empezou ben para o Panificadora del Eo-Ribadeo FSF, que caeu derrotado o sábado pasado, por 0-5, no partido adiantado correspondente á 18ª xornada de Autonómica ante o Funeraria Apóstol de Santiago. As visitantes adiantáronse rapidamente con dous goles nos minutos 3 e 5. Posteriormente, no 12, as ribadenses encaixaron o terceiro nunha desafortunada xogada que acabou coa porteira local Carla lesionada. Na segunda parte
19 de xaneiro de 2011
O club burelista distinguirá a José Venancio coa Insignia de Ouro e Brillantes o sábado
O CD Burela FS distinguirá ao seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, co galardón laranxa máis prezado, a Insignia de Ouro e Brillantes, polo seu loable labor en favor do fútbol sala. O acto terá lugar coincidindo coa participación do técnico no I Encontro do Deporte Base na Mariña, o vindeiro sábado. José Venancio inaugurará a xornada, que conta coa colaboración da Delegación Territorial
19 de xaneiro de 2011
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Puerto Celeiro FSDomingo 23 de xaneiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Burela FS-IES CoruxoSábado 22 de xaneiro, ás 19.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela   Deporte Escolar ACD Xov
20 de xaneiro de 2011
O Burela FS estrea 2011 na bomboneira fronte ao UMA Antequera
Nunha xornada festiva para o fútbol sala, o Burela FS estrea este sábado o ano na bomboneira fronte ao UMA Antequera, décimo terceiro clasificado de Prata. O encontro, programado para as 17.00 horas, contará cun espectador de excepción entre a afección burelista, o seleccionador nacional, José Venancio López, mestre de cerimonias do I Encontro do Deporte Base na Mariña organiz
20 de xaneiro de 2011
Burela FSF-UCAM Murcia, posta de gala para a internacional Vanessa
O Burela FSF Pescados Rubén rematará a primeira volta no templo laranxa ante o UCAM Murcia, coa posta de gala da internacional brasileira Vanessa Pereira, que, tras a súa presentación no Trofeo Raíñas Meigas, mañá estreará a camiseta laranxa en competición oficial. O encontro da décimo quinta xornada de Honra arrincará ás 20.00 horas (entrada gratuíta), en Vista Alegre, como broche do I Encontro do Deporte Base na Mariña e a v
21 de xaneiro de 2011
Monólogo laranxa en Vista Alegre
O pavillón Vista Alegre viviu onte un monólogo laranxa. Os afeccionados que acudiron ao recinto burelense gozaron co triunfo do seu equipo ante o UCAM Murcia, 2-0, e co debut da brasileira Vanessa, que ademais de marcar un gol e dar o pase doutro ofreceu escintileos de calidade propios dunha das mellores xogadoras do mundo. A futbolista pode erixirse nun referente ofensivo para o equipo de Pardeiro e unha das grandes revelacións da segunda vol
23 de xaneiro de 2011  |  El Progreso. A Mariña
Un mal día que custa dous puntos
O Burela FS disputou onte un dos seus partidos máis frouxos no Vista Alegre de toda a tempada e non pasou do empate a un gol ante o Antequera, un cadro da zona baixa da División de Prata. Os mariñáns acusaron excesivamente as ausencias de Juanma, lesionado, e de Adri Gaona, por un asunto persoal, con permiso do club. As baixas propiciaron unha diminución na rotación que levou un cansazo notable nos xogadores, aínda que curiosamente os mellores
23 de xaneiro de 2011  |  El Progreso. A Mariña
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 9-3 Puerto Celeiro FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 0-5 IES Coruxo   Deporte Escolar ACD Xove Infantil 2-5 ED EON Burela FS Infantil B (xornada 7ª adiantada)   Liga Prebenxamín da Mariña
24 de xaneiro de 2011
Adestramento de Galicia Sub-19
Vaise achegando a fase final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-19 (Segovia, 3-6 de febreiro) e o combinado galego continúa preparándose con presenza laranxa. Así, na sesión desta tarde (pavillón compostelán Monte dos Postes, 18.30 horas) volverán participar Manu, Juan e Antón.   Horarios da fase final: Xoves 3 de febreiro 13.00 horas: Asturias-Valencia (Grupo A)
24 de xaneiro de 2011
O Panificadora plantou cara ao líder, CIOS Vigo FS, no seu feudo
Unha xornada máis faltoulles definición ás xogadoras de Martínez, que a pesar do claro 4-0 a favor do CIOS Vigo FS ao final dos corenta minutos, foron a ribadenses as que dispuxeron das mellores ocasións e ata de traer un resultado positivo á Mariña. O primeiro partido da segunda volta que enfrontaba as mariñás e as locais disputouse no pavillón Castelao Calvario de Vigo, polo cambio solicitado polas pontevedresas na primeira volta. A
26 de xaneiro de 2011
O IES Monte Castelo e o Burela FS renovan o seu compromiso
O CD Burela Pescados Rubén e o IES Monte Castelo reafirmaron a semana pasada o apoio recíproco que veñen manifestando dende a fundación da entidade laranxa, en 2001, a través do traballo conxunto pola potenciación e consolidación da actividade deportiva. O director xeral do club, José Luis Sáez, recibiu na sede burelista o vicedirector do centro e coordinador do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas, Alfonso Iglesias, para selar a continui
26 de xaneiro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Cidade de OurenseDomingo 30 de xaneiro, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete O Parrulo Ferrol FS-Burela FSAprazado   Deporte Escolar - ED Mondoñedo Alevín-ED EON Burela FS Alevín A
27 de xaneiro de 2011
Os laranxas buscarán os tres puntos ante un comprometido Jaén
O Burela FS poñerá rumbo esta noite a terras andaluzas na busca dos tres puntos da vixésimo segunda xornada de Prata. O sábado, a partir das 17.30 horas, os laranxas mediranse ao Fuconsa Jaén FS, comprometido polos postos de descenso. O municipal de La Salobreja acollerá unha cita de extremos. Fronte á zona de play off dos mariñáns, os xienenses non conseguen fuxir do perigo de Primeira Nacional A; ocupan a décimo sexta posición, empat
27 de xaneiro de 2011
O titán mostoleño recala en Vista Alegre
O cadro de Javier Pardeiro comeza a segunda volta por todo o alto, con espectáculo futbolístico garantido ante o campión de inverno da División de Honra. O Burela FS poñerá a proba mañá a imbatilidade do titán mostoleño, que recala en Vista Alegre na décimo sexta xornada (18.30 horas). Dende a cuarta praza, as pupilas de Pardeiro (30 puntos) loitarán con todos os seus recursos para neutralizar a invencibilidade das madrileñas, rival qu
28 de xaneiro de 2011
Os erros en Xaén (2-1) conducen os burelistas á sétima praza
As ausencias e as molestias físicas dalgúns dos presentes pesaron demasiado no banco do Burela FS en Xaén. Os erros condenaron os pupilos de Suso Rey ante Fuconsa (2-1) e condúcenos á sétima praza. A pesar da boa mobilidade mariñá, foron os xienenses os que conseguiron adiantarse no electrónico, nas zapatillas de Miguelín, que quedou só ante Edu ao interceptar un pase longo de André. Con 1-0 e aínda con moito tempo por diante
29 de xaneiro de 2011
O Burela FS Feminino revélase como o talón de Aquiles do Móstoles (0-0)
A seriedade e a temperanza do Burela FSF Pescados Rubén conseguiron hoxe un punto de ouro en Vista Alegre ante o invencible líder mostoleño (0-0) nun encontro no que o espectáculo sobre a pista non se viu en absoluto empañado pola ausencia de goles. Con este empate, as mariñás e o templo laranxa revélanse como o talón de Aquiles do líder, o primeiro conxunto que consegue arrebatarlle a vitoria ao líder. Cómodas na pista, as burelistas
29 de xaneiro de 2011
40 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores