Burela FS-Andorra, FESTA LARANXA con ENTRADA GRATUÍTA
As cámaras de Marca TV amosaranlle ao mundo a paixón de Vista Alegre na 17ª xornada da Segunda División entre o Burela FS Pescados Rubén e o Hotels Plaza Andorra, encontro no que o club mariñán agradece a fidelidade da afección declarándoo Festa Laranxa, con entrada gratuíta. O partido terá lugar o venres 20, ás 21.00 horas e poderá seguirse en diferido ao día seguinte, a partir das 13.00 horas.
Para a devandita cita,
18 de xaneiro de 2012
Manu incorpórase ao Benicarló-Peñíscola, tras o acordo co Burela FS
O Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo co Benicarló FS-Castell de Peñíscola FS para a incorporación do canteirán Manu Jiménez ata finais da tempada; a entidade mariñá emitiu esta mesma mañá a baixa federativa do xogador. O ala burelao, de 19 anos, continuará a súa formación na estrutura valenciana, á disposición da Segunda División B e da Primeira, en virtude da condición do Peñíscola como filial do Benicarló FS.
Formado na base
19 de xaneiro de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil
Burela FS-Leis PontevedraDomingo 22 de xaneiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Cadete
Hércules-Burela FSDomingo 22 de xaneiro, ás 17.30 horas, no pavillón Sagrada Familia da Coruña
Liga Autonómica Infantil
19 de xaneiro de 2012
Vista Alegre recibe o segundo clasificado, Andorra, con Marca TV
O Burela FS Pescados Rubén pelexará por recuperar o camiño da vitoria mañá (venres 20, 21.00 horas), no seu regreso a Vista Alegre, coa visita do segundo clasificado (28 puntos), Hotels Plaza Andorra, ante os focos de Marca TV. A entrada será gratuíta.
A bomboneira disporá da Pista Oficial da Liga Nacional de Fútbol Sala como alfombra de luxo para o que o pichichi laranxa, Dani Martín, considera
19 de xaneiro de 2012
Rubí FS, obxectivo para seguir medrando
O Burela FS Pescados Rubén medirase mañá, na décimo cuarta xornada da Primeira División, ao Rubí FS, co obxectivo de seguir medrando e prolongar a boa etapa de resultados. Vista Alegre dará o sinal de saída ás 18.30 horas.
“Esperamos outro triunfo” afirma a laranxa Peque, que recoñece que “a accesibilidade dos últimos rivais nos está dando confianza, aínda que tamén estamos sufrindo un pouco pola baixa de Lucía”. 
20 de xaneiro de 2012
O Andorra empata no último minuto (1-1) ante o Burela FS
Logo de pór todo do empeño e a maior parte das ocasións de gol, o equipo laranxa cedeu un empate no último suspiro, cando parecía que se podía adiantar definitivamente no marcador cun 2-0 e logo dunha discutida decisión arbitral. Os visitantes dispuxeron dun lanzamento de dobre penalti que lles serviu para igualar o encontro no 1-1 definitivo. O partido retransmitirase por Marca TV (diferido, sábado 21, ás 13 horas).
Gobernaba con tino
21 de xaneiro de 2012
Quinta vitoria consecutiva en Liga (6-0) do Burela FSF Pescados Rubén
Un novo triunfo para as de Pardeiro ante o Rubí (6-0) en Vista Alegre afianza as mariñás en postos de Copa. As laranxas dominaron o choque desde os instantes iniciais, con dous goles de Lidia (ambos á saída de cadanseu saque de banda) que puñan en franca vantaxe as locais aos tres minutos de xogo.
Intentouno o Rubí, que sempre se topou coa seguridade de Jozi baixo paus. Un gol de Haydée, aos oito minutos, desfacía toda posibilidade de
22 de xaneiro de 2012
Juanma, xogador Time Force do Burela FS-Andorra
Juan Manuel Marrube, pivote do Burela Pescados Rubén, foi elixido 'Xogador Time Force' do encontro de Segunda División televisado en Marca TV entre a escuadra galega e o Hotels Praza Andorra. O xogador recibiu o seu premio como 'MVP' do partido de mans de Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, quen presenciou un partido que finalizou con empate a un gol.
O xogador do conxunto galego mostrouse en
23 de xaneiro de 2012 | LNFS
O Mos, aliado coa sorte, levou os puntos de Ribadeo (1-2)
O Panificadora del Eo-Ribadeo FSF rubricou a súa mellora ante os grandes. Se a xornada anterior llo puxo moi difícil ao Marcón, cuarto clasificado, para levar os 3 puntos de Ribadeo, máis difícil llo puxo ao Concello de Mos, segundo, que aliado coa sorte conseguiu o gol da vitoria a falta de 23 segundos para o final (1-2).
O equipo visitante saíu a resolver nos primeiros instantes do encontro, pero a organizada defensa das locais freo
23 de xaneiro de 2012