Noticias
Arquivo de Xaneiro 2013
O futuro burelista lócese no I Trofeo do Nadal Mariñán de Imdecum
O I Trofeo do Nadal Mariñán, apadriñado polo adestrador José María Pazos, ‘Pulpis’, despediu o ano na comarca con fútbol sala de base (27-29 de decembro) e coa ilusión da AD A Mariña FS, AD Santiago de Foz e ED EON Burela FS ao levantar o galardón de campións. Baixo a organización da Fundación Imdecum e a colaboración da Área de Deportes da Deputación de Lugo, un total de 17 equipos lugueses, con preto de 200 deportistas, déronse
2 de xaneiro de 2013
Numerosa representación laranxa para a Selección da Mariña
A Selección da Mariña comezará mañá en Chantada os compromisos no Campionato Autonómica de Base con numerosísima representación laranxa, para medirse ao combinado de Lugo Sur. Neste primeiro envite, os encargados de romper o xeo serán os benxamíns, ás 17.00, que cederán a pista ás 18.00 aos alevíns; os infantís pecharán a xornada ás 19.00 horas. A Selección de Lugo será o seguinte ri
2 de xaneiro de 2013
Solidariedade laranxa para Olaya
O Burela FS Pescados Rubén estreou o ano con solidariedade laranxa. Os pais de Olaya Pardo Pérez, un bebé da parroquia veciña de Fazouro que precisa unha prótese de man, recibiron onte a recadación da Fila 0 habilitada o pasado 22 de decembro, durante o encontro ante o Santiago Futsal. Xunto ás colaboracións da afección de Vista Alegre, o presidente da entidade burelista, José Ramón González Casas, tamén lle fixo entrega á familia da nena dout
3 de xaneiro de 2013
O Burela FS B pecha a primeira volta na Mariña, ante o Xove (venres 4, 20.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B pechará primeira volta de Terceira División mañá moi preto da casa, sen saír da Mariña, na pista do Mesón Pizzería A Fuga Xove FS (20.30 horas). O derbi comarcal será o broche final da 15ª xornada, disputada polo resto dos equipos o pasado 29 de decembro. Ambos os conxuntos chegan moi igualados á contenda. Dende o ecuador clasificatorio con 24 puntos, a escuadra laranxa pelexará por continuar coa dinám
3 de xaneiro de 2013
Xuvenís e infantís, os máis madrugadores na volta á liga
A quen madruga… améncelle máis cedo, ou iso di o dito. Pois ben, os máis madrugadores da casa laranxa na base serán os xuvenís e infantís recuperando en Vista Alegre este sábado citas que quedaran no tinteiro. Pola mañá, os infantís disputarán a segunda xornada de Deporte Escolar con duelo cento por cento laranxa, ás 12.00 horas. Despois do xantar, ás 16.30, o xuvenil de Autonómica recibirá o Tro
4 de xaneiro de 2013
As pupilas de Pardeiro volven o 17 de xaneiro
As pupilas de Javier Pardeiro fanse esperar. Non volverán ao atafego de Primeira ata o xoves 17 de xaneiro, na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero (La Estación, 20.30 horas), nun auténtico duelo de titáns. O choque entre madrileñas e galegas pechará os resultados da 14ª xornada, disputada ademais entre o 5 e o 12 de xaneiro. Na véspera dos Reis Magos mediranse Diamante Logroño-Valladolid, Centelles-UA Alicante, Cidade das Bur
4 de xaneiro de 2013
Cruz para o Burela FS B, no derbi comarcal (6-0)
Despois de catro xornadas invicto, o Burela FS Pescados Rubén B non tivo a sorte de cara na clausura da primeira volta, co derbi comarcal ante o Mesón A Fuga (6-0). O cadro laranxa acusou en exceso as baixas e non puido impoñerse ás táboas do Xove FS. Os pupilos de Lucas foron capaces de facerlle fronte a un equipo veterano na primeira parte, que tomou lixeiramente a dianteira por mediación de Dani López, con aparición nos minutos
7 de xaneiro de 2013
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Xuvenil Burela FS 7-6 Troula FS (xornada 3)   Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil A 1-3 ED EON Burela FS Infantil B (xornada 2)
7 de xaneiro de 2013
Último adestramento de Lidia e Lara, antes do Nacional Sub-23 (Murcia, 11-13 xaneiro)
As xogadoras do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías e Lara Balseiro realizarán hoxe o último adestramento con Galicia, antes do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-23; comezará ás 20.00 horas, no pavillón compostelán de Roxos. A convocatoria de Manuel Castillo está integrada por 12 futbolistas. Xunto ás laranxas, tamén participarán na última sesión Ana López, Lucía Álvarez e Iria Saeta, do Cidade das Burgas;
8 de xaneiro de 2013
Os equipos de Las Rozas, xunto a afección laranxa, coincidindo co Torneo Cidade de Lugo
O Burela FS asina un acordo de colaboración con UD Las Rozas-Boadilla
O CD Burela FS Pescados Rubén asinou a finais de 2012 un acordo de colaboración coa Unión Deportiva Las Rozas-Boadilla (Madrid), polo que os xogadores da estrutura capitalina poderán formar parte nun futuro da entidade laranxa e á súa vez eles teñan un referente ao finalizar a súa formación na escola. Ata as instalacións madrileñas desprazouse o director xeral burelista, José Luis Sáez Castro, que destacou a relevancia do devandito conveni
10 de xaneiro de 2013
Volve a actividade ligueira tras o Nadal
Pouco a pouco, as categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén volven á actividade ligueira tras as breves, pero intensas, vacacións de Nadal. Esta fin de semana tocará Liga Nacional Xuvenil, Autonómicas Xuvenil, Cadete e Infantil e Liga da Mariña Prebenxamín. A primeira cita da semana protagonizaraa o Cadete de Autonómica, saltando á pista do Carballiño FS mañá (pavillón Paco Chao, 21.00 horas). Os máis pequeno
10 de xaneiro de 2013
Burela FS-O Carballiño, sobremesa para a tarde do sábado (19.30)
O Burela FS Pescados Rubén B iniciará a segunda volta da Terceira División con moitas expectativas o sábado, como sobremesa dunha tarde de fútbol sala en Vista Alegre. Tras o prato forte de Primeira, os pupilos de Iván Cao, Lucas, recibirán O Carballiño FS, para comezar a pugna ás 19.30 horas. Dende a oitava praza (24 puntos), os laranxas mediranse ao décimo terceiro clasificado (12 puntos); no partido de ida, na estrea da categor
11 de xaneiro de 2013
Ano novo en Vista Alegre, vida nova con... tres puntos
O Burela FS Pescados Rubén estrea ano en Vista Alegre, con vida nova para facerse coa primeira vitoria da tempada, na penúltima xornada de Primeira División. O encontro de Vista Alegre ante o CD Caja Segovia, sexto clasificado (21 puntos), está previsto para mañá ás 17.00 horas, co seguimento en directo da TVG2.“O Segovia é un rival que está facendo ben as cousas, xa se ve na táboa; sabe xogar a pelota e p
11 de xaneiro de 2013
Burela FS Pescados Rubén 1-2 CD Caja Segovia
O Burela FS Pescados quedou ás portas da súa primeira vitoria, esta tarde en Vista Alegre, fronte ao eficaz CD Caja Segovia (1-2), nun encontro repleto de ocasións para as dúas partes e no que os laranxas foron de menos a máis co paso dos minutos. Cun inicio un tanto errático nos dous campos, o Burela FS tivo que aplicarse en defensa nos primeiros minutos debido a certas dúbidas na condución do esférico, con excelente resposta de
12 de xaneiro de 2013
Volve o gol ao Burela FS B para impoñerse ao Carballiño (5-3)
O Burela FS Pescados Rubén B recuperou o gol o sábado tras a seca de comezos de ano para volver á senda da vitoria e impoñerse por 5-3 ao Carballiño FS, no inicio da segunda volta de Terceira. A escuadra de Iván Cao, Lucas, converteuse no dominador dos primeiros vinte minutos, cun bo xogo. Os laranxas presionaron ben en defensa e xeraron numerosas ocasións tras roubo do balón; en ataque non houbo erros que lamentar. Nunha tarde de
14 de xaneiro de 2013
Xornada rodada entre o futuro laranxa
O futuro da estrutura laranxa viviu unha xornada rodada en todas as competicións en xogo desta fin de semana, con tres vitorias e dous empates. Na Liga Nacional Xuvenil, os tres puntos de derbi viñeron para Burela. Os de Lucas gañaron aos viveirenses por 2-6, con goles de Aitor, Francisco (2), Rubén e Fabio (2). Tamén trouxeron a vitoria os cadetes, de Autonómica, cun contundente 3-10 sobre O Carballiño FS. O terceiro triunfa da f
14 de xaneiro de 2013
Lidia e Lara disputarán a final nacional con Galicia Sub-23
As xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén  Lidia Mesías e Lara Balseiro estarán na final do Campionato de España de Seleccións Territoriais con Galicia Sub-23. O combinado irmandiño conseguiu o billete tras rematar primeiro de grupo en Murcia, con vitoria ante Castela e León (0-2) e o anfitrión (3-4). A finalización laranxa deixou pegada na primeira fase do nacional, con dobre aparición da titular Lidia Mesías, que inauguro
14 de xaneiro de 2013
O Burela FS declara transferibles a André, Dani Martín, Hugo e Enrique
O Burela FS Pescados Rubén declarou transferibles a André, Dani Martín, Hugo e Enrique. Esta mesma mañá a directiva laranxa comunicoulles a decisión; o club escoitará todas aquelas propostas que reciba polos xogadores para facilitar a súa saída do equipo mariñán. O italo-brasileiro André Nogueira, de 25 anos, asinou co Burela FS en 2009-10 procedente do ASD Regalbuto, da Serie A2 italiana; o ala-peche disputou tres play offs a Pri
15 de xaneiro de 2013
Dany pelexará pola primeira praza
A pichichi de Primeira División, Daniela Domingos, Dany (16 dianas), volverá poñer ás costas o 3 laranxa para pelexar pola primeira praza da máxima categoría mañá ante o impoñente Atlético de Madrid Navalcarnero (La Estación, 20.30 horas), na clausura da 14ª xornada. A pivote brasileira, que viaxou ao seu país a mediados de decembro para renovar a súa documentación, aterrou esta mesma mañá en solo español, preparada para cumprir cos compromiso
16 de xaneiro de 2013
ED EON Burela FS Alevín A (2012-13)
Intensa xeira dominical da base burelá
As competicións dos máis novos da familia laranxa centrarán a súa frenética actividade o domingo, en Vista Alegre, con Nacional Xuvenil e Autonómica. Os máis veteranos serán os encargado de abrir a intensa xeira, ás 11.00 horas, coa visita do Esteo FS. En Autonómica, o futuro burelista medirase ao ED Vigo 2015 en tripla cita de Autonómica, os cadetes ás 13.00 horas, os infantís ás 16.00 e os xuvenís ás 17.30. Non obst
17 de xaneiro de 2013
Os rapaces de Lucas reciben o Eypar Melide como pechacancelas
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá o sábado o Eypar Melide como pechacancelas de Terceira División (Vista Alegre, 16.30 horas). Os rapaces de Lucas buscarán un novo triunfo para engancharse á zona alta ante un rival que ata o momento só leva 4 puntos; no choque da primeira volta o luminoso deu luz verde aos mariñáns nunha cita de goles (5-9). “É un encontro propicio para o dominio do Burela FS
17 de xaneiro de 2013
Grande actuación das laranxas en Navalcarnero, empañada polos pequenos detalles (5-3)
A grande actuación das laranxas onte en Navalcarnero, na clausura da 14ª xornada de Primeira, non foi suficiente para regresar á Mariña cos tres puntos que garantían a conservación da praza do poder. Os erros puntuais do Burela FS Pescados Rubén condenárono a un resultado desfavorable (5-3), que pouco reflicte o dominio visitante na pista do Atlético de Madrid. Comezaron as pupilas de Javier Pardeiro cunha magnífica actitude e pre
18 de xaneiro de 2013
O Burela FS chega ao ecuador de Primeira en Puertollano, con luz verde para Cesinha
O Burela FS Pescados Rubén chega mañá ao ecuador da primeira experiencia na máxima categoría en Puertollano (Antonio Rivillos, 18.30 horas). O equipo mariñano afronta a cita ante un rival directo con novidades no vestuario, con luz verde para unha das súas últimas incorporacións, César Augusto May Xavier, Cesinha; o pívot brasileiro poderá estar a disposición de Juolio Delgado, tras a recepción do tránsfer ruso na tarde de onte.
18 de xaneiro de 2013
Primeiro punto lonxe da casa
O Burela FS Pescados Rubén subiu o seu primeiro punto lonxe da casa no final da primeira volta. Os pupilos de Julio Delgado regresaron de Puertollano con táboas (1-1) nunha cita moi igualada que non se decidiu ata os minutos finais; a dianteira dos laranxas, por mediación de Hugo, desapareceu co xogo de cinco dos locais, restando tres minutos. “Foi un partido moi tenso. Os dous sabiamos o que arriscabamos, quizais nós eramos máis
21 de xaneiro de 2013
André causa baixa na entidade mariñá
O italo-brasileiro André non seguirá sendo xogador da entidade mariñá. O Burela FS Pescados Rubén chegou a un acordo esta mesma mañá co ala-peche, declarado transferible a semana pasada polo club, para rescindir o contrato que o vinculaba ás filas laranxas ata finais da tempada. André Luiz Nogueira Fernandes (Rio de Janeiro, 1987) incorporouse ao Burela FS en 2009-10 procedente do ASD Regalbuto, da Serie A2 italiana, con formació
21 de xaneiro de 2013
Contundente vitoria sobre o Eypar (6-1)
O Burela FS Pescados Rubén B rubricou unha contundente vitoria, impoñéndose ao Eypar Melide por 6-1, na 17ª xornada de Terceira. O técnico laranxa, Iván Cao ‘Lucas’, amosouse moi crítico cos seus a pesar da contundente vitoria: “Non sufrimos e gañamos o partido pola superioridade técnica e a boa finalización nos metros finais, aínda que nin a intensidade nin a actitude foron as mellores para disputar un bo partido”, asegurou o mar
21 de xaneiro de 2013
Festa de goles
As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén pecharon a fin de semana con festa de goles, nunha xornada na que as porterías tiveron moito traballo. En Nacional Xuvenil, os rapaces de Lucas venceron 9-1 ao Esteo FS. Tamén houbo baile goleador en Deporte Escolar, co resultado de 2-9 para os laranxas sobre O Valadouro, e na Liga Prebenxamín da Mariña, con 1-13 fronte o Cidade de Viveiro. No gran duelo ante a estrutu
21 de xaneiro de 2013
Atractivos abonos de media tempada
Co comezo da segunda volta tanto na Primeira División LNFS coma na RFEF, o CD Burela FS Pescados Rubén ofrece a posibilidade de adquirir abonos de media tempada, que estarán dispoñibles dende hoxe mesmo. Con atractivos prezos, a entidade laranxa dá continuidade á campaña Deixa que o espírito laranxa entre en ti!
22 de xaneiro de 2013
Dani Martín deixa o CD Burela FS
Dani Martín deixa o CD Burela FS Pescados Rubén. O ala-pivote, declarado transferible a comezos da semana pasada, asinou a rescisión do seu contrato a primeira hora da mañá, tras o acordo entre o club laranxa e o Fuconsa Jaén FS, de Segunda División, dirixido polo ex-burelista Dani Rodríguez; a entidade xienense recibirá o xogador nos próximos días. O salmantino, de 24 anos, recalou na costa de Lugo en 2009-10, dende o Tecun
24 de xaneiro de 2013
Cadete A
A locomotora laranxa, a pleno rendemento
A locomotora laranxa emprende unha semana máis a viaxe ligueira a pleno rendemento, con participación en todas as competicións. A ilusión futbolística da ED EON Burela FS porá rumbo a Lugo o venres, coa visita en Autonómica Infantil ao ADC Lumieira (O Pombal, 19.30 horas). O sábado madrugarán alevíns e infantís en Deporte Escolar coa visita ao Santiago de Foz (O Cantel, 9.45),  Ribadeo FS (Ribadeo, 10.00) Cidade
24 de xaneiro de 2013
Pulo para unirse ao pelotón pola permanencia (Manacor, venres 25, 20.30)
Arranca a segunda volta da Primeira División con outro compromiso da liga laranxa. O CD Burela FS Pescados Rubén emprenderá voo esta tarde cara ás Baleares para pelexar pola súa primeira vitoria, ante o Fisiomedia Manacor, un impulso vital para unirse ao pelotón da permanencia na máxima categoría. O pavillón Palma Arena acollerá a 14ª xornada mañá, ás 20.30 horas. “Temos que repetir a actitude de Puertollano” di tallante o técnico
24 de xaneiro de 2013
Á espreita do líder, sen opción ao descoido (sábado, 18.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén comeza a segunda volta de Primeira RFEF, coa visita do Lacturale Orvina, oitavo na táboa (22 puntos). As pupilas de Javier Pardeiro estrean o ano en Vista Alegre mañá (18.30 horas) á espreita do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (35), con todos os sentidos adestrados para esquivar calquera tipo de descoido e manter a segunda praza (32) da máxima categoría a recado.
25 de xaneiro de 2013
O Burela FS B desafía o parapeto do 5 Coruña FS
O Burela FS Pescados Rubén B desafiará mañá a férrea pista do 5 Coruña FS na tentativa de seguir escalando posicións na táboa de Terceira. O parapeto do Novo Mesoiro acollerá a 18ª xornada a partir das 17.00 horas.Tan só un puntiño separa a cuarta praza herculina (31 puntos), ás portas do podio, das aspiracións laranxas. Os pupilos de Lucas terán por diante o reto de bater a un rival “con xogadores experimentados en ca
25 de xaneiro de 2013
Empate agridoce nas Baleares
O Burela Pescados Rubén logra un merecido empate (3-3) na cancha do Fisiomedia Manacor e ata fixo méritos para lograr a primeira vitoria en Primeira División.
O conxunto dirixido por Julio Delgado logrou remontar un 3-1 logrado polos isleños durante o primeiro periodo. Nesta fase do encontro os mallorquines mostráronse máis incisivos que o conxunto mariñano. Vadillo abriu o marcador nos primeiros compases e Joao Batista aumentou a renda no minuto dez. O 2-0 exaltou os ánimos laranxas e Nacho Pedraza recortou a distancia cun gol de preciosa factura. O tanto burelés deu paso a unha fase de maior equilibr
26 de xaneiro de 2013
Solvencia e liderado
Triunfo inapelable e liderato da Primeira División para o Burela Pescados Rubén tras vencer (4-1) ao Lacturale Orvina e a sorprendente derrota do Atlético de Madrid na casa do Viaxes Amarelle.
A escuadra dirixida por Javier Pardeiro desarbolou dende o asubío inicial ao conxunto navarro cuns primorosos dez minutos de xogo. Lucía Nespereira iniciou o vendaval cun misil directo á escuadra, minuto dous, tras un saque de banda. Pouco despois foi Lidia a encargada de aumentar a renda culminando unha contra guiada por Maite, minuto catro. As pamplonicas non lograban taponar as vías de auga que xeraba o xogo laranxa ao que únicamente lle falto
26 de xaneiro de 2013
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil  Burela FS 9-0 ADFS Bueu   Liga Autonómica Xuvenil Sarria Peña Españolista 2-2 Burela FS   Liga Autonómica Infantil ADC Lumieira 5-1 ED EON Burela FS  
28 de xaneiro de 2013
Reacción tardía do Burela FS B
O Burela FS B tivo que facer fronte a demasiados atrancos na pista do 5Coruña FS (6-4). Os laranxas, limitados pola ansiedade de cara á portería e polas continuas interrupcións do xogo, perdoaron moito na primeira parte e aínda que reaccionaron ben tras o descanso xa foi demasiado tarde para regresar cos tres puntos. Os pupilos de Lucas comezaron ben, presionando o balón, evitando a mobilidade do rival e con perigo sobre a meta h
28 de xaneiro de 2013
A Mariña Cadete, subcampioa galega con gol laranxa
Aarón, Jorge, Christian, Adrián Riveiro, Javi, Mamadou, Adrián Sanjurjo, Álex García, Renato e Borja, do Burela FS Pescados Rubén; Pablo, da ACD Xove; e Cora, do Cidade de Viveiro. Son os integrantes e protagonistas da selección cadete da Mariña que onte se proclamou subcampioa galega no emocionante torneo celebrado en Santiago de Compostela. O combinado mariñán, dirixido polo técnico viveirense Quico Otero, venceu por 2-0 a Vigo en semifinais
28 de xaneiro de 2013
O internacional Matamoros reforza as filas burelistas
O Burela FS Pescados Rubén segue movendo o mercado de inverno para levantar voo no debut da máxima categoría, co reforzo do internacional Matamoros, procedente do Inter Movistar. Se non xorde ningún contratempo, o resolutivo pivote madrileño, con contrato para o que resta de tempada e o próximo exercicio, estará en terras galegas entre mañá e o mércores para ser presentado oficialmente pola entidade laranxa e incorporarse á dinámica do equipo.
28 de xaneiro de 2013
O Burela FS pecha a incorporación do ala Isi
O Burela FS Pescados Rubén formalizou esta mañá a última incorporación do mercado de inverno, o ala Isidoro Garrido Luque, máis coñecido como Isi, procedente das filas do actual campión húngaro, Raba Eto Gyor. As instalacións de Pinturas Xurxo, en Foz, acolleron a presentación do andaluz, que estivo arroupado polo presidente burelista, José Ramón González Casas, e o xerente da empresa patrocinadora, Jorge Rodríguez. No punto de mi
31 de xaneiro de 2013
41 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores