Noticias
Arquivo de Xaneiro 2014
Aberto o prazo para os abonos de media tempada
O CD Burela FS Pescados Rubén activa a opción dos abonos de socio/a de media tempada para impulsar a Campaña de Soci@s 2013-14 coincidindo co comezo do ano 2014. ‘Este ano o sol volverá saír… Horizonte Laranxa’ nútrese do alento da sempre incondicional afección para que A Mariña siga gozando da maxia do fútbol sala na elite e por partida dobre.
Socios/asSegundo o aprobado na Asemblea de Extraordinaria do pasado 11 de xuño de 2013, os socios/as dispoñen de 6 modalidades de abonos para a tempada 2013-14. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, preséntanse o Abono Individual (90 euros) e o Abono Familiar (150 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, acreditando a relación de parentesco entr
2 de xaneiro de 2014
Desafío no Palacio
O Burela Pescados Rubén inicia o novo ano cun gran desafío, visitando o Palacio dos Deportes para enfrontarse a ElPozo Murcia, segundo clasificado. O encontro correspondente á xornada 18 da Primeira División xógase o venres día 3, a partir das 21.00 horas.
Os mariñaos buscarán dar a sorpresa ante un ElPozo Murcia que mantén unha traxectoria impecable como local; 8 partidos, 8 vitorias. Malia a historia e os números actuais dos murcianos o adestrador burelés, Juanlu, confía en plantar cara a un dos grandes da Liga: “somos conscientes da dificultade do reto que supón medirse a ElPozo. A primeira premisa para poder competir por un resultado positivo pasa por defender moi ben e unha co
2 de xaneiro de 2014
Calendario Laranxa 2014
O ‘Calendario Laranxa’ volve aos fogares mariñáns en 2014 para amosar o Horizonte Laranxa e coar o espírito burelista representado nos equipos sénior, masculino e feminino, o filial e as categorías de base. Despois do éxito de vendas nos últimos encontros do 2013 en Vista Alegre, o almanaque está dispoñible (prezo, 2 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91) e nas librerías burelás; Atril , Kiosco de Alicia, O Torques Kiosko e Espacio Lector Nobel, ademais da empresa colaboradora Alba Vila.
O ‘Calendario Laranxa 2014’ inclúe a axenda ligueira dos equipos sénior, tanto da Primeira División LNFS coma da RFEF, así coma un mosaico de fotos das categorías de base nas páxinas centrais. A xoiería burelá Kessarys recibe o novo ano xunto a Antoñito e Lara. A tempada do CD Burela FS Pescados Rubén transcorre cos xogadores e xogadoras en divertidas situacións, no Ximnasio Breogán, Concello de Burela, Alain Affelou Óptico, Bar Sitio, Centro de
3 de xaneiro de 2014
Fotografía: Prensa ElPozo Murcia
Rebeldía en Palacio
O Burela Pescados Rubén comeza o ano dando a campanada ao vencer a ElPozo Murcia (3-4) no Palacio dos Deportes, inexpugnable ata a data. Triunfo histórico do conxunto mariñao nun dos coliseos do Fútbol Sala internacional que foi testemuña do orgullo laranxa nun partido con intriga e suspense ata o final.
Na primeira fase do encontro e tras varios intercambios de golpes, os locais lograron adiantarse no marcador cun gol de Álex pero o Burela, lonxe de amedrentarse, soubo plantar cara a ElPozo e logrou sobrepoñerse ao 1-0. Realizando unha gran presión e cun xogo intelixente, os bureleses conseguiron remontar antes do descanso con goles de Burrito (1-1) e do killer burelés, Matamoros (1-2). No segundo capítulo, o Burela Pescados Rubén
3 de xaneiro de 2014
Galicia golea a Cantabria
Galicia golea a Cantabria (11-0) no primeiro duelo da Primeira Fase do Campionato Nacional de Seleccións Territoriales sub-21 Feminino que se disputa en Galdákano (Bizkaia). A representación laranxa na selección galega está a cargo de Lara Balseiro Candia que abriu o camiño da vitoria galega, acadando o 1-0. Galicia está no grupo A con Cantabria, Cataluña e País Vasco. No outro duelo, as catalás venceron con comodidade ás vascas por
4 de xaneiro de 2014
Billete para semifinais con Lara de protagonista
Galicia acadou o seu billete para a Fase Final do Campionato de España de Seleccións Territoriais sub 21 con autoridade e solvencia tras derrotar a Cantabria (11-0) e ao País Vasco (13-0), logrando a primeira praza do grupo A. A xogadora burelesa; Lara Balseiro, marcou un gol no duelo ante as cántabras e fronte ao combinado vasco destapou a súa vena goleadora alcanzando a cifra dos 4 goles. A selección dirixida por Manuel Castillo,
6 de xaneiro de 2014
Torneo Internacional de Futsal de Base Cidade de Lugo. Resultados
Categoría Benxamín Azkar Lugo FS 6-1 ED Burela FS Burriana FS 1-2 ED Burela FS Burela FS 2-6 Ciudad de Toledo  Categoría Alevín Rivas V. Atlantis 9-2 ED Burela FS O Parrulo Ferrol 10-0 ED Burela FS Colegio Tierno Galván 3-5 ED Burela FS  Categoría
6 de xaneiro de 2014
Daniela Montoya reforza ao Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén refórzase coa incorporación de Daniela Montoya Quiroz, xogadora colombiana de 23 anos, que foi presentada na oficina do club acompañada polo presidente, Manuel Blanco Fanego. Daniela Montoya afronta o seu primeiro desafío lonxe da súa terra natal circunstancia que valora “como moi positiva para a min, é un reto profesional que desexaba realizar para progresar como deportista. Botarei de menos á miña familia e as miñas amizades pero estou moi contenta desta decisión”.
Tras chegar o sábado día 4 de xaneiro a Burela, Daniela incorporouse á dinámica do equipo e está en disposición de entrar na convocatoria ante o Gironella. “Tiven un recibimento agradable que me está facilitando moito a integración, as compañeiras estanme axudando moito e estou moi ilusionada con debutar coa camiseta do Burela”. Daniela ten unha gran proxección e ante as ofertas de España e Italia acabou decantándose pola opción do Burela Pescad
8 de xaneiro de 2014
Iago Míguez e o Burela Pescados Rubén renovan o seu compromiso
O Burela Pescados Rubén e Iago Míguez Expósito formalizan a súa renovación ata a tempada 2014/2015. Na oficina da entidade burelesa, o presidente do club; Manuel Blanco Fanego, e Xurxo Rodríguez López, xerente de Pinturas Xurxo empresa patrocinadora do Burela Pescados Rubén, acompañaron a Iago Míguez no acto de renovación do seu contrato.
Manuel Blanco resalta a importancia desta renovación xa que “Iago Míguez é patrimonio do Burela Pescados Rubén, un xogador da casa do que nos sentimos moi orgullosos e que esperamos que manteña a súa progresión e consiga demostrar todo o seu potencial”. O xogador canteirán afirmou sentirse “orgulloso e feliz de prolongar a miña relación co Burela Pescados Rubén que é a miña casa. Desde pequeno gocei do fútbol sala en Vista Alegre e
9 de xaneiro de 2014
Axenda de partidos
Primeira División LNFS CD Burela Pescados Rubén – Azkar LugoSábado 11, 18.30 horas. Pavillón Vista Alegre de Burela Primeira División RFEFGironella FSF – CD Burela Pescados RubénSábado 11, 17.30 horas. Pavillón municipal de Gironella Terceira DivisiónCD Burela B Pescados Rubén – Pazos de Borbén
10 de xaneiro de 2014
O campión empeza o 2014 en Gironella
O Burela Pescados Rubén retoma a competición en 2014 ante o Gironella FSF, unha pista tradicionalmente complicada para o conxunto mariñao. O duelo entre catalás e galegas, correspondente á xornada 13 da Primeira División, dispútase o sábado 11 ás 17.30 horas no pabellón municipal de Gironella.
O Burela Pescados Rubén desprázase a Gironella coa nova incorporación do equipo, Daniela Montoya, que poderá debutar “si atopamos o momento adecuado para iso. É unha xogadora que nos pode aportar moitas cosas pero acaba de incorporarse e debemos ser cautos” sinalou o adestrador burelés, Quico Otero. Respecto ao encontro manifestou que “é un partido difícil ante un rival moi competitivo, ordenado, defensivamente forte e con xogadoras de calidade.
10 de xaneiro de 2014
Derbi lucense en Vista Alegre
O derbi lucense chega a Vista Alegre que se prepara para o duelo entre Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo. A cita é o sábado 11 ás 18.30 horas, encontro correspondente á xornada 19 da Primeira División. O derbi será retransmitido en directo, vía internet, en www.crtvg.es
O conxunto dirixido por Juanlu Alonso espera refrendar a vitoria lograda ante ElPozo con outro triunfo ante os transportistas “para conseguir unha dinámica positiva de resultados e que os xogadores aumenten a súa propia confianza” aínda que é consciente que os derbis “sempre son partidos especiais e os antecedentes non serven para nada. Queremos brindarlle unha vitoria á nosa afección sempre pero nestes choques con máis ganas aínda”.
10 de xaneiro de 2014
Victoria e liderado
Vitoria con autoridade e liderato da Primeira División para o Burela Pescados Rubén que conquistou tres valiosos puntos (1-5) na cancha do Gironella. A vitoria laranxa en terras catalás e o empate (3-3) do Atlético de Madrid na pista do Ponte Ourense, propician o liderato mariñán. Debutou coa camiseta laranxa, Daniela Montoya, recente incorporación do Burela Pescados Rubén.
O conxunto galego realizou un inicio de encontro demoledor con Peque como protagonista co seu hat-trick express, aos 13 minutos de partido o Burela Pescados Rubén xa vencía por un claro 0-3. O Gironella nada ou pouco podía facer ante a superioridade laranxa que ademais anulou as virtudes locais e co 0-3 chegouse ao descanso. Na continuación, as catalás apertaron os dentes con ánimo de meterse no choque pero as galegas manexaron ben
11 de xaneiro de 2014
O derbi lucense queda na costa
O Burela Pescados Rubén vence e convence no derbi lucense co Azkar Lugo (4-1). O duelo comezou a inclinarse do bando local nos primeiros minutos. Vista Alegre, cun gran ambiente e cheo, celebrou con entusiasmo o 1-0 logrado por Matamoros, minuto 3, tras unha gran asistencia de Hugo.
Os bureleses saíron enchufados a un derbi de alta voltaxe con ambas escuadras presionando ao seu rival sen miramentos aínda que sen excesivas ocasións. Aos poucos, os bureleses tomaron as rendas do choque aínda que Edu tivo que intervir para evitar o empate transportista nunha das súas escasas chegadas. O segundo tanto laranxa facíase esperar e cando Isi encaraba a Mendiola este derríbao fora do área e é expulsado, minuto 18. O Burela Pescados Ru
11 de xaneiro de 2014
Resultados partidos de base
Terceira División CD Burela B Pescados Rubén 3 – Pazos de Borbén FS 2 Sábado 11, 16.00 horas. Pavillón Vista Alegre de Burela Liga Nacional Xuvenil CD Burela Pescados Rubén 6 – ADFS Bueu 4 Domingo 12, 12.30 horas. Pabellón Vista Alegre de Burela Liga Provincial Xuvenil C.P. Casás 0 – Burela Pescados Rubén 5 Sábado 11, 16.00 horas. Pavillón de O Palomar de Lugo Liga Auton
13 de xaneiro de 2014
Quiniela de 14 para o Burela Pescados Rubén
O espírito laranxa desplégase pola Mariña, Galicia e Baleares nun fin de semana de intensa actividade deportiva. En total, 14 encontros disputarán os equipos do CD Burela FS Pescados Rubén que inundarán os pavillóns do seu laranxa vital co ánimo de ofrecerlle numerosas ledicias á súa afección.
Axenda de partidos Primeira División LNFS H.Llevant Manacor - CD Burela Pescados Rubén Venres 17, 20.30 horas. Palma Arena de Mallorca Primeira División RFEFCD Burela Pescados Rubén – CD OrvinaSábado 18, 18.30 horas. Vista Alegre de Burela Terceira División
15 de xaneiro de 2014
A pola terceira vitoria consecutiva
O Burela Pescados Rubén desprázase a Palma de Mallorca para xogar a vixésima xornada da Primeira División LNFS ante o Hospital Llevant Manacor. O duelo ante os baleares dispútase no Palma Arena de Mallorca o venres 17, ás 20.30 horas.
A escuadra galega busca prolongar o seu bo inicio en 2014 coa súa terceira vitoria consecutiva para continuar a súa escalada na clasificación, actualmente é sétimo con 25 puntos. En fronte terá a un conxunto que destaca principalmente “pola boa presión que realizan en zona adiantada coa que xeran moitos contragolpes perigosos” advertiu o técnico burelés, Juanlu Alonso. Malia a súa posición na táboa, penúltimos con 15 puntos, os manacorís son un e
16 de xaneiro de 2014
Hugo terá que ser operado do menisco
Trala resonancia magnética realizada a Hugo Bernárdez, confírmase a lesión do á do Burela Pescados Rubén. Logo dun golpe sufrido nun adestramento, Hugo ten danado o menisco do xeonllo dereito e o tempo estimado da súa recuperación será valorado trala operación. O traumatólogo, José Antonio López e o doutor Javier Couce; así como a fisioterapeuta Lucía Nieto, son os profesionais que velan pola saúde do xogador mariñano.
17 de xaneiro de 2014
Táboas nas Baleares
O Burela Pescados Rubén colleitou un empate no Palma Arena de Mallorca ante o Hospital Llevant Manacor (2-2) que impediu a terceira vitoria consecutiva dos laranxas.
O duelo entre baleares e galegos decidiuse nun intrépido tramo final no que a vitoria estivo bailando con ambas escuadras para finalmente non decantarse por ningunha. Nun partido no que as defensas se impuxeron aos ataques, as oportunidades aumentaron a súa cotización tras unha primeira parte que finalizou coa igualada inicial.  Na continuación o decorado seguía sendo o mesmo, os manacorís deixaban a iniciativa
17 de xaneiro de 2014
O Burela Pescados Rubén recibe a un Lacturale Orvina en horas baixas
O Burela Pescados Rubén mídese ao Lacturale Orvina, partido correspondente á xornada 14 da Primeira División. O choque entre galegas e navarras dispútase o sábado 18, ás 18.30 horas no pavillón Vista Alegre de Burela.
O conxunto dirixido por Quico Otero buscará sumar un novo triunfo para seguir na loita polo liderato, recuperado esta semana polo Atlético de Madrid tras vencer por 4-0 ao Móstoles no encontro aprazado da duodécima xornada. Únicamente un punto separa ás actuais campionas das colchoneiras que contabilizan 35 puntos. Ante o Lacturale Orvina o Burela Pescados Rubén deberá “competir coa máxima concentración xa que é un rival máis perigos
18 de xaneiro de 2014
Cómoda victoria do Burela que suma a sexta consecutiva
O Burela Pescados Rubén imponse por 4-0 ao Lacturale Orvina, sexta vitoria consecutiva, nun partido que Peque encarrilou no minuto inicial para abrir o candado visitante previsto.
As pamplonicas acusaron o golpe e Maite conseguiu aumentar a renda local no minuto sete. Tras unha acción persoal apoiouse en Lara que asisitiu perfectamente ao segundo pao onde Maite non perdoou. A pesar do 2-0 nos primeiros compases, as visitantes mantiveron a súa idea inicial de esperar en 15 metros en busca dun contragolpe. O control do xogo só tiña cor laranxa aínda que as navarras lograron corrixir os seus desaxustes defensivos para chegar
18 de xaneiro de 2014
Hugo vai ser operado hoxe no Hospital Polusa de Lugo
O xogador do Burela Pescados Rubén, Hugo Bernárdez, vai ser operado hoxe, luns 20 de xaneiro, ás 17.00 horas no Hospital Polusa de Lugo. O galeno encargado de realizar a operación é o traumatólogo, José Antonio López. Tras un golpe sufrido durante un adestramento, Hugo ten danado o menisco do xeonllo dereito e o tempo estimado da súa recuperación será valorado trala operación. A Clínica de Fisioterapia L2 de Burela e a fisioterapeut
20 de xaneiro de 2014
Resultados de base
Terceira División CD Burela B Pescados Rubén 1 – Santiago Futsal B 0Sábado 18, 16.00 horas. Vista Alegre de Burela Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo FS 5 - CD Burela Pescados Rubén 2Domingo 19, 12.00 horas. Centro Terra Lugo Liga Provincial Xuvenil CD Burela
20 de xaneiro de 2014
Comeza a conta atrás para Hugo
Durante a mañá de hoxe, martes 21, o xogador do Burela Pescados Rubén recibiu a alta no Hospital Polusa de Lugo, onde foi operado onte, luns día 20, do menisco do xeonllo dereito logo de sufrir un choque fortuíto durante o adestramento do martes día 14 de xaneiro . Hugo manifestou que “anímicamente estou moi ben, todo saíu perfectamente e teño moitas ganas de seguir dando pasos para volver xogar e axudar ao equipo”. A operación, rea
21 de xaneiro de 2014
Fotografía: J.M. Álvez del Diario El Progreso A Mariña
Burela disfrutará do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub 17
Burela é a sede do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub-17, evento que se celebra desde o 22 ao 26 de xaneiro. Durante cinco días a localidade mariñana será testemuña das evolucións das novas promesas do Fútbol Sala español. Esta competición de ámbito nacional está organizada pola Real Federación Española de Fútbol, a Federación Galega de Fútbol, ademáis do Concello de Burela e o CD Burela FS Pescados Rubén como anfitrións do evento.
A presentación do Campionato de España realizouse hoxe, martes día 21, no Salón de Plenos do Consistorio Municipal de Burela. Na presentación estiveron presentes numerosas autoridades nun acto presidido polo Alcalde de Burela; D. José María González Barcia que manifestou que “este evento demostra, unha vez máis, o compromiso de Burela co deporte base e, en concreto, co Fútbol Sala”, o Secretario Xeral para ou
21 de xaneiro de 2014
O tridente máis demoledor de Primeira
Peque, Lidia e Maite repártense case o 80% dos tantos do Burela Pescados Rubén e xa marcaron máis goles que 9 dos 16 equipos que compiten na máxima categoría. Ningún equipo da Primeira División feminina conta cun tridente tan demoledor como o que forman Peque, Lidia Mesías e Maite no Burela Pescados Rubén. Entre as tres marcaron 46 dos 60 goles anotados polo equipo laranxa nos 14 partidos disputados. Peque leva 25; Lidia, 11; e Mait
22 de xaneiro de 2014
A Liga descansa e España afronta un novo desafío continental
O Burela Pescados Rubén tómase un respiro competitivo debido ao parón da Primeira División LNFS motivado pola Eurocopa 2014. A selección española afronta en Bélxica, do 28 de xaneiro ao 8 febreiro, un novo desafío en defensa do cetro europeo conquistado por España en Croacia 2012, baixo a dirección de José Venancio López. España aspira a manter, unha vez máis, o seu reinado europeo xa que é a selección con máis títulos (6) e en Amberes quere conquistar o quinto título de Campión de Europa consecutivo.
O Burela Pescados Rubén gozará dunha semana de descanso activo desde o 20 ata o 27 de xaneiro, data na que reiniciarán os adestramentos. Os pupilos de Juanlu Alonso retomarán a competición o martes 4 de febreiro, 20.00 horas, coa eliminatoria -partido único- ante o O Parrulo Ferrol, encontro de cuartos de final da Copa Xunta. O sábado 15 de xaneiro reiniciarán a competición liguera en Vista Alegre, 18.30 horas, ante o Umacón Zaragoza. Copa do Rei
22 de xaneiro de 2014
Fotografía: A. Baltar
Galicia, Rioxa e Murcia acadan a vitoria na xornada inaugural
A primeira xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fúbol Sala Feminino Sub 17 que se celebra en Burela, resolveuse con tres vitorias para a Rexión de Murcia, A Rioxa e Galicia que pechou a xornada inaugural.
En Vista Alegre, Catalaluña e Rexión de Murcia - grupo B- abriron o Campionato con un partido no que as murcianas levaron a iniciativa ata o tramo final no que as catalás reacciaron ante o 0-2, favorable ás pimentoneiras. Cataluña rondou o gol en varias ocasións pero non recortou distancias (1-2) ata verse en superioridade numérica. A emoción non tivo moito percorrido xa que Murcia sentenciou co 1-3 definitivo. No segundo envite, e
23 de xaneiro de 2014
Axenda de partidos
Primeira División RFEFAD Alcorcón - CD Burela Pescados RubénDomingo 26, 12.30 horas. P.M. Santo Domingo   Terceira División Troula Betanzos - CD Burela B Pescados RubénSábado 25, 19.00 horas. Municipal de Betanzos   Liga Nacional Xuvenil IES Coruxo - CD Burela Pescados Rubén Domingo 26,
24 de xaneiro de 2014
Desafío de altura
O Burela Pescados Rubén pecha a primeira volta visitando a pista do AD Alcorcón FSF, un duelo nas alturas da Primeira División. O encontro entre galegas e alfareras dispútase o domingo 26, 12.30 horas, no pabellón municipal Santo Domingo de Alcorcón. As burelesas ocupan a segunda posición con 37 puntos mentres que as madrileñas son terceiras con 34; a un e catro puntos de distancia, respectivamente, do Atlético de Madrid líder e que nesta xornada visita a cancha do Poio Pescamar.
O vixente campión quere dar un golpe de autoridade en Santo Domingo e así poder abrir unha maior brecha cun serio aspirante ao título. Un triunfo laranxa pecharía unha primeira volta excelente. O técnico burelés, Quico Otero, lóxicamente espera un partido “moi complicado ante un gran rival que chega doído a este encontro trala súa derrota en Alacante. Non pode permitirse o luxo de ceder máis puntos para non verse descolgado na loita polo título”.
25 de xaneiro de 2014
Fotografía: A. Baltar
Madrid e Murcia loitarán polo cetro nacional
A semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub 17 que se celebra en Burela ofreceron un gran espectáculo en Vista Alegre, que superou os 400 espectadores. Intensidade, emoción, xogadas de calidade, auténticos golazos e numerosos detalles de calidade evidenciaron que o futuro do Fútbol Sala español feminino está asegurado. As selección de Madrid e Murcia disputaránse o cetro nacional o domingo 26, a partir das 12.00 horas en Vista Alegre.
Galicia e Rexión de Murcia amosaron desde moi pronto a súa candidatura á final para acompañar a Madrid, vencedora no primeiro duelo (4-1) ante A Rioxa. Sen especular, galegas e murcianas xogaron un encontro de poder a poder no que o acerto das porteiras impediu que o marcador se movese durante o primeiro periodo. Na segunda parte desatáronse completamente a hostilidades cun ritmo frenético en ambas escuadras. Murcia abriu o marcad
25 de xaneiro de 2014
O Burela cae derrotado por 5-2 en Alcorcón
O Burela Pescados Rubén regresa de vacío da súa visita a Santo Domingo onde caeu derrotado (5-2) polo Alcorcón nun choque de máxima intensidade. Este triunfo permite ao conxunto madrileño manterse na carreira polo título no que, finalizada a primeira volta, o Atlético de Madrid (41 puntos) ten vantaxe de catro puntos sobre as burelesas e alfareras.
O encontro comezou co Alcorcón coas revolucións ao máximo, sorprendendo a un Burela que aos cinco minutos víase cun desfavorable 2-0, minuto cinco de xogo. Aos poucos, as mariñanas lograron pillar o ritmo que esixía o choque e cun gol de Daniela recortaron diferenzas, 2-1 no minuto dez. A escuadra local pagou a súa alta intensidade co bono de faltas cando aínda restaba moito para o descanso pero o Burela non foi capaz de materializar as cinco
26 de xaneiro de 2014
Murcia proclámase Campión de España Sub 17 en Burela
A Rexión de Murcia reválida o título de Campión de España de Seleccións Territoriais Sub 17 Feminino tras vencer (2-1), na prórroga, á Comunidade de Madrid nunha final apaixonante que fixo as delicias dos espectadores congregados no pavillón Vista Alegre de Burela.
A edición do Campionato de España celebrado na vila mariñá pasará ao recordo polo éxito; deportivo, organizativo e da numerosa asistencia de público presente durante o evento, pero tamén porque será o Campionato de Josefa Susarte Párraga “Pepa”. A xogadora murciana liderou á súa selección á conquista do cetro nacional cunha extraordinaria demostración do seu enorme potencial, sobre todo nos momentos decisivos de cada encontro. Especialmente de
26 de xaneiro de 2014
Resultados da fin de semana nas competicións de base
Liga Nacional Xuvenil IES Coruxo 3-5 CD Burela Pescados Rubén    Liga Autonómica Xuvenil Cidade de Lugo A 3-2 CD Burela Pescados Rubén   Liga Autonómica Cadete Azkar Lugo FS 3-1 CD Burela FS Pescados Rubén
27 de xaneiro de 2014
A Terceira laranxa empata na pista do Troula FS (4-4)
O Burela FS Pescados Rubén B regresou con 1 punto da súa visita á pista do Troula FS na 15ª xornada de Terceira División. Con certas dificultades para meterse no partido, o cadro de Iván Cao, Lucas, conseguiu remontar na segunda parte un electrónico que lle daba a benvida ao descanso con 3-1 en contra. O equipo da Mariña tardou en atoparse cómodo na cancha betanceira. O estado esvaradío da superficie provocou a desconcentración do
27 de xaneiro de 2014
Regreso ao traballo
O Burela FS Pescados Rubén volveu hoxe ao traballo coincidindo co descanso da liga pola UEFA Futsal 2014 Amberes. A programación desta semana para o equipo laranxa contemplará dobre sesión diaria ata o venres, 31, alternando os adestramentos técnicos-tácticos de Vista Alegre cos físicos do ximnasio Breogán e o complexo deportivo da Marosa. Juanlu puido dispoñer do vestiario ao completo, a excepción de Hugo, que comezará a mediados
27 de xaneiro de 2014
Derbi provincial no final da Liga Nacional Xuvenil
O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá a Liga Nacional Xuvenil este domingo en Vista Alegre con derbi provincial. Dende unha cómoda terceira praza (30 puntos) os laranxas intentarán facer os deberes ante o Vilalba FS para non renunciar ás súas posibilidades de finalizar en segunda posición. Azkar Lugo FS (33 puntos) intentará facerse co título de campión ante O Esteo FS; empatado a puntos cos transportistas o Santiago Futsal medirase a ADFS B
30 de xaneiro de 2014
Comezo do segundo acto, en Soto (sábado 1, 18.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén renova ilusión e ganas para afrontar a segunda volta de Primeira RFEF con forza. O segundo acto da elite arrincará para as laranxas na sempre resistente pista do Soto del Real (sábado 1, 18.00 horas). O cadro da Mariña medirase a un rival que ocupa a antepenúltima praza da clasificación (11 puntos), un rival acostumado a manexarse sen inculcarse ansiedade pola necesidade dos puntos. “Soto saber vivir nes
31 de xaneiro de 2014
Golpe na Estrada para manter a boa senda
O Burela FS Pescados Rubén B visita mañá a A Estrada FS (19.00 horas, pavillón Coto Ferreiro) na 16ª xornada de Terceira División co propósito de dar o golpe dos tres puntos e así manter a boa senda do inicio da segunda volta. Dende a sexta praza e empatado (23 puntos) co Pazos de Borbén, o cadro laranxa medirase ao cuarto clasificado, a tan só 2 puntos, que tamén mantén contenda igualado co Troula FS. “Sabemos que é
31 de xaneiro de 2014
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores