Noticias
Arquivo de Xaneiro 2015
Venda anticipada para Burela FS-FC Barcelona (sábado 10, 20.00 horas, TVG2)
Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén abrirán 2015 ao grande, co último Día do Club 2014-15, coa visita do FC Barcelona o sábado 10 de xaneiro  (20.00 horas, emitido en directo por TVG2). A venda anticipada estará aberta dende hoxe ata o venres 9  ás 14.00 horas, na sede do CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00).  
2 de xaneiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
O Burela FS dá a benvida a 2015 na pista do líder
O Burela FS Pescados  Rubén dá a benvida a 2015 mañá na pista do líder -actual campión de Liga e Copa de España-, Inter Movistar (Fundación Montemadrid, 18.00 horas), rival co que tamén quixo o destino que se mida na súa estrea da Copa de España de Cidade Real (12-15 de marzo). Con 37 puntos e sen coñecer aínda a derrota, os interistas capitanean a clasificación, con 12 vitorias e 3 empates; tan
2 de xaneiro de 2015
Foto: Javier Rodríguez
Xuvenil, Cadete A e Alevín, na segunda fase do Cidade de Lugo
A base laranxa arranca 2015 coa participación dos conxuntos Xuvenil, Cadete A e Alevín, na segunda fase do XIII Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo, que terá lugar entre hoxe e o domingo. Xa participaron na fase de grupos, a semana pasada, o Infantil A e o Cadete B, con dúas vitorias e un empate para os primeiros e menos sorte para os segundos, con tres derrotas. Clausura de 2014
2 de xaneiro de 2015
Fotografía: Prensa Inter Movistar
Derrota laranxa por 5-0 no feudo do líder
O Inter Movistar venceu por un claro 5-0 a un Burela Pescados Rubén que plantou cara ao campión durante a primeira parte ata que apareceu a figura de Ricardinho. A estrela madrileña regresou hoxe á pista trala súa lesión e abriu o marcador no minuto 13 de partido. O 1-0 propiciou que os interistas se soltasen ante un Burela Pescados Rubén competitivo e que tivo un par de ocasións para adiantarse pero a maxia do portugués comezou a desnivelar o du
3 de xaneiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Espectáculo internacional en Vista Alegre con clara vitoria de España sobre Ucraína (4-0)
A afección mariñá gozou do mellor fútbol sala internacional esta tarde en Vista Alegre cunha clara vitoria da Selección Española fronte a Ucraína, quinta clasificada no ranking UEFA. A Vermella impúxose por 4-0 con dous tantos en cada tempo, de Sergio Lozano, Adolfo e dobrete de Aicardo. O combinado dirixido por José Venancio López Hierro inaugurou o electrónico no minuto 5, con diana de Sergio Lozano; no 7, Adolfo subiu o 2-0. U
5 de xaneiro de 2015
Dispoñibles xa os abonos de media tempada
Si aínda non tes o abono laranxa 2014-15 e queres gozar do mellor espectáculo do fútbol sala nacional e por partida dobre, en Primeira LNFS e RFEF, xa podes facelo co CD Burela FS Pescdos Rubén. Tras a clasificación histórica do equipo de Juanlu Alonso para a Copa de España de Cidade Real (12-15 de marzo) e coincidindo co comezo de 2015, todas as persoas interesadas poderán ser socias burelistas cunha suculenta promoción no Abono Pack
8 de xaneiro de 2015
Resultados do Cidade de Lugo
Documento adxunto
8 de xaneiro de 2015
Horarios dos primeiros partidos ligueiros da base en 2015
Documento adxunto
8 de xaneiro de 2015
O Calendario Laranxa volve en 2015
O Calendario Laranxa volve en 2015 para buscar un pequeno oco para o fútbol sala nos fogares da Mariña. Como xa é tradición, o almanaque do CD Burela FS Pescados Rubén incorpora a axenda ligueira dos equipos sénior, de Primeira División LNFS e RFEF, ata finais de 2014-15, ademais dun póster central con representación de todos os equipos da Familia Laranxa. Este ano a portada e a contraportada están dedicadas aos máis pequenos entre as xoias la
8 de xaneiro de 2015
O Burela FS B pecha a primeira volta na pista do 5Coruña FS (domingo 11, 12.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B abre 2015 poñendo o broche á primeira volta de Terceira División, na pista do 5Coruña FS. O partido da 13ª xornada está programado para o domingo, ás 12.30 horas (Barrios das Flores). Tan só tres puntos separan os laranxas, que pechan a clasificación, da décima praza dos coruñeses (12 puntos). “É un partido moi importante; un resultado positivo pode afastarnos do fondo da táboa e darí
9 de xaneiro de 2015
Derbi galego para volver á Liga en 2015: CD Burela FS Pescados Rubén vs Poio Pescamar.16.00 HORAS
O Burela FS Pescados Rubén estrea 2015 en Vista Alegre co último derbi galego da primeira volta e a falta de tres citas para chegar ao ecuador ligueiro. Poio Pescamar, sexto clasificado (21 puntos) será o rival das laranxas, que non xogan no feudo mariñano desde finais de novembro. A cita comezará ás 16.00 horas.
Despois do parón do Mundial de Costa Rica e as festas navideñas, co desprazamento a Majadahonda (4-4) no medio, o principal obxectivo das pupilas de Quico Otero, que custodian a terceira praza do podio (28 puntos), é recobrar o ritmo: “O máis importante é volver coller rápido o noso nivel e un equipo forte como Poio é o mellor aliciente” adiantaba o técnico burelista facendo fincapé nas virtudes das pontevedresas: “É un rival de gran solidez defe
9 de xaneiro de 2015
Vista Alegre recibe ao todopoderoso FC Barcelona con emisión en directo da TVG2 (20.00 HORAS)
O Burela FS Pescados Rubén recibirá 2015 mañá ante a súa afección na xornada 17 coa visita do todopoderoso FC Barcelona coa atenta mirada das cámaras de TVG2 que seguirán o encontro en directo a partir das 20.00 horas.
O conxunto laranxa afronta con certo optimismo un novo reto dun complicadísimo calendario neste tramo inicial da segunda volta, trala visita ao Inter Movistar (5-0), ante un dos mellores equipos de Europa que ocupa a segunda praza da liga nestes momentos (40 puntos). “Na casa sempre fomos competitivos, en todos os partidos e con todos os rivais; cando se nos foron os puntos foi por marcadores axustados” explicaba o técnico burelista, Juanlu Alons
9 de xaneiro de 2015
Foto cedida por A Mariña-El Progreso
Estrea de 2015 con duelo irmandiño para o Burela FS (5-3)
O Burela FS Pescados Rubén estreou 2015 con vitoria no último duelo irmandiño da primeira volta. As pupilas de Quico Otero impuxéronse 5-3 ao Poio Pescamar FSF nun duelo cunha primeira parte na que as laranxas mereceron máis ca o 1-0. Vista Alegre presenciou unha primeira parte con dominio burelista, con tranquilidade e equilibrio entre ataque e defensa, ante un Poio expectante, con dúbidas en presión e escasa profundidade. Xa no min
10 de xaneiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
O Burela FS cae ante o todopoderoso Barcelona (2-3) merecendo algo máis
O Burela FS Pescados Rubén caeu esta tarde na visita do todopoderoso FC Barcelona por un axustado 2-3, nun encontro no que os pupilos de Juanlu Alonso ofreceron unha grande imaxe; mereceron máis logo dunha primeira parte con vantaxe de 2-1 e cunha gran reacción na segunda parte, sendo competitivos ata o final. Estes tres puntos colocan os cataláns no liderado. O conxunto laranxa saltou á pista dun ateigado Vista Alegre con forza. Non
10 de xaneiro de 2015
Hélder, Renato e Aarón viaxarán mañá para defender a Galicia Sub-19 no Nacional de Barcelona
Os xogadores do Burela FS Pescados Rubén Hélder, Renato e Aarón defenderán a Galicia Sub-19 na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará esta semana en Esparreguera (Barcelona). Os xogadores laranxas realizarán mañá, ás 19.30 horas, o último adestramento no pavillón compostelán de Pontepedriña antes de poñer rumbo a terras catalás. Xunto aos representantes mariñáns compoñen a expedición F
13 de xaneiro de 2015
O Burela FS pelexará pola final da Copa Galicia na casa das Burgas (mércores 14, 20.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén desprazarase mañá a Ourense para disputar a semifinal da Copa Galicia na pista do Cidade das Burgas (Os Remedios, 20.30 horas). A cita galega reunirá o segundo e terceiro clasificados de Primeira División RFEF, con 33 puntos das ourensás e 31 das da Mariña. No seu enfrontamento ligueiro, as das Burgas impuxéronse ás laranxas en Vista Alegre por 0-5, único rival capaz de vencer esta tempada ás pupilas de
13 de xaneiro de 2015
Traballado empate para despedir a primeira volta
Os pupilos de Iván Cao, Lucas, despediron a primeira volta de Terceira División cun traballado empate (3-3) na pista do 5Couruña FS, con goles de Renato, Daniel e Ángel. Un total de 10 puntos custodia o Burela FS Pescados Rubén no ecuador competitivo, con dúas vitorias e catro empates nun total de trece xornadas. A segunda volta comezará para os laranxas en Vista Alegre, o sábado 24, coa visita do ADFS Bueu. Na estre
14 de xaneiro de 2015
Foto:  Marián García Mesa
O Burela FS sela o billete para a final da Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén selou a súa presenza na finalísima da Copa Galicia, despois de impoñerse onte nas semifinais ao Cidade das Burgas (1-2) na súa visita ao pavillón ourensán dos Remedios. As pupilas de Quico Otero buscarán validar o título conseguido en Ferrol en 2014; o gañador entre Viaxes Amarelle e Ourense Envialia, con encontro previsto para o mércores 21 na cidade herculina (21.00 horas), será o rival das laranxas na gran fin
15 de xaneiro de 2015
Ordizia, último desprazamento da primeira volta para as laranxas
O Burela FS Pescados Rubén realizará mañá o seu último desprazamento da primeira volta, na penúltima xornada antes de chegar ao ecuador. Ordizia será o destino das pupilas de Quico Otero, que saltarán á pista do Majori Kiroldegia ás 18.45 horas, en busca de tres novos puntos que garantan a súa permanencia unha semana máis no podio. Tras a sesión de recuperación activa de onte, logo da clasificación para a final d
16 de xaneiro de 2015
Obxectivo: os tres primeiros puntos de 2015
O Burela FS Pescados Rubén espera a 18ª xornada de Primeira División LNFS co obxectivo de sumar os tres primeiros puntos da segunda volta e de 2015. Logo de visitar a Inter Movistar (5-0) e poñer contra as cordas ao FC Barcelona (2-3), o equipo laranxa recibirá mañá ao 13º clasificado (17 puntos), Levante UD DM, que chega a Vista Alegre logo de impoñerse a Prone Lugo (2-1) e romper así unha racha de oito xornadas sen coñecer a vitoria. Os mariñaos saltarán á pista ás 18.30 horas, custodiando a novena praza, con 22 puntos.
No partido de ida, os levantinistas sumaron os tres puntos, con resultado de 5-3. “Aquel día estabamos moi mermados” recordaba Juanlu a cita na que non puido dispoñer nin de Chano, por lesión, nin de Mata, por sanción, ademais de de sufrir as retiradas de Miguel e Edu, por lesión. Aínda que o técnico mariñao tamén admite a complexidade do Levante para o xogo laranxa: “É un rival que nos incomoda; defende ben e sabe competir. Cometen poucos erros
16 de xaneiro de 2015
Os de Juanlu recuperan a senda da vitoria ante o Levante (4-0)
Os de Juanlu non defraudaron esta tarde en Vista Alegre. Chegaban co obxectivo dos tres primeiros puntos da segunda volta e de 2015 e non tatexaron ante o Levante UD DM (4-0), dando unha mostra máis da súa evolución e madurez, conseguindo ademais finalizar coa portería a 0 por primeira vez esta tempada, cunha actuación perfectísima de Álex. Chano foi o encargado de inaugurar o marcador xa no minuto 4, ao recoller desde a banda un bal
17 de xaneiro de 2015
Ordizia 0-3 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén pechou hoxe os desprazamentos da primeira volta con tres puntos na pista do Ordizia (0-3), nunha cita na que mantivo sempre o control do partido. Aínda que ás laranxas lles faltou acerto para finalizar as numerosas chegadas das que dispuxeron, os goles de Bea Mateos, na primeira parte, e de Gaby e Maite, na segunda, foron máis que suficientes para outorgarlles o triunfo ás de Quico Otero. Na primeira pa
17 de xaneiro de 2015
Burela FS-ED Vigo 2015 Xuvenil
Últimos resultados da base laranxa
Documento adxunto
20 de xaneiro de 2015
Partidos desta semana para as categorías de base
Documento adxunto
22 de xaneiro de 2015
O Burela FS refórzase co ala iraní Jafari Behroz
O Burela FS Pescados Rubén acaba de pechar o seu reforzo do mercado invernal coa chegada do internacional iraní Jafari Behroz, destacado como mellor xogador do Mundial Universitario disputado en Antequera en 2014. Na súa presentación oficial, nas instalacións de Pescados Rubén SL, a ala zurdo, procedente do Dabiri Tabriz, estivo arroupado polo presidente laranxa, Manuel Blanco, e o fundador da empresa patrocinadora, Rubén Blanco. Co dorsal 9,
22 de xaneiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Pugna directa no ecuador clasificatorio
O Burela FS Pescados Rubén vivirá este sábado, na 19ª xornada de Primeira División LNFS, unha pugna directa no ecuador da táboa coa visita á complicadísima pista do Peñíscola Bodegas Dunviro (pavillón municipal, 16.15 horas). “É un equipo que sobe bastante o seu rendemento na casa. Conseguiu impoñerse a Barcelona 3-2 e Inter 2-1, que só suman as derrotas entre eles e a de Peñíscola” advertía o adestrador laran
23 de xaneiro de 2015
Vista Alegre pon o broche á primeira volta con Orvina
O Burela FS Pescados Rubén poñerá o broche á primeira volta de Primeira División RFEF mañá en Vista Alegre coa visita do CD Orvina (18.30 horas). Desde a última praza do podio con 34 puntos, as pupilas de Quico Otero mediranse ao antepenúltimo clasificado (8 puntos) co obxectivo de sumar tres novos puntos e seguir á caza do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (38 puntos), que recalará na Mariña a próxima semana (sábado 31, 16.
23 de xaneiro de 2015
O Burela B Pescados Rubén inicia a segunda volta ante o Bueu FS
O Burela B Pescados Rubén afronta o inicio da segunda volta da Terceira División ante o Bueu FS que chega a Vista Alegre instalado nunha cómoda sexta posición (21 puntos). Pola súa banda, o mozo conxunto laranxa segue loitando pola permanencia, penúltimo con 10 puntos, e tralo punto cosechado na cancha do 5Coruña FS espera reforzar a súa moral cunha vitoria ante o Bueu, conxunto ao que derrotou (2-3) na primeira volta. O duelo entre ambos conxunt
23 de xaneiro de 2015
Fotografía: Prensa Peñíscola Bodegas Dunviro. LNFS
Derrota do Burela Pescados Rubén na pista do Peñíscola por 4-1
O Burela Pescados Rubén cae na complicada pista do Peñíscola Bodegas Dunviro (4-1) nun choque que se decidiu no tramo final. O encontro caracterizouse pola iguadade entre ambos conxuntos que exerceron unha forte presión sobre o rival. A claridade defensiva contrastaba coas sombras en ataque de dous equipos que erraban no último pase para poder xerar perigo . Sen incidencias no marcador chegouse ao descanso e na continuación o guión mantívose. Moi
24 de xaneiro de 2015
Vitoria in extremis do Burela Pescados Rubén ante o CD Orvina (3-2)
O Burela Pescados Rubén vence ao CD Orvina (3-2) con máis apuros dos esperados nun partido que resolveu Gaby no último minuto. O encontro comezou como era de esperar, dominio local ante un conxunto navarro que esperaba encerrado a súa oportunidade ao contragolpe. A saída laranxa tivo o seu premio co tanto de Lara, minuto 2, que abría o candado visitante. A pesar do 1-0 o guión mantívose aínda que as pamplonicas non xeraban excesivo perigo á meta
24 de xaneiro de 2015
Resultados de base
Documento adxunto
26 de xaneiro de 2015
Luismi e Daniel poñen rumbo a Plasencia coa Irmandiña Cadete
Os xogadores do Burela FS Pescados Rubén Luismi Nieto e Daniel Bertolo defenderán a Galicia Cadete na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que se disputará esta fin de semana en Plasencia. Os xogadores laranxas realizarán hoxe, ás 18.15 horas, o último adestramento no pavillón compostelán de Roxos antes de poñer rumbo a terras estremeñas.Xunto aos mariñáns compoñen a expedición Xabier Fernández, do Santiago Futsa
28 de xaneiro de 2015
O Carballiño, destino do Burela FS B tras a vitoria inaugural da segunda volta
O Burela FS Pescados Rubén B visitará esta tarde, na segunda xornada da segunda volta, a pista do Carballiño FS (Paco Chao, 20.00 horas), tras a vitoria fronte ao ADFS Bueu a semana pasada en Vista Alegre (4-3). Ficha técnica Burela FS Pescados Rubén B: Erik, Alemán (1), Aitor (1), Rubén, Daniel, cinco inicial; tamén xogaron Ángel, Renato (1), Pancho, Rafa, Javi Fajardo (1), Aleja
30 de xaneiro de 2015
Vista Alegre recibe o sólido Palma Futsal no segundo acto da Tarde Laranxa
Despois do apaixonante duelo entre Burela FS Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero no podio de Primeira División RFEF (16.00 horas), a Tarde Laranxa de Vista Alegre continuará co seleccionador nacional, José Venancio López Hierro como invitado de luxo, ás 18.30 horas coa visita do sólido Palma Futsal na 20ª xornada da elite LNFS. O equipo de Juanlu chega á cita na novena praza (25 puntos) tras u
30 de xaneiro de 2015
Aires de final para abrir a Tarde Laranxa
A bomboneira lucirá mañá as súas mellores galas na apertura dunha tarde de fútbol sala laranxa coas mellores ligas RFEF e LNFS. Ás 16.00 horas, con aires de final, o Burela FS Pescados  Rubén, terceiro clasificado, recibirá o líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Ferro como invitado de luxo. O equipo da Mariña encomendarase ao apoio e alento de Vi
30 de xaneiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Ás burelistas escápaselles o duelo ante o líder en 20 segundos
O Burela FS Pescados Rubén perdeu esta tarde os tres puntos ante o líder (1-3). Logo dunha primeira parte na que as laranxas dominaron con velocidade e ritmo, o Atlético de Madrid Navalcarnero deu a volta ao 1-0 con dobre diana en tan só 20 segundos. As pupilas plantábanse no seu mausoleo con máis enerxía ca nunca e ganas, moitas ganas, de gol. Aos 30 segundos de xogo, Maite xa levantou á afección laranxa nun disparo que se march
31 de xaneiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Valioso punto ante o Palma Futsal (1-1)
O Burela FS Pescados Rubén recolleu esta tarde en Vista Alegre un valioso punto, nunha difícil cita ante o Palma Futsal (1-1), na que os de Juanlu despregaron un excelente traballo defensivo, cun brillante Álex, ante un rival que se mostrou concentrado e intenso. Os mariñáns conseguiron conter unha das ofensivas máis perigosas da liga, ademais de buscar fendas na súa defensa, aínda que lles custou superar a primeira liña defensiv
31 de xaneiro de 2015
37 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores