Noticias
Arquivo de Xaneiro 2016
Burela FS Pescados Rubén 1-2 Palma Futsal
Vista Alegre recibiu 2016 cun grande espectáclo na visita do Palma Futsal, nun encontro de moitísimo equilibrio e momentos abertos, con gran protagonismo baixo os paus, de Álex e Barrón. O cadro de Daniel Ibañes deu a cara ante un rival dos de arriba, que fixo valer o seu plus de pegada para levar os tres puntos da Mariña. Os primeiros minutos transcorreron con chegadas por ambas as bandas, aínda que o peso de traballo recaeu mái
3 de xaneiro de 2016
Renato e Pitero defenden a Irmandiña Sub-19 en Ceuta
Os xuvenís Renato Lopes e Christian Rivas, Pitero, chegan hoxe a Ceuta para defender a Galicia Sub-19 na fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas entre mañá e o domingo. Os irmandiños mediranse ao anfitrión e País Vasco nesta quenda. Relación de convocados por Mon Barreiro: Felipe Beiro, Antón Arnejo e Iago Fernández, Santiago Fútsal.Pablo López e Jorge Bello, Noia FSIago
7 de xaneiro de 2016
Magna Gurpea estrea a fin de semana Laranxa o venres (21.00 horas)
A visita do Magna Gurpea, cuarto clasificado (31 puntos), inaugurará a fin de semana Laranxa en Vista Alegre, mañá ás 21.00 horas. O sábado o equipo de Terceira División abrirá a xornada ás 16.00 horas fronte a 5Coruña FS. Ás 18.30 horas, as pupilas de Lucas darán a benvida a 2016 en Primeira RFEF con Móstoles FSF. Desde a novena praza (21 puntos), os burelistas repetirán xornada no seu mausoleo no arranque de ano, buscando a pri
7 de xaneiro de 2016
Horarios de partidos de base
Despois dun divertido Nadal, as categorías de base volven paseniño ás competicións.   Consulta aquí os horarios dos partidos desta semana.   Xuvenís e Cadetes, campións en Pontevedra. A escola laranxa estreou o ano no Torneo de Reis Cidade de Pontevedra, coa participación de benxamíns, infantís, cadetes e xuvenís. O título de campión recaeu nas dúas categorías de ma
8 de xaneiro de 2016
Peche da primeira volta en Vista Alegre para o Burela FS B
Os pupilos de Juanma volven á competición mañá (Vista Alegre, 16.00 horas) pechando a primeira volta, coa 11ª xornada fronte ao 5 Coruña FS, partido aprazado de decembro. O Burela FS Pescados Rubén B recibe 2016 na novena praza, con 7 puntos. A competición de Terceira retomarase oficialmente a vindeira semana con derbi de filiais para os mariñáns, que visitarán a pista do Santiago Futsal, 5º clasificado (18 puntos
8 de xaneiro de 2016
Burela FS-Móstoles, clausura da Fin de Semana Laranxa na Bomboneira
O Burela FS Pescados Rubén estrea o ano na Bomboneira, como peche dunha Fin de Semana Laranxa, na busca de boas sensacións para recuperar a senda da vitoria. Recibirá mañá o Móstoles FSF, ás 18.30 horas; a cita poderá seguirse en directo por streaming. O cadro de Lucas, que despediu 2015 con empate 3-3 na pista do Roldán, quere recibir 2016 con tres puntos para continuar pisando o ronsel do líder, Atlético de Madr
8 de xaneiro de 2016
Burela FS 2-3 Magna Gurpea
Non viviu o Burela FS Pescados Rubén o seu mellor encontro en Vista Alegre esta tarde. Os mariñáns caeron 2-3 fronte ao Magna Gurpea, cunha primeira parte cuxo equilibrio se reflectiu no marcador ao descanso, con 1-1; no reinicio os laranxas víronse obrigados a remar contra corrente xa desde o minuto 23 con 1-3, un lastre demasiado pesado, do que só se puideron liberar lixeiramente con porteiro xogador, na recta final. Protagonizaron
8 de xaneiro de 2016
Goleada laranxa (7-3) fronte a Móstoles para estrear 2016
O Burela FS Pescados Rubén retomou a competición de Primeira RFEF en 2016 con goleada e brillo especial de Peque, que rubricou 4 dos 7 tantos fronte a Móstoles FSF (7-3), esta tarde en Vista Alegre. As de Lucas despregaron un dominio incontestable creando moitos problemas ás visitantes para saír en contragolpe. Con este resultado, as laranxas sitúanse a 2 puntos do líder, Atlético de Madrid, que empatou 4-4 en Alacante. No minuto 2,
9 de xaneiro de 2016
Empate para pechar a primeira volta
O Burela FS Pescados Rubén comezou 2016 con empate 1-1, na visita do 5Coruña FS á Mariña, para pechar a primeira volta de Terceira División, con 8 puntos, na novena praza. Os pupilos de Juanma Marrube estrearán a segunda volta este xoves, 14 de xaneiro, en derbi de filiais. Mediranse ao Santiago Futsal B, quinto clasificado (18 puntos), no pavillón Santa Isabel a partir das 21.00 horas.  
13 de xaneiro de 2016
Luismi e Nito, camiño de Bilbao con Galicia Cadete
Os cadetes laranxas Luismi Nieto e Néstor Valle, Nito, vestirán as cores de Galicia para defender o combinado cadete esta semana na fase previa do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas en Bilbao. Os irmandiños, co vicepresidente da FGFS, José Luis Sáez, como xefe de expeción, chegarán esta noite ao seu destino, para medirse a Euscadi, Navarra e Ceuta, entre mañá e o domingo. Relación de convocados
14 de xaneiro de 2016
Daniel Ibañes formaliza a renovación con Burela FS para 2016-17
O técnico do CD Burela FS Pescados Rubén cumprirá o seu segundo ano á fronte do banco laranxa en 2016-17. O hispano-brasileiro, que chegou á Mariña para asumir as rendas do equipo de Primeira LNFS esta tempada recollendo o ronsel de Juanlu Alonso, formalizou a súa renovación por un ano na sede do club esta mañá, xunto ao presidente da entidade, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez. “O nome de Daniel Ibañes xa figura na historia do
14 de xaneiro de 2016
Os burelistas visitan a pista do Elche Alberola, penúltimo clasificado
O CD Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a 19ª xornada de Primeira División LNFS na pista do Elche CF V. Alberola, penúltimo clasificado (Esperanza LAG, 21.00 horas). Os pupilos de Daniel Ibañes, que poñerán rumbo esta noite cara ao seu destino, buscarán recuperar a senda da vitoria en terras ilicitanas, logo de tres xornadas sen puntuar. “Foi unha semana máis dura do habitual, con máis intensidade nos adestramentos, despois
14 de xaneiro de 2016
Derbi na casa do Valdetires, na penúltima xornada da primeira volta
O Burela FS Pescados Rubén disputará o último derbi irmandiño da primeira volta fóra da casa; será mañá, ás 20.00 horas, na pista do Valdetires FSF (pavillón de Esteiro), na penúltima xornada antes de chegar ao ecuador de Primeira RFEF. “Estamos nunha boa liña, recuperamos sensacións co regreso da competición e temos que seguir traballando para manternos así” explicaba o técnico, Iván Cao ‘Lucas’ tras a goleada da semana pasada an
15 de xaneiro de 2016
Fotografía: Prensa Elche CF. LNFS
O Burela perde o ritmo e cae na pista do Elche CF por 3-2
O Burela Pescados Rubén deixou escapar unha boa oportunidade para manterse na loita polo acceso ao Play Off trala súa derrota por 3-2 na pista do Elche CF V. Alberola. O conxunto mariñao comezou con boas sensacións un partido ante un Elche que aproveitou o agasallo laranxa para situarse por diante (1-0) cun gol de Carlos Anós, minuto 2. Co 1-0 os ilicitanos crecéronse e os bureleses acusaron en exceso o contratempo. Malia iso, Hélder conseguiu ig
15 de xaneiro de 2016
Goleada do Burela Pescados Rubén no derbi galego ante o Valdetires Ferrol
O Burela Pescados Rubén vence con comodidade ao Valdetires Ferrol por 1-6 nun monólogo laranxa de principio a fin. O Valdetires buscou as súas opcións de sorpresa en pecharse e intentar pescar algunha concesión burelesa pero o conxunto dirixido por Lucas saltou á pista concentrado. O control do xogo burelés derivou en ocasións e Bea Mateos foi a primeira en acertar coa meta defendida por Iria. Tralo 0-1, o Burela mantivo o acelerador e Claudia tr
16 de xaneiro de 2016
Luismi e Nito pasan á final do Nacional Cadete como campións de grupo
Os burelistas Luismi e Nito gañaron o pase á final do Nacional Cadete coa Selección Galega esta fin de semana en Bilbao despois de impoñerse nos tres enfrontamentos de grupo.   Resultados
18 de xaneiro de 2016
Dany volve a Burela
A brasileira Daniela Domingos Lopes, Dany (São Paulo, 1984), xa está en España para incorporarse ao CD Burela FS Pescados Rubén, procedente do Clube Atlético Taboão da Serra. A pivote, que xa defendeu a camisola laranxa na tempada do dobrete de Liga e Copa de España 2012-13, estivo arroupada esta tarde na súa presentación polo presidente burelista, Manuel Blanco, e os directivos Alba Vila e José Ángel Dovale. “A chegada de Dany, unha xogadora
18 de xaneiro de 2016
Duelo de rivais directos e de rachas
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá ao DLink Zaragoza na 20ª xornada de Primeira LNFS (20.30 horas), apoiándose na fortaleza do mausoleo laranxa para encauzarse no camiño da vitoria. Vista Alegre reunirá a dous rivais directos e de rachas negativas; os burelistas, undécimos con 21 puntos, encadean 4 derrotas e os maños, duodécimos con 20, tan só puideron sumar 1 punto nos últimos 5 partidos. O encontro poderá seguirse en directo a través de
19 de xaneiro de 2016
A vitoria regresa a Vista Alegre
A vitoria regresou esta tarde a Vista Alegre, na visita do DLink Zaragoza (6-3). Os laranxas non perderon a concentración, como pedía Daniel Ibañes; dérono todo sobre a pista para non deixar escapar os tres puntos da Mariña, levando o dominio no marcador con dobretes de Jorge e Chano, coas contribucións de Antoñito e Chino. O encontro comezou con intensidade e ritmo aínda que sen ocasións claras en ningunha das filas. Co paso dos minutos, as cheg
20 de xaneiro de 2016
Asemblea Xeral Extraordinaria, luns 8 de febreiro
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o luns 8 de febreiro de 2016. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2. Presentación e aproba
21 de xaneiro de 2016
Resultados e horarios de base
Tres equipos da base comezan esta semana a segunda volta. En Autonómica, os Cadetes lideran a clasificación e os Infantís ocupan a décima praza, nunha liga moi rifada, empatados a puntos co sexto clasificado. En División de Honra Xuvenil os laranxas defenden o segundo posto.
22 de xaneiro de 2016
A visita do Rioja, na zona baixa, pecha a primeira volta das laranxas
Las naranjas cerrarán la primera vuelta mañana en casa con la visita del FSF Rioja, que llega a A Mariña en la zona baja de la tabla. El encuentro, que arrancará a las 18.30 horas, podrá seguirse en directo a través de AQUÍ. El conjunto de la ex-naranja Paula Cortiñas llega a Vista Alegre en la antepenúltima plaza, con 7 puntos. “Es un equipo joven al que le ha cost
22 de xaneiro de 2016
Duelo de iguais en Terceira
Vista Alegre abrirá mañá a tarde ás 16.00 horas cun duelo de iguais en Terceira División entre os laranxas e o Talleres ABC Vigo Olivo FS. Tras o empate da semana pasada na pista do Santiago Futsal B (1-1), o Burela FS Pescados Rubén B recibe mañá os vigueses, empatados con 9 puntos, ocupando décima e novena praza respectivamente.
22 de xaneiro de 2016
Fotografía: Manuel Gil
Un Burela Pescados Rubén descoñecido logrou unha sufrida vitoria ante un aguerrido Rioxa FSF
O Burela Pescados Rubén pechou a primeira volta da Primeira División cunha vitoria sufrida por 3-2 ante un Rioxa FSF que a piques estivo de dar a sorpresa en Vista Alegre. O conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” remontou un 1-2 a escasos minutos do final con dous goles logrados con xogo de cinco.
O encontro en Vista Alegre comezou coas consignas ben marcadas, as rioxanas defendendo en media pista e buscando o contragolpe e co Burela Pescados Rubén levando a iniciativa. O ritmo do partido era lento e a circulación laranxa non era a precisa para abrir o candado plantexado polas rioxana. A mellor ocasión local chegou traspasado o ecuador nun disparo afastado de Peque. Pouco despois o Rioxa executou un contragolpe perfecto para adiantarse (0-
23 de xaneiro de 2016
O balón segue rodando
O balón segue rodando para o CD Burela FS Pescados Rubén con tres compromisos antes de volver á competición ligueira. Baleares, con dobre cita entre os días 5 e 6 de febreiro, e Bembrive, con Copa Galicia o Martes de Entroido, serán os destinos para os pupilos de Daniel Ibañes, que retomarán os adestramentos o vindeiro luns, 1 de febreiro. Os laranxas volverán á liga o 19 de marzo coa 21ª xornada, na pista do Jumilla B. Cacherlo.
28 de xaneiro de 2016
O balón segue rodando
O balón segue rodando para o CD Burela FS Pescados Rubén con tres compromisos antes de volver á competición ligueira. Baleares, con dobre cita entre os días 5 e 6 de febreiro, e Bembrive, con Copa Galicia o Martes de Entroido, serán os destinos para os pupilos de Daniel Ibañes, que retomarán os adestramentos o vindeiro luns, 1 de febreiro. Os laranxas volverán á liga o 19 de febreiro coa 21ª xornada, na pista do Jumilla B. Cacher
28 de xaneiro de 2016
O ala-pivote brasileiro Bruno Petry, reforzo invernal para os laranxas
O ala-pivote Bruno Petry Branco (Correia Pinto, SC, 1989) debutará no fútbol sala español defendendo a elástica do CD Burela FS Pescados Rubén ata final de tempada. O presidente laranxa, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, acompañaron o brasileiro na súa presentación oficial, que recala na Mariña tras conquistar o Campionato Paranaense e a Copa de Campións en 2015 co CAD Guarapuava. “Son un xogador intens
28 de xaneiro de 2016
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de partidos desta semana, ademais dos últimos resultados.
29 de xaneiro de 2016
O Pescados Rubén arrinca a segunda volta na pista do farol vermello
O CD Burela FS Pescados Rubén xa está en terras alacantinas para estrear mañá a segunda volta na pista do Elche Oh! My Sandals, farol vermello de Primeira RFEF (Esperanza Lag, 19.00 horas). As pupilas de Iván Cao, Lucas, mediranse a un rival que pecha a táboa con 2 puntos. As ilicitanas non puntúan desde a novena xornada, cando empataron fronte ao Valdetires (4-4); antes, quedaron en táboas con Orvina, na segunda xornada, sen gol
29 de xaneiro de 2016
Tres puntos en Elxe (0-3)
O CD Burela FS Pescados Rubén recuperou a súa filosofía de xogo en Elxe e levou os tres puntos deixando a portería laranxa imbatida. As pupilas de Lucas dominaron a cita; sentenciaron a súa superioridade sobre a pista con tres dianas, con firma de Maite, Gaby e Peque; o desacerto no último pase evitou que a renda fose maior. As laranxas viviron un partido plácido no Esperanza Lag levando o peso e o compás en todo momento ante un equi
30 de xaneiro de 2016
30 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores