Noticias
Arquivo de Xaneiro 2017
Foto: JM Álvez
Aberta a venda anticipada para a Tarde Laranxa, con ElPozo e Roldán (sábado 7)
Xa está aberta a venda anticipada para o segundo Día do Club Laranxa 2016-17. Desde hoxe, a partir das 16.00 horas, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre o sábado 7 de xaneiro, con dobre cita levantina nunha Tarde Laranxa, comezando con ElPozo Murcia FS (17.00 horas) en Primeira LNFS e finalizando con Jimbee Roldán FSF (19.30 horas) en Primeira RFEF. A venda
2 de xaneiro de 2017
Benxamín A 2016-17
Benvida de 2017 co Torneo de Reis de Pontevedra
O Futuro Laranxa daralle a benvida a 2017 no Torneo de Reis de Pontevedra (martes 3 e mércores 4), con 5 equipos: benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil. Calendario adxunto. Despedida de 2016 A base laranxa despediu o ano con dobre título de campións no Torneo de Nadal de Noia, en cadetes e xuvenís, e a terceira praza en infantís. Resultados adxuntos.
2 de xaneiro de 2017
Daniel Ibañes pechará a súa etapa en Burela en xuño
O técnico Daniel Ibañes deixará o banco do Pescados Rubén-Burela FS en xuño, coincidindo coa finalización do seu contrato de 2 anos. O hispano-brasileiro declinou a proposta do club laranxa para continuar á fronte do proxecto de Primeira LNFS o vindeiro exercicio. Daniel Ibañes, que colleu as rendas do equipo na tempada 2015-16 substituíndo a Juanlu Alonso, pechou 2016 repetindo xesta na Copa de España e coa clasificación históri
3 de xaneiro de 2017
O Calendario Laranxa 2017 rende homenaxe ao Futuro Burelista
O Calendario Laranxa volve en 2017 aos fogares mariñáns rendendo homenaxe ao Futuro Burelista, cun equipo de base como protagonista de cada mes. Como xa é tradición, o almanaque do Pescados Rubén Burela FS incorpora a axenda ligueira dos equipos sénior, de Primeira División LNFS e RFEF, ata finais de 2016-17, ademais dun póster central de toda a Familia Laranxa. Portada e contraportada están dedicadas aos conxuntos de elite. A
3 de xaneiro de 2017
Vista Alegre estrea 2017 con ElPozo Murcia
O Pescados Rubén-Burela FS e Vista Alegre estrean este sábado o ano coa visita do titánico ElPozo Murcia FS, no segundo Día do Club da tempada; o encontro de Primeira LNFS abrirá a Tarde Laranxa ás 17.00 horas, que porá o broche ao dobre duelo galego-murciano ás 19.30 horas, coa cita de Primeira RFEF ante o Jimbee Roldán. O cadro de Daniel Ibañes medirase ao terceiro da táboa con escaseza de efectivos. No vestiario laranxa non
5 de xaneiro de 2017
As Guerreiras Laranxas retoman liga na Bomboneira con Roldán FSF
Case mes e medio despois a liga de Primeira RFEF volve poñer o esférico en xogo. O Pescados Rubén Burela FS regresa á competición na 13ª xornada recibindo o ano novo este sábado como peche da Tarde Laranxa, ás 19.30 horas, fronte ao Jimbee Roldán FSF; antes Vista Alegre acollerá outro duelo galego-murciano, en Primeira LNFS, coa visita de ElPozo Murcia FS (17.00 horas). “Tiñamos ganas xa de competir e eu personalmente tamén de ter a
5 de xaneiro de 2017
Torneo de Reis de Pontevedra 2017
Volta a liga para o Futuro Laranxa
Consulta os horarios de Reis (7-8 de xaneiro).
6 de xaneiro de 2017
Pescados Rubén 2-8 ElPozo Murcia FS
Un Pescados Rubén Burela FS, moi escaso de efectivos, pelexou ata a extenuación por plantar cara ao titánico ElPozo Murcia FS (2-8), que fixo gala da súa calidade e acerto en Vista Alegre ante un cadro mariñán no que os xogadores máis novos deron un paso adiante con peso e responsabilidade. As filas burelistas puideron desbaratar senllos balóns de Raúl Campos antes de cumprirse o segundo minuto de xogo, pero nada puideron facer n
7 de xaneiro de 2017
Dany da la victoria a las naranjas a 9 segundos para el final
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta tarde 3 puntos importantísimos na visita do Jimbee Roldán FSF a Vista Alegre, cun máis que traballado 1-0, con selo de Dany, a nove segundos para a bucina final. "O peso do partido estivo repartido, pero cando quixemos a iniciativa, na recta final, tivémola; foi un partido no que estivemos cómodos en defensa, para saír á contra. É unha vitoria moi importante para nós sobre todo vindo dun parón tan long
7 de xaneiro de 2017
Os mariñáns pechan a primeira volta en Valencia
O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta de Primeira LNFS mañá en Valencia (21.00 -horario unificado-) para medirse ao penúltimo clasificado, Levante UD DM (6 puntos). O de El Cabanyal será o primeiro compromiso da semana para os mariñáns, que ocupan a décima praza (15 puntos); o venres volverán xogar a domicilio fronte ao Palma Futsal (20.30 horas). Ambas as escuadras chegan á cita con ganas de recuperar boas sensació
9 de xaneiro de 2017
Venda anticipada para Copa do Rei, aberta dende o mércores 11
Vista Alegre xa se prepara para a histórica cita de Copa do Rei. Desde mañá, todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o partido de ida de semifinais de Copa do Rei que medirá o Pescados Rubén Burela FS e o Magna Gurpea o martes 17 de xaneiro, ás 21.00 horas. A venda anticipada estará aberta ata o luns, 16 de xaneiro, ás 14.00 horas, na sede laranxa (Horario de atención ao público: de luns a xoves, 10.00-14
10 de xaneiro de 2017
Levante 6-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido pechar a primeira volta esta noite con boas sensacións, caendo 6-1 na casa do Levante UD DM. Aos mariñáns pesoulles demasiado o electrónico en contra; no segundo período puideron traballar con firmeza pola remontada co 3-1 de Iago Rodríguez, aínda que as expulsións de Chano e Iago Míguez lastraron en exceso a tentativa. Os burelistas tiveron que loitar co marcador en contra desde o minuto 7, c
10 de xaneiro de 2017
Resultados do Torneo de Pontevedra e do regreso á liga
O Futuro Laranxa comezou o ano cunha boa actuación no Torneo de Reis de Pontevedra, co título de subcampión para o conxunto xuvenil. Os equipos burelistas xa retomaron os compromisos ligueiros durante a fin de semana; consulta todos os resultados.
11 de xaneiro de 2017
Ilusións renovadas para comezar a segunda volta
O Pescados Rubén Burela FS estrea mañá a segunda volta con ilusións renovadas na casa dun dos rivais máis fortes de Primeira xunto ao tridente de todopoderosos. O conxunto galego saltará á pista do Son Moix ás 20.30 horas para baterse ao Palma Futsal, cuarto clasificado (26 puntos). Desde a 13ª praza (15 puntos), os laranxas tirarán de coraxe e fortaleza para facer desaparecer as pantasmas da primeira volta, motivados pola proxim
12 de xaneiro de 2017
Horarios de base (14-15 de xaneiro)
Consulta aquí os horarios de partidos de base para esta fin de semana.
12 de xaneiro de 2017
Gironella, último destino da primeira volta
O Pescados Rubén Burela FS disputará mañá a penúltima xornada da primeira volta na casa do Penya Esplugues Gironella (18.00 horas, Cem Les Moreres). A cita poderá seguirse en directo por streaming. LIGAZÓN A escuadra mariñá intentará reforzar o bo inicio de ano, tras o traballadísimo triunfo ante o Jimbee Roldán FSF (1-0), e dar continuidade aos resultados poisiti
13 de xaneiro de 2017
Fotografía: Prensa Palma Futsal
O bo partido burelés non foi suficiente ante a pegada balear
O Pescados Rubén Burela quedouse sen recompensa no seu duelo ante o Palma Futsal que venceu por 5-2 no primeiro partido da segunda volta da Primeira División. Os baleares reencóntranse coa vitoria ante un conxunto mariñao que mereceu máis pero que non puido cortar a súa serie negativa.
Os baleares comezaron o encontro con moita intensidade e pronto inauguraron o marcador cun tanto de Eloy Rojas aos dous minutos de xogo. Co 1-0 e a iniciativa do xogo os baleares insistiron en busca do segundo que rendibilizase o seu fulgurante inicio pero os burelistas capearon o acoso local e co paso dos minutos foron igualando a contenda no xogo e tamén no marcador. Matamoros transformou un penalti no minuto 13, situando o 1-1 que premiaba a m
13 de xaneiro de 2017
O Pescados Rubén Burela remonta ao Esplugues Gironella con goles de Dany e Lara
Crónica. ACFSF. Gustavo Voces O Pescados Rubén Burela iniciou o partido con presión en tres cuartos de cancha ante un Penya Esplugues Gironella que optaba de inicio por esperar en cancha propia as acometidas visitantes. Co paso dos minutos as lucenses, que intentaran sorprender con disparos de media distancia, optaban por atrasar a súa presión a metade de cancha. Nun roubo de balón en cancha propia, Berta Velasco gañaba liña de fondo
14 de xaneiro de 2017
Primeiro paso cara ao soño de Copa do Rei
Vista Alegre vivirá mañá o primeiro paso cara ao soño da final de Copa do Rei. O Pescados Rubén Burela FS saltará á pista ás 21.00 horas, no partido de ida de semifinais, para pelexar contra o Magna Gurpea, sétimo en liga e un rival moi complicado, ao que os laranxas nunca puideron vencer. O outro duelo, entre ElPozo Murcia FS e Levante UDDM, arrincará á mesma hora. O conxunto mariñán ten depositada toda a súa ilusión neste gran
16 de xaneiro de 2017
Resultados de base (14-15 de xaneiro)
Consulta aquí os últimos resultados de base.
17 de xaneiro de 2017
Despedida de Daniel Ibañes, que cede o banco a Tomás de Dios
Daniel Ibañes despediuse esta noite do Pescados Rubén Burela FS tras o 1-5 en semifinais de Copa do Rei fronte a Magna Gurpea. O técnico laranxa nas dúas últimas tempadas decidiu adiantar o seu adeus ao proxecto mariñán de mutuo acordo coa entidade nunha campaña de altibaixos e tras unha complicada etapa encadeando seis resultados adversos consecutivos en liga. Cederá o banco ao ata agora seleccionador de Guatemala Tomás de Dios, que asumirá as r
17 de xaneiro de 2017
Pescados Ruben 1-5 Magna Gurpea
O Pescados Rubén Burela FS caeu hoxe no seu primeiro compromiso de semifinais de Copa do Rei fronte á efectividade dun Magna Gurpea (1-5) que foi de menos a máis, tras unha primeira parte moi equilibrada na que os mariñáns demostraron garra e actitude. A semifinal decidirase no partido de volta, en 7 de febreiro, en Anaitasuna, ás 20.00 horas. Chano adiantou aos mariñáns no minuto 12, para estalido da animada e estrepitosa bancad
17 de xaneiro de 2017
Mini defenderá a Galicia Sub-19 no País Vasco
O xuvenil do Pescados Rubén Burela FS Alejandro García, Mini, defenderá a Galicia Sub-19 na fase previa dos Campionatos de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala, que se disputará en Vitoria-Gasteiz esta semana, entre o xoves e o domingo. A expedición de Mon Barreiro sairá mañá para estrearse o venres fronte a Navarra (16.30 horas, pavillón Abetxuko). Baleares será o rival do sábado (11.00 horas, pavillón Ibaiondo) e a c
18 de xaneiro de 2017
Venda anticipada para Movistar Inter FS
Vista Alegre volverá vestir as súas mellores galas para arrancar coa Fin de Semana Laranxa este venres, día 20, recibindo o titánico Movistar Inter FS (21.00 horas), no terceiro e último Día do Club da tempada.  A venda anticipada para a visita dos interistas estará aberta na sede laranxa mércores e xoves, de 10.00-14.00 e 16.00-19.00, e venres, de 10.00 a 14.00 horas. O prezo para no
18 de xaneiro de 2017
Prebenxamín 2 2016-17
Horarios de base (21-22 de xaneiro)
Consulta aquí os horarios para esta fin de semana.
19 de xaneiro de 2017
Tomás de Dios traballará por un Pescados Rubén con "defensa, valor e sacrificio"
O novo técnico do Pescados Rubén Burela FS, Tomás de Dios López (Burdeos, 1965), foi presentado oficialmente esta mañá, acompañado polo presidente da entidade, Manuel Blanco, e o fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco. “Defensa, valor e compromiso”, así define Tomás de Dios os seus sinais de identidade e as do novo Pescados Rubén: “Quero transferir a miña identidade de equipo traballador, sacrificado, humilde pero tamén ambicioso, de equipo
19 de xaneiro de 2017
Último Día do Club, con Movistar Inter
O Pescados Rubén Burela FS celebrará mañá o terceiro e último Día do Club 2016-17 ás 21.00 horas, coa visita do campión entre campións, Movistar Inter FS, que recala na Mariña, na segunda praza (39 puntos), rozando o liderado de FC Barcelona (40 puntos). A escuadra laranxa afrontará a 17ª xornada na décimo cuarta posición, con 15 puntos, estreando a batuta de Tomás de Dios. Nas filas burelistas serán baixa Edu, por
19 de xaneiro de 2017
Un novel para chegar ao ecuador
O Pescados Rubén Burela FS chega ao ecuador ligueiro mañá pechando a primeira volta en Vista Alegre ante un dos novos en Primeira, Txantrea UDC. As navarras saltarán á pista ás 18.30 horas na duodécima praza, con 9 puntos, ante o mausoleo laranxa, que defende a cuarta praza (30 puntos) empatado co terceiro posto de podio, ocupado por Alcorcón. Tras un bo inicio de 2017, no reencontro co triunfo, as mariñás loitarán por manter a d
20 de xaneiro de 2017
Pescados Rubén 0-4 Movistar Inter
O novo Pescados Rubén Burela FS de Tomás de Dios estreouse esta noite cun pavillón repleto, ofrecendo intensidade, sacrificio e valentía, aínda que moi condicionado pola acumulación de faltas, ante un Movistar Inter FS (0-4), que só puido sentenciar a cita nos minutos finais, abrindo fenda coa axuda dúas penas máximas. A Bomboneira conxurouse para frear a calidade finalizadora do campión entre campións, cun gran repregue e un Álex su
20 de xaneiro de 2017
O Pescados Rubén continúa a senda gañadora de 2017
O Pescados Rubén Burela FS continúa coa etapa gañadora de 2017. Esta tarde, Vista Alegre festexou o 4-0, encadeando a terceira vitoria consecutiva ante o novel UDC Txantrea nunha cita de cor laranxa con pleno nas rotacións de Lucas e Julio Delgado. O gol e garra de Dany, con hattrick, reflectiuse en todo o equipo pechando a primeira volta de Primeira RFEF. Dany fixo gala da posesión laranxa adiantando xa as galegas no minuto 5, xogan
21 de xaneiro de 2017
Tomás de Dios: 'Temos a obriga e a responsabilidade de superar a eliminatoria'
O Pescados Rubén Burela FS estrearase mañá na XXVI Copa Galicia no compromiso de cuartos medíndose ao Cidade de Narón (A Gándara, 19.30 horas), de Segunda División. “As eliminatorias de Copa sempre son complicadas; o rival estará ao 120%, pero temos a obriga e a responsabilidade de gañar e chegar á final” explicaba Tomás de Dios en vésperas da cita. “Sabemos que somos favoritos pola diferenza de categoría, pero iso non debe desen
23 de xaneiro de 2017
Filial Feminino 2016-17
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana.
24 de xaneiro de 2017
Foto: Adán Puentes
Tomás de Dios: 'O importante é que o obxectivo se cumpriu'
O Pescados Rubén Burela FS xa é semifinalista de XXVI Copa Galicia. Poderá verse as caras con Prone Lugo logo de bater ao Cidade de Narón onte nunha cita moi rifada, con moito traballo defensivo para os laranxas na recta final. “Faltounos intensidade e concentración, pero o importante é que o obxectivo se cumpriu” explicaba o técnico burelista, Tomás de Dios. A Gándara viviu unha primeira parte sen cambios no eletrónico. “Na prim
25 de xaneiro de 2017
Judith defenderá a Irmandiña en Xetafe
A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Judith Pedreira defenderá a camisola irmandiña en Xetafe, no Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-21 Femininas que se disputará entre o venres e o domingo (pavillón Rafael Vargas). As galegas debutarán na cita ante Cantabria o venres (11.30 horas). Dependendo deste resultado mediranse a Madrid o sábado (11.30), se perden, ou o domingo (11.30), se gañan. A burelista partirá m
25 de xaneiro de 2017
Infantil B 2016-17
Horarios do Futuro Laranxa (28-29 de xaneiro)
Consulta aquí os horarios de base.
26 de xaneiro de 2017
O pivote José Carlos, nova incorporación burelista
O pivote catalán José Carlos López Lozano (Barcelona, 1983) será xogador do Pescados Rubén Burela FS ata final de tempada. Con ampla experiencia en Primeira División e procedente do Torrejón Sala, o novo integrante laranxa incorporarase aos adestramentos do conxunto de Tomás de Dios o vindeiro luns. “Durante estes días recibín máis propostas pero Pescados Rubén é a oportunidade que estaba esperando para volverme ilusionar con est
26 de xaneiro de 2017
Aprendendo a salvar vidas
Xogadoras e corpo técnico do Pescados Rubén Burela FS participaron esta semana no Curso Salvacorazóns DESA, no que obtiveron o título de uso do desfibrilador externo semiautomático para persoal non médico. Lucas, Julio, Jozi, Helena, Elvira, Bea Mateos, Lara, Shiori e Emma aprenderon a salvar vidas da man do técnico de emerxencias sanitarias 061 Camilo Vázquez, responsable de formación na provincia de Lugo. Nesta xornada, de 8 hor
26 de xaneiro de 2017
Judith: 'Iremos por todas, dende o quentamento ata o asubío final'
O Pescados Rubén Burela FS loitará mañá por gañar o billete para a final da XXVI Copa Galicia; será na casa do Ourense Envialia a partir das 20.30 horas (Os Remedios). A rivalidade directa en liga, entre a quinta praza das ourensás (28 puntos) e a cuarta das burelistas (33), porá aínda máis emoción, se cabe, para a cita irmandiña, co firme obxectivo das laranxas de bater o dono actual da Copa, despois de caer na edición pasada en semifinais. “
30 de xaneiro de 2017
Xuvenil 2016-17
Últimos resultados de base
Consulta aquí os resultados do 28-29 de xaneiro.
31 de xaneiro de 2017
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores