Noticias
Arquivo de Xaneiro 2018
Benxamín A e Xuvenil A, no Torneo de Nadal de Lugo Sala
A base laranxa estrea 2018 na cidade amurallada. As categorías Benxamín e Xuvenil do Pescados Rubén Burela FS participarán na fase nacional do Torneo de Nadal de Lugo Sala (2-4 de xaneiro).
2 de xaneiro de 2018
Brillo laranxa no Cidade de Pontevedra
A base do Pescados Rubén Burela FS despediu ao grande o ano 2017 con dobre podio no Torneo de Reis Cidade de Pontevedra, o sábado 30. O Cadete A proclamouse campión e o Xuvenil B quedou subcampión.
2 de xaneiro de 2018
Mércores 3, regreso ao traballo
O equipo de Juanma Marrube regresará mañá ao traballo, ás 20.00 horas, no complexo deportivo da Marosa. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, reuniuse co corpo técnico-médico para falar dalgúns detalles de cara ao comezo da segunda volta tras as vacacións de Nadal Xunto a Juanma Marrube traballa o preparador físico Alfonso Mera e o fisioterapeuta Arturo Martín, co apoio da clínica L2 Fisioterapia, dirixida por J
2 de xaneiro de 2018
A internacional brasileira Camila Gadeia, reforzo de Ano Novo
O Pescados Rubén Burela FS comezará 2018 con cara nova no vestiario de Primeira RFEF; trátase da internacional brasileira Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990). A peche recala na Mariña procedente do São José canarinho e co recente título de campioa na Copa América Uruguai 2017 defendendo a camisola do seu país. A nova xogadora laranxa, que compartirá xa adestramento esta tarde coas súas compañeiras, será presentada oficialmente
8 de xaneiro de 2018
Pitero, Luismi e Nito disputarán esta semana a fase previa do Nacional con Galicia Sub-19
FONTE: www.futgal.com Chegou a semana decisiva para o noso equipo sub-19 masculino de fútbol sala. O seleccionador Mon Barreiro e os seus xogadores saen este xoves rumbo a Cuenca para disputar a fase previa do Campionato de España da categoría. Alí, Galicia medirase ás seleccións de Ceuta, Castela-A Mancha e Canarias co obxectivo de acadar o primeiro posto do Grupo D e con el o billete para a fase final do torneo, que se xogará
10 de xaneiro de 2018
Apúntate á Tarde Laranxa con entrada gratuíta
Apúntate á Tarde Laranxa este sábado e goza do mellor espectáculo futbolístico, por partida dobre, totalmente gratis en Vista Alegre, coa visita do Gualdacacín (15.45 horas) en Primeira RFEF e do Valdepeñas (1815 horas) en Segunda LNFS. Só os máis madrugadores terán agasallo de Ano Novo, con dobre entrada gratuíta. Os afeccionados que accedan á Bomboneira para a primeira cita da tarde tamén poderán presenciar o segundo encontro d
10 de xaneiro de 2018
Horarios de base. Volve a competión para as Xoias Laranxas
Consulta aquí os horarios desta semana
10 de xaneiro de 2018
Cami: 'Espero poñer en práctica o meu mellor fútbol sala en Burela'
“Son unha xogadora forte na marcaxe, con ganas de axudar e dar o mellor de min, de pór en práctica o meu mellor fútbol sala aquí e conseguir bos resultados”, así se definía Camila Gadeia Silva (São Paulo, 1990), máis coñecida como Cami, a nova peche do Pescados Rubén Burela FS. A sede laranxa acolleu esta tarde a presentación oficial da nova cara laranxa de Primeira RFEF; o presidente, Manuel Blanco, e a vicepresidenta, Cesarina Fanego, aplaudiro
10 de xaneiro de 2018
Prato forte para estrear 2018 (sábado 13, 18.15 horas)
 O Pescados Rubén Burela FS estrea 2018 e a segunda volta cun prato forte. Este sábado, FS Valdepeñas recalará na Mariña custodiando a terceira praza (31 puntos) fronte á quinta (26) dos laranxas; a cita poderá seguirse en directo a través de www.lnfsdirecto.es e CMM Castilla-La Mancha Media (18.15 horas). “Será un partido moi bonito. Eles, por clasifica
11 de xaneiro de 2018
Guadalcacín, en Primeira RFEF, para abrir a Tarde 100% Laranxa (15.45 horas)
A visita do Guadalcacín FSF a Vista Alegre abrirá este sábado unha Tarde Laranxa, coa penúltima xornada de Primeira RFEF (15.45 horas). As pupilas de Julio Delgado e Lucas regresan á competición con máis ilusión e ganas de comer o mundo ca nunca: “Quedan unha recta final da primeira volta e unha segunda volta moi ilusionantes, logo de acabar 2017 cun excelente tramo inicial de tempada, loitando polos primeiros postos e sobre t
11 de xaneiro de 2018
Goleada para estrear 2018
O Pescados Rubén Burela FS estreou 2018 cunha xusta goleada en Vista Alegre fronte ao novel Guadalcacín FSF (7-1), con hattrick de Cilene e dobrete de Julia Forsiuk, que completaron Tai e Lara. Atopouse o Peixes Rubén Burela cun rival que supliu a súa falta de experiencia na categoría con ganas e escintileos de fortaleza, sobre todo na primeira parte. A poucos segundos para o ecuador do acto inicial, Cilene abriu a lata dun mísil que
13 de xaneiro de 2018
Punto valioso ante Valdepeñas (3-3)
O Pescados Rubén Burela FS arrinca con forza o ano e a segunda volta recollendo un valioso punto na visita do sólido FS Valdepeñas (3-3) a Vista Alegre. O equilibrio sobre a pista entre dous equipos moi ordenados reflectiuse no electrónico nun continuo tira e afrouxa; os de Juanma Marrube conseguiron chegar ao descanso con empate 1-1 e lograron adiantar en dúas ocasións no segundo acto. A vantaxe do Valdepeñas chegou superada a media
13 de xaneiro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os resultados de base da fin de semana.
15 de xaneiro de 2018
Luismi, Pitero e Nito, moi activos na clasificación de Galicia Sub-19 para a final do Nacional
O Futuro Laranxa respondeu con presencia e resolución na clasificación de Galicia Sub19 para a final do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas. Xunto á titularidade de Luismi Nieto baixo paus, na fase previa disputada en Cuenca a semana pasada, tamén destacou a participación de Christian Rivas ‘Pitero’, asinando 5 tantos, e Néstor Valle ‘Nito’. O meta laranxa compartiu o cinco inicial con Nito no envite inicial, con 2-8 sobre
15 de xaneiro de 2018
O Pescados Rubén reuniuse cos Concellos anfitrións do Nacional Sub-17 Feminino
O vicepresidente do Pescados Rubén Burela FS, José Luis Sáez, participou onte pola tarde nunha xuntanza convocada polo concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández, xunto aos edís de Viveiro, Emilio Villarmea, e Foz, Ángel Paleo, para abordar a loxística do Campionato Nacional de Seleccións Sub-17 Feminino, que albergará a bisbarra da Mariña a comezos do mes de febreiro. Burela, Viveiro e Foz acollerán a cita entre o 7 e o 11
16 de xaneiro de 2018
Horarios de base
Documento adxunto
17 de xaneiro de 2018
Alcorcón, broche da primeira volta para seguir no podio
O Pescados Rubén Burela FS poñerá o broche á primeira volta de Primeira RFEF este domingo (13.00 horas, Los Cantos) na pista do Ciudad de Alcorcón, un duelo no que as laranxas defenderán a súa terceira praza (34 puntos) empatadas con Universidad de Alicante, fronte ás quintas na táboa (29 puntos). “É un partido moi importante, cun rival moi forte e fóra da casa” advertía Julia Forsiuk, autora de dúas dos goles do gran triunfo da
19 de xaneiro de 2018
Os laranxas desafían a casa de ElPozo
O Pescados Rubén Burela FS poñerá a proba a solidez local do impoñente ElPozo Ciudd de Murcia este domingo (pavillón José María Cagigal, 12.30 horas), que recibe os laranxas na 17ª xornada desde a segunda praza con 33 e empatado co líder, o outro filial dos grandes, FC Barcelona B Lassa. Os pupilos de Juanma Marrube xa saben o que é gañar aos levantinos, impuxéronse 3-0 en Vista Alegre no arranque da primeira volta, pero agora preséntaselles u
19 de xaneiro de 2018
Foto: Prensa ElPozo
O Pescados Rubén asalta o parapeto de ElPozo (4-5)
O Pescados Rubén Burela FS puxo esta mañá o broche á xornada 17 ao grande, rompendo a imbatibilidade local do impoñente ElPozo Ciudad de Murcia (4-5). Os pupilos de Juanma Marrube gañaron, con intelixencia, a guerra imposta polos murcianos; conseguiron levar os tres puntos cun gol de Renato a catro segundos da bucina final en superioridade, nunha cita na que chegaron a dispoñer dunha renda de 1-4, con remontada dos de Josán González na recta fina
21 de xaneiro de 2018
Alcorcon 6-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido dar continuidade á súa boa estrea de ano, cun resultado positivo no final da primeira volta. O Ciudad de Alcorcón superou por 6-1 ás galegas, sobre as que o 3-0 da primeira parte supuxo demasiado lastre. As madrileñas fixeron moito dano sobre as filas burelistas executando nas súas dúas primeiras chegadas a portería. Non empezou da mellor forma a cita en Los Cantos para as mariñás; a mala fortuna
21 de xaneiro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados de base da fin de semana
22 de xaneiro de 2018
Xa están dispoñibles os abonos de media tempada
O Pescados Rubén Burela FS xa ten á disposición de tod@s @s interesad@s os abonos de media tempada. Con 50% de desconto, poderás gozar de toda a segunda volta de Primeira RFEF e de Segunda LNFS en Vista Alegre. Ademais terás as mesmas vantaxes que os abonados de comezo de tempada, cun 10% de desconto no Servizo de Wellness do Thalasso Resort Las Sirenas de Viveiro
22 de xaneiro de 2018
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base para esta fin de semana
25 de xaneiro de 2018
Nove promesas burelistas coa Selección da Mariña este domingo
Un total de nove promesas burelistas defenderán este domingo o combinado da Mariña no Torneo Amigable de Seleccións de Lugo, con sede en Mondoñedo para a categoría Infantil e Sarria para a Alevín. Cinco xogadores/as do Pescados Rubén Burela FS estarán coa Mariña Infantil: Kemer Monteiro, Fernando Yanes, Isaías Fidalgo, Fode Sar e Pedro Sobrado. Baixo as ordes do técnico tamén laranxa Mario Pillado e do de ACD Xove Carlos Gonçalves
25 de xaneiro de 2018
Judith con Galicia no Nacional de Redondela
A xogadora do Pescados Rubén Burela FS Judith Pedreira volverá defender a Galicia; será esta fin de semana na fase previa do Campionato de España de Seleccións Sub-21 en Redondela. “Para min é un orgullo poder defender unha vez máis a camiseta de Galicia; estou moi contenta de volver formar parte desta selección” confesaba a 15 laranxa. “Non coñezo moito das xogadoras rivais, pero son seleccións e terán as mellores. Estou segura
26 de xaneiro de 2018
Vista Alegre fronte á solvencia visitante de Itea Córdoba
O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá en Vista Alegre o Itea Córdoba FC Futsal, na 18ª xornada de Segunda (18.30 horas), con tan só 3 puntos de vantaxe entre a sexta praza galega (30 puntos) e a oitava andaluza. Preséntase unha ardua tarefa; Vista Alegre pelexará por quedar coa vitoria fronte a un rival que xunto, con FC Barcelona, custodia os mellores números a domicilo, con 6 triunfos lonxe da súa pista. O conxunto mariñán afro
26 de xaneiro de 2018
O Pescados Rubén refórzase en Vista Alegre
O Pescados Rubén Burela dá un paso adiante para reforzar a súa grande arma, a solidez de Vista Alegre, tras a gran vitoria desta tarde fronte ao Itea Córdoba (2-1), que chegaba á Mariña con 5 xornadas ás súas costas sen perder. Fronte a un rival que pelexou para que os laranxas non xogasen cómodos, o conxunto de Juanma Marrube soubo remar co marcador en contra grazas á súa capacidade de traballo e orde, remontando e agarrando os tres puntos cunha
27 de xaneiro de 2018
Judith capitanea o billete de Galicia Sub-21 para a fase final
A burelista Judith Pedreira capitaneou esta fin de semana en Redondela o billete clasificatorio para a fase final de Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-21. O combinado dirixido por Pilar  Costa impúxose á Comunidade Valenciana (4-0) e Navarra (5-0) coa xogadora laranxa lucindo a braceira de capitá dende o cinco inicial nas dúas citas e con gol na final. Cataluña, na semifinal
29 de xaneiro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí como foi a fin de semana para as categorías de base
29 de xaneiro de 2018
Horarios de base
Consulta todos os partidos de base para abrir o mes de febreiro
31 de xaneiro de 2018
30 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores