Noticias
Arquivo de Xaneiro 2020
O brasileiro Xande chega a Burela como reforzo de inverno
O Pescados Rubén recibiu este mediodía xa en Burela o brasileiro Alexandre de los Santos (Rio de Janeiro, 1988), coñecido como Xande, á espera da documentación necesaria para formalizar a súa contratación como incorporación laranxa para a segunda volta. O ala zurdo, internacional coa Selección do Uruguai e procedente do Jaraguá Futsal, converterase no primeiro reforzo de inverno do cadro, tras as saídas de Everton e Juanfran, ambos cedidos a UA C
2 de xaneiro de 2020
Copa da Raíña, con Amarelle, para recibir 2020
Tras o regreso aos adestramentos o luns, o Pescados Rubén Burela FS recibe 2020 con oitavos de Copa da Raíña. Liderando o Grupo I de Segunda, Viaxes Amarelle FSF esperará ás Guerreiras este sábado, ás 18.00 horas (Sagrada Familia). “Amarelle vén de descender. Está facendo as cousas moi ben en Segunda; ten un bo equipo e sabe competir, pero nós estamos preparadas para seguir avanzando en Copa. Queremos seguir dando pasos e pelexar por
2 de xaneiro de 2020
Cami regresa ao fogar laranxa
A brasileira Camila Gadeia Silva regresa ao fogar laranxa. A peche, que defendeu o Pescados Rubén Burela FS nas dúas últimas tempadas, volve ao vestiario das Guerreiras despois de seis meses no seu país, onde conseguiu o Campionato Paulista e de Xogos Universitarios co São José, ademais de alzarse co título de Copa Amércia con Brasil, xunto a Cilene. O club burelista está á espera da documentación necesaria para formalizar a contrat
3 de xaneiro de 2020
Regreso á liga en xornada dominical, na casa de Santa Coloma
O Pescados Rubén Burela FS regresa á liga estreando 2020 e a segunda volta este domingo na pista do Industrias Santa Coloma (19.00 horas, Olímpico de Badalona). “Comezamos o ano con moita ilusión, temos por diante unha final ante un rival da nosa liga. Puntuar alí achegaríanos moito na clasificación e daríanos forza para saír da zona de perigo, para comezar esta segunda volta con forza para seguir dando pasos” adiantaba o gardameta E
3 de xaneiro de 2020
Visita ao Hospital Público da Mariña
Esta mañá Dany, Luci, Lucho e Joselito achegáronse ao Hospital Público da Mariña para acompañar os pequenos ingresados na área de Pediatría, na tradicional visita laranxa por estas datas. Os burelistas obsequiaron ao nen@s cun pequeno agasallo como adianto da chegada das Súas Maxestades de Oriente e animáron@s na súa recuperación. Desde aquí enviámoslles, unha vez máis, os nosos mellores desexos a Laura , Dylan Mateo e M
4 de xaneiro de 2020
Acordo co internacional brasileiro Alexandre Rodrigues, como segundo reforzo de inverno
O Pescados Rubén Burela FS acaba de pechar o acordo co internacional brasileiro Alexandre Rodrigues Canha (Recife, 1987), Pixote, como segundo reforzo do conxunto laranxa para 2020, xunto a Xande. O ala, procedente do Copagril e que tamén conta con experiencia no futsal ruso, ten prevista a súa chegada á Mariña a mediados de mes, para incorporarse á dinámica de traballo de Juanma Marrube.
4 de xaneiro de 2020
Segundo paso en Copa da Raíña
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu co segundo paso en Copa da Raíña impoñéndose en oitavos ao Viaxes Amarelle FSF, de Segunda, con portería laranxa a cero (0-6). O luminoso púxose axiña do lado mariñán cun tanto en propia porta das coruñesas xa no minuto 2. As laranxas non conseguiron aliarse co acerto goleador ata a segunda parte; ao tanto temperán de Ale de Paz tras o descanso ampliaron ata o 0-5 en tan só dous minutos Cristina, por part
4 de xaneiro de 2020
Santa Coloma 5-2 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido estrear 2020 con recompensa na súa cuadrícula tras a visita á pista do Industrias Santa Coloma (5-2). Os locais atoparon a súa iniciativa no luminoso no minuto 7 desde saída de córner, tocando na defensa laranxa, con David Álvarez. Matamoros e Lucho dispuxeron das mellores ocasións para igualar pero foi de novo David Álvarez o que viu portería para dar máis vantaxe aos cataláns, no 14, nun pase lo
5 de xaneiro de 2020
Volta ás ligas de base tras un Nadal de seleccións e torneos
As Xoias Laranxas voltan esta semana á normalidade, retomando os adestramentos e os compromisos ligueiros despois dun Nadal con seleccións comarcais, de Galicia e torneos. Lalín, previo paso por Dumbría e Cee, completou o Campionato de Seleccións Comarcais con notable presenza do Pescados Rubén Burela FS representando o combinado de Lugo. Gabriel Díaz proclamouse campión con Alevín Masculino. As infantís Claudia Rodríguez e Nerea Ol
8 de xaneiro de 2020
Venda anticipada para Copa do Rei, co derbi ante O Parrulo
A venda anticipada para o derbi galego de oitavos da Copa do Rei estará dispoñible dende mañá, xoves. O conxunto de Juanma Marrube recibirá O Parrulo FS o vindeiro martes, ás 20.30 horas, en Vista Alegre. Todas as persoas que así o desexen poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ata o martes, ás 14.00 horas, ou o sábado en Vista Alegre, coincidindo co compromiso de liga ante
8 de xaneiro de 2020
R. Vargas causa baixa no Pescados Rubén con rumbo a Noia
O ala Ramón Vargas causa baixa no Pescados Rubén Burela FS e formará parte da estrutura do Noia Portus Apostoli, de Segunda División. O club laranxa chegou a un acordo co xogador andaluz para a rescisión do contrato que os vinculaba ata finais de tempada. R. Vargas despídese da Mariña tras tempada e media defendendo o equipo, co título de campión de Segunda e o ascenso á ansiada elite. A Familia Laranxa deséxalle a mellor das fortun
8 de xaneiro de 2020
Horarios de base
Consulta aquí todos os horarios de base desta semana.
9 de xaneiro de 2020
Abonos de Media Tempada xa dispoñibles
O Pescados Rubén Burela FS xa ten á disposición de tod@s @s interesad@s os abonos de media tempada. Con 50% de desconto, poderás gozar de toda a segunda volta de Primeira División Masculina e Feminina en Vista Alegre. Ademais terás as mesmas vantaxes que os abonados de comezo de tempada, cun 10% de desconto no Servizo de Wellness do Thalasso Resort Las Sirenas de Viveiro. Tarifas Media Te
9 de xaneiro de 2020
Arrinca a segunda volta na Bomboneira
Vista Alegre recupera o horario habitual dos sábados ás 18.30 para a liga de Primeira Masculina, coa estrea na casa para os de Juanma Marrube en 2020. Na xornada 17, o Pescados Rubén Burela FS recibirá o Osasuna Magna, que recala na Mariña na quinta praza (31 puntos), empatado con ElPozo, e coa vista posta no podio. “Chegamos ben aínda que coa problemática da escaseza de efectivos. Estamos nunha etapa de cambios, aínda non podemos c
9 de xaneiro de 2020
Emoción irmandiña no regreso da liga
O Pescados Rubén Burela FS volve á liga, co inicio da segunda volta e emoción irmandiña, na pista do Poio Pescamar mañá. A cita poderá seguirse en directo por TVG2 a partir das 20.00 horas. “Hai que afrontar esta segunda volta como a primeira, a ver se somos capaces de mellorala. Estamos pendentes do próximo partido, non pensamos en nada máis; fomos paso a paso ata o momento na liga e con moitas ilusións depositadas tamén en Copa da
10 de xaneiro de 2020
Jorge Quelle, convocado por España Sub-17 para os amigables de Serbia
O xuvenil Jorge Quelle recibiu esta mañá un novo chamamento da Selección Española, con destino a Serbia. A Xoia Laranxa, que xa entrou na convocatoria de Juanma Marrube a semana pasada e volverá mañá fronte ao Magna, forma parte da lista da Vermella Sub-17 para os compromisos programados en Zrenjamin, entre o 19 e o 23 de xaneiro. Ligazón RF
10 de xaneiro de 2020
O Pescados Rubén planta cara a todo un Magna (2-2)
O Pescados Rubén Burela FS estreou o ano en Vista Alegre demostrando oficio e sacrificio ante un dos grandes, o CA Osasuna Magna (2-2), que recalaba na Mariña co cartel de favorito. Os de Juanma Marrube supliron a escaseza de efectivos cun paso adiante de todos os xogadores, sendo máis equipo ca nunca. Chegando ao descanso conseguiron dar a volta á iniciativa dos visitantes para comezar a segunda parte con vantaxe de 2-1. Fixeron de todo os mariñ
11 de xaneiro de 2020
Autora: Vanessa López Abal
Poio Pescamar 3-5 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS estreou a segunda volta esta tarde no regreso da liga, impoñéndose no derbi irmandiño na casa do Poio Pescamar FSF. Logo dunha primeira parte toma e daca (2-2), as Guerreiras conseguiron tomar vantaxe ata o 2-4; as locais volveron entrar no partido con xogo de cinco, pero Jozi sentenciou a cita co definitivo 3-5 na recta final. O duelo galego comezou con moitas ganas de gol. Á tentativa de Dani Sousa xa no
11 de xaneiro de 2020
Resutados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
13 de xaneiro de 2020
O Parrulo, primeiro rival dunha semana de dobre esixencia
Arranca unha semana de dobre esixencia para o Pescados Rubén Burela FS, que volverá saltar mañá ao parqué de Vista Alegre, co Parrulo FS como rival de oitavos de Copa do Rei. O duelo irmandiño da eliminatoria comezará ás 20.30 horas e a liga, como segunda parada coa xornada 18, terá que agardar ata o domingo, co desprazamento á pista do Levante UD FS (Paterna, 12.00 horas). Os de Juanma Marrube pelexarán por continuar na Copa nun env
13 de xaneiro de 2020
Autos Llano e Pescados Rubén renovan o seu acordo ata 2022
Autos Llano e Pescados Rubén Burela FS acaban de renovar o seu acordo ata 2022. Fernando Lozano, directivo da empresa vilalbesa, visitou a sede do club laranxa para pechar a ampliación do contrato co presidente, Manuel Blanco. “Esta é a terceira tempada que percorremos España con Autos Llano como transporte oficial da entidade; é unha empresa de competencias contrastadas que nos brinda os mellores servizos para os nosos deportistas e
14 de xaneiro de 2020
Festa de Copa en Vista Alegre, con 7-1 sobre O Parrulo
Vista Alegre viviu unha festa goleadora de Copa do Rei co triunfo de oitavos no derbi irmandiño ante O Parrulo FS (7-1) e engalanada co debut dos xuvenís Quelle e Renato Rodrigues. Tres dianas en tres minutos, entre o 26 e o 29, ampliaron a lixeira vantaxe do 2-1 ao descanso dos de Juanma Marrube, nun partido moi traballado e seguindo a inercia experimentada ante Magna, para achegarse con tranquilidade á seguinte rolda e completando co 7-1. A eli
14 de xaneiro de 2020
Tres Xoias con Galicia no Nacional Sub-19
Galicia contará nas súas filas con tres Xoias Laranxas na fase previa do Campionato de España Sub-19 de Seleccións Autonómicas que se disputará en Estremadura entre o venres e o domingo. Xunto a Jorge Quelle e Renato Rodrigues, que se estrearon onte en competición oficial co equipo sénior no pase a cuartos de Copa do Rei ante O Parrulo FS (7-1), tamén defenderá a irmandiña o meta Bruno García. Os xuvenís do Pescados Rubén Burela FS
15 de xaneiro de 2020
A Clínica David Mariña incorpórase ao corpo médico das Guerreiras
O experto en Psiconeuroinmunoloxía Clínica David Mariña e a enfermeira Natalia Fernández son as últimas incorporacións do corpo médico que coida a saúde das Guerreiras Laranxas. A clínica burelá, sita na avenida Arcadio Pardiñas, número 103, brinda ao Pescados Rubén Burela FS un servizo integral de fisioterapia e osteopatía, tras anos de experiencia e formación continua. A psique, a alimentación, o exercicio, o estilo de vida, a ener
15 de xaneiro de 2020
Horarios de base
Consulta aquí os próximos partidos da base
15 de xaneiro de 2020
Vista Alegre estrea o 2020 das Guerreiras e un Móstoles en racha
As Guerreiras abrirán os compromisos ligueiros de Vista Alegre en 2020, coa xornada 17 e a visita do Móstoles FSF. As madrileñas saltarán ao parqué laranxa este sábado, ás 18.30 horas, na sexta praza (28 puntos) para plantar cara, aproveitando a súa boa racha, ao Pescados Rubén Burela FS. “Creo que fixemos un partido moi completo, tanto en ataque coma en defensa, sobre todo na segunda parte. Saímos moi contentas, tanto polo resultado
16 de xaneiro de 2020
Levante, destino para pechar a semana ao grande
Levante será o terceiro rival do Pescados Rubén Burela FS en tan só oito días. Tras o importante empate ante Magna (2-2) e a clasificación para cuartos de Copa do Rei ante O Parrulo (7-1), os pupilos de Juanma Marrube afástanse de Vista Alegre para pechar a semana ao grande en Valencia, o domingo, no municipal de Paterna (12.00 horas). “É unha semana dura e esixente. Estou moi contento de gozar destas oportunidades e creo que respond
17 de xaneiro de 2020
Xande e Pixote completan a lista para Levante
As últimas incorporacións do Pescados Rubén Burela FS, os alas brasileiros Alexandre de los Santos, Xande, e Alexandre Rodrigues Canha Pixote, formarán parte da expedición que partirá esta noite dende A Mariña cara a terras valencianas. Os reforzos de inverno do cadro de Juanma Marrube, que xa levan uns días en Burela, dispoñen de toda a documentación necesaria e poderán defender a camisola laranxa este domingo na pista do Levante U
17 de xaneiro de 2020
Sufrida vitoria ante Móstoles (4-3)
O Pescados Rubén Burela FS dá un paso máis coa sufrida vitoria na visita do Móstoles FSF (4-3). Vista Alegre foi testemuña de dúas partes moi diferentes; as de Julio Delgado non ofreceron a súa mellor versión antes do descanso, foron demasiado planas e horizontais. Á volta, o partido gañou en dinamismo e vistosidade cunhas Guerreiras máis atrevidas; o tira e afrouxa no marcador decidiuse no xogo de cinco. Jane a punto estivo de sorp
18 de xaneiro de 2020
Levante 6-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido completar ao grande esta mañá a excelente semana. Na pista de Levante UD FS, a escuadra laranxa non foi capaz de trasladar o carácter, mentalidade gañadora e determinación que a fan forte no mausoleo mariñán. Malia entrar ben e poñerse rapidamente por diante, os de Juanma Marrube foron renunciando aos seus sinais de identidade co paso dos minutos. O 3-1, no reinicio, fixo dano excesivo nas filas galegas e os v
19 de xaneiro de 2020
Venda anticipada para a visita do Movistar á Bomboneira (Día do Club)
Comeza a conta atrás para a visita do titánico Movistar Inter. O líder de Primeira, campión de campións, medirase ao Pescados Rubén Burela FS este sábado, ás 18.30 horas, en Vista Alegre, e as entradas xa están á vosa disposición. A venda anticipada estará aberta na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela) ata o venres, día 24, ás 14.00 horas. Horario de atención: De luns a xoves (10.00-14.
20 de xaneiro de 2020
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
20 de xaneiro de 2020
O Infantil Feminino remata na terceira praza do podio
O ACD Burela Pescados Rubén Burela rematou esta fin de semana o periplo ligueiro, no Grupo Norte, na terceira praza do podio, con 16 puntos, por detrás de Ribeira FS (25) e Viaxes Amarelle FSF (24). O cadro de David Riveira xa se prepara para a próxima aventura, coa Copa Zona Norte, que arrancará este venres en Burela fronte ao Castro FSF (21.00 horas).
21 de xaneiro de 2020
Rumbo á final con Galicia Sub-19 e periplo en Serbia con España Sub-17
O xuvenil laranxa Jorge Quelle continúa coa súa aventura de seleccións. Esta tarde disputará o primeiro amigable con España Sub-17 fronte a Serbia, en Zrenjanin (18.00 horas), tan só dous días despois de clasificarse para a final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas con Galicia Sub-19, xunto aos tamén burelistas Renato Rodrigues e Bruno García. As tres Xoias defenderon o combinado irmandiño na fase previa con vitorias an
21 de xaneiro de 2020
Barcelona e no Palau, destino burelista en cuartos de Copa do Rei
O Pescados Rubén Burela FS xa coñece rival de cuartos de Copa do Rei e preséntase como reto máximo. Coa presenza de Iago Míguez como representante laranxa no sorteo organizado pola RFEF este mediodía en Las Rozas, a bóla do equipo galego resistiuse ata o final para completar o último enfrontamento, ante o titánico FC Barcelona, e co Palau como escenario. A eliminatoria, a partido único, decidirase o mércores 12 de febreiro. O resto
21 de xaneiro de 2020
Xande e Pixote, preparados para Vista Alegre
As caras novas do Pescados Rubén Burela FS, os alas brasileiros Xande e Pixote, poderán debutar este sábado en Vista Alegre ante o titánico Movistar Inter FS (18.30 horas). Acompañados polo presidente mariñán, Manuel Branco, as últimas incorporacións do vestiario de Juanma Marrube falaron das súas primeiras impresións no fútbol sala español e da adaptación á Familia Laranxa. Alexandre dos Santos ‘Xande’ (Rio de Janeiro, 1988
22 de xaneiro de 2020
Horarios de base
Semana con axenda repleta para as Xoias Laranxas e citas en todos os equipos
23 de xaneiro de 2020
Todo a punto para o espectáculo
Este sábado, a xornada 19 de Primeira Masculina preséntase en Vista Alegre como o partido do ano, puro espectáculo, coa visita do campión de campións Movistar Inter (18.30 horas) á Mariña. “Para nós é un partido moi importante, coma todos os da casa. O noso obxectivo e mentalidade son os mesmos, sairemos a por todas para puntuar e seguir facendo forte Vista Alegre” explicaba Álex Diz, recoñecendo a entidade titánica do rival. No enta
23 de xaneiro de 2020
Jorge Quelle, titular coa Vermella ante Serbia
O xuvenil Jorge Quelle xa está en Burela tras o seu periplo con España Sub-17 en Serbia. A Xoia Laranxa regresou onte tras participar como titular no empate do mércores (3-3) e gozar de minutos tamén na vitoria do martes (4-5).
24 de xaneiro de 2020
Visita a un Majadahonda que busca o primeiro botín do ano
Pescados Rubén Burela FS visita mañá, na xornada 18 de Primeira Feminina, a pista dun FS Majadahonda que buscará na casa o primeiro botín de 2020 para recuperar as boas sensacións coas que despediu o ano e tomar aire así coa zona de perigo. A cita de La Granadilla arrincará ás 20.00 horas. As madrileñas reciben as Guerreiras na décimo terceira praza, con 14 puntos, e coas recentes derrotas ante Roldán (1-4) e Zaragoza (2-1). En front
24 de xaneiro de 2020
O ex do Burela Álex Glez. salva o Movistar do vendaval laranxa
Vista Alegre luciu as súas mellores galas esta tarde nun espectacular ambiente, dentro e fóra da pista, coa visita do Movistar Inter FS (1-2). O ex do Burela Álex Glez. converteuse no gran protagonista para manter a recado os tres puntos do líder fronte a un Pescados Rubén que demostrou valentía e coraxe ante o campión de campións. A pesar do 0-2 en contra, os de Juanma Marrube reduciron distancias no comezo da segunda parte e brindaron á Bombone
25 de xaneiro de 2020
Regresa a solidez defensiva en Majadahonda (0-2)
As Guerreiras continúan paso a paso. O Pescados Rubén Burela FS subiu unha vitoria máis esta tarde, na xornada 18, recuperando un dos seus sinais de identidade, a solidez defensiva, deixando a cero a portería ante Majadahonda Afar4 (0-2). Ás pupilas de Julio Delgado custoulles máis do esperado nunha pista que engachaba moito na circulación de balón e cuns primeiros minutos nos que quizais as mariñás pecaron de horizontalidade fronte
25 de xaneiro de 2020
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados, co reforzo do liderado de Primeira Galicia
29 de xaneiro de 2020
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana
29 de xaneiro de 2020
O pivote brasileiro Eto'o, terceira peza na transformación laranxa
O brasileiro Lucas Miguel Pereira da Silva (Catende, 1996), coñecido como Eto’o, xa está Burela á espera da documentación necesaria para formalizar a súa contratación como incorporación nesta segunda volta. O pivote destro, de 23 anos e procedente do LW Arcoverde do campeonato pernambucano, chega ao Pescados Rubén Burela FS como terceira peza na transformación laranxa, tras os alas internacionais con Uruguai, Xande, e Brasil, Pixote.
30 de xaneiro de 2020
Duelo de contrastes no derbi irmandiño da Bomboneira
O Pescados Rubén Burela FS recibe este sábado ao Cidade das Burgas, na xornada 19 de Primeira, cun duelo de contrastes, entre a segunda praza mariñá e a antepenúltima ourensá. O espectáculo de derbi irmandiño, que arrincará ás 17.00 horas, tamén poderá seguirse en directo por TVG2. As Burgas recalará na Bomboneira con 11 puntos na súa cuadrícula. Coa estrea de 2020 está vivindo o seu mellor momento, subindo 6 pun
30 de xaneiro de 2020
46 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores