Noticias
Arquivo de Outubro 2009
Os clubs de Galicia e Asturias reuniranse este venres con Javier Lozano
O presidente da Liga Nacional de Fútbol Sala, Javier Lozano, reunirase mañá cos representantes dos clubs de Galicia e Asturias no Centro Deportivo Terra de Lugo, ás 19:00 horas. Ademais do CD Burela FS, ao encontro asistirán as outras dúas entidades galegas, Azkar Lugo e Xacobeo 2010 Autos Lobelle de Santiago, e Gijón-El Llano e Avilés Oquendo, os clubs asturianos da LNFS. Con esta xuntanza o presidente da asociación pretende coñecer
1 de outubro de 2009  |  LNFS
Oito monitores/as compoñerán o profesorado da EDM Burela FS
Oito monitores e monitoras encargaranse de adestrar os máis de 130 alumnos/as que ten matriculados a Escola Deportiva Municipal no presente curso 2009-10. Xunto ao seu director, Alfonso Mera, e ao coordinador de actividades deportivas do club, Suso Rey, onte pola tarde asistiron á presentación oficial do profesorado, en Vista Alegre, todos os/as integrantes, acompañados/as dos directivos José Luis Sáez e Marcelino Luna. Cos xogadores
2 de outubro de 2009
As pupilas de Pardeiro visitan a pista do titán cordobés en domingo
A terceira xornada da División de Honra non anuncia unha fin de semana nada doada para o Burela FS Feminino Pescados Rubén. As pupilas de Javier Pardeiro viaxarán a Andalucía para enfrontarse ao titán por excelencia da categoría, Cajasur Córdoba, que vén de conseguir o triplete, coa liga 2008-09, a Supercopa de España e a Copa Ibérica. O palacio municipal de deportes Vista Alegre acollerá o encontro o domingo, a partir das
2 de outubro de 2009
Os grandes favoritos chegan á Mariña dende Talavera
Ao Burela FS tocaralle recibir, na súa cuarta xornada de Prata, a un dos grandes favoritos do Norte, o Grupo Empresas Talavera, que chega á Mariña igualado cos laranxas na táboa; Vista Alegre acollerá o encontro mañá á súa hora habitual, 18.30. Os homes de Suso Rey terán que baterse cun dos rivais máis perigosos da categoría, que compuxo o seu vestiario co claro obxectivo do ascenso en 2009-10, ao que
2 de outubro de 2009
O Burela FS vence a Talavera (3-2) e sobe de novo aos postos de cabeza
A vitoria do conxunto de Suso Rey ante os casteláns (3-2) permite aos da Mariña establecerse nos postos de privilexio na xornada previa á visita ao pechacancelas da categoría: o Camping El Escorial. Comezou con forza o cadro laranxa. Anotou Cristian (1-0. Minuto 6) ao finalizar unha contra cun remate certeiro. Pouco tempo despois, Revilla puxo o 2-0 no electrónico de Vista Alegre (minuto 10) logo de irse dun rival e conectar un excelen
3 de outubro de 2009
Golpe de efecto do equipo feminino en Córdoba (3-4) na súa primeira vitoria da tempada
O equipo de Pardeiro fíxose coa vitoria (3-4) na pista máis complicada da categoría: as andaluzas levaban dous anos sen perder na casa en División de Honra. Deste xeito, o Burela FSF Pescados Rubén demostra que o entusiasmo do conxunto segue intacto malia o arranque dubidoso das primeiras xornadas. Comezou anotando (1-0) o Cajasur Córdoba no primeiro minuto de xogo por mediación de Ampi. Lonxe de virse abaixo, as mariñás crearon ocasións const
4 de outubro de 2009
Resultados da EDM Burela FS
A EDM Burela FS comezou o curso con dúas vitorias e dúas derrotas ante o Azkar Lugo, nos amigables disputados o sábado pasado en Vista Alegre: EDM Burela FS Prebenxamín A 1-2 Azkar Lugo Prebenxamín EDM Burela FS Benxamín A 5-3 Azkar Lugo Benxamín EDM Burela FS Alevín A 6-5 Azkar Lugo Alevín EDM Burela FS Infantil A 1-7 Azkar Lugo Infantil
5 de outubro de 2009
A brasileira Adriana da Costa, última incorporación no vestiario de Pardeiro
O técnico burelista Javier Pardeiro xa conta cunha nova cara no vestiario de Honra. Chámase Adriana da Costa, máis coñecida como Drica, e foi presentada oficialmente esta mañá nas oficinas do CD Burela FS polo directivo da entidade laranxa Luis Antonio Guillén. A ala-pivote brasileira, pentacampioa do seu país co Sabesp e bicampioa coa selección paulista, chegou ao fútbol sala español en 2004 para militar no antigo Goierri KE de H
9 de outubro de 2009
Os laranxas esperan manter o seu bo momento ante El Escorial, penúltimo de grupo
Un animoso CD Burela FS viaxa na quinta xornada de Prata a terras madrileñas para enfrontarse mañá ao Camping-El Escorial, penúltimo do Grupo Norte que aínda non conseguiu puntuar na competición ligueira. Os laranxas esperan darlle continuidade ao bo momento que están a atravesar tras a meritoria vitoria da semana pasada ante o Grupo de Empresas Talavera. A partir das 18.00 horas, o pavillón municipal Navaarmando acollerá un encontro a
9 de outubro de 2009
O Burela FSF loitará polos primeiros puntos locais co debut de Souza
O Burela FS Feminino Pescados Rubén volve a Vista Alegre este sábado (18.30 horas) coa esperanza de repetir na cuarta xornada de Honra a fazaña da semana pasada en Córdoba. As pupilas de Javier Pardeiro loitarán polos primeiros puntos locais, ante o Kupsa 4 Arcos Logroño, con dobre inxección de moral, polo histórico triunfo na pista do Cajasur cordobés (3-4), que levaba preto de dous anos invicto, e polo regreso de Raquel de S
9 de outubro de 2009  |  Foto: Carlos Echevarría
Primeira vitoria do Vista Alegre en División de Honra tras vencer o Burela FSF por 2-1 ao Logroño
Vista Alegre celebrou a súa primeira vitoria en División de Honra tras o triunfo cultivado polo Burela FSF Pescados Rubén ante o Logroño (2-1). O conxunto dirixido por Javier Pardeiro sufriu máis do necesario para sumar os tres puntos en xogo, a pouca efectividade goleadora das laranxas -ata cinco ocasións de gol se estrelaron na madeira- permitiu ás rioxanas manterse vivas ata o asubío final. No primeiro acto, o xogo desenvolvíase se
10 de outubro de 2009
O Burela rescata un punto en El Escorial logo dunha segunda parte vibrante
O Burela FS ofreceu dúas versións diferentes na súa visita a El Escorial onde recolleu un empate tras finalizar o choque con espectacular 6-6. A pesar de ir sempre a remolque os de Suso Rey lograron manterse vivos e uns centímetros separaron a Dani Martín de conseguir o triunfo cando o choque languidecía. O primeiro período foi totalmente gris para os mariñáns que concederon demasiadas vantaxes a un conxunto madrileño que, a pesar de c
10 de outubro de 2009
Infantís e cadetes inician a competición autonómica o 24 de outubro
Dous equipos da base burelista xa coñecen o calendario de competición para 2009-10. Son o Infantil A e o Cadete, que comezarán cadansúa liga autonómica o sábado 24 de outubro. Ambos os conxuntos disputarán 18 xornadas, que se prolongarán ata o 17 de abril de 2009. Os infantís, dirixidos por Carlos Méndez, mediranse ao Carballiño FS, Vigo 2015 FS, CD Mare Nostrum FS, Ciber Verme, Cidade de Narón, Barval FS, CP Casás, Mat. del Atlántico
14 de outubro de 2009
Os laranxas reciben o Extremadura Cáceres 2016 coas ausencias de Juanma e Minu
O CD Burela FS terá que afrontar a sexta xornada do Grupo Norte de Prata, ante o Extremadura Cáceres 2016, con dúas baixas seguras, Juanma e Minu. Esta será a segunda semana de ausencia do capitán laranxa, por unha rotura de fibras nun adutor; o pivote cordobés, pola súa banda, sofre una escordadura de nocello. Mañá, a partir das 18.30 horas, Vista Alegre acollerá un duelo de vellos coñecidos, moi próximos na táboa; os cacereños están
16 de outubro de 2009
O pechacancelas Pinto Cellosa Torrejón, rival das burelás o domingo 18
Nun novo desprazamento, o Burela FSF Pescados Rubén repetirá encontro en domingo, o 18. No pavillón M-4 de Torrejón de Ardoz, o conxunto laranxa enfrontarase ao Pinto Cellosa Torrejón, un dos pechacancelas do grupo, a partir das 13.00 horas. A quinta xornada da División de Honra preséntase con posibilidades para as pupilas de Javier Pardeiro a xulgar polos resultados. Fronte aos 6 puntos das mariñás, na sétima posición, as madrileñas o
16 de outubro de 2009
O Burela FS sobe ao podio tras unha intensa vitoria ante o Cáceres 2016 (4-3)
O CD Burela FS accede ao podio do Grupo Norte de Prata coa terceira praza grazas á intensa vitoria da sexta xornada na bomboneira fronte ao Extremadura Cáceres 2016 (4-3), nun encontro, o de hoxe, onde os pupilos de Suso Rey volveron sufrir máis da conta na recta final. Todo parecía presaxiar que este sería un bo partido para os laranxas. Dende o inicio o Burela FS soubo como mover a pelota; no minuto 5 chegaban as primeiras ocasións c
17 de outubro de 2009
As laranxas selan a terceira vitoria da elite arrasando en Torrejón (3-8)
O Burela FSF Pescados Rubén chegou a terras madrileñas para deixar pegada. Nada puido facer o Pinto Cellosa Torrejón para neutralizar as armas das laranxas, un cadro novo na División de Honra que, co arrasador 3-8 da quinta xornada, conseguiu a súa terceira vitoria consecutiva. O equipo de Javier Pardeiro xa viaxaba sendo consciente do seu potencial e non defraudou; soubo dirixir un encontro no que os tres puntos non perigaron en ningú
18 de outubro de 2009
Autos Lobelle, primeiro rival dos xuvenís na liga nacional 2009-10
O conxunto xuvenil do CD Burela FS comezará a súa aventura na liga nacional ante o Autos Lobelle FS o vindeiro domingo, 25 de outubro; será no pavillón compostelán de Restollal, a partir das 12.00 horas. Xunto ao cadro de Javier Pardeiro e aos santiagueses, o Grupo 12 estará composto por Puerto Celeiro, Prone Lugo AD e Coruxo FC. Os cinco equipos disputarán dúas fases de ida e volta e os campións mediranse entre si na gran final. No ca
19 de outubro de 2009
Tiro de saída para a canteira laranxa
Tres dos equipos da base burelista comezarán esta fin de semana as súas respectivas competicións; serán os xuvenís, en liga nacional, e os cadetes mailos infantís en autonómica. Ao conxunto xuvenil tocaralle empezar como visitante en Santiago de Compostela, fronte ao Autos Lobelle FS; o encontro está previsto para o domingo 25, ás 12.00 horas, no pavillón de Restollal. Os cadetes, pola súa banda, arrincarán como locais; o domin
22 de outubro de 2009
O cadro de Suso Rey saltará á pista do prometedor Illescas na sétima xornada
O CD Burela FS enfrontarase mañá a un rival moi próximo na táboa; o cadro de Suso Rey viaxará ata Toledo para medirse ao prometedor Illescas FS, na sétima xornada do Grupo Norte de Prata. O pavillón municipal da localidade castelano-manchega acollerá o encontro a partir das 18.00 horas. Un só punto separa a ambos os conxuntos na clasificación, con vantaxe para os burelistas, que  con 12 puntos ocupan a terceira posición, fronte á
23 de outubro de 2009
Vista Alegre acollerá o duelo Burela FSF-UCAM Murcia este domingo, ás 12.00 horas
O Burela FSF Pescados Rubén cambia o seu horario habitual dos sábados pola tarde en Vista Alegre pola mañá dominical na sexta xornada da División de Honra. O equipo de Javier Pardeiro recibirá o UCAM Murcia na bomboneira este domingo, ás 12.00 horas. A xulgar polos resultados de ambos os dous conxuntos en 2009-10, a cita pode esconder un partido igualado. Dous puntos separan a quinta posición do Burela FSF (9) da oitava do Murcia
23 de outubro de 2009  |  Foto: Carlos Echevarría
O Burela sitúase como líder logo de vencer ao Illescas por 1-2
Un sensacional gol de Revilla propiciou a vitoria do Burela FS ante o Illescas (1-2) polo que os laranxas se deitan como líderes da División de Prata, a expensas do duelo entre o Gijón-El Llano e o Valverde que se disputa mañá ás 12:00 horas. Do mesmo xeito que outros encontros como visitante, os burelenses ofreceron a súa mellor cara no segundo período xa que o primeiro acto se caracterizou polas imprecisións e a escaseza de oportuni
24 de outubro de 2009
Brillante vitoria do Burela FSF, que accede á terceira posición da División de Honra
Cuarto triunfo consecutivo do Burela FSF Pescados Rubén que se coloca na terceira praza, con doce puntos, da División de Honra. O conxunto burelense logrou unha brillante vitoria por 3-0 ante o Ucam Murcia, que finalizou o encontro sen ideas e rendido nun Vista Alegre que rexistrou unha grande entrada. A numerosa afección laranxa que asistiu á cita dominical gozou dun gran partido no que as pupilas de Javier Pardeiro demostraron, adem
25 de outubro de 2009
Resultados das categorías inferiores do CD Burela FS
Liga Nacional Xuvenil Autos Lobelles FS 8-2 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 3-4 Cidade de Narón FS
26 de outubro de 2009
Xa está dispoñible a Guía de Fútbol Sala 2009-10
A Guía Oficial de Fútbol Sala da tempada 2009-10 xa está ao alcance de todos os afeccionados e afeccionadas a través de Internet. A páxina web da Liga Nacional de Fútbol Sala, www.lnfs.es, pon á disposición de todos os usuarios/as as edicións en formato dixital e PDF desta publicación que edita a asociación, na que se poden consultar todos os datos actualizados e oficiais dos equipos da División de Honra e Pra
26 de outubro de 2009
A Selección Galega Sub-18 reclama os xuvenís Manuel e David
Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez foron convocados polo seleccionador Santiago Valladares para o primeiro adestramento da Selección Galega Sub-18 de cara ao Campionato de España, cuxa fase previa se desenvolverá a finais de decembro. A devandita sesión preparatoria terá lugar o vindeiro luns 2 de novembro, ás 19.30 horas, no pavillón compostelán de Santa Isabel. Xunto á representación laranxa, tamén están cham
29 de outubro de 2009
Reunións informativas da EDM Burela FS
A EDM Burela FS está preparando unha serie de reunións informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado para a vindeira semana. As xuntanzas, que terán lugar na aula de usos múltiples do IES Monte Castelo, distribuiranse por equipos entre o mércores 4 de outubro e o venres 6. Xunto ao director da escola, Alfonso Mera, e a un representante da xunta directiva do Burela FS, cada monitor explicará a situación do seu equipo, o formato de competició
29 de outubro de 2009
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Descansa Liga Autonómica Cadete Troula FS-Burela FSSábado 31 de outubro, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Betanzos Liga Autonómica Infantil Burela FS-Vigo 2015 FSSábado 31 de outubro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
29 de outubro de 2009
O Burela Feminino visita as últimas posicións nas Canarias
O Burela FSF Pescados Rubén partiu hoxe dende Madrid con rumbo ás Canarias para enfrontarse mañá ao Teldeportivo FSF, outro dos recentes ascendidos, aínda que, situado nas últimas posicións, con poucas similitudes na traxectoria 2009-10 coas laranxas. Ás 18.30 (hora canaria) dará comezo a loita de noveis na elite polos tres puntos. O pavillón Paco Artiles de Telde acollerá un encontro de contrastes; mentres as burelás, na terceira praz
30 de outubro de 2009
O cadro de Suso Rey defenderá o liderado ante o perigoso Gijón-El Llano
O pavillón Vista Alegre acollerá mañá un encontro de altos voos na División de Prata. Será o correspondente á oitava xornada do Grupo Norte, na que o cadro de Suso Rey terá que defender o liderado -alcanzado a semana pasada en Illescas- ante o perigoso Gijón-El Llano. O duelo entre primeiro e terceiro clasificado arrancará ás 18.30 horas. Non será unha tarefa nada doada a que se lle presenta ao Burela FS. Os asturianos levan unha exce
30 de outubro de 2009
32 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores