Noticias
Arquivo de Outubro 2010
O Unión África Ceutí recala no parapeto burelista
O cadro laranxa buscará mañá, na quinta xornada de Prata, manter a imbatibilidade de Vista Alegre. O Unión África Ceutí recalará por primeira vez no parapeto do Burela FS, representando a décima praza, cun punto menos cós de Suso Rey, que están sextos (7 puntos). A cita dará comezo ás 18.30 horas. Os burelistas enfrontaranse a un conxunto con especial predilección pola defensa a media pista, que intenta aproveitar o erro do rival, adem
1 de outubro de 2010
O Burela FSF volve cos tres puntos (3-5), logo dun partido intenso
Loitaron as pupilas de Pardeiro ata arrancar os tres puntos da súa visita á Rioxa (3-5), logo dun inicio de partido igualado, con alternativas para as dúas bandas, ata que no minuto 10 as locais se cargaron con 5 faltas e Lucía transformou, no minuto 11, o 0-1 logo dun rexeitamento nun dobre penalti lanzado por ela mesma. Volveu anotar Lucía no 20 (0-2) de dobre penalti. As locais reaccionaron na segunda parte, cun xogo moi intenso que
2 de outubro de 2010
Empate amargo en Vista Alegre
O Burela FS empatou (3-3) ante o Unión África Ceutí nun partido que dominaron os laranxas, aínda que careceron da contundencia necesaria en momentos clave. O cadro visitante, pola contra, chegou en tres ocasións ao marco de Edu na primeira parte e no minuto 13 vencía por 0-2. Reconduciron a situación os de Suso Rey na segunda metade, cun xogo máis directo e con maior intensidade. Tralo gol de Juanma, no 21, o Burela FS dispuxo de varia
2 de outubro de 2010
Duro castigo para o Panificadora del Eo en Santiago (7-1)
As ribadenses non puideron frear o bo xogo despregado polas santiaguesas do Funeraria Apóstol no municipal de Santa Isabel, na terceira xornada de Autonómica. O Panificadora del Eo caeu derrotado por un contundente 7 a 1 ante as compostelás, con máis oficio e experiencia. As xogadoras locais adiantáronse no marcador cun 2-0 ata que Elvira (minuto 16), nun un contra un coa porteira local, conseguiu subir ao luminoso o que sería o único
4 de outubro de 2010
A Mariña FS conmemora o Día Mundial da Saúde Mental cun amigable futbolístico
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da comarca e o seu equipo, A Mariña FS, conmemorarán o Día Mundial da Saúde Mental (10 de outubro) cun amigable futbolístico que terá lugar mañá, 5 de outubro, no pavillón Monte Castelo (17.00 horas) entre os integrantes do conxunto e os monitores e voluntarios do colectivo. Esta actividade forma parte das xornadas ‘Benestar Xeral para unha Saúde Mental’, que a asociación mariñá desenvolverá ao l
4 de outubro de 2010
Burela rende homenaxe ás campioas galegas
As xogadoras e o corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén foron recibidos no consistorio burelao esta tarde polo alcalde, Alfredo Llano, e a concelleira de Deportes, Neves Cando, nunha homenaxe polo recente título de campións galegos acadado o pasado 12 de setembro en Celanova, na vixésima edición da Copa Galicia. O cadro laranxa acudiu ao acto acompañado do vicepresidente da entidade Manuel Blanco e do directivo Marcelino Luna. Alf
7 de outubro de 2010
Adri Gaona súmase á baixa de Cachón na cita burelá ante o Tobarra albaceteño
O Burela FS partirá esta noite con Albacete como destino para enfrontarse ao Restaurante Frontera Tobarra, rival que leva sen coñecer a vitoria dende a primeira xornada. Para a sexta xornada, Adri Gaona súmase á xa coñecida baixa de Víctor Cachón, no vestiario laranxa; o ala-peche gaditano manterase apartado da competición ligueira uns días por unha microrrotura no músculo recto anterior. O sábado, a partir das 17.30 horas, o pavillón
7 de outubro de 2010
As laranxas buscarán os tres primeiros puntos de Vista Alegre na visita do Zaragoza
O Burela FSF Pescados Rubén volve mañá a Vista Alegre (18.30 horas), coa cuarta xornada de Honra. Despois do triunfo na Rioxa, as laranxas buscarán os tres primeiros puntos na casa ante o Natudelia.com Zaragoza. En tres puntos avantaxan as aragonesas ás burelistas, no tramo medio-alto da táboa, xunto ao Atlético de Madrid Navalcarnero, Cidade das Burgas e Soto del Real. As mariñás intentarán facer valer o factor cancha e a fortaleza an
8 de outubro de 2010
Lidia conduce a remontada laranxa para selar o primeiro triunfo en Vista Alegre
O Burela FSF Pescados Rubén remonta un 0-2 ante o Natudelia.com Zaragoza para alzarse coa primeira vitoria (5-2) en Vista Alegre. Este triunfo permite ao conxunto burelense escalar ata a zona morna da División de Honra. Empezou mal o choque para os intereses laranxas xa que aos dous minutos de xogo Sareta, tras un lanzamento de falta, adiantou o seu equipo para acentuar a súa filosofía de contragolpe inicial. As burelenses non lograba
10 de outubro de 2010
O Burela logra o seu primeiro triunfo a domicilio logo de vencer por 1-2 ao Tobarra
O Burela logra a súa primeira vitoria a domicilio logo dun encontro moi disputado na súa estrea na cancha do Ribeira Alta Tobarra que vendeu cara a súa derrota (1-2) e fixo sufrir nos minutos finais ao cadro mariñán. A afección manchega gozou dun bo encontro no que os burelenses xogaron mellor as súas bazas e golpearon no momento xusto. Juanma demostrou o seu oportunismo, no minuto dous de xogo, e diluíu a saída en tromba do
10 de outubro de 2010
Táboas para o duelo de debutantes Panificadora-Fisober (1-1)
O Panificadora del Eo-Ribadeo FS superou a cuarta xornada de Autonómica cun traballado empate na casa ante o Fisober FSF de Vimianzo, en duelo de debutantes na categoría. A igualada outórgalles ás mariñás a décima posición (4 puntos). As numerosas baixas no equipo ribadense, Yoli, Sofía e Nuria, xunto ás de Toñi e Sabela, que xa viñan arrastrando desde o inicio da tempada, obrigou a Martínez a botar man da moza Tania e de Montse, do eq
11 de outubro de 2010
O animoso Burela FSF disputa en Valladolid o segundo asalto dunha semana atafegada
O Burela FSF Pescados Rubén visitará mañá a pista do Valladolid, a segunda das tres citas ás que ten que facer fronte nunha semana moi atafegada. Sen apenas descanso, o cadro de Javier Pardeiro saltará á pista castelano-leonesa moi animado, tras a súa primeira vitoria como local, o sábado, ante o Natudelia.com Zaragoza (5-2). O pavillón Pilar Fernández Valderrama acollerá a quinta xornada de Honra, a partir das 12.30 horas. Espectáculo
11 de outubro de 2010
Os laranxas reciben a ElPozo Ciudad de Murcia dende a quinta praza
O Burela FS recibe mañá a ElPozo Ciudad de Murcia, na sétima xornada de Prata (Vista Alegre, 18.30 horas). Tras a traballada vitoria en Tobarra (1-2) do sábado pasado, os laranxas mediranse, dende a quinta praza (11 puntos), a un rival descoñecido, situado na metade baixa da táboa, que chegará con sede de puntos tras a derrota ante o OPDE Ribera Navarra (1-2). Os pupilos de Suso Rey intentarán asentar
11 de outubro de 2010
Unha fatigosa segunda parte condena o Burela FSF en Valladolid (5-2)
O Burela FSF Pescados Rubén non puido encadear o seu terceiro triunfo consecutivo. A pesar do seu meritorio papel nos primeiros vinte minutos, o cadro de Javier Pardeiro regresou sen puntos da súa visita a Valladolid (5-2), condicionado por unha fatigosa segunda parte. As laranxas saltaron á pista pucelana con agresividade, pisando forte. Cun dominio absoluto na primeira parte, Dolo xa puxo o 1-0 a tres minutos do asubío inicial. No en
13 de outubro de 2010
Os pupilos de Suso Rey impóñense a ElPozo contra vento e marea (2-0)
A bancada laranxa foi testemuña onte dun dos mellores partidos dos últimos tempos en Vista Alegre. Os pupilos de Suso Rey impúxeronse a ElPozo Ciudad de Murcia (2-0) nunha cita espectacular, que non conseguiron empañar as polémicas decisións arbitrais e na que Edu estivo sublime. O Burela FS tivo a fortuna de recibir na bomboneira a un rival con iniciativa, que saltou á pista para xogar ao fútbol sala. Dende o primeiro minuto, ambas a
13 de outubro de 2010
A ourensá Lola regresa á portería laranxa
A ourensá Dolores Fernández Sotelo, máis coñecida como Lola, compartirá por segundo ano consecutivo a defensa da portería laranxa con Jozi e Irene. A gardameta selou a súa continuidade no Burela FSF Pescados Rubén esta mañá, na compaña do directivo da entidade Marcelino Luna. Lola amosou a súa ledicia por dispoñer da posibilidade de formar parte do Burela FSF un ano máis. “Estou moi ilusionada coa nova tempada. Conseguín o cambio de de
13 de outubro de 2010
Ribeira de Piquín FS, primeiro rival burelao na XX Copa Galicia
O Burela FS xa coñece a identidade do seu primeiro rival na XX Copa Galicia; será o Ribeira de Piquín FS, de Primeira Nacional B, segundo o sorteo realizado o luns pasado na sede da Federación Galega de Fútbol Sala. A eliminatoria de cuartos decidirase a partido único, na pista do conxunto ribeirego, antes do 10 de decembro. Unha vez finalizadas as roldas previas dos equipos de inferior categoría, o Burela FS incorpórase aos cuartos de
13 de outubro de 2010
O Burela FS xa ten nova imaxe
A entidade laranxa xa ten nova imaxe, a proposta da alumna da EDM Burela FS Carla Bolaños Blanco. O club deu a coñecer a gañadora do concurso “Na Busca da Mascota Laranxa” o martes pasado, no descanso da cita ante ElPozo Ciudad de Murcia. O vicepresidente burelista Manuel Blanco foi o encargado de entregarlle a agraciada o premio, dous Abonos Simples 2010-11, ademais dun agasallo sorpresa. Agora tocaralle a quenda ao Burela FS, na fas
14 de outubro de 2010
Burela FSF-Soto del Real, duelo de iguais na bomboneira
O Burela FSF Pescados Rubén recibe mañá o VP Soto del Real, nun duelo de iguais que loitan por non descolgarse da clasificación e manterse lonxe dos postos críticos. O encontro da sexta xornada de Honra na bomboneira dará comezo ás 18.30 horas. As pupilas de Javier Pardeiro saltarán á pista de Vista Alegre coa intención de recuperar a senda triunfal despois da derrota do martes en Valladolid (5-2). Enfronte terán un rival igualado a pu
15 de outubro de 2010
O Burela FS buscará o podio en Cáceres
O Burela FS afronta a oitava xornada da Divisón de Prata na pista do Extremadura Cáceres 2016, na pelexa por reducir as distancias co podio dende a cuarta praza. O pavillón multiúsos Ciudad de Cáceres acollerá o encontro o domingo, a partir das 12.00 horas. Dous vellos coñecidos do antigo Grupo Norte volverán verse as caras, cunha traxectoria ben dispar. Os pupilos de Suso Rey, que conseguiron ir asent
15 de outubro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo
Espectáculo goleador ante o Soto madrileño (8-2)
O Burela FSF Pescados Rubén regresou hoxe a senda triunfal con espectáculo goleador en Vista Alegre, ante o Soto del Real (8-2). Tres puntos máis para a cuadrícula laranxa, que lles permiten ás mariñás a escalada na zona media da táboa ata a sétima praza. As pupilas de Javier Pardeiro souberon dominar e rematar un encontro que, a pesar das numerosas ocasións iniciais, se puxo en contra no marcador, aínda que por pouco tempo. Lucía, con
16 de outubro de 2010
O Burela FS ve escapar os tres puntos no último minuto
Os tres puntos escaparon hoxe para o Burela FS fronte ao Extremadura Cáceres (3-3) despois de levar a dianteira na maior parte do encontro.  O tramo final volveu poñer costa arriba os intereses laranxas, que viron como desaparecía a vantaxe e a vitoria no último minuto. Aínda que o encontro comezou mal para o cadro de Suso Rey, cun gol local por propia porta de Purao, os mariñáns axiña tomaron as rendas. Así, xa no 14, Esteller i
17 de outubro de 2010
43 segundos de máis para o Ribadeo na súa visita a Vedra
Ao Panificadora del Eo-Ribadeo sobráronlle 43 segundos para traer o primeiro punto como visitante, no seu desprazamento a Vedra ante o FSF Mesón Río Ulla (3-2). A fortuna non acompañou as mariñás no minuto final, que tiveron que asistir ao 3-2 definitivo sen tempo para reaccionar. Na devandita cita o FSF Mesón Río Ulla non demostrou ser o equipo que ocupa a terceira posición de Autonómica. Saíron as ribadenses cunha defensa pechada, pe
19 de outubro de 2010
As categorías base do Burela FS estrean 2010-11 co Guitiriz
As categorías de base do CD Burela FS estrearán a tempada 2010-11 coa visita do Guitiriz, o sábado, en Vista Alegre. Un mes despois do comezo dos adestramentos e como preparación para as súas respectivas ligas, catro equipos laranxas terán a primeira cita da tempada en versión amigable. Localización: Vista Alegre 11.00 horas: Burela FS Cadete-EDM Guitiriz Cadete 12.00 horas:
20 de outubro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo
O Club Oro Viajes agasallará os socios/as burelistas cun 'Cheque Regalo de Cruceiro'
O CD Burela FS dá un paso máis no especial coidado dos socios/as laranxas e dos seus intereses. Deste xeito, a entidade vén de asinar un acordo de colaboración co Club Oro Viajes, do tour operador Dividi Travel SL, mediante o cal os socios e socias burelistas se beneficiarán dun suculento ‘Cheque Regalo de Cruceiro’. O delegado da axencia na Mariña, José Ramón Rodríguez, foi recibido na sede burelista polo vicepresidente da en
21 de outubro de 2010
Os burelaos reciben o Lanzarote en desafío directo
Vista Alegre prepárase para o espectacular e intenso encontro que deparará a novena xornada de Prata, medindo as forzas do Lanzarote Tías Yaiza e o Burela FS. Ambas as escuadras enfrontaranse en desafío directo dende a quinta e a sexta praza respectivamente, empatados con 15 puntos. O sábado, a partir das 18.30 horas, a bomboneira volverá reunir dous vellos coñecidos da categoría que se debaten polos postos altos, aínda que cun percor
21 de outubro de 2010
O Gironella chega a Vista Alegre fuxindo dos postos críticos
O Burela FSF Pescados Rubén disputará en domingo (12.30 horas) a sétima xornada de Honra, coa visita do Queralt Gironella, un conxunto que chega a Vista Alegre fuxindo dos postos críticos. Barcelonesas e mariñás pelexarán polos últimos tres puntos en xogo antes do primeiro descanso da competición, a próxima semana, que coincide con amigables da Selección Española. Con 9 puntos e empatado co Cidade das Burgas, o Burela FS
22 de outubro de 2010
O Burela gaña pola mínima a un gris Lanzarote ao que perdoou no primeiro período
O Burela logra a vitoria ante o Lanzarote por 2-1 nun encontro no que os laranxas mereceron un marcador máis cómodo. O conxunto mariñán puxo a directa tras o asubío inicial cunha presión que sorprendeu os insulares que intentaron, baldiamente, reter o impulso local. Adriá Esteller abriu o marcador no minuto 2 de xogo tras unha asistencia de André que repetiu, no minuto catro, para asistir nesta ocasión a Juanma. Noveno tanto do ca
23 de outubro de 2010
Un Gironella afortunado pesca un punto en Vista Alegre
O Burela FSF Pescados Rubén cedeu un empate (4-4) ante o Construcións Queralt Gironella, que contou coa fortuna como aliada no encontro disputado en Vista Alegre. Desde os primeiros compases o choque ofreceu un dominio variable e con alternativas no marcador. O primeiro en golpear, minuto 5, foi o conxunto catalán por mediación de Anna Bosch, que atopou un balón rexeitado na área para bater a Jozi. A resposta laranxa non se fixo
24 de outubro de 2010
Resultados das categorías inferiores
- Burela FS Cadete 2-4 EDM Guitiriz Cadete - EDM Burela FS Infantil 11-10 EDM Guitiriz Infantil - EDM Burela FS Alevín B 4-9 EDM Guitiriz Alevín - EDM Burela FS Benxamín B 4-5 EDM Guitiriz Benxamín
25 de outubro de 2010
Os xuvenís inauguran o exercicio na pista do Cidade de Ourense
O conxunto xuvenil do CD Burela FS inaugura o exercicio 2010-11 esta fin de semana na pista do Cidade de Ourense. Baixo as ordes Iván Cao ‘Lucas’, volverán defender a camiseta laranxa David Rodríguez, Xoel Penabade, Antón Couto, Diego Blanco, Noé Fernández, Juan Quiroga, Boris Baltar, David Fernández, Jacobo Díaz e o xogador do primeiro equipo Manuel Jiménez; tamén regresan Samuel Rojo e Carlos, tras unha pequena incursión no fútbol.
25 de outubro de 2010
Valioso punto do Ribadeo ante o imbatido Cidade de Ourense (0-0)
Como todo enfrontamento sen goles, de eslamiado e aburrido pódese cualificar o encontro do sábado no municipal ribadense entre o Panificadora del Eo Ribadeo FSF e o Cidade de Ourense. Con todo, as ribadenses foron as máis beneficiadas ao conseguir manter a súa portería a cero e sumar un punto na súa necesitada conta, ante un todopoderoso Cidade de Ourense, segundo clasificado que aínda non coñece a derrota. O partido foi dun claro dom
26 de outubro de 2010
O CD Burela FS dá a coñecer o Infantil Feminino
O CD Burela FS contará en 2010-11 cun equipo de base integramente feminino. Vista Alegre acolleu hai uns días a presentación do cadro infantil, que a partir de novembro participará na liga de Deporte Escolar, coordinada pola Xunta de Galicia e Federación Galega de Fútbol Sala; as alumnas estiveron acompañadas polas xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén. Claudia, unha das capitás do primeiro equipo feminino, asume as responsabilidades
27 de outubro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Cidade de Ourense-Burela FSDomingo 31 de outubro, ás 11.00 horas, no Campo da Feira de Ourense   Amigables - Azkar Lugo Cadete-Burela FS CadeteSábado 30 de outubro, ás 10.00 horas, no Centro Terra de Lugo - Azkar Lugo Infantil-EDM Burela FS InfantilSábado 30 de outubro
28 de outubro de 2010
Reunións informativas da escola laranxa
A EDM Burela FS está desenvolvendo durante estes días unha serie de xuntanzas informativas dirixidas aos pais/nais do alumnado, co fin de explicar a situación de cada equipo, o formato de competición na que participará e outras incidencias relacionadas coa tempada 2010-11. O director da escola, Alfonso Mera, e os monitores xa se reuniron co Prebenxamín A, Prebenxamín B, Benxamín B e Infantil Masculino onte e hoxe, no IES Monte Castelo
28 de outubro de 2010
Space Gasifred-Burela FS, reminiscencias de play off
O Burela FS parte hoxe con rumbo ás illas Baleares para medirse a un rival que coñeceu e venceu no pasado play off, o Space Gasifred Ciutat d’Eivissa. O Polideportivo Insular Blancadona acollerá o encontro mañá, ás 17.30 horas, pertencente á décima xornada de Prata. O cadro laranxa atopará un rival correúdo co hándicap engadido dunha pista sintética, que prexudica a velocidade de xogo á que os mariñáns están acostumados. É unha cita re
29 de outubro de 2010
Os pupilos de Suso Rey aférranse á parte alta tras o triunfo en Eivissa (3-6)
O Burela FS cumpriu na pista do Space Gasifred Ciutat d'Eivissa cun encontro goleador (3-6); tres valiosos puntos cos que os pupilos de Suso Rey se aferran á parte alta, na cuarta praza (21 puntos). Con esta, os laranxas xa encadean oito xornadas invictos. Os mariñáns chegaron a Sa Blancadona con firmeza e sen tatexos. Pouco tardaron en ver con claridade a meta balear; os tantos temperáns de Minu (minuto 4 e 5) puxeron sobre aviso o
30 de outubro de 2010
37 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores