Noticias
Arquivo de Outubro 2011
O equipo feminino perde en Córdoba (6-4) a pesar de xogar un gran partido
O Burela FSF Pescados Rubén empregouse a fondo con rotacións de banco que lles permitían manter un alto ritmo. Abriron o marcador as cordobesas, aos oito minutos, tras unha recuperación na metade de pista, Fátima superaba a Irene cun potente disparo desde quince metros. Superada a medianía do período, Beíta, tras recibir un centro de Amelia desde a ala, permitía ao Cajasur gozar dunha folgada renda que soubo manter ao descanso. Un temperá
1 de outubro de 2011
Os laranxas empatan ante o Antequera (2-2)
Vista Alegre asistiu a unha xornada un tanto amarga polo empate no último momento do equipo visitante, logo dun encontro vibrante con alternativas no xogo e múltiples ocasións de gol. Os pupilos de Quique García puxéronse por diante no marcador en dúas ocasións, pero o empate final de Guessous deixou os locais cun só punto. Abriu a lata Clebinho cun gol no minuto 3 e os locais dominaron boa parte do primeiro tempo con xogadas de posesi
1 de outubro de 2011
Amargo inicio de tempada para o Ribadeo FSF, en Mos (4-1)
O Panificadora del Eo-Ribadeo FSF arrincou a tempada en Autonómica con resultado amargo; as pupilas de Martínez regresaron sen puntos da súa visita a Mos (4-1), un dos equipos punteiros da pasada tempada e que de novo se presenta como un dos candidatos ao título. O equipo pontevedrés adiantouse no marcador no minuto 3 por mediación da súa mellor xogadora, Vanessa. Despois foi Adriana quen subiu o 2-0, co que chegou descanso. Aos 4
3 de outubro de 2011
A Pataca Naranxa animará os burelaos en Granada
A Pataca Naranxa xa ten pechada a súa primeira viaxe da tempada 2011-12. A peña desprazarase a Granada para animar os burelaos ante o Oxipharma FS o 5 de novembro, no encontro da oitava xornada da Segunda División. A expedición laranxa partirá o venres 4 de novembro, ás 13.00 horas, dende a cafetería Vista Alegre. A saída da cidade andaluza está prevista para as 9.00 horas do domingo 6. Todas
3 de outubro de 2011
O Hotel Nordés e o Burela FS invitan a cear a media Burela
O Hotel Nordés e o CD Burela FS Pescados Rubén xa escolleron regalo para os socios/as laranxas no décimo aniversario da entidade futbolística. Os abonados 2011-12 poderán acceder a un suculento desconto do 50% en ceas, de domingo a mércores (consulta de bases en www.hotelnordes.com), no seu servizo de restaurante presentando tan só o carné burelista. O directivo da entidade, Ma
5 de outubro de 2011
Descanso da Primeira División Feminina
A Primeira División Feminina afronta esta fin de semana o primeiro descanso da tempada, debido aos compromisos da Selección Española, que disputará dous amigables ante Rusia, o 9 e 10 de outubro, en Ourense. A escuadra de Javier Pardeiro mantén estes días a intensidade dos adestramentos para volver na mellor forma.  Retomará a competición o 15 de outubro, na pista do novel Majadahonda FSF/Afar 4, aínda sen Jozi, que regresará do S
5 de outubro de 2011
Ponte Ourense, obxectivo burelista nas semifinais da Copa Galicia (Lalín, 11-12 outubro)
Tan só poderá quedar un. Defendendo o título de bicampión autonómico, o Burela FS-Pescados Rubén terá como obxectivo a nada máis e nada menos ca o campión da liga 2010-11 e supercopa, o flamante Ponte Ourense, nas semifinais da XXI Copa Galicia. As instalacións do Lalín Arena, en Pontevedra, acollerán a cita a vindeira semana, entre o 11 e o 12 de outubro. Así o deixou definido o sorteo realizado onte
6 de outubro de 2011
O Burela FS visita o Gáldar, un dos fixos na loita de play off
O Burela FS-Pescados Rubén visita este sábado a pista do Colegios Arenas Gáldar, un dos candidatos fixos na loita de play off á Primeira División na última década. O encontro comezará ás 18.30 (hora insular) no pavillón Vega Mateos das Palmas de Gran Canaria. Sen ir máis lonxe, a cuarta xornada da Segunda División evoca a fase de ascenso da pasada tempada, na que o Gáldar e o Pescados Rubén se enfrontaron na primeira e
7 de outubro de 2011
O primeiro triunfo laranxa chega con billete canario (2-5)
Efectivamente, o Burela FS Pescados Rubén puido materializar o despegamento de 2011-12 e nunha das pistas máis duras da categoría. O primeiro triunfo da tempada chega tras o 2-5 ante o Colegios Arenas Gáldar, nunha tarde na que os laranxas combinaron a boa finalización co excelente traballo de Brais baixo os paus. Aínda que ambas as escuadras descubriron as cartas do ataque frenético, foi Víctor Cachón o primeiro en obter recompensa, i
8 de outubro de 2011
Ao Panificadora escápaselle o partido nos últimos cinco minutos (Guntín 1-4)
O Panificadora del Eo-Ribadeo FSF e o FSF Ayuntamiento de Guntín, no derbi lugués de Autonómica, ofreceron un bonito duelo. Mostraron un partido aberto con moitas ocasións en ambas as porterías que ao final se decantou para o reforzado Guntín (1-4), líder unha semana máis. As ribadenses adiantáronse no marcador aos 2 minutos e mantiveron o resultado ata o minuto 35. Foi nos 5 últimos minutos cando as locais foron vulnerables. O gol do
10 de outubro de 2011
Os hoteis Palacio de Cristal, Nordés, Sargo e Rincón de Anita regalan espectáculo laranxa
Durante o mes de outubro os hoteis Palacio de Cristal, Nordés, Sargo e Rincón de Anita regalarán espectáculo futbolístico de elite, espectáculo laranxa. A partir desta semana, os establecementos burelaos agasallarán a súa clientela nas ceas dos venres ata finais de mes con invitacións para gozar co xogo do CD Burela FS Pescados de cada xornada: Burela FS-UA Ceutí, día 15, Segunda División Masculina; Burela FS-Natudelia.
11 de outubro de 2011
Mágoa dos penaltis
Os penaltis interpuxeron un muro insalvable entre o CD Burela FS Pescados Rubén e a loita pola súa terceira Copa Galicia consecutiva nas semifinais ante o Ponte Ourense, na vixésimo primeira edición, o martes pasado en Lalín. Nun intensísimo encontro que completou o tempo regulamentario con empate (3-3), as laranxas, cun papel soberbio, quedaron eliminadas na quenda dos penaltis, cun resultado en contra de 5-4, despois de 12 lanzamentos.
13 de outubro de 2011
A laranxa Claudia, galardoada co Premio El Progreso ao Deportista Lucense do Ano
A dedicación da ala-peche focega Claudia Rodríguez, capitá do CD Burela FS-Pescados Rubén, foi recoñecida no serán de onte co galardón El Progreso ao Deportista Lucense do Ano na disciplina de fútbol sala. O vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, foi o encargado de facerlle entrega do premio á xogadora nunha gala no auditorio Gustavo Freire na cidade amurrallada, coa retransmisión de Telelugo. Na sétima edición da devandi
13 de outubro de 2011  |  Foto: El Progreso
Inxección de moral para recibir o UA Ceutí, na segunda praza
O Burela FS-Pescados Rubén recibe cunha inxección de moral, tras o triunfo en Gáldar (2-5), un prato forte, o UA Ceutí, que recala na bomboneira con 9 puntos e como segundo clasificado (sábado 15, 18.30 horas). O equipo ceutí empezou ben e moi forte a tempada, en catro partidos conseguiu tres vitorias consecutivas, dúas como local e unha como visitante, 11 goles a favor e 12 en contra nos seus dous partidos a domicilio. “O equipo de Ch
14 de outubro de 2011
Noia e Mera, rivais copeiros do Burela FS
O Noia FS e o Mera FS, da Segunda División B, serán os rivais do Burela FS-Pescados Rubén nos próximos compromisos copeiros, entre outubro e novembro. O conxunto noiés, de Segunda B, medirase aos laranxas, na segunda eliminatoria da Copa do Rei, que terá lugar en terras coruñesas o 1 de novembro, nun só partido, xunto ao O Parrulo FS-Cidade de Narón, Dominicos-UPV Maristas Valencia, Centelles-Play
14 de outubro de 2011
A recuperar a senda da vitoria no domicilio do novel Majadahonda
A Primeira División Feminina regresa coa visita do Burela FS-Pescados Rubén ao domicilio do novel Majadahonda FSF-Afar 4. O pavillón municipal La Granadilla acollerá o partido da quinta xornada a partir das 20.00 horas. O conxunto laranxa pelexará por recuperar a senda da vitoria despois de dous brillantes encontros, ante o Cajasur Córdoba, na liga, e Ponte Ourense, na Copa Galicia, nos que a finalización non estivo da súa parte. As pu
14 de outubro de 2011
Un golazo de Víctor Cachón define o primeiro triunfo laranxa en Vista Alegre
A sete segundos do final Víctor Cachón levantou a bancada de Vista Alegre cun golazo pola escuadra que supuxo o primeiro triunfo laranxa no seu feudo. O CD Burela FS Pescados Rubén sufriu ata o final para conseguir os tres puntos ante un Ceuta que vendeu moi cara a derrota. O conxunto visitante conseguiu durante moitas fases do choque xogar ao seu ritmo, un ida e volta constante no que se atopa moi cómodo, aínda que foi o Burela
15 de outubro de 2011
Cómoda vitoria do Burela en Majadahonda
O Burela FS Pescados Rubén fixo bos os prognósticos e regresou da pista do Majadahonda FSF Afar4 con tres puntos tras superar as madrileñas por un contundente 2-7. Esta vitoria permite ao conxunto burelense escalar á zona media da Primeira División. O choque tivo dúas partes distintas. Na primeira o Burela non se atopou cómodo na pista debido á dinámica proposta polo Majadahonda. O conxunto local provocaba continuas interrupcións que i
16 de outubro de 2011
Cidade das Burgas 5-1 Panificadora del Eo Ribadeo FS
O Panificadora del Eo Ribadeo FS non puido culminar a súa primeira vitoria da tempada na pista do Cidade das Burgas (5-1), da cuarta xornada de Autonómica. As ribadenses saíron a por todas en Ourense, fronte a un equipo formado con xogadoras moi novas que esperan a oportunidade de competir en Primeira División. Na primeira metade, o conxunto mariñán levou o peso do partido, que presionou sobre o rival durante os 40 minutos; a excelent
17 de outubro de 2011
As promesas burelistas estrean o curso coa visita do Azkar Lugo
As promesas burelistas estrearán o curso 2011-12 o vindeiro sábado, 22 de outubro, coa visita das categorías de base do Azkar Lugo FS a Vista Alegre. Os máis pequenos/as, Prebenxamín A, serán os encargados de inaugurar a xornada futbolística ás 10.00 horas; o Infantil saltará á pista ás 11.00 e unha hora máis tarde debutará o Alevín A. O Benxamín A clausurará os amigables cos transportistas ás 13.00 ho
18 de outubro de 2011
A Pataca Naranxa en Granada
Ata o 25 de outubro os/as afeccionados/as burelistas poderán reservar praza para animar o equipo laranxa de Segunda División en Granada, ante o Oxipharma FS, o 5 de novembro, no encontro da oitava xornada. A expedición laranxa partirá o venres 4 de novembro, ás 13.00 horas, nun desprazamento organizado pola peña A Pataca Naranxa, dende a cafetería Vista Alegre. A saída da cidade andaluza está pre
19 de outubro de 2011
O Pescados Rubén pelexará por encadear o terceiro triunfo ante a incerteza do Hospitalet
O Burela FS-Pescados Rubén pelexará este sábado por encadear o terceiro triunfo da tempada, na sexta xornada da Segunda División. Será na pista do L’Hospitalet Bellsport (pavillón Sergio Manzano de Bellvitge, 18.30 horas), un rival incerto pola súa condición de ascendido que xa mostrou a súa resistencia como local, aínda que non tivo moi bo inicio ligueiro. “Despois da importante vitoria conseguida na casa e de sumar s
21 de outubro de 2011
As zaragozanas chegan a Vista Alegre ostentando o farol vermello
O Burela FS-Pescados Rubén medirase mañá ao Natudelia.com Zaragoza, que chega a Vista Alegre ostentando o farol vermello, sen estrear a cuadrícula. Como vén sendo habitual, o encontro dará comezo ás 18.30 horas. Os resultados para as mañas non están sendo nada alentadores (UA Alicante 3-7, Móstoles 11-1, Soto del Real 1-5, Ponte Ourense 6-0 e Cajasur Córdoba 1-6); as derrotas con menor diferenza de goles foron na súa c
21 de outubro de 2011
A escasa fortuna na finalización condena os laranxas en terras catalás (4-2)
O Burela FS-Pescados Rubén non puido encadear a terceira vitoria da liga, a pesar dos méritos demostrados. A escasa fortuna na finalización condenou os laranxas en terras catalás, nun encontro moi igualado fronte ao Hospitalet Bellsport (4-2), no que a escuadra mariñá sempre contou con opcións. “O Hospitalet anotou nas dúas primeiras chegadas que tiveron e iso marcou a traxectoria do partido. Nós contamos con máis oportunidades dende o com
22 de outubro de 2011
As burelás sentencian a primeira vitoria da bomboneira con asedio á meta zaragozana (2-0)
As burelás puideron brindarlle hoxe á afección da bomboneira a primeira vitoria na casa da liga. O Pescados Rubén sentenciou o 2-0 cun asedio incesante ao Natudelia.com Zaragoza, que amosou en Vista Alegre unha defensa moi eficaz. Fíxose esperar esta tarde o primeiro gol mariñán. A escuadra de Javier Pardeiro apropiouse do esférico dende os momentos iniciais para tentar a meta rival, aínda que a precisión se resistiu e só conseguiu fac
22 de outubro de 2011
Panificadora del Eo 1-3 Fisober Vimianzo
O Panificadora del Eo-Ribadeo FS sucumbiu no seu feudo ante o Fisober de Vimianzo (1-3); aínda que o intentaron as pupilas de Martínez durante os 40 minutos, a maior calidade e experiencia das visitantes fixeron que levasen os tres puntos nun partido vibrante con dominios alternos para ambos os conxuntos. As ribadenses seguen sen puntuar neste complicado inicio de tempada, logo de enfrontarse nas catro primeiras xornadas aos catro primeiros cl
24 de outubro de 2011
Espectáculo goleador da base laranxa ante o Azkar Lugo
Vista Alegre foi testemuña na mañá do sábado do espectáculo goleador protagonizado pola base laranxa, da EDM EON Burela FS, nos primeiros amigables do curso 2011-12, coa visita do Azkar Lugo FS. A escola burelista apropiouse do marcador en tres das catro categorías participantes. Os benxamíns, capitaneados por Iván Cao, Lucas, conseguiron o resultado máis contundente, 9-2; os alevíns, con Marcelo Santoro, Neco, como adestrador, vencero
24 de outubro de 2011
Arranca o curso de Instrutor de Fútbol Sala Base en Burela
O IES Monte Castelo de Burela acolleu onte pola tarde a presentación e primeira clase para o alumnado do Curso de Instrutor de Fútbol Sala Base (Nivel 1), que se desenvolverá na vila mariñá, ata xuño de 2012, baixo a organización da Federación Galega de Fútbol. A apertura académica contou coa presenza do presidente da Escola de Adestradores de Galicia, Rafael Sáez; o vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o alcalde de Bu
27 de outubro de 2011
A visita do Coruxo inaugura a liga cadete para os laranxas este sábado
O conxunto cadete laranxa, dirixido por Carlos Méndez e Marcelo Santoro, inaugurará a competición Autonómica este sábado coa visita do IES Coruxo Concello de Vigo. O encontro comezará ás 16.00 horas, en Vista Alegre, como antesala da sétima xornada da Segunda División Masculina entre o Burela FS-Pescados e o histórico Playas de Castellón. Infantil. O Burela FS Infantil tamén ten data para o inicio en Autonómica; estrea
27 de outubro de 2011
O colíder agarda o Pescados Rubén en Gironella
Trepidante cita a que agarda ao CD Burela FS-Pescados Rubén este sábado en Gironella, na pista do Queralt, actual colíder da Primeira División Feminina xunto ao Atlético de Madrid Navalcarnero (15 puntos). O pavillón municipal da localidade barcelonesa acollerá o encontro a partir das 18.15 horas, nunha xornada, a sétima, na que a emoción se propaga entre os de arriba, con duelos engadidos ao laranxa: Femesala Elche e Cajasur
27 de outubro de 2011
O emblemático Playas de Castellón recala na bomboneira
O emblemático e histórico Playas de Castellón, descendido de Primeira esta tempada, recala na bomboneira para protagonizar o duelo da sétima xornada de Segunda en Vista Alegre (sábado 29, 18.30 horas). Unha das incógnitas da cita será o encargado de defender a meta do Burela FS-Pescados Rubén, ante o que Brais o ten moi claro: “Tanto Iago coma min estamos traballando moi duro; creo que calquera dos dous estamos perfectamente c
28 de outubro de 2011
As laranxas caen pola mínima (4-3) na súa visita ao Gironella
O Burela Pescados Rubén FSF caeu na cancha do colíder de Primeira (4-3) non sen antes intentar facer valer o seu rápido movemento de balón, buscando ensanchar o campo con aperturas cara ás alas, para atopar físgoas na dobre liña defensiva das catalás. O único tanto dun primeiro tempo escaso de goles chegaba aos 18 minutos obra de Berta Velasco, á saída dunha falta de directa ao bordo da área. En xogada similar, pero xa no segundo acto
30 de outubro de 2011
O Burela FS Pescados Rubén golea (10-1) ao Playas en Vista Alegre
Goleada sen paliativos do Burela FS a un Playas de Castellón que se viu superado desde o principio polo xogo laranxa. Intentárono os visitantes logo dos goles de Dani Martín e Purao (minutos 4 e 8), xogando con porteiro-xogador e queimando as súas naves. Pero un refacho de acerto local deixou sen argumentos aos de Castellón que, en catro minutos encaixaron catro goles máis: dous de Dani Martín, Juanma e Cachón. Na segunda parte, o Play
30 de outubro de 2011
Os cadetes comezan co bo pé
O equipo cadete do Burela FS Pescados Rubén comezou con bo pé a tempada 2011-12 en Autonómica, con vitoria (3-1) ante o IES Coruxo Concello de Vigo. Os rapaces de Carlos Méndez e Marcelo Santoro disputarán mañá a segunda xornada ligueira, na pista do EDM Concello de Guitiriz (pavillón municipal, 12.30 horas).
31 de outubro de 2011
O Burela FS aparca a liga para subirse á Copa do Rei
Tras o categórico resultado ante o Playas de Castellón (10-1) que catapulta a Dani Martín como máximo goleador de Segunda División, o Burela FS Pescados Rubén aparca a liga para enfrontarse mañá ao Club Noia FS, de Segunda B, na segunda eliminatoria da Copa do Rei. O pavillón municipal de Noia (18.30 horas) acollerá un partido moi intenso ante dous conxuntos cunha dinámica ascendente
31 de outubro de 2011
35 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores