Noticias
Arquivo de Outubro 2012
Axenda esixente en Barcelona e Zaragoza, coa ausencia dos capitáns
A axenda laranxa incrementa as esixencias. O Burela FS Pescados Rubén disputará esta semana dobre xornada a domicilio, fronte ao FC Barcelona Alusport (mércores, Palau Blaugrana, 20.45 horas) e Umacón Zaragoza (venres 5, Siglo XXI, 21.00 horas), coa ausencia dos capitáns, lesionados. A Juanma, apartado das pistas por unha doenza costal dende hai un par de semanas, confirmóuselle unha hernia discal; o corpo médico decidirá nos
2 de outubro de 2012
A dobre aposta xuvenil 2012-13 prepárase para a inminente estrea
O CD Burela FS Pescados prepárase esta semana para a inminente estrea competitiva, con dobre aposta na categoría xuvenil 2012-13. O vindeiro domingo debutará o novidoso proxecto laranxa na Liga Autonómica en Vista Alegre fronte ao Sarria Peña Españolista (12.00); xunto a el tamén regresa ás pistas o tradicional conxunto da Liga Nacional, que recibirá o Cidade de Viveiro, en derbi comarcal, o venres (Vista Alegre, 21.30
3 de outubro de 2012
Umacon Zaragoza-Burela FS (venres 5, 21.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a 4ª xornada en Zaragoza, con tan só 48 horas para repoñerse (Siglo XXI, 21.00 horas). Poderase seguir en Onda Portillo. “É certo que chegamos un pouco máis minguados fisicamente pola carga dos dous partidos anteriores en tan só cinco días, pero con iso xa contabamos na preparación. O que máis me preocupa quizais
4 de outubro de 2012
O favoritísimo O Esteo-As Pontes agarda os pupilos de Lucas este sábado
Os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ volverán bater cunha proba de nivel na 4ª xornada de Terceira. O favoritísimo O Esteo, dende a primeira praza con tres de tres, agárdaos o sábado ás 17.30 horas (pavillón municipal das Pontes de García Rodríguez). O Burela FS Pescados Rubén B chega coas pilas cargadas a esta cita, despois do “pequeno tropezo” ante o 5 Coruña FS, dun encontro do que Lucas extraeu unha lectura moi positiva, aínda que sen a
4 de outubro de 2012
O Ribadeo FSF abre a liga este sábado co FC Meigas (18.30 horas)
O Ribadeo FSF abre a liga de Autonómica 2102-13 co desprazamento do FC Meigas á Mariña, o sábado, ás 18.30 horas. O equipo, que volverá adestrar José Francisco Martínez Rodríguez, estará custodiado por un bloque constituído por 13 xogadoras: Antía Fernández e Vanessa Cabanas baixo os paus, as peches Toñi Posada e Sabela Mourelle, a ala-peche Helena Darriba, as alas Evita Rodríguez, Arancha Arias, Tania Penabad, Carla Bolaños e Nuria Pé
4 de outubro de 2012
A Pataca Naranxa solidarízase cos seus soci@s desempregados
Segundo o acordo alcanzado na asemblea realizada o 7 de setembro, A Pataca Naranxa cargará as cotas dos seus soci@s a partir do luns 8 de outubro. A peña eximirá do devandito abono aos soci@s desempregados, solidarizándose coa súa situación, sempre que o xustifiquen debidamente ante a Xunta Directiva con anterioridade á data de emisión dos recibos.
5 de outubro de 2012
Duelo de imbatibilidades entre o Diamante e o Burela FS
Vista Alegre acollerá este sábado un emocionante duelo de imbatibilidades na Primeira División Feminina, entre o Diamante Logroño e Burela FS Pescados Rubén. O cadro mariñán medirase a partir das 18.30 horas ao líder da clasificación (9 puntos), que chega á comarca en plenitude de condicións físicas, aínda que co pesar anímico da recente perda de Bárbara Blanco, xogadora vinculada á entidade rioxana que faleceu a semana pasada
5 de outubro de 2012
Un mal inicio laranxa propicia a Vitoria do Umacón Zaragoza
O Burela Pescados Rubén hipotecou as opcións de estrear a súa marcadora de puntos na máxima categoría tras unha posta en escena desafortunada. Por contra, o Umacón Zaragoza saltou á pista moi enchufado e con gran acerto na definición. Aos cinco minutos de xogo os maños vencían por un claro 3-0. O duro golpe recibido minou a ilusión laranxa durante uns instantes, pero os pupilos de Julio Delgado lograron reaccionar e comezaron a crea
6 de outubro de 2012
Terceira vitoria consecutiva e acceso ao liderado
O Burela Pescados Rubén enlaza a súa terceira vitoria consecutiva ao imporse ao Diamante Rioxa por 1-0. Con este resultado, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro sitúase no grupo que encabeza a clasificación da Primeira División. Orvina, Alcorcón e Atlético de Madrid comparten co equipo mariñán o liderado.
A escuadra burelense superou a un Diamante Rioxa que demostrou que o seu bo inicio ligueiro non é casualidade. As rioxanas mostráronse como un equipo sólido, competitivo e perigoso en ataque, aínda que o seu potencial ofensivo foi minimizado pola presión e o rigor defensivo local. Desde o asubío inicial a intensidade foi máxima en ambos os contendentes, sendo o equilibrio a tónica nun primeiro período con escasas ocasións. Ao descanso chegouse co
6 de outubro de 2012
O Burela FS B sucumbe ante o líder (6-1)
“Os erros puntuais condicionaron o encontro e fixeron que o equipo se viñera abaixo co paso dos minutos” dixo o técnico mariñán, Lucas.
O Burela FS Pescados Rubén B sucumbiu o sábado ante o líder, O Esteo-As Pontes FS, por 6-1, excesivo castigo para os de Iván Cao ‘Lucas’, que xeraron múltiples ocasións na primeira parte. “Os erros puntuais condicionaron o encontro e fixeron que o equipo se viñera abaixo co paso dos minutos” dixo o técnico mariñán. O experimentado rival dos laranxas xa marcou distancias no minuto 4 e ampliou a 2-0 no 11. No entanto, o Burela FS s
8 de outubro de 2012
Pisando forte
Os cadros xuvenís abriron a tempada demostrando que poden dar moito que falar en 2012-13, con vitorias do derbi mariñán fronte ao Cidade de Viveiro (5-2), na Liga Nacional, e sobre o Sarria Peña Españolista (6-0), na Autonómica.
As grandes promesas do futuro laranxa entraron pisando forte. Os cadros xuvenís abriron a tempada demostrando que poden dar moito que falar en 2012-13, con vitorias do derbi mariñán fronte ao Cidade de Viveiro (5-2), na Liga Nacional, e sobre o Sarria Peña Españolista (6-0), na Autonómica. Ambas as dúas escuadras deixaron ver a súa clara superioridade ante os rivais, a pesar da falta de rodaxe. “A mellor lectura que se pode extra
8 de outubro de 2012
Táboas no debut do Ribadeo FS (4-4) ante o FC Meigas
As mariñás tiveron que conformarse co empate, 4-4, despois de marcar o ritmo do encontro en todo momento.
O infortunio nos minutos finais privou o equipo ribadense dunha merecida vitoria sobre o conxunto de Ames, FC Meigas, no debut da liga de Autonómca; as mariñás tiveron que conformarse co empate, 4-4, despois de marcar o ritmo do encontro en todo momento. Os dous equipos saíron polo partido cun Ribadeo que presionaba moi arriba e un visitante que só creaba perigo a balón parado. Helena, aos 2 minutos, foi a encargada de materializ
9 de outubro de 2012
Aprende a salvar vidas!
Curso de Primeiros Auxilios, o mércores 10, ás 20.30 horas, na Casa da Xuventude de Burela
A Casa da Xuventude de Burela acollerá mañá, mércores, un curso de Primeiros Auxilios, baixo a organización da SD Burela, AFD Porto de Burela e o CD Burela FS. O facultativo Francisco Javier Couce será o encargado de informar e aconsellar sobre a atención ou coidado inmediato que se debe proporcionar a unha vítima de accidente ou enfermidade repentina, ata que se poida contar cos servizos médicos.
9 de outubro de 2012
Edu pasará polo quirófano o vindeiro luns
“Non podo dicir que estou contento, porque teño que pasar polo quirófano, pero si que estou tranquilo non só porque xa rematou a incerteza e preocupación destes últimos quince días senón porque, entre todas os posibles diagnósticos, esta é unha das lesións de menor gravidade” explicou o meta laranxa
O gardameta do Burela FS Pescados Rubén Eduardo Saavedra pasará polo quirófano o vindeiro luns; o naronés será intervido dunha lesión de menisco polo traumatólogo José Antonio López Rodríguez no Policlínico Lucense SA. Así o decidiu o corpo médico da entidade laranxa onte pola tarde despois de analizar as probas ás que foi sometido o porteiro naronés e de detectar o corno do menisco interno e externo afectados, no seu xeonllo esq
11 de outubro de 2012
A coraxe de Vista Alegre contra a defensa do Soto del Real
As pupilas de Javier Pardeiro porán a proba a coraxe laranxa contra a férrea defensa do Soto del Real, na quinta xornada, o sábado, a partir das 18.30 horas.
O calendario de Primeira coloca no camiño do Burela FS Pescados Rubén, por segunda semana consecutiva, un reto de fortaleza física. As pupilas de Javier Pardeiro porán a proba a coraxe laranxa contra a férrea defensa do Soto del Real, na quinta xornada, o sábado, a partir das 18.30 horas. Vista Alegre asistirá a un novo duelo trepidante, fronte a “un rival moi defensivo, coma o Logroño, aínda que coas ideas máis claras, con máis e
11 de outubro de 2012
Axenda semanal das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil O Esteo-Burela FS Domingo 14 de outubro, ás 12.30 horas, no pavillón municipal das Pontes de García Rodríguez Liga Autonómica Xuvenil O Parrulo-Burela FS Sábado 13 de outubro, ás 16.15 horas, no pavillón da Malata de Ferrol Amigable EDMondoñedo Cadete-Bur
11 de outubro de 2012
A falta de contundencia condena ao Burela FS B (8-5) ante o Ribeira de Piquín
Non foi suficiente o dominio dos de Iván Cao ‘Lucas’ ante a contundencia amosada polo Ribeira de Piquín. Dominou o equipo laranxa durante boa parte do encontro pero os locais transformaron con certa facilidade, mentres os burelaos sufrían na finalización, o que provocou unha diferenza de 8-2 no minuto 37. A falta de  cinco minutos para o final, o Burela FS Pescados Rubén B intentouno con xogo de cinco e recortou a distancia n
12 de outubro de 2012
Cuarta vitoria consecutiva do Burela FS Feminino, que conserva o liderado
O equipo mariñán impúxose desde o principio cun dominio case absoluto. Aos seis minutos de xogo xa tomaba a dianteira grazas a un tanto de Dani, logo de aproveitar unha presión de Dolo na saída do balón. Sen tempo para dixerir o primeiro tanto por parte do combinado visitante, Dani volvería facer o segundo aproveitando un pase longo de Peque. As xogadoras madrileñas apenas inquietaban o marco de Jozi, malia que fixeron un tanto aos doce m
13 de outubro de 2012
Juanma será intervido da súa hernia discal
O capitán do Burela FS Pescados Rubén, Juanma Marrube, será intervido na Coruña o mércores para previr a posible recaída da hernia discal que sofre dende o mes de setembro. O neurocirurxián Manuel García Fantini será o responsable da operación do xogador no hospital Modelo, para ser sometido a cirurxía venres. Despois de realizar diferentes probas e recibir opinión de varios especialistas, Juanma, apoiado polo CD Burela
15 de outubro de 2012
Dobre acerto para os xuvenís
A segunda xornada deixou dobre acerto nas visitas do Burela FS Pescados Rubén tanto na Liga Nacional coma na Autonómica, con 0-2 para os primeiros sobre O Esteo FS e 3-4 para os segundos na temida pista do Parrulo. En Nacional, os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ demostraron un dominio total e absoluto do encontro; os erros na finalización dos laranxas e as aparicións oportunas do meta do Esteo evitaron que a vantaxe fose máis avultada
15 de outubro de 2012
Ribadeo FSF 3-7 O Montiño Concello de Mos
O actual subcampión de Autonómica, O Montiño Concello de Mos, deixou bo sinal de que tamén esta tempada pretende aspirar ao título de campión, impóndose a domicilio ao Ribadeo FSF (3-7). As pontevedresas, que deberían xogar como locais nesta xornada, solicitaron o cambio de pista a última hora por coincidencias cos partidos da Copa Galicia, na que tamén participa o equipo de Mos. Pouco tempo necesitaron as visitantes para demostr
16 de outubro de 2012
Melilla FS, rival dos laranxas na Copa do Rei
O Melilla FS, da Segunda División, será o rival dos laranxas na segunda eliminatoria da III Copa do Rei. Así o decidiu o sorteo de emparellamentos realizado esta mañá na Cidade do Fútbol da RFEF. A fase, a partido único, resolverase entre o martes 27 e o mércores 28 de novembro. Así quedaron as eliminatorias, co factor cancha asignado ao rival de menor categoría ou menor puntuación a pasada tempada:
16 de outubro de 2012
Castropol reunirá o Burela FS e o Azkar durante o parón ligueiro (sábado 27)
O I Torneo Triangular de Castropol reunirá o Burela FS Pescados Rubén e o Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Barres, a partir das 19.00 horas. Tamén participará o conxunto anfitrión, CD Marino de As Figueiras, que compite categoría provincial. Catro días despois da devandita cita, os mariñáns volverán á pista para dispu
17 de outubro de 2012
O cadete laranxa sae á palestra na casa do Club San Amaro
O Burela FS cadete sae á palestra competitiva de Autonómica 2012-13 o próximo domingo. O conxunto de Christian Fustes inagurará a tempada na casa do Club San Amaro, na Coruña, ás 11.00 horas. Os laranxas serán os únicos representantes mariñáns na categoría, coa participación de Azkar Lugo e Concello de Guitiriz (Lugo); Cidade de Narón, Hércules A Coruña FS A, Maren-O Parrulo Ferrol e Colegio Liceo (A Coruña); O Carballiño FS e CD
18 de outubro de 2012
Xa está dispoñible o número da sorte laranxa: 61.691
O número da sorte do Burela FS Pescados Rubén para o Nadal xa está dispoñible por toda a vila: 61.691. As persoas interesadas poden adquirir as súas papeletas no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos encontros laranxas, na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou nos establecementos colaboradores Cafetería Vista Alegre, Hotel Nordés, O Poeta, Palacio de Cristal, Hotel Galatea e Parrillada de Ja
18 de outubro de 2012
Vista Alegre xa respira emoción a derbi (Burela FS B-Cidade de Viveiro, sábado, 18.30)
Vista Alegre xa respira a emoción típica dos derbis. O Burela FS Pescados Rubén B estrearase nos duelos mariñáns da Terceira División este sábado, ás 18.30 horas, coa visita do Cidade de Viveiro. Ambos os equipos chegan á cita cunha traxectoria idéntica: empatados a puntos (6) e con ansias de volver á senda da vitoria, despois de encadear as tres últimas xornadas con resultados desfavorables. “Vai ser un encontro moi igualado, así
18 de outubro de 2012
O espírito laranxa a través das ondas de Radio Marca
As ondas de Radio Marca propagaron onte a maxia do espírito laranxa na emisión nacional do seu programa Intermedio, dirixido e presentado polo director da canle, Paco García Caridad. O director xeral do CD Burela FS Pescados Rubén, José Luis Sáez Castro, compartiu micrófono co seu homólogo no Santiago Futsal, Miguel Fernández, e co adestrador do Azkar Lugo, Diego Ríos, para falar da realidade da Primeira
19 de outubro de 2012
A clínica Virxe da Mariña avalía a evolución de Edu
O meta e co-capitán do Burela FS Pescados Rubén, Edu, realizou onte na clínica Virxe da Mariña a súa primeira revisión, con excelentes noticias, tras a intervención de menisco á que foi sometido o luns pasado no Policlínico Lucense  SA. Despois de que a cirurxía descubrira unha lesión menor da esperada, tan só no corno do menisco interno, os primeiros exames revelaron ademais unha recuperación óptima do porteiro tanto en flexión coma en e
19 de outubro de 2012
Duelo galego de contrastes, Viaxes Amarelle FSF-Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén ultima os detalles para un novo duelo galego. O pavillón coruñés da Sagrada Familia (18.00 horas) acollerá o encontro ante o novel Viaxes Amarelle FSF, un derbi de contrastes, entre o farol vermello das locais e o coliderado das laranxas. A dinámica positiva das mariñás, con catro triunfos consecutivos, bate coa cuadrícula baleira das herculinas, despois estrearse na Primeira División cu
19 de outubro de 2012
Cómodo triunfo do Burela no derbi galego
O Burela Pescados Rubén cumpriu co guión esperado e venceu comodamente no inédito derbi galego, na máxima categoría, ante o Viaxes Amarelle por 1-5. Resultado que plasma o excelente inicio burelao. Empate inicial e cinco vitorias consecutivas que as manteñen no liderado da Primeira División.
O conxunto dirixido por Javier Pardeiro non atopou excesivos problemas para lograr a vitoria ante un rival que apostou por unha estratexia arriscada. O equipo herculino alternou en ocasións o xogo de cinco, primeiro intento no minuto seis de partido, co xogo posicional. Os réditos da súa ousadía foron nulos e o Burela mantivo a temperanza precisa para golpear as herculinas. Lidia Mesías foi a primeira en asumir o papel de ariete
20 de outubro de 2012
O Burela FS B levanta un 0-2 en contra e volve á boa senda no desafío mariñán
O Burela FS Pescados Rubén B volveu esta fin de semana á boa senda no seu primeiro desafío mariñán de Terceira División, coa visita do Pizzbur Cidade de Viveiro (4-3) a Vista Alegre. O cadro laranxa levantou o 0-2 en contra do primeiro período no que o seu técnico, Iván García ‘Lucas’, cualificou de “intenso derbi no que os rapaces non baixaron os brazos e souberon sufrir ata o final, sendo merecedores do resultado final”. Aínda q
22 de outubro de 2012
Tres de tres para os xuvenís laranxas
O Burela FS Pescados Rubén segue imparable na Liga Nacional Xuvenil. O sábado conseguiu a súa terceira vitoria, tres de tres, na pista do ADFS Bueu por un categórico 2-5. A primeira parte foi para os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’, que recibiron o descanso cunha vantaxe clara de 0-3. Á volta, os locais reduciron distancias ata 2-3, pero reapareceu a visión goleadora dos laranxas para tomar de novo distancias, co 2-4. O definitivo 2-5
22 de outubro de 2012
Haydee permanecerá ingresada ata mañá
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Haydee Agras foi intervida satisfactoriamente esta tarde da súa tendinite rotuliana e permanecerá ingresada ata mañá no Policlínico Lucense SA. A ala-peche laranxa deberá ter a perna inmobilizada durante uns días. A vindeiras semana terá a súa primeira revisión baixo a análise do traumatólogo José Antonio López, responsable da operación. Aínda que é un pouco prematuro para marcar os prazos de
22 de outubro de 2012
Ribadeo FS 2-4 Concello de Guntín
La falta de puntería privó al Ribadeo FS de conseguir algo positivo ante un buen Concello de Guntín (2-4). De nuevo los errores en finalización les negaron a las mariñanas los tres puntos, con muchas más ocasiones que las visitantes. Tres jornadas sin conocer la victoria relegan a las ribadenses al antepenúltimo puesto, con tan sólo 1 punto cosechado ante el FC Meigas, en el estreno de temporada.
23 de outubro de 2012
O Espírito es Ti! Contaxia a un Amigo/a!
O CD Burela FS Pescados Rubén premiará a fidelidade e o espírito dos seus socios. Baixo o lema ‘O Espírito es Ti! Contaxia a un Amigo/a!”, a entidade laranxa entregará invitacións para os Días do Club a todos aqueles abonados que fagan un socio amigo entre hoxe e o 23 de novembro. Os Días do Club programados dende o CD Burela FS para a Primeira División LNFS serán o 24 de novembro (Inter Movistar), 2 de marzo (FC
23 de outubro de 2012
Caras novas nos adestramentos masculinos
O Burela FS Pescados Rubén terá dúas caras novas nos seus adestramentos durante as dúas próximas semanas, o novísimo ala Diego Suárez, procedente do Avilés Sport, e o determinante ala-pivote brasileiro Cesinha, que chega da Superliga Rusa. Diego Suárez Pazos, de 22 anos, xa tivo a oportunidade de coñecer hoxe o traballo do cadro laranxa. O ala zurdo, que destaca pola súa habilidade e desbordo, de
23 de outubro de 2012
Os pronistas, no punto de mira da base burelista
O Azkar Lugo, sen dúbida, será o obxectivo laranxa da fin de semana. Xunto ao amigable de Castropol no que se verán as caras os conxuntos da Primeira División, a axenda futbolística do CD Burela FS Pescados Rubén engalánase con outros tres duelos antes os pronistas, en Autonómica Infantil e Cadete e en Nacional Xuvenil. Abrirá o ciclo o conxunto infantil, de Carlos Méndez ‘Madar’, estreando a competición ligueira o sábado, ás 16.0
25 de outubro de 2012
O Burela B, con desconfianza na casa do Bueu
O Burela FS Pescados Rubén B visita o sábado o ADFS Bueu, rival que vén de empatar na casa do líder, O Esteo (2-2), facéndolle perder os seus primeiros puntos. A sétima xornada de Terceira División arrincará no municipal da localidade pontevedresa, ás 16.45 horas. “Non podemos confiarnos. Co Esteo foi capaz de dar a sorpresa a domicilio e na súa pista será aínda máis difícil” advertiu o laranxa Diego Blanco Jorge, máis coñecido como ‘Keko’.
25 de outubro de 2012
Vista Alegre defende o liderato ante o Móstoles
O Burela Pescados Rubén defende o liderado ante o histórico Móstoles FSF, actual campión de Copa e subcampión da Supercopa, o sábado día 27 a partir das 18:30 horas. Vista Alegre acolle un duelo entre galegas e madrileñas que xa é un clásico da Primeira División.
A pesar dun arranque ligueiro discreto, undécimo con catro puntos, o Móstoles ten un potencial que lle permite ser acredor dos tres puntos en calquera pista. Non será unha tarefa sinxela para o conxunto dirixido por Javier Pardeiro que espera a un rival “en franca progresión. Non se pode cuestionar que o Móstoles volverá estar no cume de Primeira; o seu quinteto de luxo con Belén, Patri Chamorro, Eva Manguán, María Otero e Inma, así o ratifica” a
26 de outubro de 2012
Derbi galego en terras asturianas
O primeiro Torneo Triangular de Castropol reunirá ao Burela Pescados Rubén e Azkar Lugo durante o parón ligueiro de Primeira División. Será o sábado 27 de outubro, no polideportivo da localidade asturiana de Varres, a partir das 19.00 horas. Tamén participará o conxunto anfitrión, CD Marino de Figueras, que compite en categoría provincial.
O conxunto burelense afronta este triangular minguado de efectivos, ás consabidas baixas de Edu e Juanma, recentemente operados, para este evento Xullo Delgado tampouco contará con Christian, Iago Míguez e Hugo que continúan co seu proceso de recuperación das súas respectivas lesións. Tampouco poderá tirar de canteira xa que o conxunto de Terceira División, dirixido por Iván Cao, tamén está limitado de xogadores debido a diversos contratempos e t
26 de outubro de 2012
Vitoria contundente ante Móstoles (10-3) para manter o liderado
O Burela FSF Pescados Rubén traballou en Vista Alegre unha folgada vitoria por 10 a 3 ante un Móstoles que intentou arriscar co xogo de cinco pero que nada puido facer para evitar o caudal ofensivo burelao. Lucía adiantaba ao equipo laranxa aos tres minutos de xogo, á saída dunha falta ao bordo da área tras pisar o balón peque. Pouco despois a mesma protagonista facía o 2-0 en remate ao segundo pau a centro preciso de Dany. Sen tempo para a re
28 de outubro de 2012
O Burela FS B gaña ante o Bueu (4-5) no último suspiro
O equipo burelao venceu na complicada visita ao Bueu malia iniciar o partido con numerosos erros. O porteiro laranxa Erik fixo un encontro brillante detendo boa parte das ocasións xeneradas polos locais nos minutos iniciais. A primeira parte rematou con empate a dous no electrónico gracias á gran efectividade mostrada polos xogadores que adestra Iván Cao ‘Lucas’, con goles de Carlitos e Bruno para o Burela FS B. Logo da reanudació
29 de outubro de 2012
Cadete 12-13
Ao Burela Xuvenil sobráronlle 20 segundos
O Burela FS Xuvenil cedeu a súa imbatibilidade (4-5) onte no gran duelo ante o Azkar Lugo, na Liga Nacional. Os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ amosaron unha excelente actitude defensiva, complementada con boas ocasións en ataque, aínda que lles sobraron 20 segundos para agarrarse, polo menos, ao empate.   Erik, Fabio, Carlos, Hélder e Ángel compuxeron o quinteto inicial dos burelistas, co apoio de Aitor, Miguel, Pancho, Al
29 de outubro de 2012
O Burela FS imponse sobre o Azkar no triangular de Castropol
Esta fin de semana, o Burela FS Pescados Rubén impúxose sobre o Azkar Lugo e CD Marino das Figueiras e proclamouse campión do Torneo Triangular de Castropol. Tras o emocionante empate cos transportistas (2-2), o título decantouse do lado laranxa pola maior diferenza de goles na vitoria ante o conxunto anfitrión, con 0-2 para os da cidade amurallada, no primeiro partido, e 0-4 para os mariñáns, no segundo.  Na primeira loita
29 de outubro de 2012
Cidade das Burgas 3-2 Ribadeo FSF
Unha vez máis os postes privaron o Ribadeo FSF de traer os tres puntos do encontro correspondente á 4ª xornada da Liga Galega Feminina, disputado o sábado nos Remedios de Ourense ante o filial do Cidade das Burgas (3-2). Toñi aos tres minutos e medio adiantou as mariñás no marcador dun tiro desde os 15 metros que sorprendeu a porteira local, Antía. Co 0-1 a favor, as de Martínez sufriron en exceso as decisións arbitrais. Ata de t
30 de outubro de 2012
O Burela FS ultima o pase a semifinais da Copa
O Burela FS ultima a preparación para pelexar polo pase a semifinais da XXII Copa Galicia. A fase de cuartos decidirase para os laranxas mañá, nunha eliminatoria a partido único, ante o Noia FS, da Segunda División B; o municipal da localidade coruñesa acollerá o encontro ás 20.45 horas. O vestiario do Julio Delgado contará coas numerosas ausencias que xa tivo que afrontar no Torneo Triangular de Castropol, no que
30 de outubro de 2012
O Ximnasio Breogán e o CD Burela FS renovan o seu acordo de colaboración
O Ximnasio Breogán e o CD Burela FS Pescados Rubén renovaron o seu acordo de colaboración para a presente tempada. O directivo laranxa Antonio Ródenas visitou a semana pasada as devanditas instalacións para formalizar a continuación do convenio co seu xerente, Alberto Prado, e agradecer o apoio que o local lle vén prestando á entidade burelista dende hai máis dun quinquenio. O Ximnasio Breogán (Álvaro Cunqueiro, número 1, Burela)
31 de outubro de 2012
Dueto xuvenil con compromiso santiagués
O Santiago Futsal acaparará os compromisos oficiais laranxas na categoría xuvenil esta semana. Ambos os dous conxuntos, de Nacional e Autonómica, desprazaranse á capital galega o domingo. Os infantís terán moito traballo nesta ponte. Mañá recuperarán a primeira xornada, visitando Os Meigallos de Sarria, e o sábado volverán viaxar para disputar a terceira cita do calendario de Autonómica en Verín. Os amigables completa
31 de outubro de 2012
O Burela FS festexa o Samaín xunto aos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña
O CD Burela FS Pescados Rubén festexou hoxe o tradicional Samaín na compaña dos usuarios da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. O director deportivo da entidade laranxa, Marcelo Santoro, e os xogadores Lucía Nespereira e Iago Míguez visitaron os centros de rehabilitación psicosocial e laboral do colectivo, en Burela e Ribadeo, para gozar dun día máxico cos seus integrantes, repleto de diversión terrorífica e de multitude de activi
31 de outubro de 2012
49 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores