Noticias
Arquivo de Outubro 2013
Infantil 2013-14
Arrancan Nacional Xuvenil e Autonómica para as xoias laranxas
As xoias do Burela FS Pescados Rubén estrearanse esta fin de semana en tres das competicións que lles depararán moitas ledicias no curso 2013-14. A Liga Nacional Xuvenil arrancará na casa, en Vista Alegre, o domingo coa visita do Noia FS (12.30 horas), mentres que Autonómica Cadete e Infantil o farán lonxe, o sábado; os primeiros desprazaranse á pista do Hércules Coruñ
1 de outubro de 2013
O Ximnasio Breogán reafirma o seu compromiso co CD Burela FS
O Ximnasio Breogán vén de reafirmar o compromiso que mantén co CD Burela FS Pescados Rubén dende hai case unha década. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, desprazouse onte ata o centro deportivo da localidade burelá para formalizar a renovación do convenio co seu xerente, Alberto Prado, e agradecer unha tempada máis “a valiosa axuda que supón para os nosos deportistas poder gozar dunhas instalacións de calidade nas que reforzar o tra
2 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Burela FS, preparado para deleitarse coa primeira festa do fútbol sala galego
O Burela FS Pescados Rubén conta as horas para o gran derbi. Hoxe pola mañá, o equipo de Juanlu deu por concluída a preparación para gozar da primeira festa do fútbol sala galego que vivirá esta tempada na máxima categoría. O Azkar Lugo FS saltará á pista cos mariñáns mañá, ás 21.00 horas (Municipal de Deportes). As forzas estarán moi igualadas nunha cita repleta de emoción, ganas e ilusión. “Será un partido con
3 de outubro de 2013
Presentación do Burela FS B na bomboneira (sábado 5, 16.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B 2013-14 presentarase na bomboneira este sábado, coa visita do Troula FS Betanzos. A segunda xornada de Terceira División arrancará ás 16.00 horas, como antesala da cita de Primera RFEF, co derbi entre o Burela FS e o Cidade das Burgas (18.30 horas). O cadro de Iván Cao ‘Lucas’ medirase a outros dos favoritos, un equipo que debuta na categoría con forza. “O Troula FS te
4 de outubro de 2013
Alevín 2013-14
AD Santiago de Foz, convidado da ED Burela FS este sábado
A locomotora do futuro burelista continúa rodando con compromisos amigables, á espera do inicio da competición de Deporte Escolar. Vista Alegre recibe este sábado como convidado o AD Santiago de Foz, que se medirá á familia laranxa nas categorías alevín e benxamín. A axenda de base desta fin de semana complétase co inicio de Liga Nacional Xuvenil, o domingo na casa, e Autonómica Cadete e Autonómica Infantil, o sábado a domicilio.
4 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Duelo galego en Vista Alegre
A familia laranxa está de festexo, de festexo galego. Tras o emocionantísimo derbi desta noite, Akzar Lugo FS-Burela FS Pescados Rubén (Primeira LNFS), Vista Alegre lucirá as súas mellores galas mañá para celebrar o primeiro dos cinco duelos do fútbol sala irmandiño que terá o privilexio de acoller en  Primeira RFEF 2013-14. A escuadra de Quico Otero recibirá o Cidade das Burgas, ás 18.30 horas, na terceira xornada.
4 de outubro de 2013
Fotografia: pronelugoad.com
Táboas no derbi galego
Táboas no derbi galego disputado no pavillón municipal de Lugo onde o Azkar Lugo e o Burela Pescados Rubén empataron a tres nun intenso partido. Como era de esperar, o derbi tivo todos os ingredientes propios destes envites.
Durante o primeiro periodo os transportistas manexaron mellor o ritmo do partido pese ao bo inicio laranxa que se viu truncado co tanto de Chano. O 1-0 afianzou a confianza do cadro local mentres que o Burela non lograba atopar a súa mellor versión aínda que dispuxo de oportunidades para empatar. Ao descanso chegouse co 1-0 e na continuación os de Juanlu comezaron a dominar con maior claridade. Christian asinou o empate pero acto seguido o Azkar
5 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Derbi galego de cor laranxa
O Burela Pescados Rubén vence no derbi galego por 4-2 ao Cidade As Burgas nun encontro que as burelesas romperon no inicio do segundo periodo.
O derbi comezou cun zarpazo do Burela Pescados Rubén no primeiro minuto, Maite marcou o 1-0 de potente disparo ante o que Ana pouco puido facer. A intensidade en ambas escuadras impoñíase ao xogo combinativo e desa situación sacou proveito Figo para lograr o empate ourensán. O choque transcorría sen grandes ocasións de gol e aventurábase a igualada ao descanso ata que apareceu Peque, a 17 segundos da bocina, logrando o 2-1 co que se chegou ao int
5 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Derrota do Burela Pescados Rubén B por 1-3 ante o Troula Betanzos
O Burela Pescados Rubén B caeu derrotado por 1-3 en Vista Alegre ante o Troula Betanzos, na segunda xornada da Terceira División. O conxunto dirixido por Lucas iniciou o duelo enchufado pero o tanto de estratexia de Óscar, minuto 4, cortou bo arranque burelense. O 0-1 reforzou a idea orixinal do Troula que se dedicou a esperar e buscar o contragolpe ante un Burela B que dominou pero non foi capaz de igualar ao descanso. Na contin
7 de outubro de 2013
Debut vitorioso en Nacional Xuvenil e Autonómica Cadete
As xoias laranxas debutaron nas competicións 2013-14 con 2 vitorias, en Nacional Xuvenil e Autonómica Cadete. Con resultado 4-1 impuxéronse os xuvenís na casa ante o Noia FS. Os cadetes tamén se fixeron cos tres puntos na Coruña, cun rifadísimo 2-3 ante o Hércules Futsaco. Os intantís, pola súa banda, sucumbiron no seu desprazamento a Lugo, fronte ao ADC Lumieira (4-1). Entre os máis pequenos, na visita do AD Santiago
9 de outubro de 2013
A Asociación Piel de Mariposa recibe a Fila 0 do Burela FS-ElPozo Murcia
O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, recibiu onte a dous dos representantes da Asociación Piel de Mariposa (DEBRA España) na Mariña. O dirixente laranxa fixo entrega a Quico Muñoz e Sofía Méndez da Fila 0 habilitada en Vista Alegre o pasado 28 de setembro, co Burela FS-ElPozo Murcia, por valor de 500 euros, ademais das huchas solidarias con achegas de afeccionados. Esta é a primeira iniciativa na incipiente
9 de outubro de 2013
Fonte: A Caixa Escura
O Burela FS B repite en Vista Alegre
O Burela FS Pescados Rubén B repetirá en Vista Alegre esta semana. Na busca da primeira vitoria da tempada, os laranxas recibirán na terceira xornada o novel A Estrada FS (16.00 horas), o sábado antes do encontro de Primeira LNFS entre o conxunto de Juanlu e o H. Llevant Manacor (18.30 horas). Cun empate e unha derrota na retina, o cadro mariñán medirase a un dos catro equipos de Terceira División que aínda non puntuou. A Estrada
10 de outubro de 2013
Animada mañá do sábado, en Autonómica Cadete e Infantil con derbi ante Azkar
A base burelista vivirá unha animada mañá do sábado con dobre emoción de derbi, en Autonómica Cadete e Infantil, que recibirán o Azkar Lugo na segunda xornada, ás 12.00 e 13.30 horas respectivamente (Vista Alegre). Xa na xornada dominical, en Liga Nacional, o conxunto xuvenil desprazarase á pista do Esteo FS (12.00 horas), tamén na segunda cita da tempada.  Pola tarde, Lourenzá será o escenario dos amigables laranxas, con cat
11 de outubro de 2013
Obxectivo: Primeira vitoria na casa
A quinta xornada de Primeira División chega a Vista Alegre co firme obxectivo de sumar os tres primeiros puntos na casa para o Burela FS Pescados Rubén. A escuadra laranxa recibirá o H. Llevant Manacor mañá ás 18.30 horas. “Temos a necesidade de gañar” asegura o adestrador, Juanlu. “Disputamos dous partidos moi difíciles na casa pero a realidade é que aínda non sumamos e con esa ilusión, a de gañar, pensamos no partido de mañá
11 de outubro de 2013
Foto: El Progreso
O dobrete das campioas, galardoado nos Premios El Progreso ao Deporte Lucense
O histórico dobrete do campión laranxa foi recoñecido polos lectores do xornal El Progreso de Lugo, como o gañador da categoría de Fútbol Sala. O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, recolleu o galardón na gala que acolleu onte o auditorio Gustavo Freire de Lugo, coa emisión de Telelugo. A entidade burelista tamén estivo representada polo vicepresidente, José Luis Sáez, e o directivo Auditor Rodríguez, xunto ao fundador de Pe
11 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Desafío ao parapeto alacantino
O Burela FS Pescados Rubén plantarase mañá no parapeto alacantino, fronte a un dos rivais máis reforzados e nunha pista moi complicada, convencido de continuar coa senda dos bos resultados. O encontro da cuarta xornada de Primeira División RFEF comezará ás 19.00 horas, no pavillón da Universidade. “Foi unha semana delicada. Tivemos que afrontar o programa de adestramentos con Patri e Claudia carrexando certas mol
11 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Espectacular remontada no primeiro triunfo de Vista Alegre
Vista Alegre viviu esta tarde a primeira gran festa de Primeira LNFS. O Burela FS Pescados Rubén conseguiu o seu primeiro triunfo na casa, nun partido frenético, cunha espectacular remontada dos laranxas na segunda parte e unha recta final de vertixe, con perigo en ambas as porterías. Aínda que o Burela FS comezou con máis forza e perigo sobre a meta rival, o Manacor soubo presionar e aproveitar as súas ocasións. Os visitantes
12 de outubro de 2013
Importantísima vitoria das laranxas (2-5)
As xogadoras laranxas conseguiron hoxe tres importantísimos puntos nunha das pistas máis complicadas de Primeira RFEF e fronte a un dos equipos máis reforzados da tempada, UA Alicante (2-5). Con esta vitoria o Burela FS Pescados Rubén suma 10 puntos e ocupa o cume da clasificación, empatado co Atlético de Madrid Navalcarnero, que venceu ao Soto do Real (2-6). O cadro mariñán tivo que traballar para adaptarse a unha pista lenta na
12 de outubro de 2013
A Caixa Escura
Venda anticipada para Burela FS-FC Barcelona (sábado 19, 18.30 horas)
A Mariña prepárase para a visita do campión por excelencia, o FC Barcelona, este sábado, ás 18.30 horas. O CD Burela FS Pescados Rubén xa habilitou a venda anticipada para o segundo Día do Club. As persoas interesadas poderán retirar as súas entradas por adiantado ata o venres na sede do club laranxa (10.00-14.00 // 16.00-19.00). O sábado, en Vista Alegre, estarán dispoñibles dende as 17.30 horas.
14 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Burela FS B 3-2 A Estrada FS
O Burela FS Pescados Rubén B recolleu esta fina de semana os tres primeiros puntos da casa, na terceira xornada de Terceira ante A Estrada FS (3-2). Os pupilos de Lucas lograron chegar ao tempo de descanso cunha renda favorable de 2-1. Despois dos tantos de Keko e Alemán, minutos 7 e 11, o cadro visitante puido reducir distancias no 14, con Pablo Ricardo. No regreso, Antón González volveu poñer terra por medio no min
14 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Un rival apetecible
O Burela FS Pescados Rubén vivirá mañá unha xornada atípica entre semana, coa visita na sexta xornada á pista do Umacón Zaragoza. O pavillón Siglo XXI acollerá a cita ás 21.00 horas. O cadro laranxa afronta o compromiso lonxe da casa moi motivado e co firme propósito de dar continuidade aos tres importantes puntos recollidos a fin de semana, con H. Llevant Manacor (7-6). “A vitoria ante Manacor foi moi importante para liberar ao
15 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Resultados de base
As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén completaron a axenda da fin de semana con tres vitorias, un empate e tres derrotas. En Liga Nacional Xuvenil continúan a súa boa estrea con 1-5 na pista do Esteo FS. Tamén saíron triunfantes dos seus respectivos compromisos, os máis pequenos na visita a Lourenzá, con 1-3 para benxamíns e 2-3 para alevíns; non obstante, infantís e cadetes tiveron máis complicacións, con marcadore
16 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Melilla FS, rival dos laranxas na Copa do Rei
A escuadra laranxa xa coñece o rival de dezaseisavos da Copa do Rei; deberá desprazarse á pista do Melilla FS o 5 ou 6 de novembro. O CD Burela FS Pescados Rubén recibiu este mediodía, sobre as 13.15 horas, a comunicación oficial do sorteo celebrado esta mañá na sede da Real Federación Española de Fútbol. Os burelistas volverán verse as caras co Melilla FS logo de cruzarse nesta mesma eliminatoria en 2012.
16 de outubro de 2013
Foto: Rubén Losada (Fotografiarte)
Umacón Zaragoza 3-1 Burela FS
O Burela FS Pescados Rubén non puido dar continuidade onte á vitoria do sábado ante Manacor. Umacón Zaragoza atragoóuselles aos mariñáns (3-1) nun encontro no que o desaxuste de finalización, sobre todo na segunda parte, lles pasou factura aos de Juanlu. A pesar de adiantarse no marcador, xa no minuto 5, o tanto de Matamoros viuse mitigado rapidamente co empate de Carlos García (minuto 7). A tres minutos para o descanso, Catela d
17 de outubro de 2013
Venancio López, na apertura oficial do Curso 2013-14 de formación de Adestradores
O seleccionador nacional, José Venancio López Ferro, apadriñará a apertura oficial do Curso 2013-14 de Adestradores de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol o vindeiro sábado (19 de outubro), en Burela. O técnico da Vermella estará arroupado polo directivo do Comité de Fútbol Sala da FGF, José Luis Sáez, e o coordinador dos ciclos e director da ED Burela FS Pescados Rubén, Alfonso Mera. O IES Monte Castelo a
17 de outubro de 2013
Burela FS-Santiago Futsal, en Liga Nacional Xuvenil (domingo 20, 11.30 horas)
Esta fin de semana, Vista Alegre tan só poderá gozar cun dos compromisos da base laranxa. En Liga Nacional Xuvenil, os burelistas prepáranse para un emocionante duelo, co Santiago Futsal, o domingo, a partir das 11.30 horas. Autonómica Cadete e Infantil tamén están citados para a xornada dominical en Bueu (17.30 horas) e Sarria (12.00 horas) respectivamente. A ED Meira será a anfitrioa no resto da axenda das categoría
18 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Derbi comarcal en Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B disputará mañá o seu primeiro derbi comarcal, na casa do Superti A Pontenova, ás 16.00 horas. Ambas as escuadras chegan á cuarta xornada de Terceira División moi igualadas: 3 puntos para os locais, con dúas derrotas lonxe da casa (O Carballiño 4-3 e Santiago Futsal 6-1) e unha vitoria (5-2, Pazos de Borbén) e 4 puntos para os laranxas, cun empate (Santiago Futsal 2-2), unha derrota (T
18 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Duelo irmandiño, na defensa do cume
O Burela FS Pescados Rubén defenderá mañá, na quinta xornada, o coliderado de Primeira con duelo galego. O Viaxes Amarelle esperará as laranxas na Sagrada Familia (A Coruña), ás 18.45 horas. Para ambos será xa o terceiro derbi irmandiño da tempada. Fronte ás mariñás, que chegan compartindo a primeira praza co Atlético de Madrid Navalcarnero (10 puntos), o Amarelle sitúase no ecuador clasificatorio con 6 puntos, f
18 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
A Mariña reta o campión
A comarca da Mariña concreta os últimos preparativos para recibir mañá o gran campión de Liga, Copa de España, Copa do Rei e Supercopa. O FC Barcelona saltará á pista da bomboneIra para medirse á ilusión laranxa do CD Burela Pescados Rubén (18.30 horas). O cadro de Juanlu esperará en voandas ao xigante por excelencia do fútbol sala, co apoio dun Vista Alegre entregado e ata a bandeira na súa tentativa de ir conso
18 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
A maxia do Burela FS frea o FC Barcelona (2-2)
O Burela FS Pescados Rubén asinou unha tarde de gloria para a historia do Vista Alegre; o día en que a maxia da familia laranxa freou o campión. A escuadra de Juanlu puido parar o xigante FC Barcelona (2-2), con defensa ordenada na primeira parte e elaboración e valentía na segunda, ante a atenta mirada dun Vista Alegre repleto.  Os mariñáns saíron para dar a cara, moi serios en defensa, pero tamén con ganas de retar o to
19 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Suma e segue: Viaxes Amarelle 1- 4 Burela FS
O Burela FS Pescados Rubén segue sumando. O seu terceiro derbi galego tampouco se lle resistiu; impúxose ao Viaxes Amarelle (1-4) tomando a iniciativa desde o comezo e sen poñer en perigo en ningún momento o marcador. As laranxas fixeron os deberes; agora deben esperar a mañá para saber como queda o liderado, co resultado de mañá entre o Atlético de Madrid, o segundo en discordia, e o Valdetires (12.15 horas).  As pupilas de
19 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Superti 5- Burela FS B
O Burela FS Pescados Rubén B viviu un bonito derbi comarcal na pista do Superti A Pontenova, moi equilibrado, aínda que coa nota amarga do resultado desfavorable (5-3). O gol temperán de Keko, xa no minuto 3, non freou os locais, que igualaron a contenda no 12, a través de Santi, e tomaron a iniciativa un minuto máis tarde, grazas a Marcos (2-1). No entanto, os laranxas non estaban dispostos a deixarse dominar e conseguiron volver
21 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Fin de semana de éxitos para os máis pequenos
Os máis pequenos da familia laranxa viviron unha fin de semana de éxitos, con 5 vitorias nunha axenda de 8 citas. Aos rifados triunfos de Autonómica Cadete e Infantil, que se impuxeron a ADFS Bueu (1-3) e Os Meigallos (6-7) respectivamente, tamén se sumaron os óptimos resultados do Infantil B (2-4), Alevín (1-5) e Prebenxamín (4-9) na visita a Meira. En Liga Nacional, o excelente traballo e disposición dos pupilos de Christian Fus
22 de outubro de 2013
Un padriño de luxo
O IES Monte Castelo de Burela tivo honra de contar cun padriño de luxo o sábado pasado na apertura oficial do Curso 2013-14 de formación de adestradores, da Federación Galega de Fútbol. O seleccionador nacional, José Venancio López Hierro, estivo acompañado polo directivo do Comité de Fútbol Sala da FGF, José Luís Sáez, e o coordinador dos ciclos e director da ED Burela FS Pescados Rubén, Alfonso Mera. Baixo o título ‘Planificaci
22 de outubro de 2013
Marcela non continuará vinculada ás filas laranxas
A ala brasileira Marcela Nascimento Leandro non continuará vinculada ás filas do CD Burela FS Pescados Rubén. Así llo comunicou a comezos desta semana o club laranxa á xogadora que chegou á Mariña en agosto, despois de esgotarse o período inicial de adaptación pactado entre ambas as partes. A entidade laranxa agradece o esforzo e dedicación da deportista por integrarse na dinámica do equipo e lamenta profundamenta que a súa contin
23 de outubro de 2013
Hélder co Burela FS B 2013-14 (A Caixa Escura)
Galicia Sub-19 comeza a súa preparación cos laranxas Hélder e Renato
A Selección Galega Sub-19 comezará a vindeira semana a súa preparación de cara ao Campionato de España con representación laranxa. Os xuvenís Hélder Gonsalves e Renato Lopes participarán na primeira sesión do combinado o luns 28 no pavillón compostelán de Santa Isabel (19.00 horas). Xunto aos xogadores do Burela FS Pescados Rubén, o seleccionador Ramón Francisco Barreiro tamén convocou a Alejandro López e Ángel López, do IES Corux
23 de outubro de 2013
A ala ourensá Cris, reforzo para as burelistas
A ala ourensá Cristina Rodríguez Iglesias, Cris, estivo acompañada onte polo presidente do CD Burela FS Pescados Rubén na súa presentación oficial como xogadora laranxa. O novo reforzo mariñá chega procedente do Ponte Ourense, equipo no que militou nas cinco últimas tempadas. A novísima Cris (Laias-Cenlle, 1990), que xa poderá debutar este sábado ante Vallirana (Vista Alegre, 18.30 horas) si así o estima oportuno Quico Otero, most
24 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Un partido clave na casa dun rival directo
O Burela FS Pescados Rubén enfrontarase a un partido clave mañá no Ciudad de Tudela (20.30 horas), ante un rival directo, un gran rival, o Ríos Renovables Ribera Navarra. A escuadra laranxa, que volverá contar con Hugo tras cumprir a súa sanción, saltará a unha difícil pista con 8 puntos, 1 máis que os locais, no seu propósito por prolongar a boa imaxe ofrecida ante FC Barcelona (2-2) e dar un salto cara á zona alta da táboa. “Pa
24 de outubro de 2013
A ED Vigo 2015 visita Monte Castelo en Autonómica
A base do Burela FS Pescados Rubén protagonizará dobre duelo na casa en Autonómica fronte á ED Vigo 2015 FS. O domingo, os infantís saltarán á pista de Monte Castelo ás 16.15 e os cadetes mediranse ás 18.00 horas. Tamén competirá na xornada dominical o conxunto xuvenil, en Liga Nacional. Desprazarase ata terras pontevedresas para enfrontarse ao ADFS Bueu, ás 11.30 (pavillón Pablo Herbello). O sábado será a quenda para
25 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Igualado duelo provincial
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá este sábado nun duelo provincial moi igualado o Vilalba FS; ambas as escuadras chegan ao envite empatadas a 4 puntos. Vista Alegre acollerá a quinta xornada de Terceira División ás 16.00 horas. Ao compromiso lugués, os pupilos de Lucas chegan co firme obxectivo de sacar os tres puntos. “É un partido que temos que gañar; sen esta vitoria vánsenos os equipos de arriba” aseguraba Lucas.
25 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
As laranxas reciben o pechacancelas en Vista Alegre
O Burela FS Pescados Rubén defenderá mañá o coliderado, en lide co Atlético de Madrid, coa visita do pechacancelas, o novel Associació Esportiva Vallirana. A sexta xornada de Primeira División RFEF arrancará ás 18.30 horas. O Vallirana chega á Mariña como farol vermello con tres puntos, empatado con Valdetires e Lacturale Orvina; precisamente foi fronte ás ferrolás, na terceira xornada, cando se fixo cos tres puntos (3-2). Dende e
25 de outubro de 2013
Fotografía: Prensa Ribera Navarra
Triunfo solvente con remontada
Remontada e vitoria contundente por 2-6 do Burela Pescados Rubén na complicada pista do Ribeira Navarra que vencía por 2-0 aos oito minutos de xogo. Tras un bo inicio dos bureleses, un minuto fatídico obrigou ao conxunto laranxa a remontar os goles de Palmas e Joselito. Tralo tempo morto solicitado por Juanlu, o Burela Pescados Rubén iniciou a remontada comandada por Iago Míguez, autor do 2-1. Os mariñáns comezaron a solventar con maior seguridad
25 de outubro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
Festival de goles
O Burela Pescados Rubén golea con facilidade (7-0) ao AE Vallirana, colista da categoría, e comparte liderado co Atlético de Madrid con 16 puntos.
O encontro confirmou a diferenza entre ambas escuadras. O Vallirana, debutante na categoría, encaixou no primeiro minuto o 1-0, marcado por Peque. O dominio laranxa era indiscutible pero o segundo tanto resistíase, as catalás desperdiciaron unha gran ocasión a porta baleira e acto seguido chegou o 2-0, tamén materializado por Peque. Con este resultado chegouse ao intermedio e na segunda parte, o primeiro minuto liquidou calquera atisbo de sorpres
26 de outubro de 2013
Televisión de Galicia emitirá en directo o Burela FS-Montesinos (sábado 2, 16.15 horas)
Vista Alegre adiantará esta semana o horario habitual do espectáculo laranxa dos sábados para acoller a novena cita de Primeira División LNFS, Burela FS Pescados Rubén-Montesinos Jumilla FS, con emisión en directo de TVG2 (16.15 horas). Os pupilos de Juanlu chegan ao compromiso na oitava praza da clasificación, con 11 puntos, logo da excelente imaxe ofrecida na pista do Ribera Navarra (2-6). A próxima semana, coincidindo coa súa
28 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
As individualidades laranxas gañan os tres puntos
O Burela FS Pescados Rubén B levou o sábado o derbi provincial na visita do Vilalba FS á bomboneira (5-2). Os pupilos de Lucas recorreron á calidade das súas individualidades, sobre o xogo colectivo, para gañarse o dereito e o merecemento de que os tres puntos quedasen na casa. Malia a iniciativa visitante no luminoso, con 0-1, de Miguilla (minuto 11), os bureleses souberon como aproveitar as súas armas para virar as tornas e mar
28 de outubro de 2013
Foto: Infantil B 2013-14
Boas sensacións nas ligas das xoias burelistas
As xoias burelistas pecharon a fin de semana con boas sensacións nas competicións ligueiras. En Nacional Xuvenil, o Burela FS volveu á senda da vitoria na casa do ADFS Bueu (2-3) e en Autonómica o dobre duelo coa ED Vigo 2015 quedou en táboas, con 2-2 para os cadetes e 1-1 para os infantís. Na axenda de amigables fronte á ACD Xove tamén se impuxo o ED Burela FS Infantil (4-6); a sorte non estivo do lado laranxa, no entanto, para C
30 de outubro de 2013
Fin de semana concentrada en Autonómica
A base do CD Burela FS Pescados Rubén tomará a ponte de descanso sobre as pistas para dedicarse de cheo á celebración do Samaín. Tan só se disputarán os encontros de Autonómica, co desprazamento á Malata de Ferrol o domingo. Os cadetes laranxas saltarán á pista ás 10.00 para medirse ao Parrulo; aos infantís tocaralles ás 11.15 horas. O partido de Liga Nacional Xuvenil, correspondente á 5ª xornada, foi aprazado por petición do Azka
30 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS B visita a cancha do líder
O Burela FS Pescados Rubén B disputará o venres, 1 de novembro, a sexta xornada de Terceira División, na cancha do líder, Leis Pontevedra (12.00 horas, municipal de Pontevedra). A escuadra de Lucas chega tras impoñerse 5-2 ao Vilalba FS, na oitava praza (7 puntos). “Vamos dispostos a todo. Sabemos que non será unha tarefa doada. O rival ocupa a primeira praza merecidamente; é un dos mellores cadros da categoría. Tan só o Pazos de
30 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Parrulo e Cidade das Burgas, rivais burelistas en Copa Galicia
A familia laranxa xa coñece os próximos rivais da Copa Galicia; así o decidiu o sorteo realizado esta tarde na sede da Federación Galega de Fútbol sala na Coruña. O Burela FS Pescados Rubén de Juanlu entra na competición en cuartos de final para medirse ao segundo clasificado do Grupo A da previa, O Parrulo FS, de Segunda División; pola súa banda, as pupilas de Quico Otero, despois de quedar campioas do Grupo B, mediranse en semifinais ao Cida
30 de outubro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS recibe o equipo revelación
O Burela FS Pescados Rubén de Juanlu enfróntase este sábado ao equipo revelación de Primeira División, o debutante Montesinos Jumilla FS, na novena xornada. O encontro, emitido en directo por TVG2, comezará ás 16.15 horas, en Vista Alegre. “É unha cita que afrontamos con ilusión. Sempre dixen que o mellor estaba por chegar e cada vez estamos máis preto; neste segundo tramo temos a confianza de su
31 de outubro de 2013
51 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores