Noticias
Arquivo de Outubro 2014
Estrea do Burela FS B en Vista Alegre (sábado 4, 16.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B estrearase mañá en Vista Alegre, na segunda xornada de Terceira División. Os pupilos de Lucas recibirán o experimentado O Carballiño ás 16.00 horas tras a vitoria inaugural en Bueu (2-3). O técnico laranxa non poderá contar con Hélder e Ángel, convocados por Juanlu para o partido de Primeira División LNFS ante o Peñíscola (Vista Alegre, 18.30 horas), nin con Sergio Cora, por lesión. “Vimos
3 de outubro de 2014
Estrea do Burela FS B en Vista Alegre (sábado 4, 16.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B estrearase mañá en Vista Alegre, na segunda xornada de Terceira División. Os pupilos de Lucas recibirán o experimentado O Carballiño ás 16.00 horas tras a vitoria inaugural en Bueu (2-3). O técnico laranxa non poderá contar con Hélder e Ángel, convocados por Juanlu para o partido de Primeira División LNFS ante o Peñíscola (Vista Alegre, 18.30 horas), nin con Sergio Cora, por lesión. “Vimos
3 de outubro de 2014
O Burela FS buscará os primeiros puntos na visita do sorprendente Peñíscola
O Burela FS Pescados Rubén buscará mañá (18.30 horas) os primeiros puntos de liga, na cuarta xornada de Primeira División, coa visita a Vista Alegre de Peñíscola Bodegas Dunviro, que  vén de dar a sorpresa coa vitoria ante o todopoderoso FC Barcelona (3-2). Os mariñáns agardan os castellonenses coa intención de que os tres puntos non saian da Mariña. “Ata o momento tivemos partidos moi co
3 de outubro de 2014
Fotografía: Marián García Mesa
O Burela Pescados Rubén visita a un Móstoles moi renovado
O Burela Pescados Rubén afronta a cuarta xornada da Primeira División con ganas de resarcirse da derrota sufrida en Vista Alegre e conseguir tres valiosos puntos na cancha do Móstoles FSF. O encontro entre madrileñas e galegas dispútase no pabellón Villafontana o sábado día 4, a partir das 18.30 horas.
Ambos conxuntos chegan a este duelo con tres puntos no seu casillero e con aspiracións de escalar na clasificación. O Burela Pescados Rubén espera un partido “de moita igualdade, o Móstoles renovouse e ten unha dinámica diferente á tempada anterior, tamén cambiou o seu corpo técnico. Mantén xogadoras con experiencia e de calidade como Patri Chamorro, Inma e María Otero que sumado ás novas incorporaciones recuperaron o seu espírito competitivo” de
3 de outubro de 2014
O Burela Pescados Rubén recupera sensacións trala vitoria en Móstoles por 2-4
Vitoria a domicilio do Burela Pescados Rubén ante o Móstoles que cedeu os tres puntos ao caer por 2-4 nun choque de clara cor visitante. A escuadra mariñana saíu a polo mando do partido desde o silbido inicial e Maite rendibilizou este dominio marcando aos dous minutos (0-1) de xogo. O Móstoles pasou apuros ante a fluidez ofensiva do Burela Pescados Rubén que únicamente fallou na definición. Co paso dos minutos as mostoleñas entonaronase defensiv
4 de outubro de 2014
Fotografía: Marián García Mesa
Primeira vitoria laranxa ao vencer por 4-3 a un combativo Peñíscola
O Burela Pescados Rubén logrou o seu primeiro triunfo da tempada tras vencer por 4-3 a un Peñíscola Bodegas Dunviro que deixou unha gran imaxe en Vista Alegre. O conxunto burelés estrea o seu casillero de puntos con esta vitoria que lle permite coller máis confianza tras un difícil inicio ligueiro.
O encontro foi de máxima intensidade entre dous equipos que presionaron moi ben ao rival e na primeira parte o aspecto defensivo impúxose ao ofensivo. Aínda que as mellores ocasións foron para os visitantes, con disparo á cruceta incluído de Fran Conde, foi o Burela Pescados Rubén o que golpeou primeiro. No último minuto, dous contragolpes xestionados por Matamoros foron finiquitados por Iago Míguez para irse aos vestuarios con vitoria parcial de
4 de outubro de 2014
Reunións da ED Burela FS 2014-15 con pais/nais de alumnado
O próximo luns 13-10-2014 levaranse a cabo as reunións cos pais/mais dos nen@s que compoñen os equipos da Escola de Fútbol Sala Burela FS. Os horarios das xuntanzas por categorías son os seguintes: LUGAR: AULA DE USOS MÚLTIPLES do IES Monte Castelo. •Ás 20:00h. Categoría Benxamín •Ás 20:20h. Categoría Prebenxamín •Ás 20:40h. Categoría Alevín
7 de outubro de 2014
Martes 14, Mosteiro Bembrive-Burela FS (21.00 h.) na Copa do Rei
O Burela FS Pescados Rubén disputará a segunda eliminatoria da Copa do Rei o vindeiro martes, 14 de outubro, na pista do vigués CD Mosteiro Bembrive FS, de Segunda B, en partido único previsto para as 21.00 horas. O primeiro rival dos laranxas, que rematou a tempada pasada como segundo clasificado, conseguiu o pase a esta rolda tras a vitoria nos penaltis fronte ao campión da categoría en 2013-14, Cidade de Narón (3-3).
8 de outubro de 2014
España-Uruguai, 2008
A Selección Española medirase a Ucraína en Burela para abrir 2015
A Selección Española de Fútbol Sala volverá visitar a costa luguesa e Vista Alegre para abrir 2015, o 5 de xaneiro, medíndose ao combinado de Ucraína, quinto clasificado no ránking UEFA. A localidade mariñá será un dos dous destinos que a Vermella terá en Galicia na apertura do ano; o segundo será Ferrol, o día 6 co festexo dos Reis Magos. As devanditas citas, enmarcadas na preparación para o Preeuropeo 2016 baixo a organización d
8 de outubro de 2014
Horarios da base laranxa para a fin de semana 11-12 de outubro
Esta fin de semana a axenda de base ten compromisos en Terceira División, Honra Xuvenil, Autonómica Cadete e Infantil, ademais de amigable cadete e o Torneo Concello de Ferrol-Concello de Fene para os benxamíns.   DOCUMENTO ADXUNTO
9 de outubro de 2014
Derbi provincial para o ilusionante Burela FS B
A Terceira División depara para o Burela FS Pescados Rubén B derbi provincial a domicilio, coa visita á pista do Valdesuso Peugeot Vilalba FS o sábado, ás 19.00 horas. O cadro de Iván Cao ‘Lucas’ chega ao duelo lugués con ilusión tras puntuar na segunda xornada ante O Carballiño (2-2) con goles de Pancho e Renato. Os catro puntos actuais da cuadrícula laranxa outórganlle ao Burela FS postos de arriba neste tramo
9 de outubro de 2014
A seguir sumando
O Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a quinta xornada de Primeira División no Palau d’Esports de Son Moix fronte ao Palma Futsal (20.30 horas) co obxectivo de encamiñarse na boa senda e seguir sumando tras o primeiro triunfo da escuadra laranxa, a fin de semana pasada fronte ao Peñíscola (4-3). Os baleares recibirán os de Juanlu con ganas de volver puntuar tras os durísimos encontros ante os
9 de outubro de 2014
Fotografía: Ana López Ramos
Vista Alegre engalánase nun novo duelo galego perseguindo os tres puntos
A quinta xornada de Primeira División RFEF volve traer a Vista Alegre derbi galego. O domingo, ás 12.30 horas, as pupilas de Quico Otero perseguirán a súa segunda vitoria consecutiva coa visita do Viaxes Amarelle FSF nunha cita con entrada gratuíta. O 2-4 da semana pasada en Móstoles borrou do horizonte laranxa a amargura do primeiro derbi da bomboneira (Cidade das Burgas, 0-5), cun cadro que está perfeccionando pequenas impurezas. “Pouco a
10 de outubro de 2014
Prensa Palma Futsal
Palma Futsal 6-3 Burela FS
O Burela FS Pescados Rubén non puido materializar a segunda vitoria da tempada esta tarde en Son Moix ante Palma Futsal (6-3). Aínda que os de Juanlu souberon repoñerse ante o 2-0 en contra dos minutos iniciais e reducir distancias antes do descanso, no segundo período perdoaron demasiado ante un acertado Barrón e os locais aproveitaron para ampliar a fenda. Aínda que os mariñáns saíron buscando a presión foi o Palma o primeiro e
10 de outubro de 2014
Foto: Ana López Ramos
Cor laranxa no derbi ante o Viaxes Amarelle (2-1)
Vista Alegre non deixou escapar esta mañá os tres puntos do derbi galego entre Burela FS Pescados Rubén e Viaxes Amarelle FSF, nunha cita de cor laranxa na que as pupilas de Quico Otero mereceron un marcador máis amplo (2-1). O dominio laranxa fíxose patente desde o salto á pista, con asedio constante da área herculina e perigo sobre a meta de Eva. No minuto 3, Gaby fixo tremer os paus coruñeses cun balón que se estrelou coa escu
12 de outubro de 2014
Copa do Rei. Duelo na pista do Mosteiro Bembrive
O Burela FS Pescados Rubén disputa a segunda eliminatoria da Copa do Rei hoxe martes, 14 de outubro, na pista do vigués CD Mosteiro Bembrive FS, de Segunda B, en partido único previsto para as 21.00 horas. O primeiro rival dos laranxas, que rematou a tempada pasada como segundo clasificado, conseguiu o pase a esta rolda tras a vitoria nos penaltis fronte ao campión da categoría en 2013-14, Cidade de Narón (3-3).
O pasado fin de semana o conxunto pontevedrés acadou o triunfo na súa estrea ligueira logo de vencer no feudo do Leis Pontevedra por 3-5. O Burela Pescados Rubén afronta esta eliminatoria coma favorito ante un conxunto de categoría inferior e no que “temos moito que perder e pouco que gañar” indicou Juanlu Alonso que engadiu que” a pesar diso, imos ter a cabeza fría, a nosa competición é a Liga. Nesta competición tamén queremos gañar pero non imo
14 de outubro de 2014
A entidade laranxa, berce formativo do IES Monte Castelo
O CD Burela FS Pescados Rubén cumpre cinco anos como berce de prácticas formativas para o alumnado do ciclo superior de Actividades Físicas e Deportivas do IES Monte Castelo de Burela. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, e o estudante David Niñe Otero, que forma parte da estrutura burelista xa dende o 25 de setembro, recibiron na sede do club ao xefe de Departamento de Educación Física do centro, Roberto Ramallal, co fin de amosar
15 de outubro de 2014
Juanlu: 'O pan noso de cada día é a liga e non podiamos asumir riscos'
O Burela FS Pescados Rubén caeu onte nos dezaseisavos da Copa do Rei ante o CD Mosteiro Bembrive (5-4), de Segunda B, tendo que recorrer á prórroga despois do empate 4-4 no tempo regulamentario. O equipo mariñán non quixo correr riscos para a competición ligueira e acudiu á cita sen Isi e Miguel e con reforzos canteiráns: “O pan noso de cada día é a liga e non podiamos asumir riscos para o sábado. A Copa é unha competición bonita e gustaríanos
15 de outubro de 2014
Alevín 2014-15, no I Torneo Concello de Fene-Concello de Ferrol
Calendario da base laranxa para sábado 18 e domingo 19
Terceira División, Honra Xuvenil, Autonómica Cadete e Infantil, Provincial Feminino ademais de amigables en Begonte completan a axenda da base burelista para o sábado 18 e domingo 19.   DOCUMENTO ADXUNTO
15 de outubro de 2014
Emoción de filiais: Burela FS B-Santiago Futsal B (sábado 18, 16.00 horas)
Vista Alegre prepárase para emoción de filiais en Terceira División, coa visita do Santiago Futsal o sábado 18, ás 16.00 horas. O cadro de Lucas chega ao duelo na quinta praza, con 5 puntos, despois de empatar 1-1 a domicilio co Valdesuso Peugeot Vilalba FS. Pola súa banda, os composteláns recalarán na bomboneira con 4 puntos na súa cuadrícula despois de facerse coa súa primeira vitoria na casa ante o 5Coruña FS (1-0); comezaron a
15 de outubro de 2014
As burelistas visitan a pista do novel Tecuni Bilbo FS
O Burela FS Pescados Rubén visita a pista do novel Tecuni Bilbo FS o sábado (La Casilla, 18.30 horas), na sexta xornada de Primeira División RFEF procurando darlles continuidade aos bos resultados das últimas xornadas e seguir coa escalada na clasificación. “Veremos un equipo que seguramente defenderá de principio moi atrás, coma se nos presentan a maioría dos rivais esta tempada, e que na súa casa será máis agres
16 de outubro de 2014
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS recibe o esixente Magna Navarra
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá en Vista Alegre o experimentado e esixente Magna Navarra; o partido da 6ª xornada de Primeira División LNFS arrincará ás 18.30 horas. Os mariñáns invocarán a fortaleza do santuario laranxa para facerse cos tres puntos. “Aquí estamos dando mellor medida; os xogadores máis novos están tendo moita responsabilidade polas circunstancias e eles renden mellor na casa, algo lóxic
17 de outubro de 2014
Foto: Marián García Mesa
O porteiro xogador arrebátalle a vitoria ao Burela FS (4-4, Magna Navarra)
O Burela FS Pescados Rubén deixou escapar hoxe a vitoria de Vista Alegre nun gran partido que cambiou o rumbo triunfal dos de Juanlu, con 4-0 ao descanso, a partir do minuto 31 coa aposta polo porteiro xogador de Magna Navarra, que conseguiu empatar (4-4) a escasos segundos da bucina final.  Amosáronse serios e efectivos os laranxas ante o esixente Magna Navarra. A pesar de que as primeiras chegadas, sen excesivo perigo, foro
18 de outubro de 2014
O Burela FS imponse na pista bilbaína con goles de Peque, Taina e Paula
O Burela FS Pescados Rubén cumpriu obxectivo e regresará esta noite cos tres puntos de La Casilla tras impoñerse ao novel Tecuni Bilbo FS por 1-3 con goles de Peque, Taina e Paula nun encontro de dominio galego ante a expectativa local. Peque xa inaugurou o marcador no minuto 5 en colaboración con Gaby tras roubo de balón. Ampliou distancias Taina no minuto 16 asistida por Peque. Con 2-0 reiniciouse a cita na segund
18 de outubro de 2014
Resultados de base
Todos os resultados de base da fin de semana.   DOCUMENTO ADXUNTO
21 de outubro de 2014
Inauguración dos Cursos Federativos de Fútbol e Fútbol Sala en Burela
O IES Monte Castelo acolleu onte a inauguración oficial do Curso 2014-15 de formación de adestradores, da Federación Galega de Fútbol. Xunto ao profesor da Escola Galega de Adestradores, Alfonso Mera, abriron o ciclo José Luís Sáez, representando a xunta xestora da FGF, e o director do centro educativo anfitrión, Marcelino Luna. Un total de 23 alumnos recibirán ata finais de maio de 2015 as ensinanzas de adestrador na lo
21 de outubro de 2014
Horarios das promesas burelistas para o sábado 25 e o domingo 26
Todos os horarios da ED Burela FS, Cadetes, Xuvenís e Filiais para esta fin de semana.
23 de outubro de 2014
O Burela FS B viaxa a Lugo na quinta xornada
O Burela FS Pescados Rubén B viaxa a Lugo na quinta xornada de Terceira División para medirse ao CP Casás o sábado, ás 16.00 horas (pavillón municipal de Deportes). Tan só un punto avantaxa a novena praza dos laranxas (5 puntos) dos da capital de provincia, que veñen de conseguir a súa primeira vitoria de liga na casa do 5Coruña FS (1-2), tras dúas derrotas consecutivas (Pazos de Borbén 6-2 e Pizzería A Fuga Xove
23 de outubro de 2014
O conxunto laranxa busca resarcirse en Zaragoza (venres 24, 20.45 horas)
O Burela FS Pescados Rubén disputará mañá a sétima xornada de Primeira División LNFS na pista de DLink Zaragoza (20.45 horas, Siglo XXI) buscando resarcirse do amargo empate de Vista Alegre ante Magna Navarra (4-4). “Viaxamos con ganas de quitarnos esa espiña; fixemos un bo partido pero non soubemos pechalo” reflexionaba Juanlu sobre o último compromiso, incidindo na relevancia de puntuar en terras mañas: “É u
23 de outubro de 2014
Venda anticipada para o Burela FS-ElPozo
Vista Alegre xa se prepara para o próximo Día do Club, o sábado 1 de novembro, coa visita de ElPozo Murcia (18.30 horas). A venda anticipada estará aberta dende o luns 27 de outubro na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00). PREZOS PARA SOCIOS Abono Individual: 5 euros Abono Familiar: 5 euros/entrada
23 de outubro de 2014
A pola cuarta consecutiva
El Burela FS Pescados Rubén peleará este sábado en Vista Alegre por su cuarta victoria consecutiva en la jornada 7 de Primera División RFEF frente a FSF Rioja a partir de las 16.00 horas. “Ha sido unha semana rara; hemos descansado mucho más de lo debido a las circunstancias pero ya estamos preparados para el partido” puntualizaba Quico Otero, tras iniciar la semana con casi toda la plantilla afectada por un virus.
24 de outubro de 2014
Foto: Prensa DLink Zaragoza
Os de Juanlu selan o primeiro triunfo a domicilio en Zaragoza (3-6) con Iago Míguez como revulsivo
O Burela FS Pescados Rubén regresará esta noite de terras mañas con tres importantes puntos para a cuadrícula e a moral laranxa. Os de Juanlu selaron o seu primeiro triunfo a domicilio na pista del DLink Zaragoza (3-6) con Iago Míguez como revulsivo na remontada; con 3-2, o mariñán firmou tres tantos entre os minutos 35 e 38. A escuadra galega viviu unha montaña rusa no Siglo XXI. Saltou a por todas e nunha das primeiras chegadas
24 de outubro de 2014
Autor: Ana López Ramos
Outros tres puntos para a escalada laranxa
O Burela FS Pescados Rubén sumou hoxe a súa cuarta vitoria consecutiva coa visita do FSF Rioja (6-2), que acudiu a Vista Alegre baixo mínimo en efectivos. As pupilas de Quico Otero plantáronse no seu feudo sen deixar nin un respiro. Adiantaron xa, cumpríndose o minuto 1.30 de xoego, con asistencia de Bea Mateos desde a banda que Gaby enganchou para estrelar o esférico contra a rede. En contraataque, as rioxanas aproveitaron unha
25 de outubro de 2014
Prebenxamíns 2014-15 en Xove
Resultados da base laranxa (sábado 25-domingo 26)
DOCUMENTO ADXUNTO
27 de outubro de 2014
A Selección de España convoca a Peque para dous amigables en Hungría
A Selección Española de Fútbol Sala requiriu a presenza da xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén, Patricia González Mota ‘Peque’, para a concentración que realizará na cidade húngara de Gyöngyös entre os días 2 e 6 de novembro con dous amigables ante o combinado anfitrión. A cita servirá de preparatorio  par o Torneo Mundial que se disputará en Costa Rica no mes de decembro.
27 de outubro de 2014
Infantil B 2014-15
Horarios da base laranxa para sábado 1 e domingo 2 de novembro
Todos os partidos das categorías de base para a primeira fin de semana de novembro.
30 de outubro de 2014
Duelo entre castrexos e romanos en Terceira División
Vista Alegre vivirá o sábado duelo entre castrexos e romanos en Terceira División ás 16.00 horas, como preludio do Día do Club en Primeira, coa visita do titánico ElPozo Murcia. O Burela FS Pescados Rubén B de Iván Cao ‘Lucas’ recibirá o Azkar Lugo, rival que ocupa o último chanzo do podio, empatado co segundo clasificado A Estrada FS, con 12 puntos; tan só caeu ante o líder, Pizzería A Fuga Xove FS (6-3), na cuarta xornada. “Vere
30 de outubro de 2014
Foto: Ana López Ramos
Esgotador desprazamento a Roldán
O Burela FS Pescados Rubén partiu esta mañá con rumbo á pista murciana do FSF Roldán, un dos seus desprazamentos máis esgotadores, para disputar a oitava xornada de Primeira División RFEF (sábado 1, municipal Gabriel Pérez, 18.30 horas). Na súa tentativa de continuar coa boa dinámica, o conxunto mariñán saltará á cancha na cuarta praza (15 puntos), a seis puntos do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero. En fronte terá o sétimo c
31 de outubro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
Juanlu: 'Non temos nada perder e si moito que gañar'
O santuario laranxa espera con entusiasmo a visita de ElPozo Murcia (sábado 1, 18.30 horas) na oitava xornada de Primeira División LNFS. A escuadra de Juanlu recibirá o titánico rival logo da sublime vitoria na pista do DLink Zaragoza (3-6). ‘Non temos nada que perder e moito que gañar. Sabemos que é un rival moi difícil, pero mantemos a esperanza de dar a sorpresa, sobre todo na casa’ aseguraba o técnico do CD Burela FS Pescados Rubén.
31 de outubro de 2014
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores