Comeza a Liga Provincial para o filial feminino
O Pescados Rubén Burela FS filial feminino arrincará a Liga Provincial este sábado en Vista Alegre (16.00 horas) coa visita do Pastoricense, como antesala do encontro de Primeira División RFEF coa Rioja FSF (18.30 horas). Esta tempada asumirá a dirección do cadro o viveirense Miguel Ángel Couceiro, Míchel, substituíndo ao burelao Pablo Díaz.
20 de outubro de 2016
Futsal Galego en Vista Alegre (venres 21, 21.00 horas)
O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na terceira xornada, o Santiago Futsal (Vista Alegre, 21.00 horas). A cita será emitida a través de LNFSDirecto
Os laranxas, cun inicio moi esixente, buscarán os seus primeiros puntos na liga co aliciente de duelo galego fronte a un rival que aínda non deixou escapar a vitoria.
Tras o pase
20 de outubro de 2016
Sen confianzas ante o pechacancelas
O Pescados Rubén-Burela FS afronta mañá a sétima xornada en Vista Alegre (18.30 horas) co FSF Rioja, que recala na Mariña como farol vermello de Primeira RFEF, con 1 punto. “O noso obxectivo é seguir sumando e avanzando semana a semana no xogo pero mañá non podemos confiarnos, porque o Rioja é un rival complicado de gañar aínda que non lle están indo ben as cousas neste inicio” advertía o técnico laranxa Lucas, na busca da cuarta vitoria conse
21 de outubro de 2016
Tres primeiros puntos, con derbi frenético ante o Santiago (6-5)
Vista Alegre viviu un Derbi Irmandiño de espectáculo esta tarde nunha traballada vitoria do Pescados Rubén, cos primeiros puntos da tempada, fronte ao Santiago Futsal (6-5). Os de Daniel Ibañes chegaron ao descanso con vantaxe de 3-1 e souberon mitigar as tentativas dos de Compostela nun segundo período de alternancias.
O Santiago Futsal saíu con máis soltura e intentou asestar de inicio, con Palmas, xa no minuto 3, ante un atento Ál
21 de outubro de 2016
Cuarto triunfo consecutivo, con brillo goleador de Dany (7-2)
O Pescados Rubén-Burela FS sumou hoxe o seu cuarto triunfo consecutivo con contundencia fronte ao FSF Rioja (7-2) nunha tarde con brillo goleador de Dany, con catro dianas, completadas por un dobrete de Cilene.
O guión de Vista Alegre comezou con iniciativa visitante no luminoso, cun Pescados Rubén un pouco frío na recta inicial; as de Logroño materializaron a súa primeira grande ocasión (minuto 13) cunha transición rápida finalizada
22 de outubro de 2016
Vista Alegre, na pelexa polas semifinais de Copa Galicia
O Pescados Rubén-Burela FS e o Vista Alegre pelexarán mañá polo pase a semifinais da XXVI Copa Galicia fronte ao Viaxes Amarelle FSF, de Segunda División. A cita, con entrada gratuíta, arrincará ás 21.30 horas.
Ata o momento ambas as escuadras computan unha vitoria, tras senllos enfrontamentos co Ribadeo FSF, as coruñesas por 5-2 e as mariñás por 0-7. “Somos favoritas, pero a Copa Galicia é un obxectivo para nós e o Amarelle vai
25 de outubro de 2016
Número da Sorte Laranxa: 49607
O número da Sorte Laranxa para este Nadal, o 49607, xa está dispoñible. Faite coa túa papeleta na oficina do Pescados Rubén Burela FS (de luns a xoves: 10.00-14.00//16.00-19.00 e venres 10.00-14.00) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos de Primeira División LNFS e RFEF.
26 de outubro de 2016
Aberta a venda anticipada para FC Barcelona
Xa está aberta a venda anticipada para o primeiro Día do Club Laranxa 2016-17. Desde hoxe todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre o venres 4 de novembro, coa visita do FC Barcelona Lassa, ás 21.00 horas.
A venda anticipada estará aberta ata o día do partido, ás 14.00 horas, na sede do Pescados Rubén Burela FS (Horario de atención ao público: d
26 de outubro de 2016