Noticias
Arquivo de Outubro 2017
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados.
3 de outubro de 2017
Animada fin de semana para o Futuro Laranxa
O Futuro Laranxa terá unha animada fin de semana con 13 partidos: División de Honra Xuvenil; Autonómica en Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín; A Marosa Cup 2017 en Prebenxamín 1 e Iniciación; amigables en Bahamonde Cadete B, Infantil B, Alevín B, Benxamín B e Prebenxamín B e en Vista Alegre co Pescados Rubén de Primeira Galicia Feminina co Valdesuso Vilalba FS.   Calendario adxunto &
4 de outubro de 2017
Autos Llano, transporte oficial do Pescados Rubén Burela
O Pescados Rubén Burela FS chegou a un acordo con Autos Llano como transporte oficial da entidade para a tempada 2017-18. Os irmáns Fernando e Alfredo Lozano Díaz, directivos da empresa vilalbesa, visitaron a sede laranxa para formalizar o contrato xunto ao presidente e vicepresidente do club, Manuel Blanco e José Luis Sáez. Autos Llano responsabilizarase dos desprazamentos por toda España da estrutura burelista, tanto dos equipo
5 de outubro de 2017
Martes 10, Copa do Rei en Vista Alegre con Santiago Futsal
O vindeiro martes, 10 de outubro, o Pescados Rubén Burela FS recibirá o Santiago Futsal -na estrea do equipo compostelán na competición-, en dezaseisavos de Copa do Rei, a partir das 20.30 horas.
6 de outubro de 2017
Bisontes Castellón, un novel no podio
O Pescados Rubén Burela FS pelexará mañá en Vista Alegre por encadear a súa terceira vitoria consecutiva na visita do Bisontes Castellón, un recente ascendido cun excelente inicio ligueiro, que chega á Mariña defendendo a segunda praza, con pleno de vitorias. A 4ª xornada de Segunda LNFS comezará ás 19.30 horas; todos os afeccionados que acudan vestidos de laranxa á Bomboneira terán un agasallo sorpresa. “É un equipo acabado de ascen
6 de outubro de 2017
As laranxas defenden a primeira praza en La Estación
Chega a 4ª xornada de Primeira Divisón RFEF co duelo por excelencia. O sábado, o Pescados Rubén Burela FS defenderá a primeira praza na pista do Atlético de Madrid Navalcarnero (La Estación, 18.30 horas). “sempre son partidos moi emocionantes que nos gustan a todas as xogadoras, sobre todo na situación na que estamos. Temos que seguir traballando na mesma liña e intentar defender o liderado”, explicaba Lara Balseiro. “Non estamos máis preoc
6 de outubro de 2017
Terceira vitoria consecutiva e segunda praza
Vista Alegre foi testemuña dun gran partido. O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde a súa terceira vitoria consecutiva coa visita do atrevido e sólido Bisontes Castellón (2-1). Tres puntos que empuxan os de Juanma Marrube a unha apertada segunda praza (9 puntos), tras unha cita na que o acerto goleador dos primeiros minutos lles fixo renunciar aos mariñáns á súa filosofía de xogo, sustentando a súa fortaleza na defensa e valentía.
7 de outubro de 2017
Atlético de Madrid 6-3 Pescados Rubén Burela FS
O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu no gran duelo da pista do todopoderoso Atlético de Madrid (6-3), nunha cita na que o espectáculo goleador se fixo esperar ata a segunda parte. A xornada 4 deixa as mariñás en pugna pola cuarta praza de Primeira coas madrileñas (9 puntos), con Ourense Envialia, Jimbee Roldán e Móstoles no podio, con 10 puntos. Despois do descanso, o rápido gol de Marta Pelegrín, no 23, abriu definitivamente o encontro, con
7 de outubro de 2017
Apúntate ao derbi lugués!
Todos os afeccionados/as que queiran asistir ao derbi lugués de Segunda LNFS, o sábado 14 de outubro, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por tan só 10 euros; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as. As persoas que así o desexen deberán apuntarse na oficina do club (avda.
9 de outubro de 2017
Martes de Copa en Vista Alegre
O Pescados Rubén Burela FS recupera mañá o arrecendo a derbi irmandiño da elite, coa visita de mañá do Santiago Futsal (Vista Alegre, 20.30 horas) nos dezaseisavos de Copa do Rei. “Un derbi sempre é diferente; desta vez tócanos xogar en Vista Alegre e intentaremos darlle unha alegría á afección e pasar de rolda”, explicaba un dos capitáns laranxas, o meta Edu. Os de Santi Valladares estrearanse na competición cos mariñáns, tras co
9 de outubro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados da base durante a fin de semana.
10 de outubro de 2017
O Pescados Ruben despídese de Copa do Rei con 2-4 ante Santiago
O Pescados Rubén Burela FS despediuse hoxe do seu percorrido en Copa do Rei, caendo en dezaseisavos fronte ao Santiago Futsal por 2-4. Aos de Juanma Marrube penalizáronos en exceso os erros ante un rival de Primeira División que traía as cousas moi claras a Vista Alegre e soubo ampliar a súa axustada renda de 1-2 nada máis comezar o segundo tempo ata o 1-4. Antes de chegar ao ecuador da primeira parte Santi adiantou os composteláns,
10 de outubro de 2017
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana.
11 de outubro de 2017
Estrea de derbis ligueiros, este sábado en Lugo
O Pescados Rubén Burela FS pechará a semana de arrecendo irmandiño o sábado en Lugo, estreando os derbis galegos de liga na pista do Prone (18.00 horas, Pavillón Municipal de Deportes), na quinta xornada de Segunda LNFS. Deixando atrás o fatídico envite de Copa do Rei ante Santiago, os laranxas pelexarán por seguir medrado, perseguindo o cuarto triunfo consecutivo: “Estamos nunha boa racha en liga, cunha confianza bastante alta, aínda que non deb
13 de outubro de 2017
Sara Correia: 'Queremos volver á vitoria o máis axiña posible'
O Pescados Rubén Burela FS encomendarase este sábado a Vista Alegre para recuperar a senda triunfal, na quinta xornada de Primeira RFEF, coa visita de Penya Esplugues Gironella (18.30 horas): “Vimos da primeira derrota pero estamos traballando ben, concentradas e mirando o próximo partido con claridade porque queremos volver á vitoria o máis axiña posible” explicaba Sara Correia, que agarda unha cita complicada: “É un rival que nos vai crear difi
13 de outubro de 2017
O Pescados Rubén Burela recupera a senda triunfal cun apertado 5-4 ante o Penya Esplugues
Vista Alegre foi testemuña do regreso á senda triunfal do Pescados Rubén cun bonito partido, moi aberto e apertado, ante o Penya Esplugues Gironella (5-4). As laranxas mostraron “unha cara moi boa, con grandes momentos, ante un rival que demostrou que é capaz de estar arriba” explicaba Julio Delgado dun encontro que se lles puxo costa arriba ás da Mariña, con continuo toma e daca no marcador. Cilene, cun potente disparo, neutralizou
14 de outubro de 2017
Escintileos laranxas no liderado tras levar o derbi en Lugo (0-4)
Reafirmou esta tarde en Lugo a súa solidez defensiva como equipo menos goleado de Segunda un Pescados Rubén que volveu deixar a cero a súa portería nunha vitoria, ante o Prone (0-4), encauzada con grande eficacia no primeiro período, con goles de Renato, Matamoros e Chus. O cuarto triunfo consecutivo, nun encontro duro, outórgalles aos de Juanma Marrube o liderado de Segunda, empatados a 12 puntos con Bisontes Castellón, FC Barcelona Lassa B e FS
14 de outubro de 2017
Acompáñasnos a Ourense?
Todos os afeccionados/as que queiran asistir ao primeiro derbi galego de Primeira RFEF para as laranxas, o sábado 21 de outubro, na pista do Cidade das Burgas, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por tan só 14,50 euros; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccion
16 de outubro de 2017
Resultados de base
Consulta os últimos resultados do Futuro Laranxa.
17 de outubro de 2017
Visita Laranxa á Fundación Eu Son
Os metas laranxas Edu e Jozi e o ala Chus visitaron esta mañá as instalacións da Fundación Eu Son en Burela, entidade que presta servizos a persoas adultas con discapacidade intelectual da comarca da Mariña, para achegar o fútbol sala. Os representantes do Pescados Rubén Burela FS foron recibidos como grandes ídolos entre os usuarios, moitos deles grandes coñecedores e afeccionados de Vista Alegre. Edu, Jozi e Chus fixeron entrega
17 de outubro de 2017
Axenda da base
Consulta aquí os horarios de encontros de base para esta semana.
18 de outubro de 2017
Cidade das Burgas, primeiro espectáculo irmandiño paras as laranxas en liga (sábado 21, 19.30 horas, TVG2)
A TVG2 dará unha pincelada máis de emoción mañá ao primeiro espectáculo irmandiño de Primeira RFEF para as laranxas, coa visita á pista do Cidade das Burgas (Os Remedios, 19.30 horas). A sexta xornada chega cun derbi de contrastes, entre a cuarta praza do Pescados Rubén Burela FS (12 puntos) e a antepenúltima das ourensás (1 punto). As de Julio Delgado e Lucas buscarán 3 novos puntos para seguir na apertadísima zona alta logo de
20 de outubro de 2017
Duelo de forzas no cumio, coa visita do Barcelona B
O Pescados Rubén Burela FS defende este sábado o liderado de Segunda LNFS en Vista Alegre (19.30 horas) co potente FC Barcelona Lassa B, que recala na Mariña, empatado a puntos cos laranxas. “Necesitaremos o apoio da afección. O equipo está xogando ben e necesitamos que a bancada nos apoie” pedía José Antonio Luna Guijarro, Colacha, incidiendo na relevancia do grande ambiente da Bancada Laranxa: “Estamos loitando por un obxectivo
20 de outubro de 2017
Un segundo de máis
Ao Pescados Rubén Burela FS sobroulle o último segundo esta tarde en Vista Alegre ante o sempre titánico FC Barcelona Lassa B (2-3). Os de Juanma Marrube, que conseguiron remontar tras o descanso un 0-2, viron escapar o empate sobre a bucina cun gol dos cataláns tras un rexeite. O duelo de forzas no cumio mantivo o electrónico equilibrado ata a recta final da primeira parte, con fortuna para os visitantes, na que non houbo moito peri
21 de outubro de 2017
O Pescados Rubén Burela imponse con oficio nas Burgas (3-4)
O Pescados Rubén Burela FS tirou de oficio para regresar esta tarde dos Remedios con tres novos puntos, ante Cidade das Burgas (3-4). As pupilas de Julio Delgado e Lucas non viviron o seu mellor partido en Ourense, cun marcador de tira e afrouxa do que se fixeron donas grazas ao xogo de cinco. A falta de pouco máis dun minuto para o ecuador antes do descanso, Ana Lastra sorprendeu a Ana Romero desde o campo ourensán. Reaccionaron as
21 de outubro de 2017
Resultados de base e chamamentos de seleccións
Consulta aquí todos os resultados de base da fin de semana.   Adestramento con Galicia Sub-19   Os xuvenís Luismi, Edmilson, Nito é Xosé adestraron onte con Galicia Sub-19 en Ordes como preparatorio da fase previa do Campionato de España Sub-19, que terá lugar o 13-14 de xaneiro en Castela A Mancha.
24 de outubro de 2017
Colaboración coa República Dominicana
O Pescados Rubén Burela FS segue fiel á súa política de solidariedade e axuda co futsal internacional e de base. Co apoio de Living Sport, a directiva laranxa Cesarina Fanego fixo entrega a Joaquín Vázquez, colaborador do club, de material deportivo para os nenos e nenas das escolas NH Bulldog Futsal de Santo Domingo e Futsal Jugadorcitos de Los Alcarrizos, ambos na Republicana Dominicana. As devanditas escolas promoven e divulgan o futsal en div
24 de outubro de 2017
Calendario semanal de base
Consulta os partidos de base para esta semana.
25 de outubro de 2017
Brillo laranxa con Lugo Cadete
Guitiriz acolleu onte o adestramento previo ao Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-16 (Narón, 1 de novembro) con brillo do Pescados Rubén Burela FS. Os laranxas Miguel Alves, Nicolau Vizoso, Nicholas López, Gustavo Henrique e David Méndez participaron na sesión co combinado que dirixirán os técnicos burelistas Christian Fustes e Julio Delgado.
27 de outubro de 2017
Un novel en tempos difíciles chega a Vista Alegre
O Pescados Rubén Burela FS disputará mañá en Vista Alegre a 7ª xornada de Primeira RFEF coa vista do Cádiz Polideportivo FSF (18.30 horas), un equipo novel na categoría que recala na Mariña na última praza, con tan só 1 punto. “Estamos intentando poñer máis intensidade e concentración aos adestramentos porque o sábado pasado o partido complicóusenos máis da conta e non queremos que se volva repetir. Ademais na nosa casa non podemos
27 de outubro de 2017
Juanma: 'Todo imos ter que ser importantes porque Rivas nos esixirá moito'
O Pescados Rubén Burela FS desprazarase á pista de Rivas Futsal este domingo para disputar a 7ª xornada de Segunda LNFS (12.30 horas). “Todos imos ter que ser importantes porque será un rival que nos esixa moito” advertía o técnico mariñán, Juanma Marrube, dun rival que espera os laranxas nunha excelente dinámica. Os burelistas loitarán por defender a segunda praza (12 puntos) fronte ao sexto clasificado, con tan só 1 punto de difere
27 de outubro de 2017
Pescados Rubén Burela 6-1 Cádiz
O Pescados Rubén Burela FS recuperou esta tarde parte da súa esencia de xogo fronte a un minguado Cádiz Polideportivo FSF ao que lle está custando aclimatarse á categoría. As mariñás aferráronse con contundencia aos tres puntos con 6-1, ofrecendo unha mellor versión na segunda parte, con repartición de moitos minutos para as súas xogadoras e só un gol en contra. Antes de completarse o segundo minuto de xogo a xoia burelista, Sofía,
28 de outubro de 2017
Máis de tres puntos en Rivas
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta mañá máis de tres puntos rompendo a imbatibilidade da fortaleza do Rivas Futsal (2-3), unha vitoria que lle outorga a segunda praza á escuadra mariñá a tan só 1 punto do Bisontes Castellón, no cume. Os de Juanma Marrube despregaron un xogo moi ordenado e con disciplina, conscientes da dificultade dun compromiso no que souberon neutralizar a rápida vantaxe dos locais. Os de David Ramos tomaron
29 de outubro de 2017
Resultados da Base Laranxa
Consulta aquí os últimos resultados de base.
31 de outubro de 2017
Miguel, Nicolau, Nicholas, Gustavo e David con Lugo Sub-16
Os laranxas Miguel Alves, Nicolau Vizoso, Nicholas López, Gustavo Henrique e David Méndez participarán hoxe no último adestramento da Selección de Lugo Sub-16, baixo as directrices dos tamén burelistas Christian Fustes e Julio Delgado. Os 5 xogadores do Pescados Rubén Burela FS Cadete forman parte do 12 oficial que disputará mañá en Narón o Campionato Galego de Seleccións Comarcais.   Encadrada no Grupo A, os hor
31 de outubro de 2017
Camiña abre as súas portas á Familia Laranxa
Os xogadores Luisma, Lara e Dany, acompañados polo directivo José Ángel Dovale, visitaron hai uns días a sede da Asociación Camiña de Burela, con persoas con discapacidade, para facerlles entrega aos seus usuarios dos carnés para a tempada 2017-18, ademais dunhas gorras como agasallo. Os burelistas compartiron unha tarde moi animada cos membros de Camiña, que lles ensinaron moitos dos traballos e manualidades que realizan nos seus
31 de outubro de 2017
36 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores