Noticias
Arquivo de Outubro 2019
O diagnóstico de Iago Míguez confirma rotura de ligamentos e meniscos
As probas realizadas onte a Iago Míguez confirman un diagnóstico que lamentablemente afastará o burelista das pistas nos vindeiros meses, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos. Os servizos médicos do club programarán o paso polo quirófano do 5 laranxa nas vindeiras semanas; tras a intervención marcarán o protocolo de recuperación e rehabilitación. O xogador viuse obrigado a retira
1 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados de base
2 de outubro de 2019
Horarios de base, co inicio da Liga Infantil Feminina
Consulta os horarios desta fin de semana. Consulta o calendario da Liga Infantil Feminina
3 de outubro de 2019
Nova emoción irmandiña
O Pescados Rubén Burela FS gozará nesta cuarta xornada de Primeira RFEF da segunda emoción irmandiña da tempada, a primeira a domicilio. Será o sábado, ás 16.30 horas, no feudo do Cidade das Burgas (en directo TVG2). “Os derbis sempre son partidos especiais. Temos moitas ganas de ir a Ourense e sumar tres novos puntos” confesaba a coruñesa Luci, destacando as calidades dun equipo que volve esta tempada á máxima categoría. “É un equi
3 de outubro de 2019
Primeira gran proba ante un dos titáns
O Pescados Rubén Burela FS terá a súa primeira gran proba ante un dos titáns da elite mañá, na xornada 4. Os pupilos de Juanma Marrube visitarán a cancha do Movistar Inter ás 18.30 horas. “Imos moi mentalizados, é un partido moi duro e complicado. Todo o mundo sabe que é un superequipo” adiantaba R. Vargas da lenda verde. Os laranxas recalarán no Jorge Garbajosa logo de estrearse a semana pasada, con empate 1-1 fronte a Levante. Agár
4 de outubro de 2019
O Pescados Rubén cumpre sen erro, con outro triunfo claro (1-5)
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu sen erro na cuarta xornada para manter o pleno, con outro triunfo claro, con 1-5 sobre o Cidade das Burgas. Tras a vantaxe inicial de 0-2 das Guerreiras Laranxas, as ourensás puideron achegarse sobre o descanso. Na segunda parte, co xogo de cinco, as mariñás atoparon no marcador o reflexo merecido ao seu dominio, control e superioridade. Jane estreou o luminoso no minuto 6, ao recoller unha tentati
5 de outubro de 2019
Demasiado castigo para o gran traballo laranxa
O Pescados Rubén Burela FS recibiu un castigo excesivo no marcador para o gran traballo realizado esta tarde na pista do titánico Movistar Inter (7-2). Os de Juanma Marrube souberon repoñerse á rápida iniciativa verde e ata conseguiron chegar con vantaxe de 1-2 ao descanso. A partir da medianía do segundo acto e logo de ocasións en ambas as metas, os de Torrejón de Ardoz conseguiron apropiarse do electrónico. O conxunto de Juanma Ma
5 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana
7 de outubro de 2019
Polonia reclama a Kaluza para a rolda principal do Mundial FIFA 2020
M. Kaluza volverá defender a Selección Polaca. Tras os amigables do mes de setembro en Visegrad, o meta burelista recibiu un novo chamamento para participar na rolda principal do Mundial FIFA 2020, entre o 21 e o 28 de outubro. O combinado do porteiro laranxa exercerá como anfitrión en Zielona Góra e pelexará por quedar entre os dous mellores clasificados do seu grupo, xunto a Xeorxia, Finlandia e España
8 de outubro de 2019
Vista Alegre súmase ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro
Vista Alegre e o Pescados Rubén Burela sumaranse esta semana ao Rosa para Dar a Cara contra o Cancro, coincidindo coa xornada 5 de Primeira LNFS, o venres 11 (21.00 horas), e RFEF, o sábado 12, (18.30 horas), en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro. Coa proximidade do Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama -o 19 de outubro-, a Bomboneira e a AECC darán a coñecer o labor do servizo da Mariña do colectivo, q
8 de outubro de 2019
Valdetires e a Copa Galicia estrean a axenda semanal das burelistas (mércores 9, 21.00 horas)
As campioas irmandiñas arrancan a súa aventura nunha nova edición da Copa de Galicia mañá, na Bomboneira, ás 21.00 horas. Valdetires Ferrol FSF, de Segunda, será o primeiro obstáculo do Pescados Rubén na fase de grupos, con entrada gratuíta. Esta será a súa primeira cita da semana; Vista Alegre tamén acollerá a xornada 5 de Primeira RFEF, o sábado, coa visita do Leganés Masdeporte (18.30 horas). “Para nós é unha competición especial
8 de outubro de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana
9 de outubro de 2019
Primeiro paso en Copa Galicia
O Pescados Rubén cumpriu expediente na estrea da XIV Copa Galicia impoñéndose a un Valdetires Ferrol FSF (9-1), que saltou a Vista Alegre con escasez de efectivos e que ademais tivo que tirar de coraxe e valor fronte ás Guerreiras coa lesión da porteira xa nos primeiros minutos. A pesar diso as ferrolás aguantaron o tipo na primeira parte. Avisou Peque, quedando soa no minuto 4 fronte a Sara e estrelando o esférico contra o pau. No 6
9 de outubro de 2019
A esencia de Vista Alegre, nunha nova busca da primeira vitoria
Na última cita na casa abriuse a cuadrícula e mañá toca dar un paso máis. Vista Alegre acollerá a quinta xornada de Primeira LNFS, de novo como aliado para sacar algo positivo, en nova busca da primeira vitoria da liga para un Pescados Rubén Burela FS que está sendo moi competitivo no seu regreso á elite, aínda que lle pesan en exceso os últimos minutos. A partir das 21.00 horas, Viña Albali Valdepeñas FS será o rival a bater, un equipo que chega
10 de outubro de 2019
Goza coa paixón do Anxo Carro!!! (Sábado 19, CD Lugo-SD Huesca, 18.00 horas)
A Familia Laranxa poderá apoiar o CD Lugo a vindeira semana no Anxo Carro, no seu apaixonante compromiso co terceiro clasificado da Liga SmartBank, SD Huesca, o sábado 19 de outubro (18.00 horas). Se es soci@ do Pescados Rubén Burela FS podes facer a túa reserva ata o xoves 17, ás 14.00 horas (desprazamento en autobús e entrada), na sede do club ou a través de burelafs@burelafs.org//982581815. Se non es abonad@ laranxa,
10 de outubro de 2019
A visita do Leganés pecha a fin de semana laranxa
A visita do Leganés Masdeporte pecha unha fin de semana laranxa en Vista Alegre, con dobre cita de Primeira, LNFS e RFEF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas, con traxectoria intachable, recibirán o sexto clasificado nesta quinta xornada, mañá, ás 18.30 horas. Para Pescados Rubén Burela FS este será o segundo compromiso da semana logo da vitoria do mércores en fase de grupos de XIV Copa Galicia ante un rival de Segunda División, Val
11 de outubro de 2019
Pescados Rubén Burela 1-4 Viña Albali Valdepeñas
Vista Alegre viviu unha cita moi igualada esta tarde na xornada 5 cun Pescados Rubén Burela FS ao que o lastrou en exceso o xogo de áreas, fronte a un Viña Albali Valdepeñas (1-4) que soubo aproveitar as súas ocasións á perfección. Juanan adiantou os visitantes nos compases iniciais, nun lanzamento afastado que non puido frear o porteiro naronés. Non entraran ben os de Juanma Marrube, pero souberon repoñerse con serenidade e orde. R
11 de outubro de 2019
Pescados Rubén 3-1 Leganés
Aliouse esta tarde o Pescados Rubén Burela FS á intesidade e velocidade de balón para seguir o seu periplo sen erro e sumar tres novos puntos fronte ao Leganés Masdeporte (3-1), na quinta xornada de Primeira RFEF. Vista Alegre presenciou unha gran cita na que as mariñás crearon moito perigo ofensivamente, aínda que faltando un puntiño na finalización, e ofreceron unha gran reacción nas perdas de balón para frear ás madrileñas, que apenas dispuxer
12 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana na base
15 de outubro de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os partidos de base desta semana
16 de outubro de 2019
Con todo ante un dos históricos
Achégase a xornada 6 de Primeira coa segunda visita xa dos burelistas ante un dos titáns na elite. O Pescados Rubén Burela FS medirase ao histórico ElPozo Murcia este sábado, ás 13.00 horas, ante as cámaras de GOL. “Para nós cada partido é unha final, sabémolo desde o inicio de liga. Estamos pelexando por conseguir a primeira vitoria da tempada e a entidade do rival non vai desviar o noso obxectivo” aseguraba un dos grandes baluarte
17 de outubro de 2019
Duelo de opostos en Alacante
O Pescados Rubén Burela FS medirase nesta sexta xornada ao Xaloc Alacant nun duelo de opostos entre o podio e o fondo da táboa. Dende a segunda praza e sen erro na súa andadura, as Guerreiras Laranxas saltarán á pista do Pitiu Rochel de Alacante mañá, as 16.00 horas, fronte a un novel na categoría que aínda non conseguiu puntuar e ocupa a última posición. Tamén con 15 puntos, na zona alta Futsi Atlético Navalcarnero e Ourense Envialia terán a com
18 de outubro de 2019
Dando a cara ata o final
O Pescados Rubén Burela FS deu a cara ata o final ante o poderoso ElPozo Murcia (3-1). O conxunto de Juanma Marrube foi de menos a máis e conseguiu recuperar a alma laranxa que se esvaera na xornada anterior, nunha cancha moi complicada contrarrestando o potencial dos locais en moitas fases do xogo. Con todo, non foi suficiente para frear a pegada de ElPozo, que soubo gañar os tres puntos aproveitando as súas ocasións, en estratexia e contragolpe
19 de outubro de 2019
Xaloc Alacant 0-2 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS segue con paso firme. As Guerreiras Laranxas selaron unha vitoria máis na sexta xornada de Primeira, na visita á cancha do pechacancelas, Xaloc Alacant (0-2), nunha cita na que ás mariñás foilles pesando no xogo a falta de afinación nos últimos metros. O gol de Bea Mateos, ao segundo pau, xa no minuto 2 encamiñaba moi ben a cita para as galegas ante un rival dedicado a defenderse na súa cancha das embestid
19 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana
21 de outubro de 2019
Dobre cita de Copa Galicia (mércores 23, 21.00 horas)
O Pescados Rubén Burela FS xa ultima detalles para a dobre cita de Copa Galicia prevista para mañá. Na vixésimo novena edición masculina, os pupilos de Juanma Marrube enfrontaranse a domicilio en cuartos de final ao Xove FS, de Segunda B, e na décimo cuarta, feminina as Guerreiras visitarán a pista do Castro Bloques Cando, de Segunda. Ambos os compromisos arrincarán ás 21.00 horas. Derbi mariñán Os
22 de outubro de 2019
Billete para a semifinal irmandiña, con festa de goles
O Pescados Rubén Burela FS selou o billete para a semifinal irmandiña esta noite na pista do Castro Bloques Cando, de Segunda División, cunha festa de goles laranxas 1-11, con vantaxe de 0-5 xa ao descanso. Dany, Luci por partida dobre, Jenny Lores e Cilene abriron a fenda no primeiro acto. A coruñesa anotou o terceiro, no seu cómputo persoal, no regreso á cancha. Peque fixo acto de presenza antes de chegar ao ecuador para subir un
23 de outubro de 2019
Os de Juanma Marrube tamén se apuntan ás semifinais da Copa
O equipo de Juanma Marrube pechou a dobre xornada de Copa Galicia con outro billete laranxa para a semifinal irmandiña, con triunfo no derbi mariñán fronte ao Xove FS, de Segunda B (1-6), na vixésimo novena edición da cita. En Castro, las Guerreiras hicieron lo propio con marcador favorable 1-11. O extra de motivación xovense tivo a súa recompensa no minuto 6 cun penalti transformado por Manu, pero xa non tiveron fol nin acerto para
23 de outubro de 2019
Horarios de base
Seis partidos esta semana para a base burelista; consulta aquí todos os horarios
24 de outubro de 2019
Un Roldán con boas sensacións chega a Vista Alegre
Vista Alegre acollerá este sábado a sétima xornada de Primeira División Feminina coa visita do STV Roldán FSF, un equipo que chega con boas sensacións tras recuperar a vitoria a semana pasada na casa, ante o Sala Zaragoza. As Guerreiras Laranxas saltarán ao parqué ás 18.30 horas para defender a súa imbatibilidade e traxectoria impoluta, compartida con Futsi Atlético Navalcarnero e Ourense Envialia. Para o Pescados Rubén Burela FS se
24 de outubro de 2019
Pescados Rubén 6-0 Roldán
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu esta tarde non só dar continuidade á súa imbatibilidade, do mesmo xeito que o resto do podio, senón tamén atopar a chave do seu acerto goleador, cun claro 6-0 na visita do STV Roldán FSF na xornada 7. Vista Alegre marcou a vantaxe na primeira parte con 2-0, de Dany e Peque. A 7 laranxa abriu e pechou a conta goleadora na segunda parte, con dianas tamén de Cilene e Jenny Lores. Domin
26 de outubro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados da base
28 de outubro de 2019
Burela acollerá á Selección Española Feminina contra O Xapón (mércores 11 de decembro)
O combinado nacional que dirixe Clàudia Pons xa ten pechados dous novos compromisos internacionais. A Selección Española Feminina de Fútbol Sala xogará contra O Xapón en terras galegas, en Marín e Burela. Ambos os partidos amigables fixáronse para o 10 e o 11 de decembro. O primeiro deles terá lugar no pavillón A Raña da localidade pontevedresa de Marín. Xa o mércores o duelo hispano-nipón trasladarase ata a provincia de Lugo. A pist
28 de outubro de 2019  |  
Destacada
Ana Romero e Ale de Paz estrearanse coa Vermella en Eslovenia, xunto a Peque e Jenny Lores
O Pescados Rubén Burela FS acaba de recibir unha gran noticia, un novo recoñecemento ao gran traballo das Guerreiras Laranxas. Xunto á habitual presenza de Peque coa Selección Española e a Jenny Lores, que se estreou no último compromiso en Huelva, súmanse á lista de Clàudia Pons a porteira murciana Ana Romero e a ala nedense Ale de Paz, con destino a Eslovenia (3-7 de novembro) As catro burelistas incorporaranse á expedición da Verm
28 de outubro de 2019
Portugal tamén reclama a Jenny para a vindeira semana
Jenny tamén se apunta aos compromisos de internacionais. A 9 laranxa recibiu esta tarde un novo chamamento de Portugal, con concentración entre o 3 e o 6 de de novembro, para medirse en dous amigables a Italia, en Oliviera de Azeméis. A lusa convértese na quinta xogadora do Pescados Rubén con axenda de Selección a vindeira semana, xunto á convocatoria de Peque, Jenny Lores, Ana Romero e Ale de Paz con España e destino a Eslovenia.
28 de outubro de 2019
Aínda non te apuntaches á Sorte Laranxa para este Nadal? 84749
O número da Sorte Laranxa para este Nadal, o 84749, xa está dispoñible. Faite coa túa papeleta na oficina do Pescados Rubén Burela FS (Avda. Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo cos partidos de Primeira División Masculina e Feminina. Tamén podes adquirilo nos seguintes establecementos: -Cafetería Vista Alegre -Parrillada de Jandro -Palacio de Cristal -Hotel
30 de outubro de 2019  |  
Destacada
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana
30 de outubro de 2019
Volve a Liga con partidazo ante Peñíscola (venres, 20.30 horas)
Tras o descanso da semana pasada, volve a liga de Primeira Masculina este venres con partidazo en Vista Alegre (20.30 horas). Servigroup Peñíscola visitará os pupilos de Juanma Marrube, que buscarán a primeira vitoria na elite co apoio da Bancada Laranxa. “Queremos dalo todo. Sabemos que teremos un duro reto por diante, somos conscientes de que vai ser outro partido complicado; estamos traballando para estar concentrados os corenta m
31 de outubro de 2019
Novo desafío para a imbatibilidade laranxa (domingo, 12.00 horas, Aragón TV)
O Pescados Rubén Burela FS terá un novo desafío para poñer a proba a súa imbatibilidade na xornada 8, coa visita á pista do Sala Zaragoza, o domingo ás 12.00 horas. A cita poderá seguirse a través de Aragón TV. Ligazón As Guerreiras Laranxas chegan á cita repletas de enerxía tras a grande imaxe ofrecida e despregada a semana pasada en Vista Alegre, con 6-0 sobr
31 de outubro de 2019
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores