Noticias
Arquivo de Novembro 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Cidade de Ourense 3-4 Burela FS   Amigables - Azkar Lugo Cadete 7-0 Burela FS Cadete - Azkar Lugo Infantil 6-5 EDM Burela FS Infantil - Azkar Lugo Alevín 12-1 EDM Burela FS Alevín A - Azkar Lugo Benxamín 3-2 EDM Burela FS B
2 de novembro de 2010
O Ribadeo FS desaproveita dúas vantaxes ante o líder pontevedrés (6-3)
O Panificadora del Eo non puido rendibilizar as súas vantaxes ante o líder pontevedrés. O equipo ribadense fíxolle forzar a máquina ao potente Leis Pontevedra, que con pleno de vitorias encabeza Autonómica femenina e, como tal, sentenciou o encontro (6-3). A xornada de descanso do equipo de División de Prata permitíalles ás pontevedresas dispor de varias xogadoras con experiencia en categoría superior, que vían transcorrer o tempo e pe
2 de novembro de 2010
Os Meigallos FS, primeiro rival dos cadetes laranxas
O conxunto cadete do CD Burela FS inaugurará a tempada de Autonómica o vindeiro sábado, 6 de novembro. Os Meigallos FS visitará Vista Alegre nesta primeira xornada, ás 16.00 horas. Outros nove equipos completarán a categoría xunto a burelistas e sarriaos: os coruñeses O Parrulo Ferrol FS e Cidade de Narón; os lugueses CP Casás e Azkar Lugo FS; os ourensáns EDC Celanova e Barval FS EDM Barco; e mais os pontevedreses IES Coruxo-Concello
2 de novembro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Autonómica Cadete Burela FS-Os Meigallos FSSábado 6 de novembro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Amigables - EDM Burela FS Prebenxamín A-Praia de Covas PrebenxamínSábado 6 de novembro, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela - EDM Burela FS Prebenxamín B-Pra
4 de novembro de 2010
O Burela FSF volve á competición ante o novel Orvina
O Burela FSF Pescados Rubén regresa á competición este sábado na pista do CD Orvina KE, conxunto que loita por adaptarse á categoría na súa primeira tempada na elite, dende os postos baixos. O pavillón pamplonés Ezkaba acollerá a oitava xornada entre navarras e burelás a partir das 19.30 horas. Tras a semana de descanso da División de Honra, o cadro laranxa encara esta cita con novos ánimos, recuperado da carga física, para non despre
4 de novembro de 2010
O Arcebansa Zamora regresa a Vista Alegre baixo a batuta do ex-burelista Juanito
A bomboneira acollerá un dos encontros máis emocionantes da tempada, na undécima xornada de Prata. O Arcebansa Zamora regresa a Vista Alegre tras a súa fugaz incursión en Honra (2009-10), baixo a batuta do técnico ex-burelista Juanito. Sen dúbida, a rivalidade de tempo atrás entre ambas as escuadras volverá prender a mecha do espectáculo mañá a partir das 18.30 horas. Dende a cuarta posición (21 puntos), o Burela FS facerá valer a súa
5 de novembro de 2010
Vitoria incontestable do equipo laranxa ante o Zamora (5-1)
O equipo burelao venceu ao Arcebansa (5-1) grazas a unha gran actuación do conxunto, que soubo aproveitar as ocasións e moveu o balón con criterio, diante un Zamora errático que dispuxo de varias oportunidades para marcar pero non foi quen de inquietar a parroquia local. Abriu o marcador Esteller, que fixo un grande encontro, cun tanto temperán (1-0. Minuto 2). Juanma anotou un minuto despois, de excelente disparo dende a frontal
7 de novembro de 2010
Empate inmerecido do Orvina ante un Pescados Rubén Feminino (2-2) que non tivo sorte
Intentouno o equipo que adestra Javier Pardeiro e ata se puxo por diante en dúas ocasións, pero finalmente o Orvina acadou un empate que non fai xustiza ao visto no terreo de xogo. O Burela FSF dispuxo das mellores ocasións durante a primeira parte e controlou o encontro en boa medida. Ro converteuse na goleadora da tarde, ao marcar nos minutos 13 e 34. O primeiro dos goles foi de moi bela factura, logo dunha boa combinación. O segund
7 de novembro de 2010
Arranca a tempada de Deporte Escolar para a base laranxa
A tempada de Deporte Escolar arranca esta fin de semana para sete dos equipos da base laranxa, entre benxamíns e infantís. Na primeira xornada do Grupo 1 Benxamín, o EDM Burela FS B recibirá o Praia de Covas e o EDM Burela FS C visitará o ED Lourenzá. No Grupo 2, o EDM Burela FS A desprazarase á pista do ACD Xove. En alevín, o club laranxa contará con tres representantes. No Grupo A, o EDM Burela FS A viaxará a Lourenzá e, no B
8 de novembro de 2010
O Burela mídese ao favorito Puertollano en duelo directo
Por segunda vez na tempada reaparece a esgotadora xornada de Prata entre semana. Tras a incontestable vitoria ante o Zamora (5-1) e con dous días escasos para recuperar alento, o Burela FS medirase mañá ao favorito Puertollano en duelo directo entre a terceira e a cuarta praza. A partir das 20.30 horas, o pavillón Antonio Rivilla acollerá o encontro por excelencia da décimo segunda xornada. O sábado pasado, o cadro laranxa (24 puntos)
8 de novembro de 2010
Tropezo do Ribadeo FS ante o Concello de Mos (2-5)
O tropezo do Panificadora del Eo-Ribadeo FS ante o Concello de Mos (2-5) deixa entrever certas dificultades na adaptación das mariñás á súa nova categoría. O equipo ribadense encaixou o primeiro gol no minuto 1 e no 11 perdía por 0-3, con goles de Buga por partida dobre e de Catarina. Logo dun tempo morto, retornaron as ribadenses á pista coas espadas en alto e parecía que se encarrilaba a volta ao marcador con senllos goles das xuvení
9 de novembro de 2010
O Burela desperdicia a vantaxe en Puertollano (3-2)
O Antonio Rivilla resistiuse de novo ao bo xogo laranxa. O Burela FS desperdiciou a vantaxe da primeira parte e viu escapar os tres puntos ante o forte Puertollano FS (3-2). A superioridade burelista deixouse ver dende os momentos iniciais. Dende media pista, Minu abriu o marcador xa no 6, combinando intensidade e presión cunha férrea liña defensiva ata a chegada do descanso. No segundo período, os castelano-manchegos aproveita
10 de novembro de 2010
Jozi defenderá a camisola brasileira no mundial de Madrid (5-11 decembro)
A meta laranxa Joziane de Oliveira, Jozi, defenferá a camisola brasileira no Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino de Madrid, que terá lugar entre o 5 e o 11 de decembro. A burelista deberá presentarse en Fortaleza (Brasil) o 25 de novembro; xunto a ela, o técnico Vander Iacovino convocou a outra brasileira da División de Honra, Ju Delgado, do Móstoles FSF. Esta é a segunda tempada deportiva da gardameta en España e no Bu
10 de novembro de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Coruxo FSSábado 13 de novembro, ás 16.00 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela   Liga Autonómica Cadete EDC Celanova-Burela FSSábado 13 de novembro, ás 17.30 horas, no pavillón municipal de Celanova   Liga Autonómica Infantil Azka
11 de novembro de 2010
A clínica Virxe da Mariña orienta en nutrición o Burela FSF
Xogadoras e corpo técnico do Burela FSF Pescados Rubén recibiron esta tarde orientación sobre alimentación saudable na clínica da localidade Virxe da Mariña. A enfermeira Marta Saa Fernández, especialista en Nutrición, centrou a charla nos hábitos aconsellables para seguir unha correcta alimentación, falando dos tipos de alimentos e dos principais que contén cada grupo; ademais destacou a importancia de determinados alimentos e nutrie
11 de novembro de 2010
Cidade das Burgas e Burela FSF chegan parellos ao derbi de Vista Alegre
Vista Alegre acollerá mañá o segundo derbi galego da tempada na División de Honra, protagonizado polo Cidade das Burgas e o Burela FSF Pescados Rubén. A partir das 18.30 horas, daranse cita na bomboneira dous cadros que chegan á novena xornada moi parellos; tan só dous puntos separan a oitava praza laranxa (11) da décima ourensá (9). As pupilas de Javier Pardeiro mediranse a un rival forte fisicamente, que se está adaptando ben á categ
12 de novembro de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Cuchi resolve o derbi galego ante o Cidade das Burgas
O Burela FSF Pescados Rubén adxudícase, por un axustado 5-4, o derbi galego da División de Honra ante o Cidade das Burgas. O choque mantivo a emoción ata o final gracias a unha arbitraxe polémica e a que as pupilas de Javier Pardeiro non souberon dar o golpe definitivo para selar o triunfo. O inicio do derbi foi trepidante xa que ambos conxuntos, con estilos ben diferenciados; o Burela buscando as accións combinativas e as ourensás ut
14 de novembro de 2010
O Carballiño suma os seus primeiros puntos á conta do Ribadeo FS (6-5)
O marcador volveu darlle as costas ao Panificadora del Eo na casa do Carballiño (6-5), que suma os seus primeiros puntos na categoría. Saíron as ribadenses en terras ourensás a sumar a súa segunda vitoria en Autonómica, pero a falta de acerto de cara á portería rival, as facilidades en defensa e en boa parte o labor do colexiado de quenda deron ao traste coas esperanzas das xogadoras do Panificadora de traer os puntos á comarca mariñá.
15 de novembro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 8-3 Coruxo FS   Liga Autonómica Cadete EDC Celanova 3-2 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Azkar Lugo 4-0 Burela FS   Deporte Escolar - R
15 de novembro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Xornada aprazada   Liga Autonómica Cadete Descansa   Liga Autonómica Infantil Descansa   Deporte Escolar - EDM Alfoz Infantil-EDM Burela FS Infantil BSábado 20 de novembro, ás 10.00 horas, no pavillón municipal de
18 de novembro de 2010
José Venancio participará no I Encontro do Deporte Base na Mariña
O seleccionador nacional absoluto, José Venancio López Hierro, participará no I Encontro do Deporte Base na Mariña, o sábado 27 de novembro, baixo a organización do CD Burela FS. José Venancio abrirá a cita cun relatorio centrado na actualidade do fútbol sala e a estrutura dos clubs, programado para as 10.00 horas, no hotel Nordés de Burela. O seleccionador tamén compartirá unha charla coloquio sobre o fútbol sala femi
18 de novembro de 2010
Adestramento da selección galega
Os xuvenís do Burela FS Manuel Jiménez e Juan Quiroga foron reclamados para o segundo adestramento de Galicia Sub-19 de cara ao Campionato de Seleccións Territoriais, que terá lugar entre decembro de 2010 e xaneiro de 2011. A devandita sesión será o vindeiro luns, 22 de novembro, no pavillón santiagués de Roxos (18.30 horas). A RFEF deu a coñecer hoxe os primeiros cruzamentos, cun total de 17 seleccións que disputarán a fase previa ent
19 de novembro de 2010
As laranxas visitan a pista dun Ciudad de Alcorcón con dificultades de adaptación
O Burela FSF Pescados Rubén afronta mañá a décima xornada de Honra, na pista dun novel, o Ciudad de Alcorcón, rival que está experimentando algunha que outra dificultade na adaptación á categoría; as madrileñas ocupan a penúltima praza da táboa. O encontro dará comezo ás 20.00 horas no pavillón municipal Santo Domingo. Dende a sétima posición e con 14 puntos no seu poder, as estatísticas poden dar por favoritas ás laranxas, aínda que s
19 de novembro de 2010
Os pupilos de Suso Rey poñen a proba o parapeto navarro
Coas forzas restablecidas tras a xornada de descanso e contando co regreso de Víctor Cachón, os pupilos de Suso Rey porán a proba o parapeto do OPDE Ribera Navarra. O Burela FS saltará mañá á pista do pavillón Elola, ás 18.30 horas, para acabar coa imbatibilidade local do segundo clasificado. Aínda que non se presenta como a cancha máis axeitada para retomar a senda do triunfo tras o axustado marcador de Puertollano, o Burela FS afanar
19 de novembro de 2010
Valioso punto en Navarra, tras unha traballada remontada (4-4)
O Burela FS conseguiu onte un valioso punto ante OPDE Ribera Navarra, tras unha traballada remontada. Co 4-4, o cadro mariñán convértese no primeiro conxunto da tempada en saír con recompensa da pista do segundo clasificado. Saíron os rapaces de Suso Rey moi enchufados, pero o Ribera soubo conter a fortísima presión nunha sólida defensa avanzada. Tras un par de oportunidades distanciadas dos laranxas, os locais responderon nun contrago
21 de novembro de 2010
O Burela FSF imponse en Alcorcón (0-5) e ascende á sexta praza
O Burela FSF Pescados Rubén sobe á sexta praza tras encadear en Alcorcón a súa quinta xornada sen perder. As laranxas golearon con claridade (0-5) a un apoucado rival. Os dez minutos iniciais foron os únicos igualados do encontro. O 0-1, de Lara, asentou o cadro burelista, que mellorou co paso dos minutos, aínda que sen sorte para a finalización ata o descanso. O 0-2 resultou determinante porque foi un duro golpe para o Alcorcó
21 de novembro de 2010  |  El Progreso
Resultados das categorías inferiores
Deporte Escolar - EDM Alfoz Infantil 1-8 EDM Burela FS Infantil B - EDM Burela FS Alevín A 3-1 CF Cidade de Viveiro Alevín - EDM Burela FS Benxamín A 7-0 EDM Cervo Benxamín - EDM Burela FS Benxamín B 5-3 EDM Burela FS Benxamín C
22 de novembro de 2010
O I Encontro do Deporte Base na Mariña, última cita de José Venancio antes do Mundial Feminino
O I Encontro do Deporte Base na Mariña, do vindeiro sábado 27, será a última cita para José Venancio antes de internarse na concentración da Selección Española Feminina e no Torneo Mundial (7-11 de decembro). O encontro mariñán, que organiza o CD Burela FS, terá a honra de contar na súa primeira edición cun padriño de excepción, que será o protagonista de toda a xornada. José Venancio inaugurará a cita, ás 10.00 horas,
22 de novembro de 2010
Inmerecida derrota das ribadenses ante o FC Meigas (2-3)
Coma en ocasións anteriores, sobroulles ás ribadenses a primeira parte. A falta de concentración nos minutos iniciais permitiulles ás visitantes levar os 3 puntos a Ames. No minuto 1, xa perdían as mariñás (0-1) e aínda que Marta igualou o marcador ao minuto seguinte, aínda non se cumprira o terceiro cando de novo se adiantou o FC Meigas. O xerro de auga fría chegou para as locais no último minuto antes do descanso, cando encaixaron o 1-3.
23 de novembro de 2010
O I Encontro do Deporte Base na Mariña, con José Venancio, será o 4 de decembro
O I Encontro do Deporte Base na Mariña, que organiza o CD Burela FS e que contará coa inestimable presenza do seleccionador nacional, José Venancio, cambia a data de celebración do 27 de novembro para o 4 de decembro, por causas de forza maior. José Venancio abrirá a cita cun relatorio centrado na actualidade do fútbol sala e a estrutura dos clubs, programado para as 10.00 horas, no hotel Nordés de Burela. O selecciona
25 de novembro de 2010
O Burela FS, no Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
O Burela FSF Pescados Rubén colaborou esta mañá no acto organizado polo Concello de Burela con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero. Xogadoras do primeiro equipo, así como membros da xunta directiva da entidade laranxa, participaron na solta simbólica de globos brancos e violetas, na praza do consistorio, en recordo das mulleres asasinadas este ano. Entre outras mulleres do municipio, á capitá burelista, Claudia,
25 de novembro de 2010
As promesas laranxas máis novas comezan a Liga Prebenxamín este domingo
As promesas máis novas da EDM Burela FS comezan este domingo a súa andadura competitiva na Liga Prebenxamín da Mariña. Os dous conxuntos laranxas estrearanse a domicilio fronte ao Xove, o Prebenxamín A (nados/as en 2003) ás 11.30 e o B (nados/as en 2004) ás 12.30 horas. Ambas as dúas competicións disputaranse en dez xornadas, co 20 de febreiro como peche. O EDM Burela FS Prebenxamín A, con Cuchi e Juanma como monitores, tamén deberá me
26 de novembro de 2010
Barcelona, terceiro envite consecutivo lonxe da casa para os laranxas
O Burela FS afrontará este sábado o seu terceiro envite consecutivo lonxe de Vista Alegre. Tras Puertollano e Tudela, Barcelona é o destino da décimo quinta xornada. O pavillón Ciutat Esportiva Joan Gamper acollerá o encontro a partir das 18.30 horas. Despois do traballado empate da semana pasada no parapeto navarro, os pupilos de Suso Rey, con 25 puntos e a sexta praza, volverán poñer a armadura para facerse cun resultado positiv
26 de novembro de 2010
O Burela FSF defende a sexta praza en duelo directo ante o Femesala
O Burela FSF Pescados Rubén defenderá mañá a súa actual sexta praza en duelo directo ante o Femesala Elche. A cita de Vista Alegre arrancará, coma de costume, ás 18.30 horas. O cadro mariñán intentará aproveitar a dinámica positiva e facer valer o factor cancha na undécima xornada, nun encontro moi complicado. O punto que separa as laranxas (17) das valencianas (16) contribuirá cunha dose extra de rivalidade. Aínda que as sobre
26 de novembro de 2010
O Burela FSF cédelle o empate ao Elche (3-3) tras un segundo período pouco atinado
O Burela FSF Pescados Rubén resolveu hoxe o duelo directo co Femesala en empate (3-3). Tras vinte minutos de superioridade absoluta, o cadro laranxa permitiu a igualada do Elche nun segundo período onde as pupilas de Pardeiro non acabaron de ver a portería rival e as visitantes foron in crescendo. As cousas pintaban ben en Vista Alegre. Aínda non se cumpriran os dous minutos de xogo cando Ro aproveitou un rexeitamento da meta alacantin
27 de novembro de 2010
Repartición de puntos en terras catalás (1-1)
O cadro de Suso Rey apuntouse esta tarde un novo empate lonxe de Vista Alegre. Barceloneses e burelistas repartiron os puntos nun encontro moi igualado, no que as poucas ocasións e o excelente labor dos gardametas non deixaron pasar o electrónico do 1-1. Aínda que foron os cataláns os que se adiantaron, co 1-0 de Campoy no minuto 7, o pichichi e capitán laranxa, Juanma, non quixo ser menos (minuto 16) e levou os seus ao descanso co rel
27 de novembro de 2010
O Ribadeo queda co mel nos beizos tras remontar un 2-0
O Panificadora del Eo quedou ás portas da vitoria; esta vez no pavillón do colexio coruñés Sagrada Familia fronte ao CD Riazor FS (3-2). O partido deixou o mel nos beizos das xogadoras ribadenses logo de igualar un marcador adverso de 2-0. Ao descanso chegouse con 1-0, gol conseguido polas locais no minuto 16, resultado dunha perda de balón das da Mariña na zona de elaboración. No primeiro minuto da segunda parte, o Riazor cons
29 de novembro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo 4-4 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 11-6 EDM Guitiriz   Deporte Escolar EDM Burela FS Infantil B 11-3 A Mariña FS ACD Xove Infantil 1-12 EDM Burela FS Infantil A
29 de novembro de 2010
Calendario da Liga Prebenxamín da Mariña
Os conxuntos Prebenxamín A e B da EDM Burela FS, que comezaron a Liga da Mariña a fin de semana pasada, disputarán a competición en dez xornadas, co 20 de febreiro como peche. Despois do cruzamento co ACD Xove, o EDM Burela FS Prebenxamín A medirase a ED Mondoñedo, AD Santiago de Foz, Praia de Covas e Club del Mar FS. Os rivais do EDM Burela FS Prebenxamín B serán os mesmos, a excepción do Club del Mar FS. Prebenxamín - A
30 de novembro de 2010
Edu: 'En Vista Alegre temos moito que dicir'
Uno de los jugadores más regulares del Burela Fs en esta temporada y desde su llegada al equipo está siendo el meta Edu, clave en el rendimiento defensivo de los mariñanos. “Creo que mantengo una regularidad importante, que es mi objetivo personal, pero también tengo que agradecérselo a mis compañeros, porque falcilitan mi tarea gracias al buen funcionamiento defensivo”. El futbolista hizo un balance del partido disputado por el cuadro
30 de novembro de 2010  |  A Mariña-El Progreso
41 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores