Noticias
Arquivo de Novembro 2011
Funeraria Apóstol 5-1 Panificadora del Eo
Excelente primeira parte a do Panificadora del Eo-Ribadeo FSF en Santiago ante o Funeraria Apóstol, un dos mellores equipos de Autonómica, aínda que o resultado non acompañou as de Martínez (5-1). O Ribadeo, que saíu moi atrás, soportou con acerto a avalancha das locais durante os 10 primeiros minutos, monólogo das santiaguesas, pero pouco a pouco foi estirando as súas liñas e incluso chegando con perigo á portería de Nerea. Só dende
2 de novembro de 2011
Os laranxas gañan o pase á terceira rolda da Copa do Rei tras a vitoria en Noia (2-3)
Os laranxas gañaron onte o pase á terceira rolda da Copa do Rei tras a vitoria na pista do Club Noia FS, da Segunda B, por 2-3. Os mariñáns coñecerán a identidade do próximo rival o 8 de novembro, data prevista para a realización do sorteo, entre os clasificados e os representantes da Primeira División. O Burela FS-Pescados Rubén tivo que pelexar ante un Noia moi resolutivo, que experimentou un notable crecemento na primeira parte impu
2 de novembro de 2011
Pleno para o Burela FS Cadete
Vaia semana de inicio ligueiro está realizando o Burela FS Cadete! Con dúas citas en tan só catro días xa levan pleno; a vitoria do sábado na casa ante o IES Coruxo Concello de Vigo (3-1) completárona o pasado martes en Guitiriz (3-4). E o domingo xa lles toca disputar a terceira xornada da Autonómica Galega recibindo en Vista Alegre o Colegio Liceo, ás 18.00 horas. A bomboneira tamén acollerá o domingo a estrea de tempada para o ED EO
3 de novembro de 2011
O Burela FS irrompe na pista do líder co ímpeto da Marea Laranxa
Como tarefa da oitava xornada, o Burela FS Pescados Rubén irromperá na pista do líder, Oxipharma Granada, co ímpeto e fortaleza da arquicoñecida Marea Laranxa, que este sábado desprazará a máis de medio cento de representantes da peña ‘pataqueira’ para completar unha semana brillante, na que xa goleou ao Playas de Castellón (10-1) en liga e continúa o avance na Copa do Rei, ante o Noia FS (2-3). A cita entre a primeira praza dos andaluces
3 de novembro de 2011
Lucía, ausencia laranxa ante o duelo ante o Femesala Elche
O Burela FS Pescados Rubén encara a oitava xornada de Primeira coa ausencia de Lucía, ante un rival que asedia o podio dende a quinta praza, o Femesala Elche (13 puntos). A ala-peche cumprirá un partido de sanción, tras ser expulsada ante o Gironella, a semana pasada, con vermella directa por interceptar un lanzamento de xogo con ocasión manifesta de gol. A bucina marcará o inicio do encontro en Vista Alegre ás 18.30 horas. O adestrador la
4 de novembro de 2011
Xa podes consultar ou descargar a Guía LNFS 2011/12
A Guía da LNFS 2011/12 é sen dúbida a recompilación máis completa e detallada do fútbol sala español, unha completa análise dos equipos de Primeira e Segunda División e de todos os seus protagonistas. Xa podes consultar a Guía on-line en www.lnfs.es. Se o prefires, descárgate a Guía Oficial LNFS 11/12 aquí: &n
4 de novembro de 2011  |  LNFS
Peque rescata un empate nun duelo de cor laranxa intensa
Peque reapareceu en Vista Alegre para impartir un pouco de xustiza no duelo ante o Femesala Elche, que cultivou un empate inmerecido (2-2). O Burela FS Pescados Rubén fixou a cita, o lugar e ofreceu os mellores pratos para degustar un gran partido de fútbol sala ao que unicamente lle faltou a sobremesa, a definición, e sobroulle a fortuna dun Femesala que pode regresar a terras ilicitanas saboreando un punto máis que doce co selo de Vane, a sú
5 de novembro de 2011
O Oxipharma Granada exhibe o seu poderío e vence con autoridade ao Burela
O Burela FS Pescados Rubén encaixa unha goleada en Granada (10-2) nun partido de ida e volta continuo que se decantou pola maior eficacia, rotación e calidade dos granadinos. O conxunto burelense saltou á pista do líder cunha actitude valente e co apoio da súa incansable afección, tratando de xogarlle de ti a ti ao todopoderoso Oxipharma. Durante o primeiro acto, a aposta laranxa foi gañadora e sorprendeu os locais a quen superaron en
5 de novembro de 2011
O Leis Pontevedra derrota por 2-4 ao Ribadeo FSF
O Panificadora do Eo-Ribadeo FSF de categoría Autonómica Feminina encaixou a súa sexta derrota (2-4) da tempada ante o Leis Pontevedra que acudiu á cita en Ribadeo con reforzos do seu equipo de Segunda División. O conxunto ribadense dirixido por Martínez complicou a vitoria ás pupilas de Jacobo que desde o asubío inicial optaron polo xogo de cinco. No primeiro período a boa defensa das ribadenses e as saídas á contra estiveron a pique
7 de novembro de 2011
Dobre derrota do Burela ante o Colexio Liceo
Os infantís do ED Eon Burela FS iniciaron a Liga Autonómica cunha derrota ante o Colexio Liceo A Paz, que venceu en Vista Alegre por 3-4. O choque resultou igualado en todo momento pero os coruñeses mostráronse máis efectivos. Durante o primeiro período o conxunto visitante logrou unha renda de 1-3; o tanto burelense foi obra de Mamadou. A pesar da superioridade laranxa na continuación, o conxunto dirixido por Carlos Méndez non foi ca
8 de novembro de 2011
O Autos Lobelle visitará Vista Alegre o 6 de decembro, na Copa do Rei
O Autos Lobelle de Santiago FS, da Primeira División, visitará Vista Alegre o 6 de decembro para baterse ao Burela FS Pescados Rubén na terceira fase da Copa do Rei. Así se deu a coñecer onte tras a realización do sorteo da eliminatoria na Cidade do Fútbol de Las Rozas, sede da Real Federación Española de Fútbol. A última vez que se viron as caras santiagueses e burelaos foi na pretempada, a comezos de setembro, cun axustado 2-3 para
9 de novembro de 2011
Jozi vestirá a camisola brasileira no Mundial de Fortaleza (4-10 decembro)
Xa é oficial. A Selección Brasileira reclamou formalmente a presenza da gardameta burelista Joziane de Oliveira para o II Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino, que terá lugar na cidade ‘canarinha’ de Fortaleza, entre o 4 e o 10 de decembro. A porteira laranxa, que xa arrasou no Sudamericano 2011 de Maracay hai apenas un mes, pelexará por validar o título mundial de 2010, na primeira edición do campionato, celebrado nas localidad
9 de novembro de 2011
O Burela FS Xuvenil abre o periplo ligueiro na casa do Leis Pontevedra
O Burela FS Pescados Rubén Xuvenil abre o periplo ligueiro este sábado na casa do Leis Pontevedra (multiúsos da Xunqueira , 12.00 horas). O combinado de Iván Cao, Lucas, pelexará polo título de 2011-12 en 14 xornadas ata comezos de marzo nun grupo de 8, con Cidade de Narón, Autos Lobelle FS, C. Mar Cidade de Viveiro, Prone Lugo AD, IES Coruxo FS e AD Bueu Congelados Almar. O primeiro derbi mariñán, entre viveirenses e burelaos, está pr
10 de novembro de 2011
Lidia, reclamada pola Selección Galega Sub-23
A ala do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías foi reclamada para participar na preparación da Selección Galega Sub-23. O primeiro adestramento do combinado irmandiño terá lugar o vindeiro luns, 14 de novembro, no pavillón compostelán de Roxos, a partir das 18.45 horas. A xogadora laranxa xa tivo a oportunidade de chegar ata as semifinais defendendo a Galicia no pasado Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-23 (Estepona, 2-6 marzo
11 de novembro de 2011
O fútbol sala é o segundo deporte nas preferencias dos escolares españois
O Fútbol Sala sitúase como un dos deportes favoritos e máis practicados polos alumnos de entre 6 e 18 anos do noso país, tal e como se desprende do estudo sobre ‘Hábitos deportivos da poboación escolar en España’, promovido polo Consello Superior de Deportes (CSD), a Fundación Deporte Novo e a Fundación Alimentum. O informe revela que o Fútbol Sala, despois do fútbol, é o deporte preferido
11 de novembro de 2011  |  Fonte: LNFS
O Burela FSF Pescados Rubén perde no último suspiro (1-2) diante do Navalcarnero
O choque entre madrileñas e burelás desenvolveuse con gran equilibrio nun primeiro acto de escasas ocasións de gol. A expulsión por vermella directa a Lidia, por mans dentro da área, puxo en apuros a Jozi, aínda que o Atlético non conseguiu aproveitar a oportunidade para adiantarse xa que, no último momento, a porteira brasileira evitaba na liña de gol o primeiro tanto. O segundo tempo non variou excesivamente o curso do envite ata que
13 de novembro de 2011
Victoria inapelable dos laranxas (10-3) ante o cuarto clasificado
Os de Quique García derrotaron brillantemente ao Manzanares FS por un contundente 10-3, nun partido cargado de goles de bo xogo. Tardou en atopar a camiño o cadro laranxa, que non atopou o marco contrario ata o minuto 9 (1-0) por obra de Ique. Dani Martín e Juanma (de penalti) anotaron en dous minutos frenéticos e poñían un cómodo 3-0 no electrónico de Vista Alegre. Pero Burela Pescados Rubén cargouse de faltas axiña, o que acabou por facilita
13 de novembro de 2011
Poio FS 5-0 Panificadora del Eo
As ribadenses non puideron estrear a súa cuadrícula na 7ª xornada. O Poio FS de Pontevedra, equipo debutante e en liña ascendente en Autonómica, tomoulle moi ben a medida ás mariñás cun contundente 5-0. O Ribadeo saíu á pista do municipal da Seca de Poio coa intención de abandonalo con algo positivo, pero aos seis minutos se vió sorprendido polo novo equipo local, que se adiantou no marcador. Catro minutos máis tarde chegou o 2-0, coa
14 de novembro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Leis Pontevedra FS 1-4 Burela FS Pescados Rubén Liga Autonómica Cadete Azkar Lugo FS 8-3 Burela FS Pescados Rubén Liga Autonómica Infantil ADC Lumieira Lugo 1-3 ED EON Burela FS Deporte Escolar ED Alfoz Cadete
14 de novembro de 2011
Dani Martín, máximo goleador da Segunda División
O ala-pivote Dani Martín está facendo méritos, e moitos, para recuperar a estatuíña de pichichi laranxa en 2011-12. Esta fin de semana consolidouse como o máximo goleador da Segunda División en solitario con 14 tantos, tras o hat-trick no suculento encontro de Vista Alegre ante o Manzanares FS (10-3). O liderado burelista está perseguido na táboa por Juanillo, do Melilla FS, e Leo, do Space Gasifred Ciutat d’Evissa, con 13 goles; con 1
15 de novembro de 2011
A LNFS lanza a primeira tenda on-line de España especializada en Fútbol Sala
A Liga Nacional de Fútbol Sala e o grupo TODOFÚTBOL firmaron un acordo de colaboración para poñer en marcha a primeira Tenda on-line de España especializada no Fútbol Sala. A Tenda de Fútbol Sala on-line, accesible a través da dirección www.tiendalnfs.es, terá como eslogan ‘Paixón polo Fútbol Sala’. Os obxectivos principais deste proxecto son achegar os produtos dest
15 de novembro de 2011
O Burela FS desafía o templo do Melilla FS
Rozando case un día de viaxe, coas súas vinte e catro horas, entre autobús e transbordador, o Burela FS Pescados Rubén afrontará mañá, xoves, a décima xornada da Segunda División ante o Melilla FS (20.00 horas), un rival cuxa fortaleza se concentra no pavillón Javier Imbroda Ortiz.  Dende a quinta posición (14 puntos), os pupilos de Quique García chegan moi motivados tras a contundente vitoria fr
16 de novembro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Cidade de NarónSábado 19 de novembro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Cadete Burela FS-Cidade de Narón (aprazado) Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS-Troula FSDomingo 20 de novembro, ás 12.00 horas, no p
17 de novembro de 2011
Meritorio traballo entre bastidores
Xogadores, xogadoras, técnicos, patrocinadores e colaboradores, institucións públicas e con especial agarimo a afección e o alumnado da ED EON Burela FS son os grandes artífices do verdadeiro significado da familia laranxa, que tamén ten o privilexio de contar con moita outra axuda entre bastidores. O vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, aproveitou unha das súas reunións de traballo cos delegados das categorías
17 de novembro de 2011
Os de Quique García impóñense no parapeto melillense (0-2) e soben á terceira praza
O Burela FS Pescados Rubén impúxose onte no parapeto melillense (0-2) e, con 17 puntos, sobe provisionalmente á terceira praza da Segunda División, á espera do resto dos resultados da 10ª xornada. Os de Quique García souberon tomarlle a medida un rival que ata o de agora estaba intratable na súa pista, onde incluso o líder, Oxipharma Granada, se viu obrigado a fincar o xeonllo. O tanto temperán de Purao, no minuto 6, deulle alas á escu
18 de novembro de 2011
As laranxas adxudícanse o derbi ante As Burgas cun merecido 5-0
O derbi galego que hoxe puido presenciar o público de Vista Alegre quedou na casa e con claridade. As laranxas adxudicáronse os tres puntos que as achegan ao ecuador clasificatoria tras un merecido 5-0 ante o Cidade das Burgas. Aínda non se cumprira o segundo minuto de xogo cando Claudia subiu a primeira vantaxe ao luminoso, nun pase cruzado de Dolo que a focega empurrou ao bordo da meta rival.  Co paso dos minutos o Burela FS Pes
19 de novembro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 9-1 Cidade de Narón   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 12-3 Troula FS   Deporte Escolar Celeiro Flanagan’s Cadete 3-8 Burela FS Cadete Cidade de Viveiro Infantil 0-6 ED EON Burela FS Infantil
21 de novembro de 2011
Aarón, Samuel e David, convocados por Galicia Sub-19
Os xuvenís do CD Burela FS Pescados Rubén Aarón Fraga e Samuel Rojo foron convocados pola Selección Galega Sub-19 na súa preparación de cara ao nacional, que comezará a finais de decembro. O primeiro adestramento será hoxe no pavillón de Roxos, en Santiago de Compostela (18.45 horas); para a cita tamén foi reclamado o gardameta laranxa David Rodríguez, aínda que non poderá asistir por incompatibilidades cos seus estudos. Completan o ch
21 de novembro de 2011
Mera FS-Burela FS, nos cuartos da Copa Galicia
Tras a importante vitoria en Melilla (0-2) da semana pasada e antes de pensar na súa próxima cita en Vista Alegre, ante o Gasifred Ciutat d’Eivissa, o Burela FS aparta a axenda ligueira para internarse mañá nos cuartos da XXI Copa Galicia ante o Mera FS, da Segunda División B. O pavillón A Rabadeira de Oleiros acollerá o encontro ás 21.00 horas. A escuadra laranxa medirase ao ex-equipo
21 de novembro de 2011
Panificadora 1-5 Riazor
Ante un desacerto arbitral que desconcertou a ambos os equipos e ao mesmo público, o Panificadora del Eo Ribadeo FSF deixou escapar os tres puntos do seu feudo, esta vez ante o CD Riazor FS da Coruña (1-5), equipo que con 45 goles a favor se alza como o máximo goleador de Autonómica. As de Martínez, nerviosas e precipitadas no xogo en busca da primeira vitoria desta tempada, fóronse ao descanso cun marcador adverso de 0-2 por dous des
22 de novembro de 2011
Martes 6 de decembro, ás 18.30 horas, Burela FS-Autos Lobelle, na Copa do Rei
O espectáculo da Copa do Rei volve a Vista Alegre coa terceira eliminatoria de 2011, entre o CD Burela FS Pescados Rubén e o Autos Lobelle de Santiago FS, da Primeira División. O flamante encontro terá lugar o martes 6 de decembro, ás 18.30 horas. A última vez que se viron as caras santiagueses e burelaos foi na pretempada, a comezos de setembro, cun axustado 2-3 para os de Tomás de Dios. O Bu
22 de novembro de 2011
A polémica arbitraxe turba o Mera FS-Burela FS (5-4) da Copa Galicia
O CD Burela FS-Pescados Rubén quedou eliminado onte dos cuartos da XXI Copa Galicia da Federación Galega de Fútbol Sala ante o Mera FS (5-4) nun espectáculo con moitas posibilidades que quedou turbado polo protagonismo da polémica arbitraxe. O equipo laranxa sufriu o acoso dun incesante goteo de tarxetas e expulsións. A escuadra do CD Burela FS tivo que deixar a un lado o que mellor sabe facer, xogar ao fútbol sala, para limitarse a s
23 de novembro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Cidade de Viveiro FS-Burela FS Domingo 27 de novembro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro Liga Autonómica Cadete CDM Bembrive FS-Burela FSSábado 26 de novembro, ás 18.00 horas, no pavillón municipal de Bembrive Deporte Escolar Viveiro FS Cadete-ED EON
24 de novembro de 2011
A pola terceira ante o Eivissa
O Burela FS-Pescados Rubén perseguirá esta fin de semana, en Vista Alegre, a súa terceira vitoria consecutiva, na visita do Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, duodécimo clasificado da Segunda División (18.30 horas). Despois de Manzanares (10-3) e Melilla (0-2), chegou o momento de dar un paso adiante, con determinación e confianza; dende a quinta praza, o equipo, os xogadores e a afección temos una grande oportu
25 de novembro de 2011
O Burela Pescados Rubén remonta un encontro complexo ante o Space Gasifred
O Burela FS Pescados Rubén venceu ao Space Gasifred Eivissa por 5-3 tras culminar a remontada no tramo final do duelo. Este triunfo, terceiro consecutivo, sumado á sorprendente derrota do Oxipharma FS comprime a zona alta da clasificación da Segunda División. O Burela é cuarto a cinco puntos do liderado, a un do segundo e terceiro posto que ocupan Hotels Praza Andorra e Fuconsa Xaén, respectivamente. O choque en Vista Alegre comezou cu
26 de novembro de 2011
Panificadora 2-4 Sada FSF
O Panificadora del Eo non puido imporse ao Sada FSF na casa (2-4). Definitivamente, o gol das ribadenses está rodeado de infortunio; dun total de vinte e un disparos á portería rival durante a segunda metade, só conseguiron materializar un gol. Foi un partido igualado durante os primeiros vinte minutos, aínda que coa batuta por parte do Panificadora ante un Sada con xogadoras moi veteranas, algunhas con experiencia en Honra e ex-compo
28 de novembro de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Cidade de Viveiro FS 1-5 Burela FS Liga Autonómica Cadete CDM Bembrive FS 3-4 Burela FS Deporte Escolar ED EON Burela FS Alevín A (Grupo A) 12-0 Cidade de Viveiro Alevín ED EON Burela FS Alevín A (Grupo B2) 9-1 Celeiro Flanagan’s Alevín
28 de novembro de 2011
O CD Burela FS, membro do padroado da Fundación Imdecum
O CD Burela FS-Pescados Rubén participou o venres pasado na presentación en sociedade da Fundación Imdecum, Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña, entidade da que forma parte como membro do padroado. O acto, que tivo lugar no auditorio municipal de Burela, estivo apadriñado polo vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo, Antonio Veiga; o xefe de servizos de Deporte da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Rozas; o deputa
28 de novembro de 2011
A Pataca Naranxa inicia a recollida de xoguetes xunto á Cruz Vermella
Un ano máis, e xa van oito, a peña burelista A Pataca Naranxa iniciou a campaña “Un xoguete, unha ilusión”, xunto á Cruz Vermella, para axudar a que todos os nenos e nenas poidan gozar do encanto do Nadal. Ata o 20 de decembro, todas as persoas interesadas poderán depositar os seus agasallos no pavillón Vista Alegre, de luns a venres pola tarde, coincidindo coa apertura das instalacións deportivas para os diferentes adestramentos, e n
29 de novembro de 2011
Venda anticipada para a Copa do Rei, Burela FS-Lobelle
O Burela FS xa abriu a venda anticipada para o duelo galego Burela FS Pescados Rubén-Autos Lobelle de Santiago, da Copa do Rei, que terá lugar o vindeiro martes, 6 de decembro, ás 18.30 horas, en Vista Alegre. Todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, 97); o prezo para socios/as será de 3 euros e para non socios/as de 10. Cada entrada entrar
30 de novembro de 2011
40 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores