Noticias
Arquivo de Novembro 2012
Cómoda vitoria e pase as semifinais da Copa Galicia
O Burela Pescados Rubén logra a clasificación para as semifinais da XXII Copa de Galicia tras derrotar con claridade ao Noia FS por 1-6.
O conxunto mariñán non tivo excesivos problemas para imporse ao Noia, a pesar de que os locais se adiantaron no marcador. O tanto animou os coruñeses, que mostraron a súa mellor versión no primeiro cuarto do choque. Mimi iniciou o espertar laranxa e Nacho Pedraza situou o 1-2, marcador co que se chegou ao descanso. Na continuación, o equipo dirixido por Julio Delgado foi o dominador absoluto do partido. Dani Martín, por partida d
1 de novembro de 2012
Último adestramento da semana, en Alacante
Complicado desprazamento á cancha alacantina
O Burela FS Pescados Rubén pelexará por conservar a praza de honra no difícil desprazamento á cancha do UA Alicante; a oitava xornada de Primeira dará comezo mañá ás 19.00 no pavillón universitario da cidade levantina. “É o partido máis complicado ata o momento no calendario, non só pola configuración do equipo, senón tamén pola pista, unha superificie gomosa que pode frear enormemente o noso xogo”, explicou a porteira laranxa Patricia Otero,
2 de novembro de 2012
Vista Alegre recibe o Leis, co Burela B pisándolle os talóns (sábado, 17.00)
Vista Alegre recibirá mañá o Leis Pontevedra nun desafío de proximidades na Terceira División. O Burela FS Pescados Rubén fará valer o factor cancha na oitava xornada pisándolle os talóns o seu rival na tentativa de escalar á zona alta; tan só 1 punto o prexudica sobre os pontevedreses (13 puntos). O duelo arrincará ás 17.00 horas. O conxunto de Iván Cao ‘Lucas’ buscará prolongar a súa boa dinámica de resultados, tras as vitorias
2 de novembro de 2012
Orgullo galego
Épica vitoria do Burela Pescados Rubén, que defendeu con intelixencia e orgullo a súa escasa renda (1-2) nuns minutos finais que disputou en inferioridade numérica, tras a expulsión de Lucía Nespereira, e co Universidade de Alacante con xogo de cinco.
Non mereceu sufrir tanto o equipo dirixido por Javier Pardeiro, que logra tres valiosos puntos nunha cancha complicada e mantén o pulso polo liderado da Primeira División. Tras oito xornadas, un empate e sete vitorias consecutivas iluminan o ronsel laranxa. O encontro respondeu ás expectativas e ambos os equipos presentaron as súas credenciais desde o asubío inicial. O conxunto alacantino saltou á pista con ambición, presionando
3 de novembro de 2012
Igualdade na pista, igualdade no marcador entre o Burela B e o Leis (2-2)
O Burela FS Pescados Rubén B aferrouse o sábado pasado a un valioso punto tras unha pugna moi igualada na visita do Leis Pontevedra (2-2), un partido moi intenso no que ambas as escuadras se afanaron máis en defensa ca en ataque e no que o cadro mariñán marcou sempre o ritmo do electrónico. O adestrador laranxa, Iván Cao ‘Lucas’, valorou a capacidade de superación dos seus xogadores nunha cita con pouca mobilidade de cara á porter
5 de novembro de 2012
O Burela FS regresa cunha de cal e unha de area no desprazamento xuvenil á capital galega
As promesas do Burela FS Pescados Rubén regresaron cunha cal e unha de area no seu desprazamento xuvenil á capital galega. A ledicia do conxunto da Liga Nacional, que se impuxo ao Santiago Futsal por un merecido 1-3, tivo como contrapunto o resultado desfavorable dos de Autonómica, que sucumbiron aos composteláns nunha cita goleadora (8-5). Os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ realizaron unha gran primeira parte e souberon sufrir tras o
5 de novembro de 2012
Ribadeo 1-2 Cidade de Ourense
El Cidade de Ourense fue otro de los equipos de la liga gallega femenina que se llevó los tres puntos de Ribadeo (1-2) sin un claro merecimiento. Las mariñanas, que dieron la cara  durante todo el partido y con muy buena nota, buscaron la victoria que se les viene negando desde el inicio de la competición, ante un experimentado Cidade de Ourense, filial del Ponte Ourense y recién descendido de Segunda División.El enorme desgaste físic
6 de novembro de 2012
Erik, Carlos e Fabio, na primeira lista de convocados de Galicia Sub-19
Os xuvenís burelistas Erik Campo, Carlos Valle e Fabio Sequeiros foron reclamados polo combinado galego sub-19 para comezar a andadura da tempada. Segundo informou a Federación Galega de Fútbol esta mañá, a primeira sesión preparatoria de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais de decembro será o vindeiro luns, 12 de novembro, ás 19.00 horas, no pavillón compostelán de Santa Isabel. Xunto aos deportistas laranxas,
7 de novembro de 2012
A base laranxa exhíbese en Burela
As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén exhibiranse esta fin de semana na casa. Dos sete encontros que figuran na axenda das promesas laranxas, cinco serán entre Vista Alegre e Monte Castelo. O sábado, coa bomboneira como gran testemuño, abrirán a xornada en amigable os benxamíns e alevíns e pola tarde, ás 16.00 horas, os cadetes recibirán o CD Beade, en Autonómica. O domingo tamén haberá un combinado de
8 de novembro de 2012
Conta atrás copeira para o venres, ás 21.00 horas (Burela FS-Santiago Futsal)
O Burela FS Pescados Rubén xa ten data para o emocionante duelo de Primeira que lle deparararon as semifinais da XXII Copa Galicia. O cadro laranxa espera a visita do Santiago Futsal a Vista Alegre para o venres, 16 de novembro, ás 21.00 horas. A noticia foi moi ben recibida polos mariñáns, nunha cita á que lle poden sacar moito proveito. Este cara a cara non só servirá de antesala da 10ª xornada
8 de novembro de 2012
O Burela B visita a pista do pechacancelas
A novena xornada de Terceira División envía o Burela FS Pescados Rubén B a Marín, á pista do pechacancelas, Grupo7a CAFYD, unha oportunidade a priori excelente para que os laranxas continúen a boa etapa de resultados e se manteñan por riba do ecuador clasificatorio. O encontro será o domingo, no pavillón A Raña, ás 12.30 horas. Para o xuvenil Carlos Valle Izaguirre, máis coñecido como Carlitos, non pode haber dúbidas na resolució
9 de novembro de 2012
O equipo feminino recibe a un reforzado Valladolid
Vista Alegre volverá a vivir unha xornada intensa na Primeira División Feminina co enfrontamento entre o equipo laranxa e o Valladolid (Vista Alegre. Sábado 18.30 horas), chamado a ser un dos protagonistas nas primeiras posicións da táboa e que ven de facer un esforzo económico importante para optar a todo na categoría. Con sete vitorias e un empate, o conxunto que dirixe Javier Pardeiro está situado na segunda p
9 de novembro de 2012
Emocionante empate (3-3) en Vista Alegre con tres goles de Lucía
Cargouse en exceso de faltas o equipo laranxa no primeiro tempo para recibir ao Valladolid, un equipo armado de principio a fin e cunha calidade indiscutible, pero o equipo de Pardeiro fixo bo o xogo de posesión para adiantarse no marcador por mediación da goleadora da noite, Lucía (1-0. Minuto 17). Malia os esforzos por levarse os tres puntos, o Burela FSF Pescados Rubén topouse cun gran equipo castelán afortunado en determinados momentos e o
11 de novembro de 2012
O Burela FSB non pasa do empate (4-4) en Marín
Os mariñanos empezaron floxos e encaixaron tres goles nos primeiros 11 minutos, dous deles en propia porta, o que condicionou o transcurso do choque ante o pechacancelas Grupo7a Cafyd. Os de Iván Cao ‘Lucas’ comezaron a xerar ocasións claras de gol a partir do terceiro gol local, pero non lograban materializar ata que Souka transformou dous tantos que achegaban aos laranxas no marcador (3-2) nos minutos 13 e 16. Tralo reinicio, os
12 de novembro de 2012
Brillantes resultados en categorías de base con só unha derrota en autonómica
Os equipos pertencentes ás categorías de base fixeron un máis que aceptable fin de semana con vitorias de cadete e infantil en autonómica e o xuvenil en nacional. A única derrota foi a do xuvenil en autonómica fronte ao Hércules FS por 5-0. Tamén houbo enfrontamentos amigables entre os benxamíns e o equipo alevín B (6-6) e o infantil contra o alevín A (2-3). No cadro de resultados pode verse o detalle.
12 de novembro de 2012
Avilés Sport y CD Burela FS, unidos pola base.
Ambos os dous clubs rubricaron convenio de colaboración para potenciar e dar continuidade á progresión de xogadores da estrutura avilesina no CD Burela FS
O pasado día 12 o Presidente do Club Avilés Sport e o Director Deportivo deste, trasladáronse á sede da entidade burelista procedendo a selar o acordo de colaboración entre ambas as dúas entidades. En virtude do devandito acordo os xogadores avilesinos poderán continuar o seu progesión e aprendizaxe na estrutura mariñana. O Directivo, José Luis Sáez, manifestou " na constante aposta polos mozos deportista asinouse este convenio que beneficiará a
14 de novembro de 2012
A foto de familia concentra en Vista Alegre a todos os equipos laranxas
Xogadores e xogadoras das escolas deportivas, equipos de base, equipo B, feminino e masculino de Primeira División, ademais dos equipos directivo e técnico, e monitores e monitoras do CD Burela FS Pescados Rubén déronse cita no pavillón Vista Alegre para realizar un ano máis a xa clásica fotografía de familia. A instantánea será a protagonista principal do Calendario Laranxa 2013 que o club xa prepara en conxunto con empresas patr
14 de novembro de 2012
O equipo B mídese ao Ventorrillo en Vista Alegre
O equipo B xoga en Vista Alegre (sábado. 18:30 horas) ante o Ventorrillo FS un novo partido de Liga. O cadro visitante, que ven de perder co Esteo, conta cun conxunto composto por xogadores de calidade contrastada, “entre os que se atopan Javi Albéniz e Edu, ex do Carballiño”, tal e como confirma Iván Cao ‘Lucas’. Non obstante, o adestrador do Burela FS Pescados Rubén B considera que o seu equipo está “preparado para volver a most
14 de novembro de 2012
O cadro feminino visita ao Centelles catalán coa mirada posta no liderado
As xogadoras laranxas, que viaxan a Cataluña coa única baixa de Haydee, son conscientes da importancia dos tres puntos que poderían darlles o primeiro posto da clasificación, xa que nesta xornada descansa o Atlético de Madrid. O Burela FSF Pescados Rubén mídese este sábado ao colista, CFS Femini Centelles. Javier Pardeiro advirte que “o rival pecharase atrás e ten xogadoras moi rápidas á contra, que estarán esperando o noso fallo”
15 de novembro de 2012
Cadro de enfrontamentos das categorías de base para o fin de semana
Cadro de partidos das categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén.
15 de novembro de 2012
Líderes
O Burela Pescados Rubén accede ao liderado, tras vencer por 0-2 na cancha do Centelles, aproveitando a xornada de descanso do Atlético de Madrid Navalcarnero. A escuadra dirixida por Javier Pardeiro lidera a clasificación na décima xornada de Primeira División con 26 puntos, froito de dous empates e oito vitorias.
O choque en terras catalás foi un monólogo do conxunto mariñán ante un Centelles voluntarioso pero con escasos recursos ofensivos. Unicamente a falta de acerto na definición laranxa, os paus, e a actuación de Pipó, porteira local, impediu un marcador máis amplo. Peque encarrilou moi pronto o choque, minutos dous, tras un roubo en zona alta e definición perfecta ante Pipó. O Burela exerceu un dominio absoluto no xogo pero careceu de pegada para se
18 de novembro de 2012
Partido de vértigo e día do club ante Inter Movistar no regreso da Liga a Vista Alegre
A competición da Primeira División masculina regresa a Vista Alegre (sábado 24. 17 horas) co enfrontamento ante o Inter Movistar madrileño, logo do excepcional partido de Copa ante o Santiago Futsal. Será este un enfrontamento de vertixe que será retransmitido pola TVG e que traerá ao pavillón burelao a un dos equipos con máis historia no deporte do fútbol sala en España. A afección laranxa está chamada a ser
21 de novembro de 2012
Resultados da fin de semana nas Escolas Deportivas
Este é o detalle dos partidos.
21 de novembro de 2012
Axenda de enfrontamentos da base para a fin de semana
Este é o cadro de enfrontamentos para o fin de semana que ven.   NOTA IMPORTANTE: A petición do CD Burela FS, queda aprazado o partido de Liga en infantil autonómica previsto para este fin de semana entre ACD Lumieira e o CD Burela FS. A data de celebración do mesmo será en principio o 26 de xaneiro de 2013.
21 de novembro de 2012
Reunión coa comisión técnica de árbitros da FGF
A comisión técnica de árbitros da Federación Galega de Fútbol (FGF) reuniuse cos equipos masculino e feminino, e técnicos de todas as categorías, do CD Burela FS Pescados Rubén para explicar os cambios acontecidos no regulamento para este ano. Estiveron presentes por parte da FGF Jacinto Artigas Aller, como presidente da comisión, e Álvaro Cid Bragado, director técnico do CTGAFS. Ademais de explicar os cambios máis importantes, os
22 de novembro de 2012
Desprazamento complicado para o equipo B
O Burela FS Pescados Rubén B ten un enfrontamento complicado logo da derrota sufrida ante o Ventorrillo (4-6) en Vista Alegre a pasada fin de semana. Os de Iván Cao ‘Lucas’ mídense ao Pazos de Borbén, que ocupa a terceira praza da categoría, o sábado ás sete da tarde. A escuadra pontevedresa faise forte na casa, onde perde moi poucos puntos, e conta ademais con xogadores moi físicos que a bo seguro complicarán o traballo ao conxun
23 de novembro de 2012
O Burela FSF Pescados Rubén defende o liderado ante o Cidade das Burgas
O conxunto feminino recibe a visita do Cidade das Burgas (Domingo. Vista Alegre, 12.30 horas) na súa defensa do liderado recentemente adquirido. As ourensás ocupan a zona baixa da táboa, pero perderon nos seus últimos desprazamentos ante Gironella e Orvina pola mínima. O adestrador Laranxa, Javier Pardeiro advirte que son “un conxunto moi físico e que se desenvolve ben en segundas xogadas, polo que temos que ter coidado cos rexeites e as súas
23 de novembro de 2012
Derrota (1-2) con sabor a vitoria ante o todopoderoso Inter Movistar
Despediuse Vista Alegre dos seus xogadores cunha ovación en toda regra a pesar da derrota (1-2) ante Inter. Os de Xullo Delgado fixeron un partido inmenso en defensa, especialmente Iago Barro que parou de todo e por todos lados, e tiveron ata tres dobres penaltis ao seu favor para terminar cedendo ante a calidade de Betao, que fixo o dobrete visitante. O Burela FS Pescados Rubén continúa sen puntuar, pero o sabor de boca deixado e
24 de novembro de 2012
O equipo feminino vence no derbi galego (5-2) e consolida o liderado
As de Javier Pardeiro están a facer de Vista Alegre o seu fortín particular. Venceron ante o Cidade das Burgas por 5-2 e, logo do empate do Navalcarnero en terras navarras, consolidan o primeiro posto de Primeira cunha constancia espectacular e un xogo que invita ao optimismo. O dominio do encontro foi para as locais que encadearon cinco goles consecutivos e arruinaron as esperanzas ourensás cun xogo de control que podía coa animo
25 de novembro de 2012
Peque volve á Selección Española para o Mundial de Portugal (3-9 decembro)
A determinante ala-pivote laranxa Patricia González Mota, Peque, volverá lucir a camisola vermella no III Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino 2012 de Portugal (3-9 de decembro). A Real Federación Española de Fútbol solicitoulle onte ao Burela FS Pescados Rubén a incorporación da xogadora madrileña, que substituirá na convocatoria definitiva a Sara Iturriaga, do Orvina. Dende hoxe Peque formará parte da expedición vermella, que
26 de novembro de 2012
Resultados das categorías de base
Fin de semana con moitos goles
26 de novembro de 2012
O Burela B salvou un punto na pista do Borbén (4-4)
O Burela FS Pescados Rubén B puido salvar esta fin de semana un punto na pista do Pazos de Borbén, remontando un 4-2 no último minuto (4-4). Os pupilos de Lucas perdoaron demasiado na primeira parte e iso pasoulles factura. Cun axustado 1-2 reincorporáronse os laranxas do descanso, cun pesado lastre de imprecisións e fallos defensivos que catapultaron no electrónico aos locais. Houbo que esperar aos últimos segundos para subir a i
26 de novembro de 2012
Comeza o tour semanal laranxa, con escalas en Melilla e Murcia
O Burela FS Pescados Rubén ultima os detalles para iniciar con enerxía o tour que o manterá lonxe da Mariña durante toda a semana. A expedición laranxa partirá mañá pola con rumbo a Melilla para disputar pola tarde-noite os dezaseisavos da Copa do Rey (20.30 horas), ante un rival co que xa se mediu na Segunda División. A segunda escala burelista será o sábado, na sétima xornada de Primeira, na pista do titán ElPozo Murcia (18.
27 de novembro de 2012
CD Mosteiro-Bembrive FS 4-0 Ribadeo FS
El Ribadeo no pudo cosechar la primera victoria de la temporada que tanto se le resiste, en su desplazamiento a Vigo para medirse al Mosteiro-Bembrive, descendido de Segunda;  regresó con un marcador adverso de 4-0. Las de Martínez fueron sentenciadas a la contra y regresaron de vacío con un resultado que no justifica el trabajo realizado. Ana, en el minuto 16.30, desaprovechó la mejor ocasión del partido para adelantar a su
28 de novembro de 2012
Foto: La Voz de Galicia
Lidia recibiu a ovación da súa terra na XXIV Gala do Deporte de Narón
A laranxa Lidia Mesías gozou da ovación da súa terra o venres pasado na XXIV Gala do Deporte de Narón. A xogadora do Burela FS Pescados Rubén recibiu o galardón como Mención Especial pola súa internacionalidade das mans da edil de deportes, Natalia Hermida. O Pazo da Cultura da localidade coruñesa acolleu un certame con 11 premios principais, por méritos, dedicación, traxectoria, mencións especiais…, e máis de 70 por especialidade
28 de novembro de 2012
Os burelistas deixan a Copa do Rei
Os burelistas deixaron a Copa do Rei onte na rolda de dezaseisavos fronte ao Melilla FS, vendo escapar o empate lonxe da casa no último minuto (3-2). “Fomos de máis a menos; aínda que tivemos o control durante case todo o encontro, a nosa presenza ofensiva reduciuse, sobre todo na segunda parte, e o rival soubo aproveitar o seu maior acerto arriba”, analizou Julio Delgado. A pesar do esgotador desprazamento, o cadro mariñán inicio
29 de novembro de 2012
Reencontro do Burela FS coas Burgas, nas semis da Copa Galicia (xoves 6, 12.00 horas)
En menos de dúas semanas o Burela FS Pescados Rubén volverá verse as caras co Cidade das Burgas, nas semifinais da XXII Copa Galicia. Tras a vitoria en Vista Alegre do domingo pasado (5-2) e en plena parada ligueira, a escuadra de Javier Pardeiro desprazarase o vindeiro xoves, 6 de decembro, a Ourense para pelexar polo pase á cita autonómica definitiva (Os Remedios, 12.00 horas). “Non será un part
29 de novembro de 2012
Autonómica recibe dobre compromiso co Colegio Liceo
A base laranxa encara este sábado dobre compromiso co Colegio Liceo. Tras o derbi mariñán de Terceira, entre o Burela FS B e o Superti, Vista Alegre acollerá dous grandes duelos en Autonómica Cadete (18.00 horas) e Infantil (19.30) coa visita dos coruñeses, moi próximos nas táboas. Deporte Escolar concentrará as xornadas burelistas o sábado, o Cadete A visitará o Cidade de Viveiro e o B saltará á
30 de novembro de 2012
Derbi mariñán, ante o Superti, co regreso de Brais á portería laranxa (sábado 1, 16.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B e Vista Alegre vivirán o segundo derbi mariñán da Terceira División, na 12ª xornada. Os pupilos de Iván Cao, Lucas, recibirán o sólido Superti Rececende o sábado (16.00 horas), co regreso do gardameta Brais García ás filas laranxas, procedente do desaparecido Automoción La Junquera, de Segunda B. Lucas advirte certas complicacións no duelo comarcal non só pola entidade do rival senón tamén polas baixa
30 de novembro de 2012
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores