Noticias
Arquivo de Novembro 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS continúa medrando
O Burela FS Pescados Rubén volveu demostrar esta tarde a súa continua evolución. Os pupilos de Juanlu impuxéronse á revelación de Montesinos Jumilla FS (2-0) grazas a unha primeira parte de dominio absoluto e ataque efectivo e cun segundo período de solidez defensiva. Con estes tres puntos, os laranxas escalan á sexta praza (14 puntos), co soño da Copa cada vez máis preto, na semana previa á xornada de descanso.  
2 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS vence con autoridade a La Rioja FSF (0-4)
O Burela FS Pescados Rubén segue firme na súa loita de Primeira División RFEF. Os tres puntos desta mañá na pista de La Rioja FSF (0-4), tras un encontro de autoridade laranxa, permítenlles ás pupilas de Quico Otero seguir na primeira praza, con 19 puntos, empatadas co Atlético de Madrid Navalcarnero, que tamén venceu, ao UA Alicante (5-4). A escuadra mariñá brindou unha primeira parte con dominio e ocasións, fronte a un rival que
3 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Leis Pontevedra 6-1 Burela FS B
O equipo de Iván Cao ‘Lucas’ non puido prolongar o bo resultado da xornada pasada. O Burela FS Pescados Rubén B viuse freado pola fortaleza da pista do primeiro clasificado, Leis Pontevedra (6-1). Os laranxas pelexaron contra a corrente do líder, que conseguiu poñerse por diante con 3-0 en cinco minutos; no 6 de Noel, no 7 de Raúl Jiménez e no 11 de Pablo. Tras o descanso, Gus outorgoulle o 4-0 aos locais no 26. Un m
4 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Extenuante percorrido na busca de oitavos
Vinte e cinco longas e esgotadoras horas terá que percorrer o CD Burela FS Pescados Rubén antes de saltar á pista do seu rival nos dezaseisavos da Copa do Rei, o Melilla FS, sétimo clasificado de Segunda División. O pavillón Javier Imbroda acollerá a cita ás 21.00 horas. Coincidindo coa xornada de descanso burelista en liga, este será o único compromiso da semana para os laranxas, que partiron de terras galegas hoxe ás 7.00 horas
4 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Lidia e Peque, convocadas por España para a concentración dos Azores
A presenza das xogadoras laranxas Lidia Mesías e Peque foi reclamada pola Selección Española para incorporarse á concentración que o combinado nacional realizará na localidade de Angra do Heroismo, capital da illa Terceira, no arquipélago dos Azores en Portugal, entre o 10 e o 14 de novembro. Completan a convocatoria: Porteiras: Belén De Uña Marzo “BELEN”          
4 de novembro de 2013
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Maren O Parrulo 3-0 CD Burela FS Maren O Parrulo FS: Cinco inicial, Joel, Raúl, Jorge, Diego Naveira Miguel (1); tamén xogaron Diego López (1), Diego Vigo, Muriel (1) e Zoel CD Burela FS: Cinco inicial, Noé, Mini, Aitor, Pitero e Jordan; tamén xogaron Aleixo, Kaká, Xosé, David, Vilariño, Chiky e Aarón Árbi
5 de novembro de 2013
Matamoros súmase a Antoñito na lista de convocados de España ante Grecia (Murcia, luns 11)
O máximo goleador burelista, Jorge Valhermoso Matamoros, sumouse a Antoñito na lista de convocados de Venancio López para o partido homenaxe a Kike Boned entre España e Grecia, que terá lugar o luns 11 de novembro, no Palacio dos Deportes de Murcia. Para ambos os xogadores esta será a segunda oportunidade coa Vermella no que vai de tempada. Antoñito estreouse como internacional absoluto na última cita do combinad
5 de novembro de 2013
Foto: www.melillaesdeporte.es
O Burela FS cóase en oitavos de Copa na prórroga
O Burela FS Pescados Rubén gañou onte o pase a oitavos de final da Copa do Rei logo dun duro partido na pista do Melilla FS, de Segunda División (1-2). Os pupilos de Juanlu proclamáronse vencedores da eliminatoria, logo dun encontro no que a falta de acerto na primeira parte e a pouca frescura da segunda os obrigaron a recorrer ao tempo de prórroga. Os mariñáns demostraron o seu dominio na primeira parte, aínda que puideron aprov
6 de novembro de 2013
Prebenxamín 2013-14
Xornada das categorías de base
As categorías do CD Burela FS Pescados Rubén disputarán catro dos seus oito encontros desta fin de semana en Vista Alegre. As competicións ligueiras distribuiranse na bomboneira. Arrancará a Liga Nacional Xuvenil o sábado, ás 12.30 horas, coa visita do IES Coruxo Vigo; como antesala, o Cadete B medirase en amigable ao Cidade de Viveiro, ás 10.30 horas. O domingo, en Liga Autonómica, infantís e cadetes recibirán o Troula Betanzos
7 de novembro de 2013
A Deputación de Lugo concede un premio extraordinario aos éxitos do Burela FS
A área de Deporte da Deputación de Lugo acaba de concederlle un premio extraordinario de 24.000 euros ao Burela FS Pescdos Rubén polo título de Primeira División RFEF 2012-13. O vicepresidente provincial, Antonio Veiga Outeiro, visitou esta tarde a sede social do club laranxa para reunirse con representantes da familia burelista; xunto ao presidente, Manuel Branco, tamén estiveron presentes a directiva Alba Vila e as xogadoras Lida Mesías e Pa
7 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
IES Coruxo, rival dos burelistas de Terceira
A sétima xornada de Terceira División reunirá este sábado, como antesala do gran duelo de líderes de Primeira RFEF, o Burela FS Pescados Rubén e o Concello de Vigo IES Coruxo no pavillón Vista Alegre, a partir das 16.00 horas. Dende a décima praza (7 puntos), a escuadra laranxa intentará apoiarse no espírito da bomboneira para sacar algo positivo fronte ao cuarto clasificado (11 puntos). Os rapaces de Iván Cao ‘Lucas’ pelexarán po
8 de novembro de 2013
Fotos: A Caixa Escura
Vista Alegre decide o líder en solitario de Primeira RFEF
A oitava xornada de Primeira División RFEF plántase en Vista Alegre cun grande espectáculo. O Burela FS Pescados Rubén terá a oportunidade de durmir mañá encabezando en solitario a clasificación nun gran duelo de titáns ante o outro colíder, o Atlético de Madrid Navalcarnero. Ambas as escuadras chegan á pugna, que arrancará ás 18.30 horas, igualadísimas, con 19 puntos e coeficiente +21; as madrileñas avantaxan en
8 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Descanso laranxa en Primeira LNFS
O Burela FS Pescados Rubén gozará esta fin de semana da xornada de descanso de Primeira División LNFS. Dende a sexta praza, con 14 puntos, o cadro de Juanlu contemplará os movementos da décima cita da competición.   Tras a vitoria dos dezaseisavos da Copa do Rei, o martes en Melilla (1-2), o cadro mariñán tomou uns días de descanso; retomará os adestramentos o luns.  
8 de novembro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
O Atlético de Madrid asalta Vista Alegre e colócase líder en solitario
O duelo polo liderato da Primeira División saldouse con vitoria para o Atlético de Madrid Navalcarnero tras impoñerse por 1-2 ao Burela Pescados Rubén. Ju Delgado, autora dos goles colchoneiros, convertiuse na gran protagonista dun choque de máxima intensidade e con dominio alterno.
Durante o primeiro periodo ambos conxuntos presionaron ao seu rival con moita intensidade e, tralo tanteo inicial, alternaron o dominio no xogo pero sen ocasións claras e demasiadas imprecisións por ambas escuadras. Aínda que Patri desbaratou un par de accións de certo perigo visitante, a mellor ocasión foi para o Burela Pescados Rubén, minuto 7, pero o pau interpúxose no camiño do gol tras un disparo colocado de Peque. A igualdade do choque romp
9 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS B golea o IES Coruxo (7-2)
O Burela FS Pescados Rubén B completou o sábado a súa maior goleada no que vai de tempada, impoñéndose 7-2 ao Concello de Vigo IES Coruxo, nun encontro moi intenso no que o cadro de Iván Cao, Lucas, atopou o tan perseguido e traballado acerto na finalización. O dominio da escuadra laranxa tivo un perfecto reflexo no electrónico, con vantaxe de 4-1 ao descanso. Tras o temperán 1-0, de Keko, o conxunto vigués subiu a igualada no min
11 de novembro de 2013
Resultados das categorías de base
As ligas das categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén resolvéronse con dúas vitorias e unha derrota na última xornada. Os xuvenís impuxéronse con solvencia ao IES Coruxo Vigo (7-2), resultado idéntico ao duelo entre mariñáns e vigueses na Terceira División, e os cadetes tamén venceron en Autonómica por 4-0 ao Troula FS Betanzos. No entanto, o electrónico caeu do lado betanceiro en Autonómica Infantil (1-2), nunha cita mo
12 de novembro de 2013
Foto: melilladeporte.es
Levante Dominicos, obxectivo laranxa en oitavos da Copa do Rei
O Burela FS Pescados Rubén xa coñece o rival de oitavos da Copa do Rei, tras o sorteo realizado esta mañá na sede da Real Federación Española de Fútbol. Medirase ao Levante UD Dominicos, quinto clasificado de Segunda División, entre o 10 e o 11 de decembro, a partido único, na pista valenciana, El Cabanyal. O cadro de Juanlu superou a eliminatoria de dezaseisavos na casa do Melilla, tamén de Segunda, na prórroga,
13 de novembro de 2013
Lidia e Peque, no cinco inicial da Vermella con vitoria ante Portugal (1-2)
As burelistas Lidia Mesías e Patricia González, Peque, formaron parte do quinteto inicial no envite de onte da Selección Española con Portugal (1-2), durante a concentración que o combinado de Venancio López está realizando nos Azores dende o domingo. As españolas marcaron os tempos do partido. Ao final do primeiro período, Andrea Feijoo puxo de manifesto o dominio da Vermella de potente disparo dende fóra da área. No tramo final
13 de novembro de 2013
A base laranxa estréase na Liga Prebenxamín da Mariña
As xoias máis pequenas da base laranxa estréanse esta fin de semana na Liga Prebenxamín da Mariña 2013-14, con dúas citas na casa. En Prebenxamín 1, a ED Burela FS recibirá as Escolas de Celeiro Xove o domingo en Vista Alegre; en Prebenxamín 2, ACD Xove será o rival, o sábado, no Monte Castelo. Completan a axenda de competición ligueira xuvenís, cadetes e infantís. En Liga Nacional, os xuvenís des
14 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Confianza para o derbi fronte ao SD Xove FS
O Burela FS Pescados Rubén B chega cargado de confianza e moral ao derbi comarcal co Pizzería A Fuga SD Xove FS da oitava xornada de Terceira, despois do contundente triunfo sobre o Concello de Vigo IES Coruxo (7-2). Os rapaces de Iván Cao, Lucas, saltarán á pista municipal de Xove o sábado, ás 17.00 horas. Os laranxas chegan na sétima praza, con 10 puntos, 4 máis que os locais, que se sitúan na duodécima posición. A escuadra de A
14 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Brillo laranxa na visión goleadora de España
A finalización do Burela FS Pescados Rubén brillou onte coa Selección Española, nas zapatillas da pichichi laranxa, Peque, que xunto á súa compañeira Lidia Mesías, volveu ter unha excelente participación no segundo amigable da Vermella con Portugal. A xogadora burelista foi a protagonista dos dous tantos españois, nun encontro disputado no pavillón municipal de Angra do Heroismo dos Azores, que se decantou polo combinado luso (3-2).
14 de novembro de 2013
Juanlu, no curso de Monitor Deportivo de Burela
O técnico do Burela FS Pescados Rubén, Juan Luis Alonso, participou esta mañá no Curso de Monitor Deportivo que durante estes días se está impartindo no Centro Ocupacional do Concello de Burela. No seu relatorio, “Metodoloxía de adestramento dentro nas escolas deportivas de iniciación ao fútbol sala”, Juanlu estivo acompañado polo preparador físico do equipo sénior masculino, Alfonso Mera. Ambos os profesionais laranxas compartiron coñecement
14 de novembro de 2013
O Burela FS volve á liga coa visita do Colegios Arenas en tempos difíciles
Tras a xornada de descanso e a conservación da sexta praza de Primeira LNFS, o Burela FS Pescados Rubén volve á competición coa visita dun vello coñecido, Colegios Arenas Gran Canaria, que chega a Vista Alegre en tempos difíciles, como pechacancelas da clasificación, con 0 puntos. A 11ª xornada entre insulares e galegos está prevista para as 18.30 horas. O cadro laranxa intentará defender a súa clasificación ante un rival que vir
15 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Desprazamento á sempre complicada pista do Móstoles
O Burela FS Pescados Rubén desprázase na novena xornada de Primeira División RFEF á sempre complicada pista do Móstoles na busca dunha vitoria que o volva empoleirar á primeira praza. A cita de Villafontana comezará ás 18.30 horas. Con 19 puntos, a escuadra de Quico Otero defende a segunda praza empatada con Cidade de Alcorcón, logo dos tres puntos perdidos co líder actual, Atlético de Madrid Navalcarnero (22 puntos), a semana pa
15 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Tarde pouco afortunada para os laranxas
O Burela FS Pescados Rubén tan só puido conseguir un punto nunha tarde pouco afortunada na visita do pechacancelas, Colegios Arenas Gran Canaria (2-2), que chegaba sen puntos a Vista Alegre. Malia tomar a iniciativa sobre a pista, os pupilos de Juanlu víronse obrigados a ir a remolque no marcador nun partido que pechou Matamoros co empate a 18 segundos para a bucina final. Comezaron os locais con ganas de dominar o xogo e poñer perigo sobre a met
16 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS golea o Móstoles (1-7)
As pupilas de Quico Otero resolveron con contundencia a súa visita á correosa pista do Móstoles. O Burela FS Pescados Rubén goleou 1-7 nunha cita baixo mínimos, na que non puido contar coa internacional Lidia Mesías, que regresou da concentración con España cunha forte contractura, e onde Lara tamén tivo problemas musculares por un mal golpeo. O rápido gol de Maite, no minuto 3, que quedou soa ante a porteira logo dun desmarque de Peque ás costas
16 de novembro de 2013
Triunfo laranxa no derbi mariñán ante o Xove FS
O Burela Pescados Rubén B venceu por 1-3 no derbi mariñano ante o Pizzería A Fuga Xove. Antón Couto erixiuse en protagonista do encontro ao conseguir un hat-trick que recompensou o dominio laranxa durante gran parte do choque.
A escuadra de Lucas levou a iniciativa do xogo ante un conxunto local que esperaba a súa oportunidade ao contragolpe. O Burela golpeou nada máis empezar, pero os xovenses lograron aproveitar a súa oportunidade para igualar a contenda e chegar ao descanso co empate a un tanto. Na continuación, ambos equipos mantiveron o mesmo guión aínda que a quinta falta laranxa propiciou que descendese a intensidade da súa presión e os locais amosaronse máis
18 de novembro de 2013
Resultados de base
Liga Nacional Xuvenil Vilalba FS 2-6 CD Burela FS   Liga Autonómica Cadete IES Coruxo Vigo FS 3-2 CD Burela FS   Liga Autonómica Infantil IES Coruxo Vigo FS 2-4 ED Burela FS
19 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Lidia Mesías e Peque defenderán a España no Campionato do Mundo (13-21 decembro)
Tan só catro días despois do regreso da Vermella dos Azores, o CD Burela FS Pescados Rubén recibiu a convocatoria da Selección de España destinada a Lidia Mesías e Peque para participar no IV Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino, que se disputará en terras españolas, en Alcázar de San Juan e Cidade Real entre o 13 e o 21 de decembro. As xogadoras laranxas, que xa tiveron a oportunidade de prepararse co comb
19 de novembro de 2013
Catro amigables na casa para os pequenos/as burelistas
Os pequenos/as burelistas disputarán catro dos oito encontros desta fin de semana na casa. Serán compromisos amigables
21 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
5Coruña FS chega a Burela como farol vermello de Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B recibe este sábado o 5Coruña FS en Vista Alegre como farol vermello da Terceira División. A novena xornada entre herculinos e mariñáns comezará as 16.00 horas. Tras os resultados positivos das dúas últimas xornadas, o cadro de Iván Cao, Lucas, ten unha oportunidade de ouro para asentarse na sexta praza (13 puntos) e seguir pelexando por colocarse entre os mellores da táboa. Enfronte terá o pechacancela
21 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Recta final por un soño
O Burela FS Peixes Rubén visitará a pista do Jáen Paraíso Interior FS no duodécimo compromiso de Primeira, mañá ás 18.00 horas. Esta será a primeira das catro finais que quedan por diante na última recta para conseguir o soño da Copa de España. A escuadra laranxa, que xa adestrou esta mañá en terras xienenses, saltará á pista “con moitas ganas” despois do agridoce empate na casa con Gran Canaria
22 de novembro de 2013
Patri, Jozi e Bea Mateos, no curso de Monitor Deportivo de Burela
As porteiras Patri e Jozi e a xogadora Bea Mateos participaron esta mañá no Curso de Monitor Deportivo que durante estes días se está impartindo no Centro Ocupacional do Concello de Burela. As representantes do CD Burela FS Pescados Rubén compartiron coñecementos e experiencias cos 15 alumnos/as do curso de formación para desempregados e o seu profesorado, ademais de convidalos para o gran derbi galego de mañá.
22 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Vista Alegre engalánase de duelo galego de elite
O pavillón Vista Alegre engalanarase na décima xornada da elite para recibir o sempre emocionante duelo galego entre o Burela FS Pescados Rubén e o histórico Ponte Ourense. Mañá, o espectáculo en forma de derbi arrancará ás 18.30 horas. Dende a segunda praza (22 puntos), empatado con Ciudad de Alcorcón, o cadro mariñán recibe as pontinas, na novena posición (11 puntos) encadeando dúas derrotas nas
22 de novembro de 2013
Fotografía: Prensa Jaén Paraíso Interior
O Burela cae derrotado na súa visita a La Salobreja
O Burela Pescados Rubén caeu derrotado por 4-0 na súa visita a La Salobreja ante un Xaén Paraíso Interior que aproveitou mellor as súas ocasións.
Durante o primeiro periodo os locais exerceron unha presión alta a un Burela que lograba liquidala con facilidade, pero esa claridade na saída do xogo transformábase en escuridade á hora de materializar as ocasións. O Burela Pescados Rubén perdoou en exceso e ao descanso chegouse sen goles. Na continuación, o partido rompeuse a favor dos andaluces nos primeiros cinco minutos. Sergio, Yoni e Miguelín asestaron un golpe tras outro para situar un 3-
23 de novembro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
Triunfo laranxa no derbi galego
Vitoria do Burela Pescados Rubén por 5-4 no derbi galego ante o Ponte Ourense nun encontro intenso, con alternativas no marcador e con emoción ata o final. Peque decantou un derbi aberto ao transformar un penalti no último minuto.
O conxunto burelés remou contracorrente desde o inicio do choque debido ao tempraneiro tanto logrado por Souza no seu primeiro disparo. Con esta vantaxe as ourensás reforzaron o seu plan de contención e contragolpe ante un Burela que dominaba pero non lograba atopar a chave do candado. O empate chegou nunha bonita combinación entre Lidia, Maite e Peque que estableceu unha igualada que acentuou o dominio local, pero o Ponte Ourense volveu tirar de
23 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Venda anticipada para a visita do líder á bomboneira
A venda anticipada de entradas para a visita do Inter Movistar á bomboneira estará dispoñible dende hoxe pola tarde na sede do club laranxa. Horario de atención: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00) O Burela FS Pescados Rubén disputará o seu terceiro e último Día do Club desta tempada co líder de Primeira, este sábado, 30 de novembro, ás 16.30 horas, con emisión en directo de TVG2.
25 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Goleada na terceira vitoria consecutiva dos laranxas
O Burela FS Pescados Rubén B sumou a súa terceira vitoria consecutiva na Terceira División con goleada na visita a Vista Alegre do pechacancelas, o 5Coruña FS (8-0). Tras unha primeira parte, na que Manu e Pancho avantaxaron os locais, a escuadra de Iván Cao, Lucas, afinou puntería con Manu, de penalti (minuto 25), Alemán (minuto 30) e un dobre penalti de Manu (minuto 32). Con 5-0, a reacción dos coruñeses con porteiro-xogador aín
25 de novembro de 2013
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Noia FS 2- 5 CD Burela FS   Liga Prebenxamín da Mariña AD Praia de Covas 6-2 ED Burela FS (Prebenxamín 1) AD Praia de Covas 3-2 ED Burela FS (Prebenxamín 2)   Amigables Ci
26 de novembro de 2013
O fútbol sala laranxa cóase nas aulas de Riotorto
O fútbol sala e o CD Burela FS Pescados Rubén coáronse onte nas aulas do CEIP de Riotorto para transmitir ao seu alumnado a marabillas deste deporte. Xunto ao director da ED Burela FS e preparador físico do equipo sénior masculino, Alfonso Mera, compartiron unha entretida mañá cos nenos/as os xogadores de Primeira División Juanma e Claudia. Os alumnado do veciño concello mariñán descubriu a través de tres dos seus protagonistas o
26 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Jozi tamén estará no Campionato do Mundo (13-20 de decembro)
A porteira laranxa Jozi, tricampioa do mundo, volverá defender o Brasil no IV Campionato do Mundo de Fútbol Sala Feminino, que se disputará entre Alcázar de San Juan e Cidade Real do 13 ao 20 de decembro. A canarinha será a terceira representante do CD Burela FS Pescados Rubén na cita mundial, logo da convocatoria de Lidia Mesías e Peque por parte de Venancio López con España. Completan a convocatoria de Manoel Tobias, que se reu
27 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Axenda da base para a fin de semana
Liga Nacional Xuvenil CD Burela FS-O Esteo FSDomingo 1 de decembro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Cadete CD Burela FS-Peña Españolista SarriaDomingo 1 de decembro, ás 17.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Infantil
28 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS B viaxa á Fonsagrada cun punto de vantaxe
O Burela FS Pescados Rubén B viaxará este sábado á Fonsagrada nunha excelente etapa defendendo a cuarta praza (16 puntos) cun punto de vantaxe sobre o  Ribeira FS, que ocupa a sexta praza empatado co Santiago Futsal (15). O encontro da décima xornada de Terceira División comezará ás 12.30 horas (pavillón municipal). Os de Iván Cao, Lucas, desafiarán as boas individualidades dos locais para bu
28 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O mellor equipo da Liga arriba a Vista Alegre
O Inter Movistar arriba mañá a Vista Alegre como o mellor equipo da liga ante un Burela FS Pescados Rubén que esgotará todos os seus cartuchos para non despegarse de postos da Copa de España (Logroño, 13-16 de marzo de 2014). O encontro da 13ª xornada comezará ás 16.30 horas, con emisión en directo de TVG2. Os números da escuadra interista entrarán na bomboneira como fogos de artificio; o equipo de Jesús Velasco
29 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS despedirá o ano na casa do Roldán (domingo 1, 13.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén disputará este domingo a 11ª xornada de Primeira División RFEF na pista do levantino Roldán FSF (pavillón municipal Gabriel Pérez, 13.00 horas). Este será o último compromiso do cadro de Quico Otero antes do descanso ligueiro polo Campionato do Mundo de Fútbol Sala (13-20 de decembro, Alcázar de San Juan-Cidade Real) e con toda probabilidade o último de 2013, posto que o equipo mariñán xa solicitou o aprazamento do p
29 de novembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS dá a cara ante o líder
O Burela FS Pescados e Vista Alegre deron a cara hoxe ante un líder todopoderoso, tallante na finalización. Malia tomar a iniciativa no marcador e dalo todo sobre a pista, os goles laranxas de Iago Míguez, Isi, Juanma e Mata non foron suficientes para frear a embestida do Inter Movistar (4-5), con Pola, Rivillos e triplete de Ricardinho.   O cadro de Juanlu saltou á cancha pisando forte; mostrouse feroz en ataqu
30 de novembro de 2013
46 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores