Noticias
Arquivo de Novembro 2014
Foto: Marián García Mesa
A maxia laranxa acaba coa imbatibilidade de ElPozo (4-3)
A maxia laranxa conseguiu acabar hoxe coa imbatibilidade en liga de ElPozo Murcia (4-3). O compromiso e a aptitude dun Burela FS Pescados Rubén serio en ataque e, sobre todo, en defensa puido derrotar ao histórico rival; malia ir por detrás no marcador, os mariñáns souberon recompoñerse para marcar distancias e frear a avalancha dos de Duda con xogo de cinco. Antes de cumprirse o primeiro minuto de xogo Adri xa intentaba sorprend
1 de novembro de 2014
O Burela FS durmirá no podio tras imponerse ao Roldán (1-4)
O Burela FS Pescados Rubén durmirá esta noite ocupando a terceira praza do podio á espera do desenlace de mañá entre o Alcorcón e o Atlético de Madrid Navalcarnero. Coa de Roldán (1-4) o conxunto laranxa suma a súa quinta vitoria consecutiva. “Soubemos ler as situacións do partido, marcando sempre o compás no marcador, nunha cancha complicada ante un rival agresivo que imprimiu moita intensidade, sobre todo na segunda parte” analizaba Quico Otero
1 de novembro de 2014
Prebenxamín 2014-15
Resultados da base laranxa (sábado 1-domingo 2 de novembro)
Documento adxunto
3 de novembro de 2014
Burela FS B 1-5 Prone Lugo
O Burela FS Pescados Rubén B caeu a fin de semana pasada na visita do Prone Lugo á Mariña (1-5). Aínda que nunca lle perderon a cara ao encontro, os pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ tiveron que remar contra o marcador, con 0-3 á chegada do descanso. Javi Fajardo, Aitor, Pancho, Alemán e Riveiro formaron o quinteto de saída dos laranxas; tamén xogaron Rubén, Rafa (1) e Borja. Nas filas pronistas compuxeron o cinco inicial Yago, Diego (1),
7 de novembro de 2014
O Burela FS visita a un Marfil Santa Coloma en horas baixas
O Burela FS Pescados Rubén xa está en terras catalás para medirse mañá a un rival sempre complicado, o Marfil Santa Coloma, que recibirá os de Juanlu con ganas de encamiñarse na boa senda. A novena xornada de Primeira División arrincará no pavillón Nou ás 18.30 horas. O conxunto laranxa afronta este novo compromiso, na décima praza (10 puntos), logo de vencer a ElPozo Murcia (4-3) e na súa mellor etapa da tempada, con 7 puntos nas úl
7 de novembro de 2014
Foto: Ana López Ramos
O Burela FS recibe o Alcorcón nun duelo de altos voos
O Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá en Vista Alegre o AD Alcorcón en duelo de altos voos. A novena xornada de Primeira División RFEF entre a terceira praza mariñá (18 puntos) e a cuarta madrileña (16) dará o pistoletazo de saída ás 18.30 horas. “É un partido de gran responsabilidade” adiantaba Quico Otero, incidindo na transcendencia destes tres puntos en xogo: “O Alcorcón chegará doído pola derrota con Navalcarnero (3-4); quere
7 de novembro de 2014
Foto: Ana López Ramos
Trepidante vitoria do Burela FS en duelo directo co Alcorcón (3-2)
Vista Alegre foi testemuña hoxe dun dos partidos máis bonitos da tempada en Primeira División RFEF, coa trepidante vitoria do CD Burela FS Pescados Rubén en duelo directo ante o AD Alcorcón (3-2). As laranxas, que tiveron que conformarse co empate 1-1 das madrileñas no último suspiro antes do descanso, reármaronse na segunda parte para loitar contra as adversidades coa expulsión de Bea Mateos (dobre amarela) e o marcador desfavorable 1-2. O encon
8 de novembro de 2014
Foto: Prensa Marfil Santa Coloma
O Burela FS afástase do descenso tras impoñerse en Santa Coloma (4-5)
O Burela FS Pescados Rubén sumou esta tarde a súa terceira vitoria consecutiva da tempada na complicadísima pista do Marfil Santa Coloma (4-5); tras un primeiro período algo tatexantes en defensa, os laranxas cobraron confianza tras o descanso para empatar e marcar distancias. Con estes tres puntos os pupilos de Juanlu afástanse dos postos perigosos de descenso; son oitavos con 13 puntos, empatados con Magna Navarra, sétimo. Os laran
8 de novembro de 2014
Jorge Bellvert, dúbida para o Burela FS-Prone por unha rotura fibrilar
O peche laranxa Jorge Bellvert será seria dúbida para o derbi deste sábado, Burela FS Pescados Rubén-Prone Lugo (Vista Alegre, 17.00 horas, TVG2) por unha rotura fibrilar. O xogador cacereño viuse obrigado a saír da pista na recta final da vitoria do equipo mariñán fronte a Marfil Santa Coloma (4-5) ao sentir un forte pinchazo na parte posterior da coxa dereita. Tras repouso de 72 horas, o corpo médico burelista confirmou onte po
12 de novembro de 2014
Prebenxamín 2 2014-15
Horarios de partidos e últimos resultados da base laranxa
DOCUMENTOS ADXUNTOS
13 de novembro de 2014
O Burela FS recibe en derbi comarcal o Superti (sábado 15, 19.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá mañá en derbi comarcal o Superti A Pontenova en Terceira División. Vista Alegre acollerá a oitava xornada ás 19.30 horas nunha tarde apaixonante, despois do duelo de Primeira División entre Burela FS e Prone Lugo (17.00 horas, TVG2). Mediranse as forzas da décima praza visitante (6 puntos) e a duodécima local (5 puntos). Troula FS 3-2 Burela FS
14 de novembro de 2014
Foto: Ana López Ramos
O Burela Fs viaxa a Gironella sen Gaby e Kiko
O Burela FS Pescados Rubén medirase mañá, na décima xornada de Primeira División RFEF, ao Gironella, penúltimo clasificado (municipal, 17.30 horas). O cadro laranxa puxo rumbo esta mañá, ás 8.00 horas, nun dos seus desprazamentos máis esgotadores coas ausencias de Gaby, por lesión, e Kiko, por enfermidade, que xa non entraron na convocatoria da semana pasada coa vitoria fronte ao Alcorcón (3-2). Dende a terceira Praza (21 puntos),
14 de novembro de 2014
Festa do fútbol sala lugués (sábado 15, 17.00 horas, TVG2)
Vista Alegre prepárase para acoller mañá a festa do fútbol sala lugués na elite por excelencia coa décima xornada de Primeira División LNFS. O Burela FS Pescados Rubén recibirá o Prone Lugo AD ás 17.00 horas, ante os obxectivos de TVG2. A bomboneira mariñá vivirá un derbi de contrastes. O Burela FS pelexará por manter a boa dinámica e sumar a súa cuarta vitoria consecutiva fronte ao conxunto da capital, que pecha a táboa, sen punt
14 de novembro de 2014
Foto: Marián García Mesa
O derbi tínguese de laranxa (Burela FS 6-1 Prone Lugo)
derbi entre Burela FS Pescados Rubén e Prone Lugo AD, un duelo ao que ambos os equipos chegaron con baixas importantes, cubriuse esta tarde de cor laranxa. Os mariñáns impuxéronse 6-1 con dobretes de Matamoros, Isi e Antoñito ante un rival que sempre deu a cara. Buscaron os pronistas a meta burelista xa nos primeiros segundos intentando sorprender a Álex, pero o perigo chegou do lado burelista. Tras un balón longo do 13 laranxa a Ma
15 de novembro de 2014
O Burela FS sela a súa vitoria en Gironella con catro goles antes do descanso
O Burela Pescados Rubén segue sumando. Esta tarde selou a súa sétima vitoria consecutiva na pista do Gironella (1-4). As pupilas de Quico Otero concentraron a súa artillería goleadora antes do descanso. As laranxas foron claras dominadoras da cita, con posesión e perigo, ante as escasas ocasións das locais. No minuto 4, Bea Mateos adiantou as galegas a pase de Shiori, e antes de chegar ao ecuador da primeira parte Peque subía o 2-0,
15 de novembro de 2014
Resultados de base
DOCUMENTO ADXUNTO
17 de novembro de 2014
Horarios da base 21-23 de novembro
DOCUMENTO ADXUNTO
20 de novembro de 2014
Foto: Marián García Mesa
Arma de dobre fío para Burela FS en Tenerife
O Burela FS Pescados Rubén disputará esta tarde a 11ª xornada de Primeira División LNFS na casa do Uruguay Tenerife FS, un conxunto que atravesa unha situación complicada tras a imputación do seu xa expresidente, Andrés Hernández Pedreira, por malversación, coa consecuente marcha de moitos dos seus xogadores. O club canario regresa esta semana ao municipal dos Deportes esperando aos laranxas para saltar á pista ás 21.30 horas (horario
21 de novembro de 2014
Complicado desprazamento á pista do A Estrada
O Burela FS Pescados Rubén B ten esta fin de semana un complicado desprazamento á Estrada para enfrontarse ao segundo clasificado de Terceira División, empatado a puntos co líder, Pizzería A Fuga Xove FS (18 puntos). O encontro da novena xornada dará comezo no pavillón Manuel Coto Ferreiro ás 19.00 horas. Burela FS B – Superti A Pontenova (3-4) O conxunto laranxa non puido puntuar no duelo mariñán ante o Superti A Pontenova o sábado pasado (3-4).
21 de novembro de 2014
Fotografía: Ana López Ramos
Cruce de series positivas no derbi galego
Galicia Calidade en Vista Alegre. O feudo laranxa será o escenario do derbi galego de Primeira División entre dúas escuadras que atravesan o seu mellor momento da tempada. O Burela Pescados Rubén, terceiro clasificado con 24 puntos, afronta o derbi con gañas de ampliar a súa racha a oito vitorias consecutivas e seguir escalando na táboa. En fronte terá a un Ourense Enviália, cuarto clasificado con 20 puntos, que suma cinco xornadas invicto; catro triunfos e un empate ante o Atlético Féminas Navalcarnero na pasada xornada. Este duelo espectacular, correspondente á úndecima xornada, dispútase mañá sábado día 22 a partir das 18:30 horas.
Quico Otero, técnico laranxa, agarda un partido moi equilibrado ante un Ourense Enviália que “cambiou un pouco o seu acenos de identidade respecto da tempada anterior. Á súa calidade ofensiva sumou unha maior agresividade defensiva. Realizan unha boa presión e son un conxunto moi incómodo para o seu rival. Ademais chega a Vista Alegre coa moral reforzada tras ser o primeiro conxunto que consegue sacarlle puntos ao líder”. Respecto do seu equipo d
21 de novembro de 2014
Fotografía: Prensa Uruguay Tenerife.LNFS
Pleno ao 15 do Burela Pescados Rubén coa vitoria ante o Uruguay Tenerife
Quinta vitoria consecutiva do Burela Pescados Rubén tras vencer na illa ao Uruguay Tenerife por 3-6. A escuadra mariñá amplía a súa mellor serie de vitorias na Primeira División nun duelo ante un conxunto tiñerfeño que presentou batalla pero que finalmente se decantou para a escuadra de Juanlu Alonso.
O Burela Pescados Rubén comezou o encontro coas ideas claras realizando unha boa presión aos tiñerfeños e un disparo de Helder, tras rebotar en Murga, adiantou aos laranxas no minuto 5. A resposta canaria non tardou en chegar e Jacinto puxo o empate (1-1) ao minuto seguinte dando paso a un mellor Uruguay Tenerife. O encontro era aberto con ocasións en ambas porterías e os locais aproveitaron mellor o seu momento para situarse con vantaxe (2-1) ou
21 de novembro de 2014
Goleada laranxa no derbi galego e oitava vitoria consecutiva
O Burela Pescados Rubén suma a súa oitava vitoria consecutiva tras impoñerse con claridade (5-0) no derbi galego ante o Ourense Enviália que tivo que claudicar ante a superioridade laranxa. O triunfo local levou a firma de Peque que cun hat trick protagonizou a goleada burelesa.
O inicio do encontro vaticinou o resultado final xa que a escuadra mariñá saíu moi enchufada ao partido sometendo a un Ourense que tiña que conformar con defenderse e buscar algún contragolpe. No minuto seis chegou recompensa local, Peque abriu o marcador cun bo disparo. Acto seguido as ourensás gozaron da súa mellor ocasión pero Patri evitou o empate gañando a partida a Sara Moreno no man a man. Tras uns minutos de igualdade coas visitantes exer
22 de novembro de 2014
Resultados das categorías de base
DOCUMENTO ADXUNTO
25 de novembro de 2014
Paso adiante para o futuro laranxa
O Burela FS Pescados Rubén espera mañá, na 12ª xornada de Primeira División, o Jaén Paraíso Interior (Vista Alegre, 18.30 horas) coa ausencia xa coñecida de Jorge Bellvert por lesión, á que se suma Isi, logo de confirmar unha rotura de fibras tras o esvarón sufrido na pista do Uruguay Tenerife o venres pasado. No cadro de Juanlu deberán dar un paso adiante as promesas laranxas; Hélder, Ángel e Renato deberán axilizar a súa adaptación para face
28 de novembro de 2014
BURELA FS-RIBEIRA FS (SÁBADO 29, 16.00 HORAS, VISTA ALEGRE)
As promesas laranxas disputan un importante duelo ante o Ribeira FS que chega a Vista Alegre con dous puntos de renda sobre o Burela Pescados Rubén B. O partido, correspondente á xornada 10 da Terceira División, dispútase o sábado día 29 a partir das 16.00 horas no pabellón Vista Alegre de Burela. O mozo conxunto burelés (13º con 6 puntos) dispón dunha boa ocasión para sumar os tres puntos en xogo ante un rival directo. O Ribeira (12º con 8 punto
28 de novembro de 2014
Foto: Marián García Mesa
Ao Burela FS escápanselle os puntos nos últimos tres minutos
O Burela FS Pescados Rubén non puido continuar hoxe coa boa racha de resultados na visita de Jaén Paraíso Interior a Vista Alegre (1-2). Ao cadro mariñán escapáronlle os tres puntos a falta de dous minutos e corenta e sete segundos para o final, logo de tomar a iniciativa no marcador, con gol de Iago Míguez xa no minuto 7, e chegar ao descanso con empate. Comezou o encontro con certa cautela aínda que tamén con visibles ansias de
29 de novembro de 2014
26 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores