Noticias
Arquivo de Novembro 2015
Derbi lucense en Terceira División
A Terceira División chega á sexta xornada de competición cun derbi provincial protagonizado polo AD Prone Lugo B e Burela Pescados Rubén que se enfrontan o domingo día 8, a partir das 18.00 horas no pavillón O Chanto de Sarria. Ambas escuadras pelexan por escapar da zona baixa da clasificación e o derbi parece unha boa ocasión para a escuadra burelesa para coller “un impulso de confianza que reflexe o bo traballo que están realizando os xogadores
6 de novembro de 2015
Desafío en Alacante. A pola oitava vitoria
Desafío de altura para o Burela Pescados Rubén que visita a cancha do Universidade de Alacante para dirimir os tres puntos correspondentes á xornada 8 da Primeira División. A partir das 18.30 horas o conxunto dirixido por Iván Cao “Lucas” retará á escuadra alicantina para lograr o seu obxectivo de pleno de vitorias antes de parón liguero, motivado polo Torneo Mundial de Guatemala para o que foron convocadas Peque (España) e Shio (Xapón). O adestr
6 de novembro de 2015
Equilibrio en Peñíscola
O Burela Pescados Rubén enfróntase ao Rehabmedic Peñíscola o sábado 7 a partir das 18.00 horas, duelo correspondente á novena xornada da Primeira División. Os mariñaos ocupan a novena posición con nove puntos mentres que o Rehabmedic Peñíscola é décimo terceiro con seis.
O conxunto burelés desprazouse a terras levantinas coas baixas de Hélder, Isi e Matamoros. Malia todo os burelaos buscarán sumar os tres puntos ante un rival “difícil aínda que non atravese o seu mellor momento” indicou Daniel Ibañes que vaticina un partido “moi igualado xa que somos dous equipos parellos e ambos necesitamos os puntos”. Para o técnico laranxa o seu equipo está “nunha boa liña, debemos mellorar certos aspectos do xogo como a defin
6 de novembro de 2015
Equilibrio en Peñíscola
O Burela Pescados Rubén enfróntase ao Rehabmedic Peñíscola o sábado 7 a partir das 18.00 horas, duelo correspondente á novena xornada da Primeira División. Os mariñaos ocupan a novena posición con nove puntos mentres que o Rehabmedic Peñíscola é décimo terceiro con seis.
O conxunto burelés desprazouse a terras levantinas coas baixas de Hélder, Isi e Matamoros. Malia todo os burelaos buscarán sumar os tres puntos ante un rival “difícil aínda que non atravese o seu mellor momento” indicou Daniel Ibañes que vaticina un partido “moi igualado xa que somos dous equipos parellos e ambos necesitamos os puntos”. Para o técnico laranxa o seu equipo está “nunha boa liña, debemos mellorar certos aspectos do xogo como a defin
6 de novembro de 2015
O Universidade de Alacante corta a serie triunfal o Burela Pescados Rubén
O Universidade de Alacante trunca a serie vitoriosa do Burela Pescados Rubén que perdeu por 3-0 nun duelo intenso no que as burelesas perdoaron en exceso. Desde o pitido inicial ambas escuadras mostraron as súas credenciais e ningún dos equipos lograba dominar ao seu rival aínda que o Burela xeraba maior perigo ofensivo. A escasa puntería das burelás impediu que o marcador se movese e o Alacante apertou no tramo final no que gozou de dúas oportun
7 de novembro de 2015
Fotografía: Prensa Peñíscola Rehabmedic. LNFS
Meritoria vitoria do Burela Pescados Rubén en Peñíscola
Merecida vitoria do Burela Pescados Rubén por 4-7 ante o Peñíscola Rehabmedic que se atopou cun partido moi completo dos mariñaos, especialmente na segunda parte. No primeiro periodo os levantinos adiantáronse pronto por mediación de Juan Carlos, minuto 4, aproveitando o gris inicio dos galegos que reaccionaron e lograron o empate por mediación de Chano. O 1-1 reflectía a igualdade da contenda aínda que os locais tiñan maior posesión de balón per
7 de novembro de 2015
A liga cede terreo á Copa Galicia: Leis Marcón-Burela FS Pescados Rubén, esta noite, ás 21.30 horas
El Burela FS Pescados Rubén no se aleja de la emoción competitiva en el descanso de liga Primera RFEF por la preparación del Campeonato del Mundo de Guatemala (21-29 de noviembre). Esta noche saltará a la pista del pontevedrés  Leis Marcón, a las 21.30 horas, en su primer compromiso de  Copa Galicia, en fase de grupos. El actual campeón gallego deja atrás ya el primer tropiezo de la temporada en un brillante inicio de ca
11 de novembro de 2015
Primeiro envite de Copa superado: 1-6 ante o Leis
O Burela FS Pescados Rubén superou onte o primeiro envite de Copa Galicia con 1-6 na visita á pista do Leis Marcón, de Segunda División. Aos tantos por partida dobre de Gaby e Maite e a diana de Ceci, sumouse a novísima Judith, estreando a súa conta goleadora coa elástica laranxa. O cadro de Iván Cao, Lucas, puido liquidar a contenda distanciándose no marcador axiña ante un rival con pouco perigo sobre as filas mariñás. Ceci abri
12 de novembro de 2015
Horarios de base coa estrea de Deporte Escolar
Todos os partidos de base co comezo da liga de Deporte Escolar, con Benxamín A e B, Alevín, Infantil B e Cadete B.
12 de novembro de 2015
O Burela FS B recibe en duelo mariñán a un intratable Superti
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá en duelo mariñán o líder de Terceira División, un Superti A Pontenova que leva seis de seis. Tras a primeira vitoria da tempada, con 4-5 na pista do Prone Lugo AD, os pupilos de Juanma Marrube buscarán mañá, a partir das 21.00 horas, os primeiros tres puntos de Vista Alegre. “Sabemos que será unha tarefa moi complicada. É un rival que está facendo as cousas moi ben e que ten m
13 de novembro de 2015
Espectáculo galego en Vista Alegre con TVG2 en directo (sábado 14, 18.00 horas)
Vista Alegre xa ten todo a punto para acoller mañá o grande espectáculo galego de elite, na 10ª xornada de Primeira LNFS. O derbi irmandiño entre CD Burela FS Pescados Rubén e Santiago Futsal arrincará ás 18.00 horas, media hora antes do habitual, ante as cámaras de TVG2. Tras a vitoria en Peñíscola (4-7), o Burela FS mantén a novena praza (12 puntos) na busca de seguir rubindo posicións. Recibirá un rival co ali
13 de novembro de 2015
JM Álvez
O derbi irmandiño queda na Mariña
O Burela FS Pescados Rubén continúa coa súa dinámica positiva tras a vitoria no derbi irmandiño fronte a Santiago Futsal. Con 4-3, nunha cita de espectáculo e moito equilibrio sobre a pista, os de Daniel Ibañes conseguiron esta tarde tres puntos moi traballados; remontaron a contenda cunha segunda parte valente e intensa tras marchar ao descanso con 0-2 en contra. Vista Alegre viviu uns primeiros compases de dominio laranxa, esperand
14 de novembro de 2015
O Burela FS e o Concello de Cervo, xuntos polo deporte e a xuventude
O Club Deportivo Burela Fútbol Sala Pescados Rubén vén de renovar a súa colaboración co Concello de Cervo,  co fin de manter o traballo realizado nos últimos anos na potenciación da práctica de deporte entre os mozos e mozas do municipio. O presidente da entidade laranxa, Manuel Blanco, foi recibido no consistorio cervense polo de Deportes, José Ramón Soto, onte pola tarde para a formalización da continuidade de proxectos conxuntos.Neste
17 de novembro de 2015
Destino de Terceira, Pazos de Borbén (sábado 21, 18.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B visitará o municipal de Pazos de Borbén o sábado (18.00 horas), na oitava xornada de Terceira División. Os pupilos de Juanma Marrube prepáranse para outro compromiso de altura, fronte ao terceiro clasificado, que ostenta 16 puntos, con 5 vitorias e 1 empate; ata o momento tan só sucumbiu ao líder, Superti A Pontenova (5-3). Burela FS B 3-5 Superti Os laranxas plantaron car
18 de novembro de 2015
Partidos de base, coa Liga Prebenxamín da Mariña
Todos os horarios da base laranxa para esta fin de semana, co comezo da Liga Prebenxamín da Mariña.   *O partido de Galega Feminina trasládase ao 8 de decembro.
20 de novembro de 2015
Foto: LNFS
Arrinca o Tourmalet laranxa, co líder interista (sábado 21, 13.00 horas, Teledeporte)
Co líder de Primeira LNFS, Movistar Inter, pletórico pola recente clasificación para a Final Four da UEFA Futsal Cup, arrinca mañá o Burela FS Pescados Rubén o seu tourmalet, ante as cámaras de Teledeporte (13.00 horas). Os interistas abren a apertada e intensa axenda das próximas semanas; en quince días, os de Daniel Ibañes terán que facer fronte a tres compromisos máis, cos outros dous grandes tamén no calendario. Tras recibir o martes o Lev
20 de novembro de 2015
Fotografía: Prensa Movistar Inter. LNFS
O Movistar Inter non perdoa ao Burela Pescados Rubén
O Movistar Inter exerceu de líder e impúxose ao Burela Pescados Rubén por un cómodo 6-0 nun partido que controlou en todo momento. A escadra interista saltou á pista do Jorge Garbajosa con intesidade e concentración disposta a liquidar o choque pola vía rápida para evitar sorpresas. O Burela non puido evitar que o vendaval azul tomase unha renda de 2-0 nos primeiros minutos, Cardinal culminou un contragolpe (1-0) e Borja aproveitou unha asistenci
21 de novembro de 2015
O Burela FS apelá á solidez de Vista Alegre en pleno Tourmalet (martes 24, 20.30, Levante)
O Burela FS Peixes Rubén recibirá mañá o Levante UD DM (20.30), apelando á solidez de Vista Alegre nunha semana de moito traballo, na que terá que viaxar tamén á pista do titánico ElPozo Murcia, o venres (21.00 horas). Os de Daniel Ibañes veranse as caras cun rival que chega motivado, cada vez máis preto dos laranxas. Nas últimas tres xornadas conseguiu 7 puntos (4-2 fronte a Antequera, 3-3 con Aspil Vidad Ribera
23 de novembro de 2015
Lotería de Nadal: 48294
Aínda non o tes? Non quedes sen el. A sorte laranxa xa está botada para o Nadal ao número 48294. As persoas interesadas poden adquirilo na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) e nos establecementos O Traste, Parrillada de Jandro, Restos de Stock, Galatea, Palacio de Cristal e no Centro de Dietética e Nutrición Alba Vila. O número do Burela FS Pescados Rubén tamén estará á venda no bar do pavilló
24 de novembro de 2015
Vista Alegre mantén a súa solvencia, con 5-1 sobre Levante
Vista Alegre reafirmou unha vez máis a súa solvencia outorgándolle ao Burela FS Pescados Rubén unha importantísima vitoria con 5-1 sobre o Levante UD DM, tres días antes de medirse ao titánico ElPozo Murcia (venres 27, 21.00 horas). Antoñito tan só tivo que acariñar un balón desde a banda de Chano para subir no minuto 5 o 1-0. Os galegos ampliaron a renda chegando ao ecuador da primeira parte; Iago Rodríguez sentenciou en raso de
24 de novembro de 2015
O Burela FS, na sétima praza, fronte a ElPozo Murcia
O Burela FS Pescados Rubén puxo rumbo onte a terras levantinas con escalada de posicións ata a sétima praza (18 puntos), empatado coa sexta do Santa Coloma. Alí medirase mañá ao implacable El Pozo Murcia; a cita poderá seguirse a través de www.gtmtelevision.es (21.00 horas). Tras a importantísima vitoria do martes ante Levante (5-1), a de
26 de novembro de 2015
Burela FS B-CP Casás, sábado 28, 18 30 horas
O Burela FS Pescados Rubén B recibe mañá o CP Casás ás 18.30 horas (Vista Alegre), na antepenúltima xornada da primeira volta de Terceira División, a novena. Os lugueses chegan á Mariña na sétima praza, con 9 puntos; pola súa banda os laranxas son décimos, con 4. Pazos de Borbén 5-0 Burela FS B Atragoóuselles en exceso o Pazos de Borbén aos burelistas na xornada pasada, con 5-0, no primeiro en
27 de novembro de 2015
Fotografía: Pascu Méndez. Murcia
Un Burela con casta non puido evitar a derrota ante un ElPozo en versión orixinal
ElPozo Murcia recuperou a súa mellor versión para volver gañar no Palacio dos Deportes, non o facía dende o 3 de outubro, por 8-3 a un Burela Pescados Rubén que opuxo resistencia durante a primeira parte aínda que acusou o cansazo na segunda. Coas baixas de Matamoros, Hélder e Renato e o seu segundo partido en catro días a escuadra burelesa afrontou o desafío ante os murcianos cun fondo de armario limitado, circunstancia que os charcuteiros aproveitaron para impoñer un ritmo alto desde o inicio.
ElPozo marcou o paso dun partido que comezou cun gol afortunado para os locais, nunha carambola o balón acabou na meta burelesa (1-0) pero a resposta visitante foi inmediata. Nun rápido contragolpe Antoñito asistiu a Iago Míguez que estableceu o 1-1, minuto 8. Os murcianos insistiron nas súas posesións longas e a súa presión en zona alta que afogaba a saída laranxa aínda que sen xerar excesivo perigo a Edu, salvo por un par de disparos afastados.
27 de novembro de 2015
Venda anticipada para a Tarde Laranxa, con FC Barcelona e Gironella
A conta atrás para a Tarde Laranxa con dobre duelo burelista-catalán xa comezou. Desde hoxe todas as persoas interesadas xa poden adquirir a súa entrada para o grande espectáculo que vivirá Vista Alegre este sábado, 5 de decembro, coa visita do FC Barcelona Lassa ás 16.15 horas (emitido en directo por TVG2) en Primeira LNFS e co FS Gironella (19.15 horas), no regreso de Primeira LNFS tras o Campionato Mundial de Guatemala. A vend
30 de novembro de 2015
24 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores