Gran Canaria, rival de cuartos en Copa do Rei
Gran Canaria será o destino do Pescados Rubén Burela FS en cuartos de Copa do Rei, que se disputará a partido único entre o 13 e o 14 de decembro. Esa será unha semana de moitos quilómetros para os mariñáns con dous desprazamentos consecutivos en liga, precisamente cos insulares o 10-11 de decembro e despois con Catgas Enería o 16-17
http://www.rfef.es/noticias/estos-son-cuartos-final-sm-rey-futbol-sala
19 de novembro de 2016
Duelo de descoñecidos en Cartaxena
O Pescados Rubén Burela FS viaxa esta noite a terras levantinas na busca de 3 puntos fronte ao novel Plásticos Romero Cartagena FS, na 8ª xornada de Primeira, 3 puntos que referenden e reforcen as posibilidades de evolución dos de Daniel Ibañes unha vez superado o máis que esixente calendario inicial. O de Wssell de Guimbarda (21.15 horas) será un duelo directo para fuxir dos postos perigosos, con 1 só punto de vantaxe dos galegos, na 13ª praz
24 de novembro de 2016
Despedida de altos voos en Alacante, ata xaneiro
O Pescados Rubén Burela FS despedirá a liga de 2016 este sábado en Alacante en duelo de altos voos, ante o segundo clasificado de Primeira (18.30 horas). Durante este descanso de mes e medio no que finalmente non se celebrará o Campionato Mundial, a localidade de Alcázar de San Juan (Cidade Real) acollerá o Torneo Internacional 4 Nacións, no que participarán as seleccións de España, Portugal, Italia e Rusia, entre o 8 e o 10 de decembro. As pu
25 de novembro de 2016
Bo xogo, goles e primeira vitoria a domicilio do Pescados Rubén Burela
O Pescados Rubén Burela consegue a súa primeira vitoria a domicilio e encadea dous triunfos consecutivos tras derrotar por 2-7 ao Plásticos Romero Cartaxena. O conxunto burelés encamiñou a conquista dos tres puntos nunha primeira parte brillante na que xogou á perfección as súas bazas para aplacar o entusiasmo local. Iago Míguez se erixiuse no gran protagonista do duelo cun hat-trick, abrindo e pechando o marcador do mellor partido da tempada da escuadra mariñá.
A escuadra galega iniciou o partido con intensidade e concentración logrando minimizar o efecto da Bombonera e o empuxe inicial do Plásticos Romero. Tras un par de escarceos locais a resposta burelista foi contundente, Iago Míguez cun disparo raso ao primeiro pau abriu o marcador no minuto 4. Co 0-1 o Pescados Rubén estableceu a súa defensa en media pista invitando ao Plásticos Romero a un xogo máis ofensivo. A boa presión en media pista dos de D
25 de novembro de 2016