Noticias
Arquivo de Novembro 2017
Horarios de base para esta semana
Consulta aquí todos os horarios dos encontros de base para esta semana.
2 de novembro de 2017
Bo papel de Lugo Sub-16 no Galego
O combinado de Lugo Sub-16, co brillo laranxa de Miguel, Nicolau, Nicholas, Gustavo e David, pechou onte a súa participación no Campionato Galego de Seleccións Comarcais en Narón cun bo papel, indo de menos a máis. A selección dirixida polo burelista Christian Fustes, co apoio de Julio Delgado, inaugurou a cita sen goles ante Santiago (0-0). A igualdade tamén reinou fronte a Ferrol, aínda que o resultado non acompañou os lugueses (2-1). N
2 de novembro de 2017
Foto: JM Álvez
Un Elche descoñecido chega a Vista Alegre
Os pupilos de Juanma Marrube reciben mañá, venres (20.30 horas), en Vista Alegre a un Elche CF que recalará na Mariña encadeando malos resultados, aínda que tamén certamente descoñecido, con cambios: “Vai ser un partido un pouco trampa. Veñen dunha mala racha pero cambiaron de adestrador e ante iso non sabemos como van saír, se vai haber moitos cambios ou non. Iso é algo que non podemos controlar así que nós só podemos facer o
2 de novembro de 2017
Sofía: 'Espero dar máis de min en Móstoles'
As pupilas de Julio Delgado e Lucas pecharán a xornada 8 de Primeira RFEF o domingo ás 12.30 coa visita á pista do Móstoles FSF, un rival que espera ao Pescados Rubén Burela FS na oitava praza (10 puntos) e con ganas de recuperar a vitoria, tras tres semanas sen puntuar. Villafontana poñerá a proba ás mariñás, que defenden a segunda praza (18 puntos), a tan só 1 punto do liderado, do Jimbee Roldán. “Foi unha boa
3 de novembro de 2017
O Pescados Rubén dorme líder tras o 4-2 ante Elche
O Pescados Rubén durmirá líder esta noite abrindo a xornada 8 de Segunda LNFS tras impoñerse ao Elche CF esta tarde en Vista Alegre (4-2), esperando o resto dos resultados entre o sábado e o domingo. Os de Juanma Marrube souberon agarrar os tres puntos renunciando un pouco á súa esencia, sen ser eles mesmos, ante un rival que recalaba en Vista Alegre moi motivado, estreando adestrador. Os mariñáns ofreceron un bo inicio xerando ocasi
3 de novembro de 2017
O Burela FS, colíder de Primeira, tras unha vitoria de infarto en Móstoles (2-3)
O Pescados Rubén Burela FS pechou este mediodía a xornada 8 con tres puntos de infarto na pista de Móstoles (2-3) que o ruben ao coliderado, empatado a 21 puntos co Atlético de Madrid Navalcarnero, que tamén venceu hoxe, con 4-0 fronte ao Universidad de Alicante. Logo de comezar contracorreente no marcador, pelexando polas táboas durante os corenta minutos, un gol de Lara, a falta de 5 segundos para o desenlace, deulles o triunfo ás de Julio Delg
5 de novembro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.
7 de novembro de 2017
O Burela visitará o Noia en cuartos de Copa Galicia
O Pescados Rubén Burela FS xa coñece o rival de cuartos de final na XVII Copa Galicia. O Noia Fútbol Sala recibirá os pupilos de Juanma Marrube en eliminatoria a partido único entre o 19 de xaneiro e o 24 de febreiro. O 2-9 fronte a Santa Isabel, de Outeiro de Rei, en oitavos deulles o billete aos laranxas; pola súa banda os coruñeses impuxéronse a Valdesuso Peugeot Vilalba FS (0-2). A de Copa Galicia será a segunda cita entre bur
7 de novembro de 2017
Que farías con 300 euros?
Queres gañar 300 euros? Xa estás pensando que farías con eles? En que os gastarías? Pois ben, ti podes ser o agraciado/a con este premio o 18 de novembro en Vista Alegre, coincidindo coa xornada 10 de Segunda LNFS, entre o Pescados Rubén Burela FS e o Puertollano (18.30 horas). En Burela, os negocios colaboradores Alain Afflelou Burela, Talleres Pomeda, Palacio de Cristal, Hotel Nordés, Parrillada de Jandr
7 de novembro de 2017
As ligas de Deporte Escolar irrompen na axenda de base laranxa
A base laranxa estrearase esta fin de semana en cinco ligas de Deporte Escolar, con Cadete B, Infantil B, Alevín B e Benxamín A e B. Así, a partir desta fin de semana, todas as promesas burelistas, a excepción dos prebenxamíns, xa poden gozar con fútbol sala en competición.   Consulta aquí todos os horarios de base para o 11-12 de novembro.   Calendarios de Deportes Escolar adxunto
8 de novembro de 2017
Foto: JM Álvez
Acompáñasnos a Poio?
Todos os afeccionados/as que queiran asistir á emoción de derbi galego en Primeira RFEF o sábado 18 de novembro, na pista do Poio Pescamar FS (16.30 horas), poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por 18 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as. As persoas que así o de
8 de novembro de 2017
Semana de adestramentos con Galicia
As promesas laranxas comezaron forte a semana coa presenza de seis representantes do Pescados Rubén Burela FS na preparación de tres seleccións galegas. O luns, o xuvenil Edmilson Monteiro adestrou coa irmandiña Sub-19 con miras á fase previa do Campionato de España os días 13 e 14 de xaneiro. Castela A Mancha (anfitrioa), Canarias e Ceuta serán as súas rivais na loita polo pase á fase final. O martes
9 de novembro de 2017
O Burela FS porá a proba o feudo do Antequera (venres 10, 20.45 horas)
O Pescados Rubén Burela FS abrirá mañá, venres, a xornada 9 na pista do CD UMA Antequera (20.45 horas, Fernando Argüelles). Os galegos, que se desprazaron esta noite ata o seu destino, defenderán a primeira praza (18 puntos), empatados con ElPozo e Barcelona, nun duelo de rivais directos, poñendo a proba a imbatibilidade dos andaluces, na cuarta praza, a tan só 2 puntos. “Será un partido moi complicado, coma sempre a domicilio, e má
9 de novembro de 2017
Modificacións nos horarios de adestramentos de base 2017-18
Consulta aquí todos os horarios de adestramento da semana.
10 de novembro de 2017
Cita de extremos
O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá en Vista Alegre (18.30 horas) a VP Soto do Real nunha cita de extremos na que as mariñás pelexarán por seguir en pugna pola primeira praza fronte á antepenúltima das visitantes. “Temos que aproveitar que o adversario chega deste xeito, pero nós temos que seguir traballando, poñer o ritmo de partido que piden os nosos adestradores, co máximo respecto, e sen descoidarnos” advertía a 3 laranxa, Dany.
10 de novembro de 2017
O Burela FS cede a primeira praza ao Antequera
O Pescados Rubén Burela FS cedeu esta tarde a primeira praza de Segunda LNFS en duelo directo na pista do CD UMA Antequera (5-3), un rival que levou a voz cantante no electrónico nun encontro goleador que recibiu o descanso coa axustada vantaxe dos locais, por tan só 1-0. Andaluces e galegos inauguraban a xornada 9 no Fernando Argüelles conscientes do que estaba en xogo, o liderado. Foron os locais os que tomaron a iniciativa no mar
10 de novembro de 2017
As laranxas defenden o coliderado con 8-1 ante Soto
O Pescados Rubén Burela FS sumou esta tarde o quinto triunfo consecutivo, ante Soto do Real (8-1), nunha tarde na que o brillo goleador das mariñás estalou no segundo período, tras chegar ao descanso con 1-1. Esta vitoria permítelles ás laranxas defender o coliderado xunto a Atlético de Madrid Navalcarnero, que tamén quedou cos tres puntos da xornada 9 na pista do UCAM ElPozo Murcia (3-4). Malia atopar axiña a rede sotorrealeña, con
11 de novembro de 2017
Colacha, convocado con España Sub-19
O nome do laranxa José Antonio Luca Guijarro, Colacha, figura na lista dos 14 convocados polo seleccionador Fede Vidal para a concentración de España Sub-19 da vindeira semana en Estremadura (19-23 de novembro). O combinado vermello disputará dous partidos amigables contra Francia, en Villanueva de la Serena (Badaxoz) e Navalmoral de la Mata (Cáceres).  
13 de novembro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados da fin de semana.
14 de novembro de 2017
Todos os partidos de base para esta semana
Consulta aquí os horarios desta semana. Adestramentos con Galicia. O Futuro Laranxa tivo dúas citas esta semana con Galicia. Os xuvenís Edmilson, Nito, Pitero e Luismi adestraron con Sub-19 o luns en Ordes. Onte tocoulles aos cadetes Nicolau, Gustavo e Nicholas, con Sub-16, en Miño.
15 de novembro de 2017  |  
Destacada
A Deputación de Lugo e o Burela FS abordan o Futuro Laranxa
O Pescados Rubén Burela FS foi recibido onte na Deputación de Lugo polo deputado de Deportes, Pablo Rivera, para abordar o Futuro Laranxa de cara a 2018-19. A necesidade de adaptar as instalacións de Vista Alegre de acordo aos requisitos esixidos pola LNFS a partir de xuño de 2018, ademais de diversos proxectos para a vindeira tempada, foron o eixe central da xuntanza, coa presenza do presidente e vicepresidente do club mariñán, Manuel Blanco e J
16 de novembro de 2017
O Burela recibe o Puertollano noutro duelo directo de vertixe
O Pescados Rubén Burela FS recupera as 18.30 horas como horario habitual para a tempada na décima xornada de Segunda LNFS coa visita do FSD Puertollano, noutro duelo directo de vertixe na zona alta. Tan só 2 puntos avantaxan os de Juanma Marrube dos de Marlon Velasco, que recalan na Mariña avalados polas súas dúas vitorias goleadoras como local (7-3 Manzanares, 9-5 Tenerife). “Temos ganas de volver xogar na casa, que sempre motiv
17 de novembro de 2017
Defensa do coliderado en Poio, no ronsel das laranxas (sábado 18, 16.30 h., TVG2)
Tan só 2 puntos lles dan a vantaxe as laranxas no inminente derbi galego na pista do Poio Pescamar FSF. O Pescados Rubén Burela FS defenderá mañá o coliderado, empatado a 24 puntos con Futsi, fronte ás pontevedresas, con 22, na Seca (16.30 horas, con TVG2 en directo). “Xa houbo nervios durante a semana nos adestramentos. O Poio está a tan só 2 puntos e sabemos que é un partido moi importante para ambos os equipos” explicaba a gardame
17 de novembro de 2017
Un punto de ouro no duelo irmandiño
O Pescados Rubén Burela FS ofreceu unha excelente imaxe nunha cita complicadísima na que competiu e gozou para levar o empate na casa do Poio Pescamar FSF (2-2). As pupilas de Julio Delgado e Lucas demostraron unha actitude e seriedade exemplares cazando un punto de ouro no duelo irmandiño a tan só 12 segundos para o final, con selo de Lara Balseiro. Viviu A Seca dez primeiros minutos alternando dominio con escasa intervención baixo
18 de novembro de 2017
Burela FS 2-4 Puertollano
O Pescados Rubén Burela FS sucumbiu esta tarde en Vista Alegre á eficacia finalizadora do Puertollano (2-4). Os laranxas puxeron máis corazón que cabeza nunha primeira parte na que non foron fieis ao traballo da semana. Malia non ser un equipo sólido, o Pescados Rubén conseguiu chegar vivo ao descanso, con 1-2, para reaccionar na segunda parte, aínda que o xogo de cinco mariñán ao final se puxo de parte dos visitantes. Edu volveu ao
18 de novembro de 2017
25 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores