Noticias
Arquivo de Novembro 2019
Recompensa merecida. Despegamos!
Por fin chegou a recompensa merecida. O Pescados Rubén Burela FS conseguiu a primeira vitoria da elite, nesta xornada 7, fronte ao Servigroup Peñíscola FS (2-1) de Juanlu Alonso, e ademais puido brindala ao entregado público de Vista Alegre. Os pupilos de Juanma Marrube deixaron patente a fortaleza do grupo, con capacidade de sufrimento e traballo, nun bonito e intenso partido no que levaron sempre a iniciativa no marcador. Os mariñá
1 de novembro de 2019
O Pescados Rubén cumpre de novo para manter o podio intratable
O Pescados Rubén Burela FS cumpriu esta mañá cunha nova vitoria, na pista do Sala Zaragoza (1-3), para manter o podio intratable nesta oitava xornada, sumándose aos acertos de onte de Ourense Envialia, ante Poio Pescamar (2-3), e Futsi Atlético Navalcarnero, con remontada ante Leganés (3-6). As pupilas de Julio Delgado e Lucas souberon sufrir para levar un partido no que non só tiveron que loitar contras as filas mañas. Encamiñaron á
3 de novembro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados das Nosas Xoias
4 de novembro de 2019
Sen complexos ante o campión
Logo de estrearse con triunfo na elite, o Pescados Rubén Burela FS visitará mañá o Palau, na xornada 8, para medirse sen complexos ao campión de campións, o FC Barcelona, coa Liga, Copa de España, Copa do Rei e Supercopa da última tempada na súa vitrina. A cita poderá seguirse en directo a través de LaLigaSportsTV e Esport3 (21.15 horas). “Imos a unha cancha complicada, é un dos mellores equipos do mundo, cos mel
7 de novembro de 2019
Horarios de base, co inicio ligueiro para a División de Honra Xuvenil
Consulta aquí os horarios
7 de novembro de 2019
Derbi de altura
O Pescados Rubén Burela FS vivirá mañá un máis que emocionante derbi galego nos Remedios para poñerse a proba fronte a outro dos imparables de Primeira, o Ourense Envialia FSF. Ambas as escuadras saltarán á pista ás 17.00 horas con pleno de vitorias, empatadas a 24 puntos, e facendo valer a súa fortaleza en defensa, como as dúas porterías menos batidas da elite. A cita da xornada 9 poderá seguirse en directo a través da web de CRTVG.
8 de novembro de 2019
Cristina rematará a recuperación compartindo pista coa Fervenza
Logo de oito meses e daquel fatídico partido con Jimbee Roldán FSF en marzo, chegan as boas noticias para Cristina Pérez. A pivote murciana xa ten a alta médica, tras a intervención de xeonllo á que se someteu a mediados do mes de abril, e poderá afrontar a recta final da súa recuperación compartindo pista co equipo filial, Comarcal A Fervenza FSF. “Estou moi contenta, foron uns meses bastante malos, sobre todos os primeiros. Xa pasa
8 de novembro de 2019
FC Barcelona 7-2 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non puido dar a sorpresa na pista do todopoderoso FC Barcelona (7-2). Aguantaron os de Juanma Marrube ata o ecuador da primeira parte con 2-0; tras o descanso os galegos puideron reducir a vantaxe coa aposta de porteiro xogador con 5-2, aínda que os blaugranas, letais, contraatacaron con dúas dianas máis. Aplicouse en defensa o equipo de Juanma Marrube co debut de M. Kaluza baixo paus na Liga, que tamén se
8 de novembro de 2019
Triunfo laranxa no duelo de galegas para seguir no máis alto (1-3)
O Pescados Rubén Burela triunfou nun novo duelo de galegas, desta vez na pista do Ourense Envialia (1-3), para seguir no máis alto, sen erro. Baixo a batuta de Lucas, as Guerreiras toman vantaxe de 3 puntos sobre o Ourense e saen reafirmadas como equipo menos goleado fronte ao seu rival directo na categoría, que só foi capaz de perforar a rede mariñá dende os dez metros, igualando a contenda nunha primeira parte cargada de faltas, tras a iniciati
9 de novembro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados
11 de novembro de 2019
Horarios de base, coa estrea de Deporte Escolar
Consulta aquí todos os horarios de base desta semana
13 de novembro de 2019
Vista Alegre e os burelistas, en comuñón para que o duelo directo se ilumine de Laranxa
Vista Alegre e os Laranxas buscarán, en comuñón, salvagardar os tres puntos en xogo de mañá, no duelo directo fronte ao Futbol Emotion Zaragoza. Na gran cita, que arrincará ás 21.00 horas, o Pescados Rubén Burela FS pelexará por dar continuidade á senda triunfal iniciada no último compromiso na casa. “Estamos traballando ben, preparando moi ben a cita ante Zaragoza; sabemos que é moi importante e precisamos o mellor Vista Alegre. Xa
14 de novembro de 2019
Alcorcón chega á Bomboneira defendendo a cuarta praza
O Pescados Rubén Burela FS disputará a xornada 10 mañá, coa visita á Bomboneira doutro candidato á zona alta. O AD Alcorcón FSF recalará mañá no parqué laranxa (18.30 horas) defendendo a cuarta praza e con ganas de recuperar a vitoria para seguir na loita dos de arriba fronte ao percorrido impoluto das Guerreiras. O Alcorcón chega con 21 puntos -con vantaxe de 2 sobre Penya- e só 2 derrotas ás súas costas, na casa do Poio Pescamar (8
15 de novembro de 2019
O Esteo, rival dos laranxas en Copa do Rei
O Pescados Rubén Burela FS estreará periplo na Copa do Rei coa disputa dos dezaseisavos na pista do Esteo; así o deu a coñecer esta mañá a RFEF tras o sorteo realizado. Emparellamentos: - NOIA F.S. - O PARRULO FERROL - O ESTEO F.S. - PESCADOS RUBÉN BURELA - AZULEJOS MONCAYO COLO COLO - OSASUNA MAGNA - CLUB DEPORTIVO BÁSICO FUTBOL SALA TALAVERA - ASPIL VIDAL RIBERA NAVARRA
15 de novembro de 2019
Vista Alegre ata 1 punto
O duelo directo de Vista Alegre sáldase cun empate 2-2, nun gran partido dos de Juanma Marrube, no que foron fieis ao plan de traballo e conseguiron romper a zona do Fútbol Emotion Zaragoza cun xogo práctico. O Pescados Rubén Burela foi superior na primeira parte e conseguiu a iniciativa no marcador, aínda que o 1-0 soubo a pouco ante un Iván B. que mantivo aos maños no partido. Tras o descanso, os mariñáns perderon a conexión e os visitantes apr
15 de novembro de 2019
Pescados Rubén 2-2 Alcorcón
O Alcorcón, que chegaba a Vista Alegre na cuarta praza, freou esta tarde a trayectoria de tres en tres do Pescados Rubén Burela FS (2-2), que pelexou sen descanso fronte a un rival que se dedicou a non deixar xogar e a aproveitar os seus erros. Ás mariñás custoulles entrar na correcta defensa en media pista das alfareiras, que se beneficiaron da efectividade das súas galegas, Nere Moldes e Vane Sotelo, para poñerse por diante na primeira parte e
16 de novembro de 2019
16 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores