Noticias
Arquivo de Decembro 2009
A LNFS e Mercedes-Benz Vehículos Industriales renovan o seu acordo de patrocinio
Mercedes-Benz Vehículos Industriales e a LNFS selaron a renovación do seu acordo de patrocinio, sendo esta a quinta campaña na que ambas entidades vincularán a súa imaxe. A firma levárona a cabo o director xeral de Mercedes-Benz, Jerónimo González, e o presidente da LNFS, Javier Lozano, que estiveron acompañados polo director de Mercadotecnia de Mercedes-Benz, Roberto Redondo, así como polo de Comunicación, Gonzalo Medem, e o presidente de Hon
2 de decembro de 2009
O Burela FS asina un convenio coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña
Dentro do seu programa de acción social, o CD Burela FS vén de asinar un convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. Os directivos do club Antonio Rodenas e Marcelino Luna recibiron esta semana a María José Nóvoa, coordinadora do centro, e Manuel Boullosa, monitor deportivo, nas oficinas do club para pechar as bases do acordo que comprometen a ambas as entidades. Coa formalización deste convenio, o cl
2 de decembro de 2009
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil - Descanso-7ª xornada - Puerto Celeiro-Burela FS (8ª xornada) Martes 8 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Viveiro   Liga Autonómica Infantil Burela FS-Cidade de Narón (aprazado da 5ª xornada) Sábado 5 de decembro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de
3 de decembro de 2009
O Burela FSF chega a Barcelona para disputar un duelo de extremos
Duelo de noveis, pero tamén de extremos, será o que depare a duodécima xornada de Honra Feminina no pavillón catalán de Can Roca. O Burela FSF Pescados Rubén arribou hoxe a Barcelona para enfrontarse mañá, ao FSF Castelldefels, outro dos debutantes na elite futbolística 2009-10, aínda que con peor fortuna cás laranxas no seu percorrido actual polas pistas españolas. Ás 16.30 horas dará comezo o encontro entre a cara, das burelás –son
4 de decembro de 2009  |  Foto: Carlos Echevarría
O Ribera Navarra recala na Mariña como pechacancelas de grupo
O CD Burela FS regresa a Vista Alegre con boa liña de actuación nunha xornada, a décimo terceira, que enfrontará os pupilos de Suso Rey ao OPDE Ribera Narvarra, equipo que recala na Mariña como pechacancelas do Grupo Norte. A bomboneira acollerá o encontro mañá, a partir das 18.30 horas. Poucas alegrías están levando os navarros na súa estrea en Prata e pouco frutíferos lle están sendo os seus resultados para saír do pozo do descenso.
4 de decembro de 2009
O Burela FS segue entre os tres primeiros despois de gañar ante o pechacancelas (4-1)
O equipo mariñán conseguiu unha vitoria tranquila ante un conxunto con poucas expectativas, que chegaba a Burela na última praza do grupo. Os navarros plantaron cara nos primeiros minutos do choque, pero o partido púxose de cara para o bloque laranxa a partir do gol de Turero, que xunto con Manuel e Brais, dispuxo de minutos durante a xornada. Purao e Minu tamén marcaron antes do descanso. Logo do reinicio, Revilla colocaba o 4-0 no el
5 de decembro de 2009
O conxunto feminino cae en Castelldefels (7-5) logo dun primeiro tempo brillante
O equipo que dirixe Pardeiro viuse sorprendido no segundo tempo, logo de rematar a primeira parte con vantaxe (1-3). Souza, en dúas ocasións, e Lucía anotaron nos primeiros vinte minutos, nos que as xogadoras laranxas dominaron o encontro. Tras o descanso, as locais remontaron ata en tres ocasións ata que, nos minutos finais, conseguiron adiantarse definitivamente grazas aos goles de Sandra e Alejandra (Kana). Malia a derrota, as burel
5 de decembro de 2009
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Puerto Celeiro 6-7 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 2-6 Cidade de Narón   Deporte Escolar ACD Xove 0-6 EDM Burela Alevín A
9 de decembro de 2009
O Burela avanza na ruta trazada para ser campión de inverno
O final da primeira volta está moi preto e o Burela FS conserva intactas as súas esperanzas e posibilidades de proclamarse campión de inverno no Grupo Norte da División de Prata. O equipo mariñán cubriu máis da metade do camiño que deseñou hai pouco menos dun mes para alcanzar o cumio da clasificación antes de 2010, cando arrinca a segunda parte do campionato. Foi o seu técnico o que trazou a ruta logo de perder ante o Gáldar. “Se gaña
9 de decembro de 2009  |  La Voz de Galicia
A Pataca Naranxa e Cruz Vermella promoven un Nadal solidario
Como xa é habitual nestas datas, a peña A Pataca Naranxa colabora coa Cruz Vermella de Burela na campaña de recollida de xoguetes do Nadal. A iniciativa solidaria “Un xoguete, unha ilusión” contribúe coa súa particular achega para que os máis pequenos reciban un agasallo nestes días tan entrañables. A afección laranxa poderá depositar as súas doazóns no pavillón Vista Alegre, de luns a venres pola tarde, coincidindo coa apertura das in
10 de decembro de 2009
A Selección Galega convoca a cinco xogadoras laranxas para os seus adestramentos
A Selección Galega Feminina reclamou a presenza de cinco xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén para preparar a fase previa do campionato nacional, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 7 e o 10 de xaneiro de 2010. Dolo, Lucía, Souza, Claudia e Lidia foron convocadas pola seleccionadora María Bardanca para participar nun adestramento programado para o vindeiro domingo, 13 de decembro, ás 18.00 horas, no pavillón de San Francisc
10 de decembro de 2009
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Azkar LugoDomingo 13 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete Os Meigallos FS-Burela FSSábado 12 de decembro, ás 17.00 horas, no pavillón municipal José Mario González de Sarria   Liga Autonómica Infantil
11 de decembro de 2009
Badajoz, último desprazamento do ano para os pupilos de Suso Rey
O CD Burela FS xa se atopa en terras estremeñas para que enfrontarse mañá, no que será o seu último encontro de 2009 como visitante, ao Extremadura Delta Badajoz. O partido arrincará ás 20.30 horas, no pavillón pacense de La Granadilla. O cadro de Suso Rey chega a esta décimo cuarta xornada de Prata nunha liña de xogo ascendente, con avances palpables no aspecto defensivo. Asentado na terceira posición (25 puntos) grazas aos últimos tr
11 de decembro de 2009
O Burela FS Feminino recibe o Diamante Rioja como rival directo
O Burela FSF Pescados Rubén recibe na décimo terceira xornada de Honra un rival directo na táboa, o Diamante Rioja, que, con tan só 1 punto menos cás laranxas, está sexto, fronte á quinta praza mariñá. A partir das 18.30 horas, Vista Alegre presenciará mañá un encontro moi tenso como despedida laranxa a 2009, onde a proximidade clasificatoria se converterá na chispa necesaria para acender a mecha do espectáculo futbolístico. As pupilas
11 de decembro de 2009
Tres puntos de diamante para o Burela Pescados Rubén, que acariña a súa presencia na Copa de España
Triunfo importantísimo por 4-1 do Burela Pescados Rubén ante un Diamante Rioja que deixou unha grata impresión en Vista Alegre. Medio milleiro de espectadores presenciaron un choque vibrante entre dous conxuntos que loitan por estar presentes na Copa de España. Con estes tres puntos, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro recupérase do tropezón da xornada anterior e aséntase na zona alta da División de Honra. O duelo comezou cun Bure
12 de decembro de 2009
Festival de goles en Badajoz, onde o Burela gañou por un 6-9 que lle permite ter a tiro o liderado
O Burela cumpriu co guión previsto e regresou do feudo do Delta Badajoz con tres puntos, que o manteñen na loita polo liderado do grupo norte da División de Prata. Cada xornada que pasa o grupo de aspirantes ao título redúcese, a falta dunha xornada para a conclusión da primeira volta o podio está composto polo Talavera, líder con 31 puntos, Gijón-El Llano, segundo con 29, e Burela, con 28 puntos. Na décimo cuarta xornada, o Burela ve
13 de decembro de 2009
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 6-6 Azkar Lugo   Liga Autonómica Cadete Os Meigallos FS 5-3 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Burela FS 3-4 CP Casás   Deporte Escolar - EDM Burela FS Benxamín B
14 de decembro de 2009
O club sorteará unha cesta doada por Gadis no encontro Burela FS-Valverde
No último partido de 2009 e xa impregnados do espírito de Nadal, o CD Burela FS sorteará o vindeiro sábado, 19 de decembro, unha cesta con produtos típicos destas datas cedida pola empresa galega de supermercados Gadis. O directivo da entidade laranxa Antonio Couto recibiu esta doazón das mans da encargada de Gadis en Burela, Inés Díaz, a semana pasada. Os boletos poderán adquirirse du
14 de decembro de 2009
As empresas da Mariña mostran o seu apoio á base laranxa
O CD Burela FS ten na base o seu alicerce máis sólido; un garante de futuro para fútbol sala ao que diversas empresas da Mariña veñen mostrando o seu fiel apoio. En 2009-10, os dez equipos da Escola Deportiva Burela FS, entre prebenxamín e infantil, lucirán na súa equipación de adestramento os logos de sete tradicionais colaboradores do club e, en especial, das súas categorías inferiores; son os establecementos hostaleiros A Parrillada
16 de decembro de 2009
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FC-Burela FSSábado 19 de decembro, ás 16.15 horas, no pavillón das Roteas de Vigo   Liga Autonómica Cadete Burela FS-Autos LobelleSábado 19 de decembro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil O Parru
17 de decembro de 2009
O Burela FS recibirá 2010 co Torneo Benéfico 'Mételle un Gol ó Cancro'
O Burela FS comezará o ano novo saltando á pista por unha boa causa, o Torneo Benéfico ‘Mételle un Gol ó Cancro’. Os pupilos de Suso Rey protagonizarán un partido de exhibición fronte ao Deportivo de Veteranos, o 3 de xaneiro (17.30 horas) en Abegondo, nesta primeira cita futbolística de 2010 que organizan o Club Deportivo Mabegondo e o xornal deportivo galizas
17 de decembro de 2009
Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o 30 de decembro. A reunión terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria ás 20.00 horas e a segunda ás 20.30 horas. ORDE DO DÍA 1 - Aprobación, se procede, das contas correspondentes á tempada 2008-09 2- Outorgame
18 de decembro de 2009
Móstoles, aínda máis difícil
O Burela FSF Pescados Rubén intentará despedir o ano o máis arriba posible, tras pasar por unha pista das máis difíciles da División de Honra, a do FSF Móstoles Cospusa. O pavillón Villafontana acollerá o encontro da décimo cuarta xornada mañá, a partir das 18.30 horas. O Burela FS viaxa hoxe a Madrid moi concentrado ante o gran reto que o agarda en Móstoles. O conxunto local é un dos candidatos incondicionais ao título, moi acostumado
18 de decembro de 2009  |  Foto: Carlos Echevarría
Os burelaos buscarán un perfecto remate da primeira volta, ante o penúltimo do grupo
O Burela FS disputará o último encontro de 2009, coincidindo coa fin da primeira volta, ante o Valverde del Majano, penúltimo do Grupo Norte. O fútbol sala de Vista Alegre despedirá o ano mañá cunha cita que arrincará ás 18.30 horas. Os pupilos de Suso Rey chegan ao ecuador ligueiro con boa nota; os seus 28 puntos colócanos na terceira praza e cunha vitoria na décimo quinta xornada poderían acceder ao segundo posto, xa que ao Grupo de
18 de decembro de 2009
Un Burela pouco centrado sucumbe ao fortín mostoleño (9-0)
A saída de Lucía da pista, xa no primeiro minuto por un golpe no nocello, presaxiaba que o de hoxe non sería un camiño de rosas para o Burela FSF Pescados Rubén. Sen a concentración necesaria, o equipo de Javier Pardeiro non puido facer nada para frear as incesantes chegadas do Móstoles á portería, que se impuxo por 9-0. O primeiro gol das locais subiu ao electrónico por un erro da defensa laranxa, que tamén influíu nos dous segui
19 de decembro de 2009
Os pupilos de Suso Rey desaproveitan a oportunidade de escalada ante o Valverde (2-4)
O Burela FS chega ás vacacións de Nadal cun sabor agridoce despois da súa derrota ante o Valverde, nos postos baixos do Grupo Norte. De nada lles serviu aos pupilos de Suso Rey a calor da afección laranxa en Vista Alegre nun encontro onde a imprecisión os condenou a un continuo remolque (2-4). A pesar de dominar boa parte do partido e chegar en numerosas ocasións á meta rival, o Burela FS non estivo acertado fronte ao que arribaba 
20 de decembro de 2009
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FC 4-1 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 3-7 Autos Lobelle   Liga Autonómica Infantil O Parrulo 4-2 Burela FS   Deporte Escolar ADS Foz Benxamín 5-2 EDM Bure
21 de decembro de 2009
A gran familia laranxa volve reunirse
A punto de coller as vacacións de Nadal, o CD Burela FS congregou esta fin de semana a todos os seus deportistas para a cita obrigada por excelencia, a tradicional foto de familia. Vista Alegre reuniu a xeracións e xeracións de futbolistas, dende prebenxamín ata senior, nunha xuntanza na que tampouco faltaron directivos e corpo técnico. Xogadores/as, adestradores, delegados/as, persoal médico…, así, ata máis de 200 persoas protag
21 de decembro de 2009
O Burela FS, axudante de Papá Noel por un día
O CD Burela FS realizou onte a súa tradicional visita á sección de Pediatría do Hospital da Costa da vila. Xunto aos xogadores e xogadoras dos primeiros equipos Purao, Revilla, Dolo e Souza, tamén acudiron os directivos José Luís Sáez e Marcelino Luna. Na súa tarefa de axudantes de Papá Noel por un día, os representantes laranxas conversaron cos nenos hospitalizados, moi ilusionados coa visita, e entregáronlles diversos agasallos no no
22 de decembro de 2009
Presentación do X Torneo Benéfico 'Mételle un Gol ó Cancro'
O Centro Oncolóxico da Coruña acolleu onte pola mañá a presentación da décima edición do Torneo Benéfico ‘Mételle un Gol ó Cancro’, prevista para o 2 e 3 de xaneiro de 2010 e onde o CD Burela FS participará cun partido de exhibición ante o Deportivo de Veteranos, no pavillón de San Marcos de Abegondo. O acto contou coa presenza do Burela FS, representado por un dos seus vicepresidentes, José Sa
23 de decembro de 2009  |  Foto: Mételle un Go ó Cancro
A Mariña inicia hoxe o Campionato de Seleccións Locais en Burela con 18 xogadores da base laranxa
A selección da Mariña inaugurará hoxe o Campionato de Seleccións Locais Base en Vista Alegre cun total de 18 xogadores da canteira laranxa nas súas filas, entre as categorías de benxamín e cadete. O combinado de Lambre será o rival para este primeiro enfrontamento. Os benxamíns, cos burelaos Luismi, Nito e Néstor, saltarán á pista ás 16.00 horas; despois tocaralles aos alevíns (17.00 horas), cos alumnos laranxas Aarón, Álex, Dani e Aró
23 de decembro de 2009
Os mariñáns comezan con bo pé o autonómico de comarcas
A Mariña tivo un excelente inicio no Campionato Autonómico de Seleccións Territoriais Base. O seu primeiro enfrontamento, onte en Vista Alegre, ante Lambre resolveuse con tres vitorias –benxamíns, infantís e cadetes- e unha axustada derrota -alevíns. Na categoría benxamín, os locais impuxéronse por 4-0. Os infantís protagonizaron a maior goleada da xornada, con 8-2; os burelaos Adrián e Isaac contribuíron con cadanseu gol. No último pa
24 de decembro de 2009
Os xuvenís Manuel e David vestirán a camiseta galega no nacional (27-30 decembro)
Os xuvenís do CD Burela FS Manuel Jiménez e David Rodríguez vestirán a camiseta galega na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18, que arrincará en Santiago de Compostela (pavillón de Santa Isabel) o 27 de decembro. Integrado no Grupo 4, o combinado de Santiago Valladares disputará esta eliminatoria como anfitrión fronte ao País Vasco e Aragón. O martes 29 (12.00 horas) Galicia enfrontarase ao perdedor do
24 de decembro de 2009
Catro equipos do Burela FS disputarán o internacional de base 'Cidade de Lugo'
Catro equipos do CD Burela FS participarán no VIII Torneo Internacional de Fútbol Sala de Base ‘Cidade de Lugo’, que terá lugar na capital amurallada entre o 26 e o 28 de decembro. O Benxamín C, Alevín A, Infantil A e Cadete da canteira laranxa terán que enfrontarse nesta primeira fase da competición, de carácter autonómico, a tres rivais. No Grupo A, os benxamíns mediranse ao EDM Rábade, EDM Concello de Curtis e Azkar Prone. Os aleví
24 de decembro de 2009
O CD Burela FS sela a súa colaboración coa escola asturiana Cangasport
Na súa aposta polo fútbol sala de base, o CD Burela FS vén de asinar un convenio de colaboración coa escola asturiana Cangasport. Ata Cangas del Narcea viaxaron a semana pasada o director da EDM Burela FS, Alfonso Mera, e o capitán do primeiro equipo masculino, Juanma Marrube, para a formalización do acordo. A sinatura entre o CD Burela FS e Cangasport estivo englobada na I Gala do Fútbol Sala da escola asturiana, o pasado 23 de decem
28 de decembro de 2009
Os infantís cóanse na final do 'Cidade de Lugo'
O conxunto infantil da EDM Burela FS disputará hoxe a gran final da fase previa do VIII Torneo Internacional de Base ‘Cidade de Lugo’. A partir das 19.00 horas, os burelaos loitarán por unha praza na segunda fase (2-4 de xaneiro), ante o Láncara, no Pazo Municipal dos Deportes da capital luguesa. Despois das dúas vitorias de grupo, ante CD Barval (4-3) e EDM Quiroga (3-0), co contundente triunfo fronte ao Salesianos (6
28 de decembro de 2009  |  Foto: Fundación Azkar
A EDM Burela FS, subcampioa do 'Cidade de Lugo' en infantís
O equipo infantil da EDM Burela FS rematou o seu periplo na eliminatoria autonómica do VIII Torneo Internacional ‘Cidade de Lugo’ na segunda praza. Os xogadores laranxas quedaron a un paso da fase nacional/internacional (2-4 de xaneiro de 2010) ao caer ante o Láncara (10-1) onte no Pazo dos Deportes da cidade amurallada. Despois das dúas vitorias de grupo, ante CD Barval (4-3) e EDM Quiroga (3-0), e do contundente triunfo fronte ao Sal
29 de decembro de 2009
Suso Rey: 'O equipo está moi mentalizado para chegar ao play-off'
O Club Deportivo Burela FS está inmerso na súa sétima temporada na División de Prata desde que fixo o seu debut en 2003/04. Tras varios anos con aspiracións ao ascenso, parece que o grupo formado para esta campaña pode ser o que conduza, por fin, ao conxunto galego con destino á elite do fútbol sala español. Suso Rey, míster do cadro laranxa, analizou, para www.lnfs.es, as opcións dos seus de lograr o tan prete
29 de decembro de 2009
Inicio prometedor para o combinado galego sub-18
O combinado galego sub-18 comezou esta mañá a súa aventura na fase previa do Campionato de España de Seleccións Territoriais cun inicio prometedor. En Santiago de Compostela, os anfitrións, co xuvenil burelao Manuel Jiménez no cinco inicial, impuxéronse por un convincente 0-5 ante o País Vasco, que viña de perder co terceiro en discordia do Grupo IV, Aragón (4-6). Os de Santiago Valladares disputarán o seu segundo, e último, partido da
29 de decembro de 2009
O CD Burela FS promoverá o Xacobeo en 2010
O CD Burela FS será unha das preto de 150 entidades deportivas de Galicia que promovan o Xacobeo en 2010 como club de alta competición. Así quedou hoxe formalizado en Santiago de Compostela a través da sinatura do contrato de patrocinio entre o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e o director-xerente da SA de Xestión do Plan Xacobeo, Ignacio Santos, por unha banda, e o vicepresidente do club laranxa, José Saa Saa, pola outra.
29 de decembro de 2009  |  Foto: Xunta de Galicia
O segundo asalto da Mariña catapulta a benxamíns e cadetes á final de comarcas
As dúas vitorias da Mariña onte en Ferrol outórganlles a benxamíns e cadetes o pase á fase final do Campionato Autonómico de Seleccións Comarcais, que se disputará en Santiago de Compostela o 17 de xaneiro. Despois de vencer a Lambre a semana pasada, as devanditas categorías recolleron o seu segundo triunfo; os benxamíns, cos burelaos Luismi, Nito e Néstor, impuxéronse por 3-8 e os cadetes, cos laranxas Miguel, Daniel, Noé e Alejandro,
30 de decembro de 2009
Os benxamíns acudirán á segunda fase do 'Cidade de Lugo'
A EDM Burela FS volve ao VIII Torneo Internacional de Base ‘Cidade de Lugo’ co equipo Benxamín A como convidado na segunda fase, que se disputará entre o 2 e o 4 de xaneiro. Inseridos no Grupo A, os benxamíns laranxas terán que medirse ao Azkar Lugo e Club del Mar San Amaro, ademais do Azkar Prone, que accede a esta eliminatoria como campión da primeira fase (26-28 de decembro). Os mariñáns entrarán en semifinais no caso de quedar entr
30 de decembro de 2009
Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as
A Xunta Directiva convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de Socios/as para o 30 de decembro. A reunión terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca), sendo a primeira convocatoria ás 20.00 horas e a segunda ás 20.30 horas. ORDE DO DÍA 1 - Aprobación, se procede, das contas correspondentes á tempada 2008-09 2- Outorgame
30 de decembro de 2009
Manuel estrea portería no pase de Galicia Sub-18 á final nacional
O xogador do CD Burela FS Manuel Jiménez contribuíu esta mañá co seu acerto goleador á vitoria de Galicia Sub-18 ante Aragón por 4-2, resultado que mete o combinado de Santiago Valladares na final do Campionato de España de Seleccións Territoriais, prevista para o mes de marzo. Nesta segunda xornada da fase previa, o xuvenil laranxa, que repetiu no cinco inicial, marcou o segundo tanto galego de dobre penalti. O outro convocado burelis
30 de decembro de 2009
Claudia, Dolo e Lidia adestrarán con Galicia o 3 de xaneiro
As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén Claudia, Dolo e Lidia foron reclamadas pola adestradora galega, María Varela Bardanca, para unha nova sesión preparatoria do Campionato de España de Seleccións Territoriais (7-10 de xaneiro de 2010). Será o vindeiro domingo, 3 de xaneiro, no pavillón coruñés do Ventorrillo, a partir das 18.00 horas. Das filas laranxas tamén foi convocada con Galicia Lucía, que non poderá asistir por unha lesión
31 de decembro de 2009
O Burela FS inaugura 2010 con partido benéfico ante o Deportivo de Veteranos
O primeiro equipo masculino do CD Burela FS inaugurará 2010 cun partido benéfico ante o Deportivo de Veteranos. Será o primeiro domingo do ano, 3 de xaneiro, no pavillón municipal de San Marcos de Abegondo, a partir das 17.30 horas. O devandito encontro de exhibición está integrado na décima edición do torneo coruñés ‘Mételle un Gol ó Cancro’ (2-3 de xaneiro), que organizan o CD Mabegondo e o xornal ga
31 de decembro de 2009
46 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores