O Calendario Laranxa 2011 estará dispoñible desde o sábado 18
Un ano máis, e xa van cinco, o ‘Calendario Laranxa’ volverá á rúa cos primeiros equipos, masculino e feminino, e as categorías inferiores exercendo como verdadeiros profesionais top-model. Coincidindo co último encontro da División de Prata en 2010 (Burela FS-Colegios Arenas Gáldar), todas as persoas interesadas poderán adquirilo este sábado, día 18, no pavillón Vista Alegre, ao
15 de decembro de 2010
Acordos da Asamblea da LNFS
A Liga Nacional de Fútbol Sala celebrou este martes dobre asemblea, ordinaria e extraordinaria de clubs, na Cidade do Fútbol da RFEF, onde se aprobou por unanimidade a liquidación e o peche do orzamento e as contas da tempada 2009/2010, que reflicten o balance saneado da Asociación.
Cunha asistencia de 15 clubs de División de Honra e 14 de Prata, deu comezo a xornada coa Asemblea Extraordinaria, onde se aprobou, por unanimidade, a
16 de decembro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil
AD Bueu FS-CD Burela FSDomingo 19 de decembro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Bueu
Liga Autonómica Cadete
Burela FS-O Barval FSDomingo 19 de decembro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Infantil
CP C
16 de decembro de 2010
Venda anticipada para o Burela FS-Autos Lobelle, da Copa do Rei, desde mañá
O club laranxa abrirá mañá, venres 17, a venda anticipada para o Burela FS-Xacobeo 2010 Autos Lobelle, gran duelo na segunda eliminatoria da Copa do Rei que enfrontará os pupilos de Suso Rey cun dos titáns da División de Honra, o vindeiro mércores, 22, en Vista Alegre (20.30 horas).
O prezo das entradas será de 3 euros para socios/as (presentar carné de 2010) e 10 para os non socios/as
16 de decembro de 2010
O Burela FSF retoma a liga na pista do pechacancelas malagueño
Tras a parada de dúas semanas polo I Torneo Mundial de Fútbol Sala Feminino, o Burela FSF Pescados Rubén retomará a liga de Honra, coas forzas recuperadas, na pista do pechacancelas malagueño, CD Campillos; será este sábado, no pavillón municipal, ás 19.00 horas.
Dende a sexta praza (18 puntos), as pupilas de Javier Pardeiro mediranse, tras un longuísimo desprazamento, a un rival a priori accesible, o farol vermello da táboa, con tan s
16 de decembro de 2010
Adestramentos de Galicia Sub-19
Achégase o Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-19 (27-30 decembro) e a Selección Galega segue perfilando a súa aposta cun novo adestramento no que volverán participar os burelistas Manu, Juan e Antón. Será o luns 20, ás 18.30, no pavillón santiagués de Roxos.
Xunto aos representantes do CD Burela FS, conforman este chamamento do combinado irmandiño Antonio Diz, Diego Nú
17 de decembro de 2010
O Burela FS despide 2010 coa visita do perigoso Gáldar Gran Canaria
O Burela FS despedirá a súa participación de Prata en 2010 coa visita do perigoso Gáldar Gran Canaria, terceiro clasificado, avantaxando en catro puntos a sexta praza dos laranxas. Será mañá, en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas.
O Burela FS probará a fortaleza da bomboneira ante un dos rivais máis sólidos da categoría. Ata o momento, os canarios só viron escapar puntos fóra da casa en tres ocasións, con dous empates (Murcia 3-3
17 de decembro de 2010
O CD Burela FS promoverá Deporte Galego e Galicia Calidade
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o CD Burela FS asinaron esta tarde o acordo do Plan de Patrocinio Publicitario para Equipos de Alta Competición da Tempada 2010-11, polo que os dous primeiros equipos laranxas, masculino e feminino, se beneficiarán do patrocinio da Fundación Deporte Galego e Galicia Calidade.
A Casa do Mar da localidade mariñá acolleu o acto, que contou coa presenza do secretario xeral para o Dep
17 de decembro de 2010