Noticias
Arquivo de Decembro 2012
Derrota ante un gran El Pozo Murcia
Derrota inapelable do Burela Pescados Rubén ante El Pozo Murcia (9-0) que se mantén na loita polo liderado co FC Barcelona.
O conxunto burelense baseou o seu litixio polos puntos nunha ardua e intensa defensa. Con estes argumentos logrou manter o tipo durante o primeiro período aínda que sen probas claras para atacar ao seu poderoso rival. Os murcianos monopolizaron o debate. Aos once minutos, Miguelín achegou a primeira evidencia. Lategazo coa zurda que viaxou directo á escuadra burelense. A segunda proba contundente chegou por mediación do maxistrado, Kike Boned, ao
1 de decembro de 2012
Clara vitoria dos xuvenís sobre o Vilalba (1-4)
Os xuvenís laranxas impuxéronse con claridade a domicilio sobre o Vilalba (1-4), a pesar dos altibaixos na intensidade. Esta clara vitoria permítelles aos de Iván Cao, Lucas, seguir acariñando o liderado, manténdose a dous puntos, tras o resultado favorable do Azkar ante o Coruxo. O Burela FS bateu cun rival defendendo en media pista para saír á contra. Carlos conseguiu atopar as fendas para marchar ao descanso con 0-1. Á volta, o
3 de decembro de 2012
O Burela B dá a sorpresa e faise co derbi ante o Superti (5-1)
O Burela FS Pescados Rubén B deu a sorpresa no derbi mariñán de Terceira e sobrepúxose ao Superti Rececende (5-1), segundo na táboa, nun encontro moi serio tanto en ataque coma en defensa. A desconfianza previa do cadro laranxa transformouse en dominio sobre a pista para crear perigo e ocasións durante todo o primeiro período, pero tamén para frear as escasas tentativas do rival. A primeira alegría para os burelistas chegou axiña,
3 de decembro de 2012
Fonte: ACFSF
Quinteto inicial para Peque no vitorioso debut de España
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Patricia González, Peque, tivo unha brillante estrea no tamén vitorioso debut de España (2-0) no III Campionato Mundial de Fútbol Sala Feminino de Portugal. Ademais de formar parte do quinteto inicial de Alicia Morell ante Ucraína, a ala-pivote laranxa, lucindo o dorsal 4, deixou ver certa chispa da súa determinación colaborando na perigosidade da Vermella.   Máis infor
4 de decembro de 2012
O pivote Cesinha será xogador do Burela FS
O pivote César Augusto May Xavier, máis coñecido com Cesinha, será finalmente xogador do Burela FS Pescados Rubén. O brasileiro (Sao Paulo, 1985), que xa compartiu adestramentos co equipo mariñán durante a parada ligueira, foi presentado oficialmente na sede da entidade laranxa polo vicepresidente, Manuel Blanco, que definiu a nova incorporación como “unha prometedora alternativa na faceta ofensiva”. “Esta será a miña primeira exp
5 de decembro de 2012
Os penaltis frearon a ilusión copeira para as laranxas
O Burela FS Pescados Rubén despediuse este mediodía da XXII Copa Galicia, nas semifinais fronte ao Cidade das Burgas. Tras o tempo regulamentario con empate 2-2, a lotería dos penaltis converteuse nun muro infranqueable para as pupilas de Javier Pardeiro. O cadro mariñán  enfocou todo o encontro “con ilusión pero tamén coa precaución de garantir a saúde do vestiario”, segundo expresou o técnico. “Xeramos moitas ocasións, per
6 de decembro de 2012
Un duelo de tres puntos e moito máis (Burela FS-Gáldar, 18.30 horas)
Para o Burela FS Pescados Rubén poden comezar a cambiar as cousas, chega o momento de recoller as primeiras alegrías da elite, cunha apetecible 8ª xornada. Vista Alegre acollerá mañá un duelo de noveis (18.30 horas), que para os laranxas significa tres puntos e moito máis, a posibilidade de asinar o primeiro éxito en Primeira, un impulso de moral, o recoñecemento ao esforzo e traballo, a recompensa ao apoio da bancada… Unha cita que pode mante
7 de decembro de 2012
O Burela FS estrea a súa cuadrícula con empate ante os insulares (2-2)
O Burela FS Pescados Rubén estreou a súa cuadrícula en Primeira con empate, na visita do Colegios Arenas Gáldar de Gran Canaria (2-2), nunha tarde na que a escuadra laranxa mereceu máis. Os mariñáns, que puxeron todas as súas cartas sobre a mesa, viron escapar a vitoria na recta final do encontro, en tan só dous minutos.   Desde o primeiro momento, os dous equipos ensinaron as uñas; ambos saíron a por todas, que
8 de decembro de 2012
O ala brasileiro Silva reforza as filas laranxas
O ala Rafael Silva de Jesús, coñecido como Silva, reforzará as filas laranxas de cara ao mercado invernal. O xogador brasileiro (Río de Janeiro, 1986), que xa se incorporou á dinámica de adestramentos dos de Julio Delgado a semana pasada, recala na Mariña procedente do poderoso Iberia Star, de Xeorxia, co que se clasificou para a Final Four da Copa da UEFA, entre os catro mellores de Europa. Na súa presentación oficial, acompañado
10 de decembro de 2012
Paula tamén esperta o interese da Selección Galega
A novísima xogadora laranxa Paula Cortiñas (Cervo, 1996) tamén espertou o interese da Selección Galega. O combinado irmandiño Sub-17 reclamou a súa presenza para comezar coa preparación do campionato de España de territoriais, previsto para febreiro. Paula adestrará hoxe no pavillón compostelán de Roxos Carmen Estévez, ás 18.45 horas. Na convocatoria de Manuel Castillo tamén estarán María Arias, María Romero e Antía Piñeiro, do Ci
12 de decembro de 2012
Últimos días para facerse co número da sorte laranxa: 61.691
O número da sorte do Burela FS Pescados Rubén para o Nadal, 61.691, aínda estará dispoñible ata o vindeiro luns, 17 de decembro. Ata ese día as persoas interesadas poden adquirir as súas papeletas na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou nos establecementos colaboradores Cafetería Vista Alegre, Hotel Nordés, O Poeta, Palacio de Cristal, Hotel Galatea e Parrillada de Jandro.
12 de decembro de 2012
O Burela FS B visita a pista do IES Coruxo, rival directo
Despois dunhas merecidas minivacacións, a liga de Terceira e o Burela FS Pescados Rubén B volven á competición coa visita á pista do C. de Vigo IES Coruxo, rival directo co que está empatado a 18 puntos na tentativa de acceder ao ecuador clasificatorio e que está dando que moito que falar entre os de arriba. O municipal das Travesas recibirá o duelo o sábado, ás 17.00 horas. O cadro de Iván Cao, Lucas, volveu aos adestramentos o m
13 de decembro de 2012
A Liga Nacional Xuvenil recibe o Leis en Vista Alegre
Nunha xornada na que os equipos sénior burelistas teñen que facer as maletas, a esperanza de gozar do fútbol sala de Vista Alegre recaerá na Liga Nacional Xuvenil, coa visita do Leis Pontevedra, o domingo, ás 12.00 horas. O sábado tamén xogará en Vista Alegre o ED EON Burela FS Infantil A, que recibirá ás 11.00 o ACD Xove, e o Alevín fronte á Pontenova, ás 11.50 horas. O resto dos compromisos laranxas
13 de decembro de 2012
Ciudad de Alcorcón, último desprazamento do ano para o líder de Primeira
O Burela FS Pescados Rubén pechará a xira de 2012 viaxando á pista do Ciudad de Alcorcón, rival que non perdeu en absoluto o toque no seu regreso á categoría, tras unha tempada en Segunda, ocupando a quinta praza (20 puntos). Madrileñas e mariñás decidirán a 12ª xornada de Primeira o domingo, ás 13.00 horas. A escuadra laranxa (29 puntos) ten os obxectivos claros na volta da competición ligueira, co regreso tamén
14 de decembro de 2012
Juanma regresa á convocatoria laranxa para a cita en Navarra
A capitanía laranxa xa está de volta. Despois dunha semana da reincorporación de Edu, Juanma Marrube regresa á convocatoria laranxa para a última cita a domicilio dos mariñáns de 2012, fronte ao Ríos Renovables Ribera Navarra. O Mariskal entra na lista de Julio Delgado, acurtando notablemente os prazos de recuperación, despois de estar afastado dous meses, pola intervención dunha hernia discal. A 9ª xornada de Primeira resolverase no C
14 de decembro de 2012
A fortuna alíase coa meta madrileña e frea o envite burelista (3-1)
O Burela FS Pescados Rubén concedeu a súa primeira derrota do curso, tras caer ante unha das revelacións da tempada, o Ciudad de Alcorcón, nun partido no que as laranxas puxeron o xogo, con incontables ocasións erradas, e as madrileñas o acerto. Tras o 3-1 da xornada dominical, o liderado volve rifarse entre o Atlético de Madrid, que xa gozou do descanso da primeira volta, e o cadro de Javier Pardeiro, con 29 puntos. O conxunto ma
17 de decembro de 2012
O parapeto tudelano resístese á vontade laranxa (7-4)
O Burela FS Pescados Rubén non puido regresar cos seus primeiros tres puntos de Tudela; sucumbiu o sábado na férrea pista do Ríos Renovables Ribera Navarra (7-4). O partido era clave para os dous equipos. O Burela FS precisaba sumar para non descolgarse na súa loita pola permanencia e o cadro local quería romper a etapa de resultados en contra. Nesta tesitura, o Ribera saíu á pista moi enchufado e adiantouse xa aos 40 segundos, po
17 de decembro de 2012
Carlitos conduce a contundente vitoria del Burela B en Vigo (1-6)
O Burela FS Pescados Rubén FS B despediu os compromisos a domicilio de 2012 cunha importante vitoria, ante un rival directo, impoñéndose con contundencia ao C. de Vigo IES Coruxo FS por 1-6. A xornada goleadora estivo conducida por Carlitos, autor de 4 dos 6 tantos laranxas, que hoxe volverá adestrar con Galicia Sub-19, na preparación do nacional (municipal compostelán de Santa Isabel, 19.00). Os mariñáns empezaron indecisos 
17 de decembro de 2012
Gran xornada de espectáculo e goles para as promesas burelás
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 6-1 Leis Pontevedra   Liga Autonómica Xuvenil Concello de Guitiriz 2-5 Burela FS (10ª xornada adiantada)   Liga Autonómica Cadete Concello de Guiritiz 2-7 Burela FS
17 de decembro de 2012
Vista Alegre habilitará unha Fila 0 por Olaya, coincidindo co Burela FS-Santiago Futsal (sábado 22, 18.30)
O Burela FS Pescados Rubén recibirá o Nadal dunha forma moi especial, con derbi galego ante o Santiago Futsal (sábado 22, 18.30 horas) e con espírito solidario. Na despedida de 2012, o club laranxa habilitará en Vista Alegre unha Fila 0, cuxa recadación irá destinada á causa de Olaya, un bebé da parroquia veciña de Fazouro que precisa unha prótese de man. Con esta iniciativa, a entidade burelista súmase aos conti
18 de decembro de 2012
Participa na porra de Coca-Cola para o derbi Burela FS-Santiago Futsal
A empresa coruñesa Begano e Coca-Cola tamén se uniron á emoción do derbi galego, Burela FS Pescados Rubén-Santiago Futsal, que acollerá o vindeiro sábado o pavillón Vista Alegre (18.30 horas). A través de Facebook , os afeccionados/as poderán participar en “La Porra del Derbi”. Se es fan de Begano podes participar na promoción:
19 de decembro de 2012
Asemblea Xeral Ordinaria de Socios/as (xoves 27 de decembro)
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o xoves 27 de decembro de 2012. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e
19 de decembro de 2012
As xoias burelistas reciben o Nadal con diversión sobre as pistas
As xoias da estrutura burelista recibirán a ilusión do Nadal esta fin de semana con diversión competitiva sobre as pistas. Na Liga Nacional Xuvenil, o cadro de Iván Cao ‘Lucas’ soñará co turrón o sábado na pista do Noia, ás 12.00 horas. O domingo volverá á bomboneira a Liga Autonómica Infantil, como antesala do Burela FS-Roldán da Primeira División RFEF (12.30); os laranxas exercerán de anfitrións ante o CD Mare Nost
20 de decembro de 2012
Derbi provincial de Terceira, na antesala do trepidante Burela FS-Santiago Futsal
O derbi provincial de Terceira entre o Burela FS Pescados Rubén B e o Vilalba FS abrirá o apetito futbolístico este sábado en Vista Alegre (16.00 horas), como antesala ao gran duelo galego, ao trepidante enfrontamento entre o cadro de Julio Delgado e o sólido Santiago Futsal (18.30 horas), que recalará na Mariña defendendo a terceira praza da Primeira División. Aos pupilos de Iván Cao ‘Lucas’ volv
20 de decembro de 2012
A capitanía laranxa adiántase a Papá Noel
O Burela FS Pescados Rubén volveu asumir un Nadal máis o rol de axudante de Papá Noel no Hospital da Costa, repartindo ilusión e bos desexos entre os máis pequenos. Os capitáns laranxas Dolo e Juanma acudiron  hoxe á tradicional visita á área de Pediatría do centro mariñán, xunto ao director da ED EON Burela FS, Alfonso Mera, e o director deportivo da entidade, Marcelo Santoro. Os membros da entidade burelista compartiron un
20 de decembro de 2012
O Burela FS quere despedir o ano coa primeira vitoria (sábado 22, 18.30)
O Burela FS Pescados Rubén chega ao último compromiso de 2012, na primeira incursión na elite, con ganas de vitoria ante un rival moi especial, o Santiago Futsal (18.30). O derbi galego arrincará mañá, ás 18.30 horas en Vista Alegre. Os socios/as laranxas terán acceso gratuíto; para non socios/as a venda abrirase ás 17.30 horas (10 euros/adultos e 5 euros/14-18 anos). Os pupilos de Julio Delgado, coa axuda da incondicional Marea L
21 de decembro de 2012
Roldán, broche a un excelente 2012 laranxa (domingo, 12.30)
O Burela FS Pescados Rubén de Javier Pardeiro tamén lle dirá adeus a 2012 na casa, na 13ª xornada de Primeira, arroupado por Vista Alegre. O domingo, ás 12.30 horas, recibirá o novel Roldán FS. “Temos que ir a por todas, para poñer o broche merecido a un excelente ano para o equipo e desquitarnos do anecdótico tropezo da semana pasada” afirmou o adestrador laranxa. Dende o coliderado, as mariñás recibirán o rival murciano ocupando
21 de decembro de 2012
JMª Álvez/El Progreso
O xogo e a ilusión bríndanlle ao Burela FS o empata na clausura de 2012 (2-2)
  O Burela FS Pescados Rubén clausurou esta tarde a aventura de 2012 subindo o seu segundo punto á cuadrícula de Primeira. O xogo e a ilusión brindáronlle ao cadro laranxa o empate do gran derbi galego, na visita do Santiago Futsal (
22 de decembro de 2012
Obxectivo máis que cumprido ¡2013 promete...!
O Burela FS Pescados Rubén pecha un impresionante 2012 regresando á súa senda habitual, impoñéndose con xustiza ao novel Roldán FSF esta mañá en Vista Alegre (3-0). O seleccionador nacional, José Venancio López Ferro, foi testemuña da décima vitoria para as laranxas na liga 2012-13. Pouco traballo tivo Jozi antes do descanso. A posesión e as ocasións non se resistiron á denominación de orixe laranxa. Peque selou
23 de decembro de 2012
Los pupilos de Lucas levaron o derbi lugués (4-1)
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá 2013 nunha meritoria dinámica tras levar o derbi lugués en Terceira División. Os pupilos de Iván Cao, Lucas, impuxéronse con solvencia ao Vilalba FS na casa (4-1), nun encontro no que xa tomaron a dianteira nos primeiros minutos. Carlitos foi o responsable da primeira ledicia da tarde en Vista Alegre, inaugurando o luminoso xa no minuto 4. Os laranxas tiveron que conformarse con marchar ao tem
23 de decembro de 2012
Cores laranxas, no I Trofeo do Nadal Mariñán de Imdecum
A chegada do Nadal obriga a tomarse un pequeno descanso nas diferentes competicións ligueiras, aínda que o fútbol sala laranxa non se pode resistir ao seu desexo polas pistas e seguirá dando renda solta ao seu espírito para despedir 2012, coa participación no I Trofeo do Nadal Mariñán (27-29 de decembro), organizado pola Fundación Imdecum. Un total de 8 equipos burelistas, entre benxamín e xuvenil, daranse cita n
24 de decembro de 2012
Bo Nadal e Feliz 2013
A GRAN FAMILIA LARANXA QUERE DESEXARVOS A SOCIOS/AS, SIMPATIZANTES E AMIGOS/AS DO FÚTBOL SALA UN FELIZ NADAL E BO ANO 2013.
24 de decembro de 2012
Carlos Valle, Lidia Mesías, Lara Balseiro e Paula Cortiñas, protagonistas na Selección Galega.
Carlos Valle Izaguirre representará ao Burela FS Pescados Rubén na Selección Galega de Fútbol Sala sub-19 que disputa, do 28 ao 30 de decembro, o Campionato de España de Seleccións Territoriales cuxa primeira fase celébrase en Melilla. A Selección Galega comparte grupo co Principado de Asturias, Melilla e Murcia. O primeiro duelo terá lugar o venres día 28, ás 16.30 horas, no pavillón Lázaro Fernández. O sábado día 29, en idéntico esc
26 de decembro de 2012
O I Trofeo do Nadal Mariñán de Imdecum arrinca coa experiencia vital de Pulpis
O I Trofeo do Nadal Mariñán de fútbol sala base que organiza a Fundación Imdecum arrincou esta tarde apadriñado polo adestrador da Selección de Uzbekistán, José María Pazos ‘Pulpis’ (Lugo, 1974). Xunto ao secretario de Imdecum, José Luis Sáez, o técnico galego compartiu anécdotas da súa dinámica traxectoria no fútbol sala e a súa experiencia vital co numeroso e novísimo público que se deu cita no IES Monte Castelo de Burela. Baix
27 de decembro de 2012
O Calendario Laranxa regresa aos fogares mariñáns
O ‘Calendario Laranxa’ regresará aos fogares mariñáns en 2013 para coar o espírito burelista representado nos equipos sénior, masculino e feminino, o filial e as categorías de base. Despois do éxito de vendas en Vista Alegre durante a fin de semana pasada, o almanaque xa está dispoñible (prezo, 2 euros) nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97) e nas librerías burelás Auma, Atril, Kiosco Alicia e Bluster, ademais da empresa co
28 de decembro de 2012
A Pataca Naranxa tamén se oirá na cidade amurallada
A Pataca Naranxa acompañará o CD Burela FS Pescados Rubén nunha viaxe organizada para recibir cunha ledicia o ano, o 4 de xaneiro, na cidade amurallada (21.15 horas). As voces da peña afinarán os seus cantos para apoiar o equipo no regreso á competición de Primeira División, na pista do Azkar Lugo. Ata o xoves  3 de xaneiro todos os socios/as da Pataca poderán apuntarse para o desprazamento no número de teléf
28 de decembro de 2012
36 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores