Noticias
Arquivo de Decembro 2013
Foto: A Caixa Escura
A guinda do pastel
O Burela FS Pescados Rubén colocou hoxe a guinda do pastel a un ano perfecto coa vitoria na pista do Roldán FSF (2-5), con catro goles de Peque e un de Lidia Mesías, na antesala da súa cita mundial con España. Os tres puntos da 11ª xornada de Primeira permítenlles ás pupilas de Quico Otero seguir pisándolle os talóns ao líder, antes do parón polo Campionato do Mundo (13-20 de decembro, Alcázar de San Juan-Cidade Real).  
1 de decembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Inmerecida derrota do Burela FS B
O Burela FS Pescados Rubén B sufriu unha inmerecida derrota o sábado na Fonsagrada ante o Ribeira FS (7-2). O desacerto na finalización laranxa e grande efectividade dos locais condenou os de Iván Cao, Lucas, que marcharon ao descanso con 5-1 desfavorable. Keko reaccionou enseguida ao temperán tanto de Ismael, que xa puxo por diante o Ribeira FS no primeiro minuto de xogo. No entanto, a sorte estaba do lado fonsagradino, que tivo
2 de decembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Peque, pichichi de Primeira
A internacional Patricia González, Peque, lidera a lista de goleadoras de Primeira División LNFS, con 18 tantos, despois de anotar nada máis e nada menos ca catro tantos no último encontro, na pista do Roldán (2-5). Lidia Mesías, a outra xogadora do CD Burela FS que defenderá a España no Campionato do Mundo (13-20 de decembro, Alcázar de San Juan-Cidade Real) e que tamén marcou un gol en terras murcianas, é a segunda na lista laranxa, con 9 di
3 de decembro de 2013
O xuvenil laranxa recibe o Azkar Lugo en Vista Alegre
A Liga Nacional Xuvenil plántase mañá en Vista Alegre para acoller un atractivo derbi. O cadro laranxa recibirá en Vista Alegre o Azkar Lugo, correspondente á xornada 5 aprazada. O duelo entre burelaos e transportistas comezará ás 12.30 horas. O outro compromiso da semana protagonizarano os cadetes, en Liga Autonómica, co desprazamento á pista do Concello de Guitiriz (sába
5 de decembro de 2013
Foto: A Caixa Escura
Derbi con aliciente de Copa (sábado 7, 18.00 horas, TVG2)
O Burela FS Pescados Rubén xogarase a penúltima ficha para o acceso á Copa de España este sábado na complicadísima pista do Santiago Futsal. Os pupilos de Juanlu, desde a oitava praza (15 puntos), vivirán un derbi galego con aliciente de Copa de España no Multiúsos do Sar (18.00 horas, TVG2 en directo), un auténtico parapeto para os composteláns, na cuarta praza (21 puntos), de onde non deixaron escapar ningún punto no que vai de liga.
5 de decembro de 2013
A Copa de España xógase en Vista Alegre
O Burela Pescados Rubén empata (1-1) no Multiusos do Sar ante o Santiago Futsal nun derbi galego vibrante ata o final. Ademais de romper a inmaculada traxectoria dos locais no seu feudo, primeiros puntos que se escapan do Fontes do Sar, os mariñaos conseguen chegar a última xornada da primeira volta, fronte ao Marfil Santa Coloma, con opcións para a Copa de España “Logroño 2014”, sen depender de terceiros. A oitava posición dirimirase entre Burela Pescados Rubén (16 puntos), Ríos Renovables (15 puntos) e Peñíscola Dunviro (14 puntos).
O derbi galego brillou pola igualdade, a intensidade e as alternativas no dominio do xogo entre dous conxuntos que buscaron a meta rival sen concesións. Únicamente a excelente actuación dos porteiros, Juanjo e Alex, impediu ver un marcador con máis goles. No ecuador do primeiro periodo, Matamoros certificou cun zurdazo raso o mellor inicio dos bureleses ante un Santiago que estaba incómodo ante a presión laranxa. Puido o Burela ampliar a súa rend
7 de decembro de 2013
Jatay Sportwear coa canteira laranxa
Jatay Sportwear aposta polo deporte de base patrocinando ao equipo cadete do CD Burela FS Pescados Rubén durante as tempadas 13/14 e 14/15. Ademais ofrece aos socios do club a oportunidade de gozar dun 20% de desconto nas súas tendas de Burela, Ribadeo e Luarca. Desconto non acumulable a promocións en vigor.
O presidente do club, Manuel Blanco, visitou a tenda de Jatay Sportwear de Burela acompañado dos xogadores laranxas; Aarón e Mini, para agradecer a implicación de Jatay co deporte base á coordinadora de tendas; Elena Armada e a responsable en Burela, Cristina Gómez. A tenda de Jatay Sportwear Burela, situada na céntrica Praza da Mariña de Burela, abriu as súas portas o 14 de maio de 2011 para ofrecer unha gran variedade de estilos en
11 de decembro de 2013
Xornada das categorías de base
A actividade laranxa do fin de semana arranca o sábado día 14, 10.00 horas, con un encontro amigable en Xove do equipo infantil C ante o ACD Xove. As 11.30 horas o protagonismo será para o Cadete Autonómico que se enfronta ao Leis Pontevedra, en Vista Alegre. Na quenda da tarde, Vista Alegre acollerá o interesante duelo de Terceira División entre o Burela Pescados Rubén B e o Bueu, 16.00 horas. O espíritu laranxa viaxa
12 de decembro de 2013
Noite especial en Vista Alegre
Vista Alegre prepárase para vivir unha noite especial que pode ser histórica para o CD Burela Pescados Rubén. A clasificación para a Copa de España Logroño 2014 pasa por A Bomboneira e o espírito laranxa de tantas tardes de gloria estará presente, unha vez máis.
O 4 de setembro de 2001 comezou a escribirse a historia laranxa e o 13 de decembro de 2013 pode sumarse a outras datas históricas da entidade mariñana. Entre ambas, 12 intensos anos de encontros e emocións, con alegrías e tristezas, escalando desde o noso pequeno recuncho no noroeste español cara a elite mundial do Fútbol Sala. Obxectivo actual. ¡Quen o diría tempo atrais! Clasificación para a Copa de España. Que non cho conten, víveo!
12 de decembro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
Resultado inxusto en Vista Alegre
O pase á Copa de España escapouse de Vista Alegre no último minuto con dous goles de Dani Salgado. O 4-5 definitivo chegou sobre a bocina e o 4-4 tras aproveitar o rexeite do doblepenalti detido en primeira instancia por Alex. Dobre castigo que chegou tras unha falta inexistente sobre Didac que únicamente os árbitros apreciaron. A tristeza e indignación cos colegiados invadiu Vista Alegre que non puido celebrar a clasificación copera do Burela Pescados Rubén. O que sí estará na Copa é o Ríos Renovables tras vencer 4-1 ao Jumilla. Parabens para o conxunto navarro.
Tras un primeiro periodo de dominio claro do Burela Pescados Rubén o marcador reflectía un escueto 2-1 polas intervencións de Didac e porque Dani Salgado fixo a súa primeira aparición ao filo do descanso. Na continuación, os mariñaos volveron saír con forza e Matamoros lograba o 3-1, minuto 23, vantaxe que aumentou Antoñito (4-1), minuto 31. O Marfil apostou co porteiro xogador e rápidamente marcou o 4-2. O Marfil atacaba de cinco
13 de decembro de 2013
Resultados das categorías de base
Terceira División CD Burela Pescados Rubén B – Bueu FS (3-4) Liga Nacional Xuvenil Santiago Futsal - CD Burela FS (5-4) Liga Autonómica Cadete CD Burela FS-Leis Pontevedra (6-2) Categoría Infantil. Amigable ACD Xove – ED Burela FS (2-7) Categoría Prebenxamín. Liga A Mariña ACD Xove – ED Burela FS (2-8)
16 de decembro de 2013
Juanlu: "Pídolle perdón á afección por non estar na Copa de España"
Juanlu Alonso teno moi claro. Si o seu equipo, o Burela, non se clasificou para a Copa de España non foi pola derrota ante o Marfil senón pola súa vulnerabilidade fronte aos rivais máis débiles. Asume o mea culpa, pero non ignora o polémico arbitraje sufrido no partido definitivo.
-Fracaso? Decepción? Como cualificaría o de quedarse fóra da Copa de España?-Foi unha decepción maiúscula, pero o que pasou ante o Marfil Santa Coloma foi só un accidente. O billete perdémolo antes, deixándonos puntos ante o Gáldar, o Azkar, o Jaén e o Zaragoza, catro dos cinco últimos clasificados. suspendemos en decembro e estamos obrigados a aprobar en xuño. Estou convencido de que teño un dos oito mel
17 de decembro de 2013
Quenda para a Copa do Rei
Tralo duro golpe da Copa España, o Burela Pescados Rubén continúa a súa loita pola elite do Fútbol Sala e agora é a quenda da Copa do Rei. Os mariñaos afrontan a eliminatoria de oitavos de final ante o Levante Dominicos, segundo clasificado da Segunda División. O duelo dispútase o mércores día 18, ás 20.30 horas no polideportivo O Cabanyal de Valencia. Cruce de contrastes. Os dous conxuntos chegan a esta eliminatoria de partido único
17 de decembro de 2013
O Burela elimina ao Levante e recibe ao Ríos en cuartos
O Burela Pescados Rubén consegue a clasificación para os cuartos de final da Copa do Rei tras derrotar ao Levante Dominicos por 2-4, invicto ata o momento en El Cabanyal. O próximo rival na competición será o Ríos Renovables.
A escuadra burelesa remontou o 1-0 conseguido por Jordi Lledó de penalti, minuto 5, resultado co que se chegou ao descanso debido á meritoria actuación de Toni, meta levantino. Na continuación, os mariñaos afinaron o a súa puntería e en apenas cinco minutos invertiron o marcador. Antoñito, en dúas ocasións, e Matamoros plasmaron no marcador (1-3) o dominio visitante. Os de Juanlu manexaron con temple o encontro pero un dobrepenalti (2-3) transfor
19 de decembro de 2013
O Burela B pecha o 2013 visitando ao Carballiño
O Burela B Pescados Rubén pecha o ano 2013 visitando a pista do Carballiño FS, duelo correspondente á xornada 12 da Terceira División. Os mariñaos ocupan a novena praza con 16 puntos mentres que o Carballiño FS é décimo con 12.
O duelo preséntase como unha boa ocasión para os pupilos de Iván Cao para distanciar ao seu inmediato perseguidor. A pesar do último revés o conxunto burelés chega con “con confianza para lograr unha vitoria e despedir o 2013 con bo sabor. Sabemos da dificultade do envite xa que o Carballiño é un equipo con xente experimentada e de calidade como Edu, un referente no fútbol sala galego. Por motivos laborais, é un equipo que amosa dúas caras difere
19 de decembro de 2013
Asemblea Xeral Ordinaria
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as para o luns 30 de decembro de 2013. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación do acta anterior 2. Exame e aprobación, se procede, das contas
20 de decembro de 2013
A segunda volta comeza coa visita do Peñíscola
O Burela Pescados Rubén comeza a segunda volta, xornada 16, da Primeira División ante o Peñíscola Bodegas Dunviro. O duelo ante as escuadra levantina dispútase o sábado 21, ás 18.30 horas en Vista Alegre.
O conxunto dirixido por Juanlu Alonso venceu por 1-3 na primeira xornada de competición á escuadra de Ricardo Iñiguez que actualmente ocupa a décima posición con 15 puntos. Únicamente un punto menos que un Burela Pescados Rubén, noveno, que busca dar continuidade á reacción lograda ante o Levante na Copa do Rei, tralo varapalo da Copa de España. O técnico burelés mostrouse contento “coa resposta do equipo ante o Levante, soubemos rea
20 de decembro de 2013
Foto: Gustavo Voces
España subcampiona no Torneo Mundial
Ciudad Real, 20 de decembro de 2013. Brasil impúxose a España na final do IV Torneo Mundial de Fútbol Sala feminino por 2 a goles a 1. Co seu triunfo as brasileiras convértense en tetracampeonas e dominadoras absolutas do Torneo Mundial. España alcanza o subcampeonato por segunda ocasión tralo obtido en 2011.
A gran final deparou un bo espectáculo aos case 6.000 espectadores que encheron o Quijote Arena, aínda que finalmente quedáronse co mel nos beizos co 1-2 logrado por Tatiane, minuto 38, cando España máis apertaba ás cariocas. A selección dirixida por José Venancio realizou un brillante papel durante o Torneo demostrando que as diferenzas entre ambas seleccións reduciuse considerablemente. O excelente traballo realizado polas xogadoras españolas b
21 de decembro de 2013
Fotografía: A Caixa Escura
Matamoros ilumina o camiño da vitoria
O Burela Pescados Rubén despídese de Vista Alegre en 2013 cunha vitoria por 4-1 ante o Peñíscola Bodegas Dunviro.
O conxunto galego comezou o encontro de forma fulgurante e aos tres minutos xa vencía por 2-0 con sendos goles de Matamoros. Un zarpazo do killer mariñao supuxo o 1-0 e acto seguido transformou un penalti realizado por Gus ao propio Matamoros. Sen case darse conta os levantinos debían afrontar un 2-0 que golpeou a súa liña de flotación. Os bureleses levaban o tempo do encontro pero non lograban aumentar a súa renda ante un Peñíscola que comezou a
21 de decembro de 2013
A fortuna do sorteo de Nadal acaria ao CD Burela FS Pescados Rubén.
O número 95.391 foi agraciado coa pedrea do sorteo navideño.
Cada papeleta de lotería da entidade laranxa ten un premio de 20 euros. Os afortunados poderán cobrar o importe correspondente nas oficinas do Banco Sabadell Galego, a partir do vindeiro xoves día 26 de decembro.
24 de decembro de 2013
Bo Nadal e Feliz 2014!!!
A GRAN FAMILIA LARANXA QUERE DESEXARVOS A SOCIOS/AS, SIMPATIZANTES E AMIGOS/AS DO FÚTBOL SALA UN FELIZ NADAL E BO ANO 2014.
24 de decembro de 2013
A LNFS deséxache un Bo Nadal e Próspero Ano Novo con un divertido vídeo
A Liga Nacional de Fútbol Sala, os seus xogadores, técnicos e compoñentes de todos os seus clubs desexan agradecer a todos os afeccionados o seu apoio e paixón durante todo o ano 2013, así como desexarlles un Feliz Nadal e un Próspero Ano Novo cheo de éxitos, saúde e felicidade.
Todos os cracks da LNFS únense, deste xeito, nunha mesma mensaxe cara a todos os seus seguidores a través dun divertido video no que o Balón Oficial Kelme Star13 viaxa por todo o país para trasladar a maxia do Fútbol Sala cara o novo ano que estrearemos nos próximos días ¡Felices Festas! Vídeo de felicitación
24 de decembro de 2013
Espectáculo en Energy TV: Magna Navarra vs Burela Pescados Rubén
O Burela Pescados Rubén despide o 2013 desde Energy TV nun duelo espectacular co Magna Navarra. O venres día 27, ás 20.30 horas, comezará a rodar o balón en Anaitasuna coas cámaras de Energy TV en directo.
A escuadra navarra atravesa un gran momento e está invicto desde a xornada 12; tres vitorias e un empate que o elevaron ata a quinta posición con 25 puntos. Na primeira volta o resultado en Vista Alegre resultou favorable aos navarros (1-2). Pola súa banda, a escuadra burelesa chega tras dúas vitorias, Copa do Rei e Liga, e con ganas de certificar a súa melloría cunha vitoria no complicado feudo navarro. O Burela Pescados Rubén é oitavo con 19
26 de decembro de 2013
Partidos de base fin de semana
Liga Autonómica Cadete. Liga Autonómica Infantil. Torneo Internacional de Futsal Base Cidade de Lugo. Selección Galega sub 19
Liga Autonómica Cadete CD Burela FS Pescados Rubén A – Cidade de Narón Futsal Domingo 29 de decembro, 11.00 horas. Pavillón Monte Castelo de Burela  Liga Autonómica. Infantil ED Burela FS A – Cidade de Narón Futsal Domingo 29 de decembro, 12.30 horas. Pavillón Monte Castelo de Burela
27 de decembro de 2013
Derbi galego para despedir o 2013
Despois do parón polo Torneo Mundial o Burela Pescados Rubén retoma a competición ligueira cun derbi galego ante o Poio Pescamar, correspondente á xornada 12 da Primeira División. O choque dispútase o sábado día 28, ás 18.30 horas en Vista Alegre. O Burela Pescados Rubén ocupa a terceira praza con 28 puntos; tres menos que o Alcorcón, segundo, que xa disputou o seu partido correspondente da duodécima xornada e a tres tamén do líder Atlético de Madrid que ten aprazado o seu encontro ante o Móstoles.
Tras prácticamente un mes sen competir, exceptuando as internacionais; Lidia, Peque e Jozi, as pupilas de Quico Otero retoman o pulso da competición ante un rival “compricado que xa coñecemos polo duelo en Copa Galicia no que nos custou vencelas (1-3). É unha escuadra que sempre compite pero tiveron que adaptarse á categoría; ao ritmo e a competitividade. Agora son mellor equipo nese sentido” manifestou o técnico burelés que dest
27 de decembro de 2013
Fotografía: Prensa Magna Navarra
Anaitasuna non perdoa
Demasiado castigo o recibido polo Burela Pescados Rubén en Anaitasuna onde caeu derrotado por 5-2 ante o Magna Navarra. O duelo no feudo navarro non decepcionó desde o punto de vista do espectáculo e víronse goles de fermosa factura. En especial, o empate (1-1) logrado por Matamoros que cun taconazo de costas a portería debuxou unha preciosa vaselina para bater a Asier.
O Burela Pescados Rubén foi mellor nun primeiro periodo no que os locais cederon media pista aos galegos para buscar o contragolpe. No primeiro despiste laranxa chegou o 1-0 logrado por Carlitos. A resposta chegou por mediación do killer laranxa, Matamoros, que arrincou a admiración dos afeccionados ao Fútbol Sala cunha obra de arte memorable. O empate propiciou o mellor momento dos bureleses que desarbolaron ao Magna Navarra pero pecaron de inxe
27 de decembro de 2013
Remontada laranxa no derbi galego
Remontada do Burela Pescados Rubén no derbi galego (4-2) ante o Poio Pescamar que logrou sorprender no inicio pero que tivo que renderse á superioridade laranxa.
O choque comezou con moita intensidade aínda que con imprecisións e sen dominador claro. Neste escenario as visitantes lograron sacar proveito e situarse cun 0-2, goles de Charo e Ceci, que lonxe de amilanar ás burelesas activou a súa reacción. O Burela comezou a xerar ocasións de perigo pero Silvia, porteira visitante, e o travesaño tras un disparo de Lidia impedían recurtar distancias. O dominio local recolleu o seu premio co 1-2 logrado por Li
28 de decembro de 2013
Obra maestra de Matamoros
¡Vaia golazos! Os cracks da LNFS empregáronse a fondo na última xornada do ano 2013 anotando varios goles para o recordo. Por exemplo, os que anotaron Charlie, Carlitos e Yeray ou o 'misil' de Aicardo en Jaén ¡Pola escuadra desde media pista! Todos eles espectaculares pero por detrás do número un da 17ª Xornada e do ano: Matamoros fixo posible o imposible cunha vaselina de tacón insuperable ¡Tremendo!
Sigue este enlace e disfruta coa xenialidade de Matamoros!! Obra maestra de Matamoros Fonte: Liga Nacional de Fútbol Sala
30 de decembro de 2013
Asemblea Xeral Ordinaria
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén celebrou o luns 30 de decembro a Asemblea Xeral Ordinaria de socios/as no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca) na que se aprobaron as contas anuais.
31 de decembro de 2013
Resultados de base. Selección Galega Sub 19
Liga Autonómica CadeteCD Burela FS Pescados Rubén A – Cidade de Narón Futsal Resultado: 5-0Domingo 29 de decembro, 11.00 horas. Pavillón Monte Castelo de Burela. Liga Autonómica. InfantilED Burela FS A – Cidade de Narón Futsal   Resultado: 3-3Domingo 29 de decembro,  12.30 horas. Pavillón Mont
31 de decembro de 2013
31 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores