Noticias
Arquivo de Decembro 2014
Tan só Infantil e Cadete terán compromisos ligueiros na ponte da Constitución
As categorías de base comezarán o mes de decembro con descanso nas súas respectivas ligas. Na axenda laranxa tan só haberá compromisos en Autonómica o domingo 7, ás 10.30 horas; os cadetes desprazaranse á pista do Cidade de  Narón e os infantís á do Parrulo.   Últimos res
2 de decembro de 2014
Segunda vitoria do Burela FS B en Terceira División
O Burela FS Pescados Rubén B rubricou o sábado a súa segunda vitoria ligueira en Terceira División despois de impoñerse por 5-1 ao Ribeira FS nun partido moi complicado. Aos dobretes de Alemán e Rubén, sumouse a diana de Rubén en Vista Alegre. O cadro de Lucas chega ao descanso de decembro con 9 puntos na súa cuadrícula (12º clasificado). A vindeira fin de semana desprazarase á pista do quinto clasificado, Pazos de Borbén (17 punt
3 de decembro de 2014
Foto: Héctor Manasé
Presentación co curso de Nivel 3 en Burela
O presidente da Escola Galega de Adestradores, Manuel Mosquera Bastida, visitou Burela o luns para abrir o curso de Nivel 3 da Federación Galega de Fútbol. A aula de Usos Múltiples do IES Monte Castelo acolleu o acto, no que tamén participaron José Luís Sáez, representando a xunta xestora da FGF, o director do centro, Marcelino Luna Almarza, e o coordinador dos cursos federativos en Burela, Alfonso Mera Río. O Nivel 3 de formación
4 de decembro de 2014
Juanlu: 'Vivirase un ambiente moi bonito'
As cámaras de Teledeporte de TVE presenciarán mañá o duelo galego entre Santiago Futsal e Burela FS Pescados Rubén, a partir das 13.00 horas, en Santa Isabel. “Vivirase un ambiente moi bonito que nos favorecerá aos dous equipos; Santa Isabel é máis acolledor. Fontes do Sar é magnífico pero polas súas dimensións xogar alí sempre resulta máis frío” explicaba o técnico mariñán, Juanlu, agradecendo de antemán o ap
5 de decembro de 2014
LNFS
O derbi galego quedou en Compostela
O derbi galego decantouse a favor do Santiago Futsal (3-2) nun partido no que o Burela Pescados Rubén mostrouse errático na definición. O duelo galaico, televisado en directo por Teledeporte, ofreceu un partido vibrante, de alta intensidade, con rápidas transicións e sen apenas tregua para o descanso. A gran actuación de ambos porteiros, Iker e Álex, evitou que o espectáculo rexistrase máis goles.
Dende o asubío inicial ambos contendentes amosaron a súa intención de ir a pola vitoria sen especulacións. Tras varios intercambios de avisos, chegou a primeira gran ocasión de Matamoros que rápidamente tivo resposta nunha contra local pero Álex gañou o duelo. Acto seguido Iago Míguez gozou dunha gran ocasión a porta baleira e, tras unha mínima tregua, chegou o 1-0 logrado por Quintela que definiu con clase para adiantar ao seu equipo. Sen tem
6 de decembro de 2014
Benxamín 2014-15 FOTO: Héctor Manasé
Horarios dos partidos de base para o 13-14 de decembro
DOCUMENTO ADXUNTO
11 de decembro de 2014
As promesas laranxas visitan a pista do Pazos de Borbén
O Burela Pescados Rubén de Terceira División desprázase á sempre complicada pista do Pazos de Borbén para disputar a undécima xornada do campionato ligueiro, sábado día 13 a partir das 19.00 horas. O conxunto burelés, dirixido por Iván Cao, intentará dar a sorpresa no feudo pontevedrés e dar continuidade á vitoria lograda na anterior xornada (5-1) ante o Ribeira FS. A novel escuadra mariñá mantén unha liña ascendente nunha competici
12 de decembro de 2014
O Burela Pescados Rubén mídese ao Aspil Vidal Ribera coa Copa en xogo
O Burela Pescados Rubén encara a penúltima xornada da primeira volta coa ilusión da Copa de España no horizonte. Vista Alegre despide o 2014 cun duelo de aires copeiros ante o Aspil Vidal Ribera Navarra que chega a terras mariñás co mesmo obxectivo que a escuadra laranxa. O Burela Pescados Rubén é noveno con 19 puntos mentres que os navarros ocupan a sétima praza con 21 puntos. A cita entre ambos conxuntos é o sábado día 13 ás 18.30 horas.
A ilusión pola Copa de España confire a este partido un carácter especial e Vista Alegre debe ser un xogador máis animando a un Burela Pescados Rubén que malia as ausencias e as dúas últimas derrotas mantén intactas as súas esperanzas de clasificación copeira. O factor ambiental pode ser “un factor determinante” indicou Juanlu Alonso xa que “vai ser un partido moi igualado ante un rival que realiza un presión a toda pista de forma exemplar. Desex
12 de decembro de 2014
Foto: Marián García Mesa
Demasiado castigo
O Burela FS Pescados Rubén sufriu hoxe demasiado castigo en Vista Alegre na visita do Aspil Ribera Navarra FS, que conseguiu a clasificación para a Copa de España de Cidade Real 2015 nun duelo moi igualado que se decidiu na recta final (2-5). Os laranxas encaixaron tres dos cinco goles nos tres últimos minutos, dous deles con porteiro xogador. Matamoros e Antoñito intentaron soprender a Molina xa nos primeiros segundos e Hamza fixo o
13 de decembro de 2014
Foto: Marián García Mesa
Asemblea Xeral Extraordinaria (martes 30, 20.00 horas)
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o martes 30 de decembro de 2014. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior
18 de decembro de 2014
O CD Burela FS e a Deputación de Lugo únense na promoción do fútbol sala feminino
O presidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, recibiu esta tarde, na sede burelista, o vicepresidente da Deputación de Lugo, Antonio Veiga, para asinar un convenio de colaboración centrado no proxecto ‘Medrando en Igualdade 2.0’, impulsado pola entidade laranxa e que xa deu os seus froitos coa creación dun equipo filial feminino na localidade. Xunto a eles estiveron a xogadora e a delegada do Burela FS de Primeira División RFEF,
18 de decembro de 2014
Vista Alegre vístese de derbi mariñán en Terceira División para despedir 2014
O Burela FS Pescados Rubén B despedirá 2014 na penúltima xornada da primera volta de Terceira División en Vista Alegre con derbi mariñán fronte ao sólido Pizzería A Fuga Xove FS; será mañá, sábado 20, a partir das 16.00 horas. “Comezamos a tempada cun forte compromiso pola base, cun cadro de xente moi nova. Pouco a pouco nótanse os minutos sobre a pista; os rapaces van adquirindo táboas e iso refl
19 de decembro de 2014
Corenta minutos para un soño
O Burela FS Pescados Rubén pon esta noite o broche á primeira volta ligueira na pista do Montesinos Jumilla FS (21.00 horas, pavillón Carlos García Ruiz, xornada unificada) cunha final por diante, con corenta minutos para un soño. Os pupilos de Juanlu contan as horas para saltar á pista, aínda con opcións para clasificarse para a Copa de España Cidade Real 2015; son novenos con 19 puntos. “Nós debemos saír a gañar coma sempre, ind
19 de decembro de 2014
A liga de Primeira volve para o Burela FS en Majadahonda
Despois dun mes, o Burela FS Pescados Rubén retoma a competición de Primeira División RFEF tras a exitosa representación laranxa no V Torneo Mundial de Costa Rica. Mañá despedirá o ano na pista do Majadahonda FSF AFAR 4 (19.00 horas, A Granadilla). “Durantes estas semanas tratamos de manter a preparación e o nivel de traballo e esixencia para volver á competición o mellor posible; tan só puidemos dispoñer de seis
19 de decembro de 2014
Fotografía: Prensa Montesinos Jumilla
O Burela Pescados Rubén despide un histórico 2014 coa clasificación para a Copa de España
Clasificación histórica do CD Burela FS Pescados Rubén para a Copa de España 2015 que se disputará en Cidade Real. O equipo dirixido por Juanlu Alonso consegue o billete copeiro ao gañar por 3-6 ao Montesinos Jumilla e trala derrota do Peñíscola Bodegas Dunviro (4-3) na cancha do Aspil Vidal Ribera Navarra. Con estes resultados o Burela Pescados Rubén ocupa a oitava praza que supón o seu pase copero e despide un ano histórico. En 2014 o CD Burela FS Pescados Rubén acadou o seu primeiro play off polo título e agora consegue a súa primeira clasificación para a Copa de España.
O conxunto da Mariña consegue a súa primeira clasificación á Copa de España cun gran partido en terras murcianas onde mostrou a templanza precisa para conquistar os tres puntos. O choque comezou cun ritmo frenético por parte da escuadra laranxa que acosou a meta local pero tras perdoar o Montesinos acertou na súa primeira ocasión para abrir o marcador (1-0). Lonxe de amilanarse os mariñaos persistiron na súa idea e lograron remontar o encontro cu
20 de decembro de 2014
O Burela pecha o 2014 con un empate (4-4) na pista do Majadahonda
O Burela Pescados Rubén desaproveitou unha boa ocasión para recortar distancias co Futsi, líder da Primeira División, xa que as colchoneiras empataron (2-2) na pista do Poio Pescamar e as mariñás tamén cederon un empate na pista do Majadahonda (4-4).
O encontro entre galegas e madrileñas non resultou demasiado vistoso xa que ambos conxuntos pecaron de numerosas imprecisións. O Majadahonda logrou que se xogase un partido de choque ante un Burela Pescados Rubén que non atopou o seu xogo habitual. Malia o seu día gris, as mariñás lograron irse ao descanso con vantaxe (0-1) co tanto conseguido por Peque. Tralo paso por vestuarios, ambos conxuntos entraron nun intercambio de golpes que se saldou c
20 de decembro de 2014
Foto: Marián García Mesa
Burela FS B 2-5 Xove FS
O Burela FS Pescados Rubén FS B non puido despedir 2014 puntuando na visita do sólido Pizzería A Fuga Xove FS a Vista Alegre (2-5). Os laranxas fixeron fronte aos visitantes nunha primeira parte igualada, que recibiu o descanso co 2-3 desfavorable para os da bomboneira despois dunha magnífica oportunidade de poñerse por diante. No segundo período, as opcións dos de Iván Cao ‘Lucas’ víronse enormemente condicionadas pola acumulaci
23 de decembro de 2014
Fotografía: Adán Puentes
Presentación dos amigables España vs Ucrania de Burela e Ferrol
Ferrol, 23 de decembro de 2014. Día importante para o fútbol sala de Ferrol e a súa comarca, porque na mañá do martes presentábase no Palacio Municipal do Concello de Ferrol o partido internacional de fútbol sala España-Ucrania, que se celebrará o 5 de xaneiro no Pavillón de Vista Alegre de Burela e o 6 de xaneiro no Pavillón de A Malata de Ferrol.
Empezaba o acto a concelleira de deportes do Concello de Ferrol Susana Martínez-Galdós que destacaba a figura do presidente de O Parrulo, Julio Martínez como máximo responsable de que estes encontros se puidesen celebrar. Ao mesmo tempo tamén recalcaba a importancia deste evento para a cidade, como así o labor do concello na potenciación do deporte basee, sendo este un evento importante para todos os nenos e nenas da comarca. A continuación tomab
23 de decembro de 2014
Reintegro para o número da sorte laranxa: 91.887
Cada papeleta de lotería da entidade burelista ten un premio de 4 euros. Poderase cobrar o importe correspondente nas oficinas do Banco Sabadell Gallego, a partir do vindeiro luns, 29 de decembro.
24 de decembro de 2014
Alevín A 2014-15
Foto: Héctor Manasé
Nadal futbolístico
As categorías da base laranxa aparcarán este Nadal os seus compromisos ligueiros para afanarse na emoción dos torneos. Lugo, Betanzos e A Coruña serán os destinos para despedir 2014. Os conxuntos Infantil A e Cadete B estrearán a primera fase do XIII Torneo de Futsal de Base Cidade de Lugo entre o venres 26 e o domingo 28. O sábado 27, as promesas laranxas máis pequeniñas part
24 de decembro de 2014
Venda anticipada para España-Ucraína (luns 5, 17.00 horas)
O CD Burela FS Pescados Rubén abrirá esta tarde a venda anticipada de entradas para o amigable que acollerá o pavillón Vista Alegre entre a Selección Española Absoluta e Ucraína, o vindeiro luns, 5 de xaneiro (17.00 horas). Todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede laranxa ata o luns ás 14.00 horas (Horario de atención ao público: De luns a venres 10.00-14.00//16.00-19.00 horas). Para menores de 1
29 de decembro de 2014
Foto: Cidade de Narón
O Burela FS suma á súa vitrina o Torneo Cidade de Narón Futsal 2014
O CD Burela FS Peixes Rubén despide o seu brillante 2014 con vitoria no Torneo Cidade de Narón Futsal 2014. O conxunto de Juanlu venceu onte por 0-3 ao conxunto local na Gándara, con toque goleador na primeira parte, de Renato, Carlitos e Matamoros. O prometedor xuvenil Renato inaugurou o marcador no minuto 5, tras un contragolpe e xerando un dous contra un que non puido resolver Nico. A intensidade imposta polos da Mariña fíxose
29 de decembro de 2014
Inter Movistar, rival laranxa para a Copa de España Cidade Real 2015
O CD Burela FS Pescados Rubén xa coñece o rival de cuartos na súa estrea na Copa de España. O equipo laranxa viaxará a Cidade Real para enfrontarse ao actual campión de Liga e de Copa, Inter Movistar, o 12 de marzo de 2015, na xornada inaugural do campionato; precisamente os mariñáns darán a benvida ao ano este sábado na pista dos interistas coa 16ª xornada de Primeira División LNFS (18.00 horas). “Xogaremos cun dos tres mellores
30 de decembro de 2014
23 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores