Noticias
Arquivo de Decembro 2015
Semana de descanso en Terceira
O Burela FS Pescados Rubén gozará dunha semana de descanso do duelo provincial na pista do Peugeot Vilalba FS, o sábado 12, na penúltima xornada da primeira volta, que se pechará o día 19 na Mariña, coa visita do 5Coruña FS. O cadro de Juanma Marrube aproveitará este descanso para recuperar folgos na recta final antes de chegar ao ecuador da competición. Os mariñáns ocupan a décima praza, con 4 puntos, despois de caer pola mínima
3 de decembro de 2015
Volve a liga a Vista Alegre co Gironella en Tarde Laranxa (sábado 5, 19.15 horas)
A liga de Primeira RFEF volve a Vista Alegre tras unha parada de case un mes polo Campionato Mundial de Guatemala no que a laranxa Peque e España alzáronse co bronce. A novena xornada, co FS Gironella (19.15 horas), en directo por STREAMING, será o segundo acto dunha Tarde Laranxa, con dobre duelo burelista-catalán; arrincará ás 16.15 horas con P
4 de decembro de 2015
O parapeto burelista, a proba ante o titánico Barcelona (sábado 5, 16.15 horas) en Tarde Laranxa
O Burela FS Pescados Rubén finaliza mañá o seu especial Tourmalet do calendario coa visita do titánico FC Barcelona Lassa. Os pupilos de Daniel Ibañes abrirán a Tarde Laranxa de Vista Alegre ás 16.15 horas poñendo a proba a seu mausoleo na recta final antes do chegar ao ecuador fronte á grandiosidade do actual segundo clasificado. A cita tamén poderá seguirse en directo a través de TVG2 e Esport3. Desde a oitava p
4 de decembro de 2015
Burela FS Pescados Rubén 0-5 FC Barcelona Lassa
Vista Alegre arrincou a Tarde Laranxa con aforo completo na visita do xigante FC Barcelona. Os máis de 1.200 afeccionados das bancadas laranxas gozaron dun encontro no que o CD Burela FS Plantou Rubén plantou cara ao equipo de estrelas internacionais, cunha primeira parte moi seria dos da Mariña, con grandes ocasións para igualar aos cataláns, que se foron ao descanso con vantaxe de 0-2. Os da casa saíron a dar a sorpresa; xa nos co
5 de decembro de 2015
Regreso con contundencia
O Burela FS Pescdos Rubén regresou á pugna ligueira con contundencia na Tarde Laranxa, recuperando a senda da vitoria (5-1), ante un mozo Gironella que saltou a Vista Alegre con valentía e ambición, intentando ralentizar o xogo das mariñás cunha presión alta. O conxunto de Lucas non perdoou na súa primeira chegada clara á zona de perigo visitante; desde a banda, Bea Mateos cedeu o gol a Peque, ao bordo da liña de meta. Ceci, ao pau
5 de decembro de 2015
Derbi sen goles, cun minguado Burela FS
O derbi irmandiño entre o Ourense Envialia e un minguado Burela FS Pescados Rubén resolveuse con empate sen goles. O conxunto mariñán viaxou á cidade das Burgas sen a internacional Shio, con Claudia cunha sobrecarga que lle impediu participar e con Peque con febre. A escuadra lucense optou por unha defensa en media pista, á busca do contragolpe, para chegar con opcións de pelexar polos tres puntos na recta final. A formulación bureli
8 de decembro de 2015
Hora de demostrar, tócanos a nós
Agora tócanos a nós demostrar, si, demostrar que as palabras tan politicamente correctas e que tanto usamos de igualdade, deportividade, apoio ao deporte feminino, estamos convosco, etc. etc. etc., as imos poñer en práctica. Agora tócanos a nós, a tod@s; enchamos Vista Alegre e apoiemos as nosas campioas; non é retórica, é realidade, CAMPIOAS. No duelo vital que se aveciña o día 12, que sintan o noso alento e non que
10 de decembro de 2015
Últimos resultados e próximos partidos do Futuro Laranxa
Consulta aquí resultados e horarios
10 de decembro de 2015
Derbi provincial na casa do Vilalba FS
Despois dunha semaniña de descanso, volve a competición de Terceira División coa 10ª xornada e o derbi provincial que leva o CD Burela FS Pescados Rubén á pista do Peugeot Vilalba FS. A cita, que enfronta a dous equipos empatados a 4 puntos na zona baixa, está previsto para o sábado ás 20.00 horas. O cadro de Juanma regresa co obxectivo de manter os sinais de identidade nos que leva traballando dende o comezo de tempada e que pare
10 de decembro de 2015
Estamos co Futsal da Terra
Dende A Mariña, o CD Burela FS Pescados Rubén quere amosar todo o seu apoio e lanzar unha mensaxe de ánimo ao seu compañeiro galego de batallas na máxima categoría do fútbol sala. O Santiago Futsal está atravesando uns momentos moi delicados pola súa situación económica, que pon en perigo a continuidade do seu equipo en Primeira LNFS. Algo que nunca debería de ocorrer cunha entidade que tantas tardes de ledicia e de fútbol sala de primeiro niv
11 de decembro de 2015
Vista Alegre pelexa pola liga
Vista Alegre, a afección laranxa e o Burela FS Pescados Rubén pelexarán mañá por seguir axexando de preto o titánico Atlético de Madrid Navalcarnero. O líder de Primeira RFEF pisará o parqué cunha traxectoria impecable, invicto nos seus 10 compromisos e máximo goleador da elite 201-16, con 71 goles a favor e 16 en contra. A pugna no cume, entre a primeira praza madrileña (30 puntos) e a segunda mariñá (25), dirimirase a partir das 18.30 horas
11 de decembro de 2015
Foto: Manuel Gil
O Burela corta a serie triunfal do Atlético con unha emocionante vitoria e mantén o pulso pola Liga
O Burela Pescados Rubén rompe a imbatibilidade colchoneira e mantén o pulso polo título ligueiro tras un triunfo logrado con corazón e cabeza. Gaby marcou o tanto da vitoria a falta de 29 segundos para o final tras unha gran xogada de Maite que tamén asistiu a Lara no primeiro tanto. A vitoria do Burela Pescados Rubén por 2-1 ante o Atlético Féminas Futsi comprime a clasificación na zona nobre, as colchoneiras chegaron a Vista Alegre con opcións de case sentenciar a Liga distanciando ao Burela a oito puntos e vaise con dous puntos de vantaxe e coa moral tocada.
O encontro comezou cun Atlético dominador ante un Burela que lle esperou na súa propia pista en busca dun contragolpe certeiro. Malia o seu control no xogo as madrileñas non xeraban ocasións claras de gol e únicamente un disparo de Marta Pelegrín tivo certo perigo. No minuto 10, Maite perseguiu un balón ata a liña de fondo logrando meter un pase no corazón do área colchoneira onde apareceu o oportunismo de Lara para situar o 1-0. Pouco despois Ma
12 de decembro de 2015
O Burela FS recibe o Poio en Copa, con taquilla solidaria (mércores 16, 20.00 horas)
O CD Burela FS Pescados Rubén de Primeira RFEF despedirá o ano cunha durísima semana, con dous encontros copeiros e un de liga. Comezará mañá, na casa, coa visita en Copa Galicia do Poio Pescamar FSF, a partir das 20.00 horas. Este será o último encontro laranxa sénior de 2015 en Vista Alegre; o custo da entrada será de 1 euro e a recadación destinarase á Asociación Protectora de Animais Bigotes, de Burela. “A sem
15 de decembro de 2015
Asemblea Xeral Extraordinaria (mércores 30)
A Xunta Directiva do CD Burela FS Pescados Rubén convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o mércores 30 de decembro de 2015. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior
16 de decembro de 2015
Segunda de Copa. Burela FS 3-2 Poio
O Burela FS Pescados Rubén continúa sen erro na Copa Galicia. Esta tarde impúxose 3-2 ao Poio Pescamar FSF en Vista Alegre, no seu segundo compromiso na competición. Comezaron moi enchufadas as laranxas. No primeiro minuto a máxima artilleira burelista xa adiantaba o Pescados Rubén 2-0. Aos 38 segundos tras balón parado e pouco despois superando a meta pontevedresa e recollendo o rexeitamento ao pau; antes xa dispuxeran as de Lucas dunha gran con
16 de decembro de 2015
Últimos compromisos da base laranxa en 2015
Consulta aquí os últimos compromisos ligueiros e amigables en 2015.   A próxima semana, a escola burelista despedirá o ano o domingo 27 no Torneo do Club del Mar San Amaro e recibirá 2016 os días 2 e 3 de xaneiro no Torneo de Reis de Pontevedra.
17 de decembro de 2015
Despedida de 2015 con vitoria
O Burela FS Pescados Rubén B despediu o ano o sábado pasado coa segunda vitoria da tempada, na pista do Peugeot Vilalba FS (4-5), que lle outorga a novena praza (7 puntos). “Tivemos o dominio do partido, sobre todo na primeira parte, con posesión de balón, aínda que  nos faltou pisar zona de finalización” lembraba o técnico laranxa, Juanma Marrube, dun encontro no que os laranxas sempre levaron a batuta no marcador, con 0-1 a
17 de decembro de 2015
Unha fazaña posible
O CD Burela FS Pescados Rubén pechará mañá a primeira volta cunha fazaña posible, con corenta minutos por diante para loitar por un gran premio. Desde a novena praza (18 puntos), o conxunto mariñán pelexará mañá por unha praza para a Copa de España Guadalaxara 2016 na pista do UMA Antequera, a partir das 21.00 horas (Fernando Argüelles, horario unificado). A Mariña poderá seguir en directo o encontro por streaming con
17 de decembro de 2015
Emm: ‘Queremos os tres puntos para recibir ben 2016 e seguir loitando pola liga”
O CD Burela FS Pescados Rubén despide mañá a liga de Primeira RFEF en 2015  na pista murciana do Jimbee Roldán FSF (19.15 horas); este será o terceiro partido das laranxas en catro días, con dúas vitorias en Copa Galicia e a clasificación para semifinais. “O obxectivo son os tres puntos tanto para recibir ben 2016 coma para seguir loitando pola liga” explicaba a moza Emma Losada, unha das caras novas dest
18 de decembro de 2015
O Burela Pescados Rubén volve á Copa de España logo dunha remontada histórica en Antequera
E como é posible que...o equipo dun pequeno pobo volva coarse na Copa de España...E como é posible que...o equipo dunha pequena comarca situada no noroeste peninsular volva disputar a Copa de España...E como é posible que... a falta de cinco minutos o soño parecía afastado...e a continuación chega unha remontada eléctrica, apaixonante e baseada na fe e determinación dun grupo que representa con orgullo a Burela, A Mariña, Lugo e Galicia. Isto é Fútbol Sala!!!! Isto é Burela e aquí hai que...gozar de estar na elite do Fútbol Sala nacional!! Temos o premio da Copa de España pero hoxe máis que nunca queda demostrado que a liña da interpretación do éxito e o fracaso é demasiado fina. Somos un equipo humilde e con esa humildade, con orgullo e moitísimo traballo estamos na mellor Liga do mundo...remando todos cara ao gran sol algunhas mareas serán moi produtivas e outras non tanto...pero todos xuntos e no mesmo barco as mareas son mellores!!
O duelo en Antequera comezou con bos síntomas para o Burela Pescados Rubén que marcou o 0-1 por mediación de Chano nada máis empezar tras unha gran xogada colectiva. Con todo a reacción andaluza non se fixo esperar e cos goles e Miguel e Cecilio situáronse cun 2-1 que desconcertou aos mariñaos durante uns minutos. Tras encaixar o golpe, os burelaos atacaron e acosaron a meta local pero sen fortuna no remate. Chano culminou o carrusel de ocasións
19 de decembro de 2015
O Burela finaliza o seu maratón semanal con um empate na pista do Jimbee Roldán
O Burela Pescados Rubén non puido completar o seu maratón semanal con pleno de vitorias tras colleitar un empate a tres goles na pista do Jimbee Roldán FSF. A escuadra murciana optou por un ritmo alto desde o inicio para intentar aproveitar a escasa rotación laranxa e logrou sorprender nos primeiros compases co gol de Marta Peñalver, minuto 4. O 1-0 outorgou máis confianza ás murcianas que levaron a iniciativa ante un Burela que lle custaba colle
19 de decembro de 2015
Contención de euforia para o comezo da segunda volta
Logo de chegar ao ecuador co gran premio do billete para a Copa de España Guadalaxara 2016, o CD Burela FS Pescados Rubén despedirá o ano mañá, co comezo da segunda volta, na pista do Aspil Vidal Ribera Navarra (Ciudad de Tudela, 20.00 horas). “Non é o momento máis axeitado, aínda estamos coa euforia da clasificación, pero temos que cambiar o chip e ser conscientes de que a liga non se acabou coa
21 de decembro de 2015
Foto: Prensa Ribera Navarra FS
Ribera Navarra 4-2 Burela FS Pescados Rubén
O Burela FS Pescados Rubén non puido despedir 2015 sobre a pista con vitoria. Os pupilos de Daniel Ibañes, que viaxaron a Tudela con grandes ausencias, notaron en exceso o cansazo fronte ao Aspil Vidal Ribeira Navarra (4-2); con xogo de cinco puideron reducir ata 3-2, aínda que non tiveron tempo para máis. Malia que o cadro mariñán comezou moi ben, co rápido tanto de Chino, xa no minuto 2, os laranxas non se mostraron sólidos en defe
22 de decembro de 2015
Santa Coloma, rival laranxa en Guadalaxara 2016
O Burela FS Pescados Rubén coñeceu esta mañá, en directo por Teledeporte, a identidade do seu primeiro rival na Copa de España Guadalaxara 2016. Os pupilos de Daniel Ibañes mediranse ao sétimo clasificado de liga, Catgas Santa Coloma. Cumpríronse os desexos de Daniel Ibañes. Antes do sorteo xa confesar as súas preferencias, xogar en xoves e a poder ser escapar do cruzamento cos tres primeiros clasificados. “Será un partido moi bo
28 de decembro de 2015
Un balón, o mellor agasallo
As categorías de base do CD Burela FS Pescados Rubén están gozando das vacacións de Nadal co mellor agasallo, un balón. Cinco equipos das Xoias Laranxas participaron o domingo pasado o Torneo de Reis do Club del Mar San Amaro, na cidade herculina. Os equipos prebenxamín, infantil e cadete regresaron coa Prata e o benxamín co Bronce; os alevíns, pola súa banda, remataron na cuarta praza.
29 de decembro de 2015
Torneo de Reis de Pontevedra, destino da base laranxa para estrear 2016
Os conxuntos benxamín, infantil A, cadete A e xuvenil recibirán 2016 con outro torneo, o de Reis de Pontevedra, o sábado 2 e domingo 3.
29 de decembro de 2015
Vista Alegre dá a benvida a 2016 con Palma (domingo 3, 18.00 horas)
Vista Alegre e o CD Burela FS Pescados Rubén darán a benvida a 2016 coa segunda xornada da segunda volta o domingo 3, ás 18.00 horas, coa visita do Palma Futsal, que chega á Mariña na quinta praza, con 28 puntos, fronte á oitava dos laranxas, con 21. A cita poderá seguirse por streaming con lnfsdirecto.com. Tras a sesión desta mañá, os pupilos de Daniel Ibañes retomarán a súa preparación o sábado con sesión de ma
30 de decembro de 2015
27 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores