Noticias
Arquivo de Decembro 2017
A fortaleza laranxa fronte ao 'si se pode' do Tenerife
O Pescados Rubén Burela FS recibirá mañá, na 12ª xornada de Segunda División, ao Tenerife Iberia Toscal (Vista Alegre, 18.30 horas), un equipo que pecha a clasificación e que recalará na fortaleza laranxa para intentar sorprender co ‘si se pode’ logo de conseguir o seu segundo punto da tempada a semana pasada fronte a Bisontes Castellón. Desde a sexta praza (21 puntos), os de Juanma Marrube queren seguir sendo fieis á esencia que ll
1 de decembro de 2017
Explosión goleadora no regreso da vitoria a Vista Alegre
O Pescados Rubén Burela FS recuperou a vitoria en Vista Alegre con explosión goleadora fronte ao Tenerife Iberia Toscal (9-1), un rival que malia chegar nunha situación complicada, se mostrou atrevido apostando a xogar a pelota. Os mariñáns abriron unha fenda moi favorecedora na primeira parte, con 6-1. Colacha, nos primeiros compases, xa avisaba do perigo, cun potente disparo ao largueiro. No minuto 7, Pope, ao bordo da área, serviu
2 de decembro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.
5 de decembro de 2017
Calendario de base para esta semana
Consulta os horarios no arquivo adxunto
5 de decembro de 2017
Nadal para Tod@s, con Cruz Vermella de Burela
O Pescados Rubén Burela FS organizará unha campaña de recollida de alimentos este sábado, 9 de decembro, coincidindo coa visita do Software  DELSOL Mengíbar a Vista Alegre (18.30 horas). Baixo o lema ‘Nadal para Tod@s’, as persoas que así o desexen poderán facer as súas doazóns no pavillón, que  irán destinadas a Cruz Vermella de Burela, con produtos non perecedoiros (aceite, legumes, latas de conserva
5 de decembro de 2017
Enfermidade de Jorge Matamoros
Ao pivote Jorge Valhermoso Matamoros foille detectado un carcinoma esta semana durante unha revisión rutineira. O xogador madrileño será intervido o vindeiro luns no Hospital da Costa de Burela. Dende o Pescados Rubén Burela FS prégase encarecidamente respecto á intimidade de Matamoros e do seu contorno, nestes momentos tan delicados. Mata, non estás só! Toda a Familia Laranxa está contigo!
5 de decembro de 2017
Pescados Rubén, Mellor Patrocinio Deportivo 2016
O patrocinador principal do club burelista, Pescados Rubén, vén de ser recoñecido como o Mellor Patrocinio Deportivo pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia nos Premios Deporte Galego do ano 2016 que se entregarán o vindeiro día 21 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Así o deu a coñecer a Secretaría Xeral para o Deporte o martes pasado. Estes galardóns loan os méritos deportivos do ano 2016 e distingu
7 de decembro de 2017
Conta atrás na primeira volta, con Vista Alegre como talismán
O Pescados Rubén Burel FS repite este sábado en Vista Alegre coa visita do Software DELSOL Mengíbar na 13ª xornada (18.30 horas), na antepenúltima cita da primeira volta e de 2017. “Temos que seguir coa traxectoria dos dous últimos partidos e intentar sacar os tres puntos para seguir aí arriba na clasificación” advertía o capitán laranxa Edu, destacando a recuperación da filosofía burelista e dos resultados á pista. Desde a sexta pr
7 de decembro de 2017
Pescados Rubén 3-3 Mengíbar
O Pescados Rubén Burela FS sumou 1 punto esta tarde en Vista Alegre ante un Software DELSOL Mengíbar serio, con poucos erros. Tras o descanso os mariñáns supliron ben a falta de profundidade da primeira parte transformando o 0-1 en 3-1 en tan só 36 segundos; roldaba o minuto 34. Perdoou en exceso o conxunto laranxa e os visitantes souberon reaccionar para agarrar o empate (3-3). A Bomboneira presenciou unha primeira parte de tenteo,
9 de decembro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.
11 de decembro de 2017
Asemblea Xeral Extraordinaria. Xoves 28 de decembro
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o xoves 28 de decembro de 2017. A reunión terá lugar no salón de conferencias de Burela (antiga biblioteca); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2. Exame
11 de decembro de 2017
Álex e Jozi, profesores por un día no IES Monte Castelo
Os laranxas Álex e Jozi comezaron a semana exercendo de profesores por un día no IES Monte Castelo de Burela.  Os porteiros do Pescados Rubén Burela FS compartiron a súa experiencia baixo os paus co alumnado de segundo curso do ciclo de Actividades Físicas e Deportivas como complemento ao coñecemento do fútbol sala dentro da materia de Deportes de Equipo.   Álex e Jozi centraron a súa sesión na importancia
11 de decembro de 2017
Posta de gala do Futuro Laranxa 2017-18
Como non podía ser doutro xeito, o gran mausoleo burelista foi o escenario escollido para a presentación do Futuro Laranxa 2017-18. Estreando o mes de decebro, máis de 150 xogadores/as da base do Pescados Rubén Burela FS, de entre 3 e 21 anos, reuníronse no pavillón Vista Alegre para a súa posta de gala, acompañados de monitores, delegados e directiva, co deputado de Deportes de Lugo, Pablo Rivera, e o seu homólogo no Concello de Burela, Ramir
12 de decembro de 2017
Vés con nós a Ourense?
Todos os afeccionados/as que queiran pechar 2017 con emoción de futsal, de derbi galego en Primeira RFEF o venres 22 de decembro, na pista do Ourense Envialia FSF, poderán facelo a través da viaxe organizada polo Pescados Rubén Burela FS. O club poñerá a disposición dos todos os interesados/as o desprazamento en autobús e entradas por 14 euros/persoa; a viaxe realizarase cun mínimo de 30 afeccionados/as. As pers
12 de decembro de 2017
O derbi Burela-Noia (sábado 23 de decembro) regalará unha cesta valorada en 1200 €
O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta de Segunda LNFS e 2017 en Vista Alegre con dobre premio o sábado 23 de decembro (18.30 horas), coa emoción de derbi con Noia Portus Apostoli FS e o sorteo dunha cesta de benvida de Nadal valorada en 1.200 euros. O club laranxa xa entregou rifas á afección nos dous últimos encontros en Vista Alegre e dende hoxe os xogadores visitarán os establecementos colaboradores para repartir
13 de decembro de 2017
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base para esta semana, co comezo das Ligas Biberón e Prebenxamín A Mariña Lucense-Fundación Imdecum.   *Partido de Benxamín A con ED Lourenzá, aprazado para o venres 22 de decembro.
14 de decembro de 2017
Gustavo e Nicholas, camiño do Nacional Sub-16 de Seleccións
Os cadetes laranxas Gustavo Henrique Marchesan e Nicholas López xa van camiño da fase previa do Campionato Nacional de Seleccións Autonómicas Sub-16. Os xogadores do Pescados Rubén Burela FS defenderán a Selección Galega en Murcia, entre mañá e o domingo, na pelexa por un billete para a final. Ceuta, Madrid e o combinado anfitrión serán os rivais a bater. Venres 15 de decembro (Municipal de Serrerías, Molina d
14 de decembro de 2017
Colacha: 'Betis é unha pista moi complicada, só Barcelona gañou alí'
O ala andaluz José Antonio Luna Guijarro, Colacha, volve á súa terra esta fin de semana co Pescados Rubén Burela FS para medirse no último desprazamento da primeira volta e do ano ao Real Betis Futsal (sábabo 16, 19.00 horas, pavillón municipal de Amate). “Imos con moitas ganas. É un rival directo. Temos que facer o noso traballo para saír airosos dunha pista moi complicada. Alí só puido gañar Barcelona” advertía o andaluz, incid
14 de decembro de 2017
A liga de Primeira volve en Leganés
A liga de Primeira RFEF volve esta fin de semana con España como campioa do Torneo IV Nacións. O Pescados Rubén Burela FS afrontará a recta final do ano con dous desprazamentos a domicilio; o primeiro será este sábado ás 18.15 horas na pista do Leganés Masdeporte, coa 12ª xornada. O conxunto galego defenderá a segunda praza (28 puntos), perseguindo o líder Atlético de Madrid Navalcarnero (30 puntos), fronte ao décimo da táboa (13
15 de decembro de 2017
Betis, último desprazamento de 2017
O Pescados Rubén Burela FS xa está no seu último destino ligueiro de 2017, en Sevilla, para medirse mañá (19.00 horas, municipal de Amate) ao Real Betis Futsal, na penúltima xornada da primeira volta. “Temos por diante o reto de gañar nunha cancha complicada ante un equipo con gran potencial. Betis é capaz do mellor; ten un cadro amplo, con xogadores de experiencia tanto na categoría coma en Primeira División” advertía o técnico,
15 de decembro de 2017
Leganés Masdeporte 6-1 Pescados Rubén Burela FS
Ao Pescados Rubén Burela FS non lle sentou ben o descanso da competición e non puido aproveitar o empate do líder, Atlético de Madrid Navalcarnero, con Cidade das Burgas (2-2). Era o maior temor do seu técnico Julio Delgado, que se rompese a boa dinámica que conseguiran afianzar as súas pupilas nas últimas citas, e lamentablemente cumpriuse. O conxunto laranxa non conseguiu entrar nun partido no que o Leganés Masdeporte, con maior intensidade, le
16 de decembro de 2017
Punto importante
O Pescados Rubén Burela FS conseguiu sacar 1 punto importante nunha cancha complicada con 3-3 fronte ao Real Betis Futsal. Os de Juanma Marrube, levando sempre a batuta no marcador, conseguiron frear, con orde e seriedade, o gran potencial dos andaluces, que gañaron protagonismo especialmente a partir do minuto 30, co acicate da acumulación de faltas dos galegos. O pavillón de Amate presenciou unha primeira parte de respecto mutuo na
16 de decembro de 2017
O pivote Héctor Albadalejo vestirá de laranxa en 2018
Héctor Albadalejo Blázquez (Barcelona, 1982) vestirá de laranxa para recibir o Ano Novo. O pivote catalán, procedente do Real Rieti da Serie A italiana, reforzará as filas do Pescados Rubén Burela FS para o arranque da segunda volta, previsto o 13 de xaneiro. Con ampla experiencia na liga española, en Ourense, Martorell, Sícoris e Marfil Santa Coloma, Héctor deu o salto a Italia en 2011 con percorrido polo Acqua & Sapone, Laz
18 de decembro de 2017
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base.   As competicións ligueiras descansarán durante o Nadal. Os adestramentos do Futuro Laranxa retomaranse o luns 8 de xaneiro.
18 de decembro de 2017
7 adestradores e 11 delegados á fronte do Futuro Laranxa
Un total de 7 adestradores, coa colaboración altruísta de 11 delegados, están á fronte do Futuro Laranxa 2017-18, con máis de 150 pequenas promesas entre 3 e 21 anos. O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, reuniuse con eles hai uns días para facer balance do inicio do curso e agradecer o compromiso de todos coa formación de base na entidade laranxa. Baixo a dirección de Alfonso Mera, traballan cóbado con cóbado C
20 de decembro de 2017
Benxamín B, Alevín B, Infantil B e Cadete B, no I Torneo Internacional Gri Carballiño
Os catro equipos de base do Pescados Rubén participarán entre os días 26 e 27 de decembro no I Torneo Internacional Gri Carballiño.   Calendario adxunto
20 de decembro de 2017
Despedida con arrecendo irmandiño
O Pescados Rubén Burela FS pechará 2017 mañá con arrecendo irmandiño, coa 13ª xornada de Primeira RFEF, na pista do Ourense Envialia (Os Remedios, 21.00 horas). “Será un partido duro, moi importante, co aliciente de derbi; sempre dá gusto xogar este tipo de encontros” explicaba a meta Ana Romero en vésperas da cita. Desde a terceira praza (28 puntos), as mariñás queren despedir o ano recobrando a súa esencia despois do traspé na
21 de decembro de 2017
Vista Alegre di adeus con espectáculo: Burela FS-Noia
Non se podía pedir máis para despedir ao grande 2017 en Vista Alegre. O mausoleo laranxa pechará o ano e a primeira volta o sábado, día 23, co duelo galego entre o Pescados Rubén Burela FS e o Noia Portus Apostoli (18.30 horas). “Os derbis sempre son bonitos, pero sabemos que teremos que esforzarnos para conseguir os tres puntos e así poder irnos de vacacións contentos. Vai ser un partido duro, coma todos, moi intenso, no que temos que estar m
21 de decembro de 2017
Papá Noel vístese de Laranxa
Papá Noel vestiuse esta semana de laranxa coa tradicional visita do Pescados Rubén Burela FS á área de Pediatría do Hospital da Costa da localidade mariñá. Bea Mateos, Lara, Luisma, Víctor e Sergio Cora exerceron de axudantes dende Laponia compartindo unha mañá moi entretida cos nenos ingresados. Os/As  xogadores/as burelistas obsequiaron os pequenos/as con camisetas e gorras laranxas e con algún outro agasalliño, ademais de
22 de decembro de 2017
Frenético derbi para pechar 2017, con 3 puntos burelistas
O Pescados Rubén Burela FS pecha 2017 con sabor dulce tras recoller tres puntos moi valiosos no emocionante derbi na pista do Ourense Envialia (4-5). A pesar de comezar co marcador en contra, as mariñás non se amilanaron. Ofreceron seriedade ofensiva cunha gran cita de Dany e concentración en defensa. As pupilas de Julio Delgado e Lucas axiña neutralizaron a vantaxe de Sara Moreno no minuto 8; Cilene, no 10, e Dany, no 11, deron a vo
22 de decembro de 2017
Pescados Rubén Burela FS 0-2 Noia Portus Apostoli
Vista Alegre non puido despedir 2017 e a primeira volta con tinte laranxa no emocionante derbi ante Noia (0-2). O gol resistíuselle a un traballador Pescados Rubén Burela FS, ao que lle faltou intelixencia en certas fases do xogo, fronte a un rival que soubo levar o duelo con orde, desde a defensa, e grande acerto nas súas ocasións, con 0-1 en estratexia de banda e 0-2 en cinco para catro. Logo duns minutos iniciais nos que o perigo
23 de decembro de 2017
O Calendario Laranxa 2018, xa á venda
O Calendario Laranxa 2018 xa está á venda. Seguindo o lema desta tempada, O Voso Legado, A Nosa Historia, o almanaque fai un repaso polos momentos máis destacados da traxectoria da Familia Laranxa, con especial protagonismo para a afección. Un ‘dream team’ histórico, alá por 2003, con Juan Palmeiro, Beto, Bruzos, Julio Delgado, Bruno Soriano, Betiño e Sabá dá a benvida a 2018, un ano que tamén lembra a gran simbiose do brasile
26 de decembro de 2017
Héctor: 'Espero que coa miña achega o equipo estea máis tranquilo de cara ao gol'
A nova cara burelista, o pivote Héctor Albadalejo Blázquez (Barcelona, 1982) foi presentado oficialmente polo Pescados Rubén Burela FS na compaña do presidente, Manuel Blanco Fanego, e do directivo Auditor Rodríguez Lombardía, que destacaron a “experiencia e olfacto finalizador” do xogador. “Sempre tiven uns bos números goleadores; non o tomo como unha meta pero una das miñas virtudes é o gol e saber estar no lugar axeitado no momento axeitado
27 de decembro de 2017
Cadete A e Xuvenil B, no V Torneo de Reis Cidade de Pontevedra
A cita será a última do ano para a base do Pescados Rubén Burela FS, o venres 29 e sábado 30. Esta semana o Futuro Laranxa tamén participou no Torneo Gri Carballiño con Benxamín B, Alevín B, Infantil B e Cadete B, ademais do Trofeo do Nadal Mariñán de Imdecum, con Biberón e Prebenxamín. Calendario de Cidade de Pontevedra adxunto
28 de decembro de 2017
Bo Nadal e Próspero 2018
Feliz entrada en 2018
28 de decembro de 2017
35 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores