Noticias
Arquivo de Decembro 2018
Os laranxas recuperan o liderado en solitario con 3-2 ante Córdoba
O Pescados Rubén Burela FS soubo sufrir esta tarde fronte ao Córdoba CF Futsal (3-2) para conseguir a vitoria e recuperar o liderado en solitario. Con orde, presión en zona alta, xestión de balón e sobre todo compromiso e traballo en equipo, os de Juanma Marrube levaron a iniciativa no marcador con respostas inmediatas dos andaluces. Os galegos sentenciaron o encontro con menos de dous minutos por diante, nun disparo de Pope co que entrou Matamor
1 de decembro de 2018
O Clásico queda en La Estación pero o Liderato segue sendo Laranxa
O Clásico de Primeira quedou en La Estación co 5-2 para o Futsi Atlético Navalcarnero e a primeira derrota do Pescaos Rubén, nunha cita na que as mariñás mereceron máis antes do descanso. A pesar do resultado da xornada 10, o liderado segue tendo brillo laranxa, con vantaxe de 1 punto sobre as madrileñas. Nunha cita moi equilibrada, foi o Futsi o que se adiantou no minuto 4 con Ari, nun centro ao segundo pau de Anita Luján. Contesto
1 de decembro de 2018
Asemblea Extraordinaria de Soci@s. Mércores 26 de decembro
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o mércores 26 de decembro de 2018. A reunión terá lugar na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, local 10); a primeira convocatoria está fixada para as 20.00 horas e a segunda para as 20.30. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2.
3 de decembro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados da base
3 de decembro de 2018
Visita a Camiña
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, visitou a Asociación Camiña de Burela para facerlles entrega aos seus usarios de indumentaria deportiva, acompañado da vicepresidenta, Cesarina Fanego, e do fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco. Os directivos laranxas coñeceron as instalacións da entidade burelá para persoas con discapacidade (Rafael Dieste, número 9) xunto ao presidente, Silvino Oroza, ademais de achegarse
3 de decembro de 2018
Horarios de base
Consulta aquí os horarios desta semana
5 de decembro de 2018
Catro burelistas no Galego de Seleccións Comarcais Sub-16 e Sub-17 de Mondoñedo
As Xoias Laranxas estarán representadas por 4 burelistas no Campionato Galego de Seleccións Comarcais Sub-16 e Sub-17 Feminino que acollerá mañá Mondoñedo. Jorge Quelle e Víctor Rodríguez defenderán o combinado de Lugo en Sub-16 e María Bertolo e Carmen Blanco farano en Sub-17 Feminino. Calendario de partidos adxunto
5 de decembro de 2018
Vista Alegre, preparado para recuperar a vitoria
O Pescados Rubén Burela FS regresa a Vista Alegre na xornada 11 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, con todo a punto para recuperar a vitoria e seguir avanzando no liderado; recibirá o sábado, o AD Alcorcón FSF, ás 18.30 horas. “Nós en Burela temos que ser un parapeto, non debemos deixar escapar ningún punto. Temos que pensar en que erramos a semana pasada para que non se repita e poder recuperar os tres puntos. Temos que poñer
6 de decembro de 2018
Antepenúltima cita de 2018, con derbi en Noia
O Pescados Rubén Burela FS disputará o segundo e último derbi galego da primeira volta e de 2018, na xornada 13, este sábado na pista do Noia Portus Apostoli FS. O duelo irmandiño arrancará ás 17.00 horas, con emisión en directo de TVG2. Os pupilos de Juanma Marrube poñerán a proba o liderado e a imbatibilidade fronte aos de Marlon Velasco, un equipo que está na 13ª praza (12 puntos) e que vén coa fortaleza aními
6 de decembro de 2018
Os de Juanma Marrube aférranse ao liderado con festa goleadora irmandiña (2-9)
Unha xornada máis e xa son 13 os mariñáns mantéñense imbatibles. O Pescadso Rubén Burela FS aferrouse ao liderado cun trepidante derbi irmandiño que acabou en festa goleadora para os laranxas (2-9), encamiñando a vitoria xa na primeira parte con vantaxe de 0-5. Renato, no minuto 2, e Pope, no 8, marcaron a senda dunha gran primeira parte, cun Pescados Rubén moi superior, compacto e con calidade en definición. Carlos no 13 evitou o t
8 de decembro de 2018
A Bomboneira recupera a senda triunfal das líderes de Primeira
A Bomboneira recuperou a senda triunfal do Pescados Rubén Burela FS que segue liderando a táboa de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo grazas ao 5-1 sobre AD Alcorcón FSF. As pupilas de Julio Delgado e Lucas deron un golpe sobre a mesa tras o descanso co terceiro tanto despois da vantaxe de 2-0 e ofreceu unha gran defensa no cinco para catro aproveitando as ocasións para ampliar distancias. Aos 54 segundos do inicio, Dany, na prime
8 de decembro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os resultados da fin de semana
10 de decembro de 2018
Horarios de base
Consulta aquí os horarios de base desta semana
12 de decembro de 2018
Vista Alegre únese á Campaña de Xoguete Novo de Cruz Vermella
Vista Alegre únese este venres á Campaña do Xoguete Novo de Cruz Vermella de Burela coincidindo coa penúltima xornada da primeira volta dos de Juanma Marrube, fronte ao Axa Hita Port Elche (20.30 horas). Ata a sede da institución achegáronse os xogadores Juanfran e Luci para presentar a iniciativa, xunto ás técnicas locais Sonia Fraga e Almudena González. Neste último partido de 2018 para o líder de Segunda LNFS, a Bomboneira habilit
12 de decembro de 2018
Venres 14, último día para adquirir o número da Sorte Laranxa: 69793
As últimas papeletas da Sorte Laranxa para este Nadal, co número 69793, estarán dispoñibles ata mañá, venres 14. Aquelas persoas que aínda non o teñen poden adquirilo na oficina do Pescados Rubén Burela FS (Avda. Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela) ou no pavillón Vista Alegre, coincidindo co partido da xornada 14 de Segunda LNFS, mañá fronte ao Axa Hita Port Elche, ás 20.30 horas. E se toca???
13 de decembro de 2018
Os de Juanma Marrube despiden 2018 na casa con Elche (venres 14, 20.30 horas)
Vista Alegre adianta a xornada 14 de Segunda ao venres para medirse ao Axa Hita Port Elche (20.30 horas). Os de Juanma Marrube despedirán os seus compromisos na casa de 2018 fronte ao décimo da táboa, co obxectivo de manterse fortes no mausoleo laranxa, cunha traxectoria sen erro. “É un rival forte, bastante máis do que pode reflectir a clasificación e nós se queremos sacar algo positivo teremos que dar o mellor de nós” aseguraba o m
13 de decembro de 2018
O liderado laranxa fronte á imbatilidade ourensá
O Pescados Rubén Burela FS vivirá mañá unha nova proba de lume. O liderado laranxa enfrontarase á imbatibilidade do Ourense Envialia nos Remedios a partir das 17.00 horas. A cita poderá seguirse en directo por TVG2. “Temos moitas ganas deste partido, é un rival moi forte; con Futsi, son os 2 únicos equipos invictos na liga. Por iso aínda estamos máis motivadas, ademais para min é un partido moi especial. Ourense f
14 de decembro de 2018
Vista Alegre pecha 2018 ao grande
Sen tropezo. Vista Alegre pechou o ano 2018, coa penúltima xornada da primeira volta de Segunda LNFS ao grande, cunha nova vitoria que mantén os de Juanma Marrube unha semana máis no cume. Os mariñáns tiveron que armarse de paciencia para superar un correoso Axa Fita Port Elche CF (4-2) cunha boa defensa. Logo duns compases iniciais dos ilicitanos merodeando a área de Edu sen perigo, os laranxas adiantaron filas para facerse donos do
14 de decembro de 2018
Autor: Galicia Deportiva
Dupla de Dany para romper a racha do Ourense e seguir no cume
Intensidade e ritmo vivíronse na xornada 12 de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo, nunha cita equilibrada na que primaron as defensas cunha gran presión das de Julio Delgado, ademais de mellores ocasións e máis posesión. Unha dupla de Dany, selada sobre a bucina, conseguiu romper a racha de imbatibilidade do Ourense Envialia e darlle unha semana máis ao Pescados Rubén Burela FS o orgullo de custodiar o cume. No minuto 4, as laranxa
15 de decembro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os últimos resultados de base
17 de decembro de 2018
As Guerreiras Laranxas blindan os seus dereitos
O Pescados Rubén Burela FS blindou esta mañá os dereitos das Guerreiras Laranxas coa sinatura do convenio colectivo do equipo feminino, un pequeno gran paso na igualdade e o profesionalismo do fútbol sala, pero tamén do deporte feminino en xeral. O presidente laranxa, Manuel Blanco, selou o acordo xunto ás capitás, Bea Mateos e Joziane de Oliveira, ademais da presidenta da Asociación de Xogadoras de Fútbol Sala Feminino, Natalia Orive, na notaría
18 de decembro de 2018
Manuel Blanco: 'Este convenio é unha realidade no noso club e esperamos que se converta en normalidade no noso deporte'
“Para nós este é un día moi importante, a sinatura do convenio é un paso máis da nosa aposta incansable polo deporte feminino. Levamos anos traballando neste sentido, pola igualdade e polo profesionalismo do noso equipo feminino e este convenio é a mostra definitiva do camiño andado. Dentro da nosa estrutura non é un feito histórico, é un feito lóxico, co convenio non facemos máis que plasmar por escrito unha realidade do noso club e pensamos que
18 de decembro de 2018
A Familia Laranxa adiántase a Papá Noel
O Pescados Rubén Burela FS visitou esta mañá a Área de Pediatría do Hospital Público da Mariña, como xa é toda unha tradición nas datas previas ao Nadal. Cristina e Ana Romero, xunto a Juanfran e Ramón Vargas, compartiron un anaco moi entrañable cos nen@s ingresad@s e a súas familias para desexarlles unha rápida recuperación. Os catros xogadores/as laranxas contribuíron co seu graniño de area repartindo ilusión, entregándolles a Uxía, de Viveiro,
19 de decembro de 2018
Peche da primeira volta e de 2018 en Barcelona
O Pescados Rubén Burela FS pechará a primeira volta e o ano 2018 mañá na pista do FC Barcelona B (Joan Gamper, 16.00 horas). Os de Juanma Marrube defenderán a súa imbatibilidade e o cume de Segunda LNFS (34 puntos) ante un rival sempre perigoso, que ocupa a quinta praza, con 24 puntos. “Sabemos que é unha pista difícil coa fortaleza dun filial, cun cadro renovado, pero sempre perigosa, con moita mocidade e talento” advertía unha das
21 de decembro de 2018
Horario de base para dicir adeus a 2018
Consulta aquí os horarios da fin de semana
21 de decembro de 2018
UCAM, último obstáculo do ano para o liderado
O Pescados Rubén Burela FS xa está preparado para a última cita do ano. As Guerreiras Laranxas despedirano en Vista Alegre con UCAM ElPozo Murcia como único obstáculo fronte ao liderado de 2018 (sábado 22, 18.30 horas). Con 33 puntos, as burelistas saben que están obrigadas a puntuar os 3 na cita para non perder a primeira praza, posto que o seu rival directo, Futsi Atlético Navalcarnero, pasou a ostentar 35 puntos coa vitoria de derbi madrileño
21 de decembro de 2018
Punto crucial para reforzar a imbatibilidade e aferrarse ao liderado de inverno
O Pescados Rubén Burela FS pechou esta tarde a primeira volta de Segunda LNFS na complicada pista do FC Barcelona B cun meritorio empate (2-2). Un punto crucial que reforza a imbatibilidade dos de Juanma Marrube na despedida de 2018, ademais de aferrarse ao liderado de inverno. Os mariñáns clausuraron o ano sendo fieis á súa esencia nunha cita dura e bonita. Pope adiantou os laranxas no minuto 8 en transición rápida. Tres minutos de
22 de decembro de 2018
O mellor agasallo de 2018
As Guerreiras Laranxas encamiñaron á perfección na primeira parte a cita ante UCAM ElPozo Murcia, a última vitoria de 2018, o mellor agasallo do ano, que mantén ás pupilas de Julio Delgado e Lucas no cume de Primeira RFEF Liga Foro 16 Feminismo. Dany, Lara Balseiro e Cami deron a vantaxe de 3-0 ao descanso, completada por Peque por partida dobre, no 35 e 37, e Jenny, no 38. Dany abriu a lata xa no minuto 2, á escuadra. Responderon b
22 de decembro de 2018
Resultados de base
Consulta aquí os últmos resultados da base
24 de decembro de 2018
29 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores