Noticias
Arquivo de Decembro 2019
Venda en taquilla para España-Xapón, a partir das 20.00 horas
Vista Alegre xa comezou a conta atrás para o grande evento internacional do ano como escenario do enfrontamento entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón, para o mércores 11 de decembro ás 21.00 horas. Desde mañá, martes, todas as persoas interesadas poderán adquirir a súa entrada na sede do Pescados Rubén Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, Burela). A venda anticipada pecharase o día de part
2 de decembro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados máis recentes
2 de decembro de 2019
Horarios de base
Consulta aquí os horarios dos vindeiros partidos de base
4 de decembro de 2019
Iago Míguez será intervido o vindeiro martes
Iago Míguez será intervido o vindeiro martes, 10 de decembro, da súa lesión do xeonllo dereito, con rotura de ligamentos cruzado anterior e colateral medial, ademais de ambos os meniscos. O burelista ingresará no hospital de Fremap de Majadahonda o luns para pasar polo quirófano ao día seguinte. O xogador viuse obrigado a retirarse do parqué de Vista Alegre no partido ante Levante UD FS o 27 de setembro, por un gran choque nunha saíd
5 de decembro de 2019
As Raíñas estrean a nova Copa na pista do Valdetires
As campioas de I Copa de SM A Raíña estrean o novo formato de competición mañá, en dezaseisavos, na pista do Valdetires Ferrol FSF (pavillón de Esteiro, 12.00 horas), de Segunda División. Esta será a segunda vez que se vexan as caras en 2019-20. No anterior enfrontamento, en Copa Galicia en Vista Alegre, o Pescados Rubén Burela FS impúxose con claridade (9-1) no pasado mes de outubro. “Vai ser diferente; xogando na súa casa, diante d
5 de decembro de 2019
Duelo de iguais en Tudela
O Pescados Rubén Burela FS buscará este sábado (18.30 horas) a primeira vitoria lonxe de Vista Alegre, nun duelo de iguais. O Aspil Jumpers Ribera Navarra espera os mariñáns na antepenúltima praza, con tres puntos máis que os de Juanma Marrube. “É un partido moi importante para os dous equipos. Enfrontarémonos a un rival directo, un equipo moi competitivo nunha gran pista” advertía Everton do Aspil, que busca afastarse da zona de per
5 de decembro de 2019
Rumbo a Alacante co ronsel da Copa
Tras a vitoria de hoxe en Copa da Raíña fronte a Valdetires Ferrol FSF (0-2), o Pescados Rubén Burela FS xa pensa outra vez en liga. Esta noite as Guerreiras subiranse ao autobús para medirse o domingo ao UA Alicante (12.00 horas). A cita poderá seguirse en directo por STREAMING. Ligazón “Imos por todas, concentradas e con ganas de recuperar os tres puntos” explicaba a co
6 de decembro de 2019
Mata, con cinco goles, lidera a primeira vitoria laranxa a domicilio (5-6)
O Pescados Rubén Burela FS selou esta tarde a primeira vitoria a domicilio liderado pola maxia de Matamoros, con cinco dos seis goles laranxas, fronte a Aspil Jumpers Ribera Navarra (5-6). A Alma Laranxa iguálase así con 9 puntos aos de Tudela e a Industrias Santa Coloma. “Despois do inicio dubitativo, con tres goles en contra en menos de dez minutos, o equipo demostrou a capacidade para reaccionar e sobrepoñerse ante unha sit
7 de decembro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí os resultados das nosas Xoias.
9 de decembro de 2019
Fin de semana redonda para recibir en Vista Alegre o España-Xapón
As Guerreiras pecharon onte unha fin de semana redonda atopándose de novo coa vitoria, na xornada 13 de Primeira Feminina, ante UA Alicante (1-4), ademais do pase a oitavos de Copa da Raíña con 0-2 sobre Valdetires Ferrol FSF, o venres, e do primeiro triunfo da elite a domicilio do equipo masculino (5-6 fronte a Aspil Jumpers Ribera Navarra), o sábado. Ficha UA Alicante 1-4 Pe
9 de decembro de 2019
Estrea de Copa do Rei nas Pontes, antes da visita do Palma
O Pescados Rubén Burela FS estrearase mañá (20.30 horas) en Copa do Rei co desprazamento á pista do Esteo (As Pontes), de Segunda B. A cita de dezaseisavos chega para os de Juanma Marrube tras a vitoria a domicilio en duelo directo en Tudela (5-6, Aspil Jumpers Ribeira Navarra) e a tan só dous días da complicada visita do Palma Futsal, que recalará en Vista Alegre o venres (20.30 horas) defendendo a terceira praza de Primeira. A Alm
10 de decembro de 2019
Asemblea Extraordinaria de Soci@s. Venres 27 de decembro
A Xunta Directiva do Pescados Rubén Burela FS convoca Asemblea Xeral Extraordinaria de socios/as para o venres 27 de decembro de 2019. A reunión terá lugar na sede do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entreplanta, local 10); a primeira convocatoria está fixada para as 19.30 horas e a segunda para as 20.00. ORDE DO DÍA 1. Lectura e aprobación da acta anterior 2.
11 de decembro de 2019
Horarios de base, co inicio da Liga Biberón
Consulta aquí os horarios de base desta semana, co arranque das Xoias máis pequenas na Liga Biberón da Fundación Imdecum. OLLO!!! O encontro de prebenxamín trasládase ao domingo, 17.00 horas, por motivos arbitrais.
11 de decembro de 2019
Amarelle, rival burelista en oitavos de Copa da Raíña (4 de xaneiro)
Toda a información do sorteo desta mañá na RFEF. Ligazón
11 de decembro de 2019
Vista Alegre e A Mariña vibran cun emocionante España-Xapón
Vista Alegre e A Mariña vibraron hoxe no histórico e emocionante duelo entre a Selección Española de Fútbol Sala Feminino e Xapón. As máis de 800 almas que animaron desde a Bancada Laranxa, ao ritmo das gaitas de Dambara, gozaron dun amigable máis igualado no marcador con 4-2 final, tras o envite de onte en Marín (8-0). A burelista Ana Romero foi a encargada de defender a rede vermella neste segundo compromiso no que Peque, Jenny Lor
11 de decembro de 2019
Primeiro paso de Copa do Rei
O Pescados Rubén Burela FS superou o primeiro obstáculo de Copa do Rei, esta tarde-noite na pista do Esteo FS (1-4), de Segunda B. A eliminatoria de oitavos disputarase entre o 14 e o 15 de xaneiro. Os de Juanma Marrube tiraron de oficio nunha pista de goma, lenta, ante un equipo moi traballador. Adiantáronse na primeira parte con Álex Diz, unha renda que se resistiu ata o minuto 29, con diana de Everton. Tras o segundo tanto dos ma
11 de decembro de 2019
Vista Alegre, ante o poder do Palma
O Pescados Rubén Burela FS poñerá a proba a fortaleza de Vista Alegre no seu crecemento paulatino na elite ante o poder do Palma Futsal, mañá a partir das 20.30 horas. Os de Juanma Marrube pelexarán por manter a súa liña ascendente e dar continuidade a boa senda de resultados na casa fronte ao terceiro de Primeira, que chegará doído, e con máis perigo, tras quedar apeado en Copa do Rei ante Real Betis Futsal, de Segunda. “Chegamos c
12 de decembro de 2019
A Bomboneira recibirá ao Parrulo na Copa do Rei
Os oitavos de Copa do Rei disputaranse na Bomboneira con partido único fronte ao Parrulo, entre o 14 e 15 de xaneiro. Ferroláns e burelistas serán os dous representantes galegos nesta eliminatoria tras impoñerse os primeiros a Noia Portus Apostoli (2-3) e os da Mariña ao Esteo (1-4), esta semana. RESULTADOS 1/16 DE FINAL Noia FS - O Parrulo FS 2-3 O Esteo FS - Pescados Rubén Burela FS 1-4 Azulejos
13 de decembro de 2019
2019 despídese na casa, na penúltima cita antes do ecuador
O Pescdos Rubén Burela FS despedirá 2019 na casa mañá, na penúltima xornada da primeira volta e do ano na elite feminina. Será coa visita do UCAM ElPozo Murcia, oitavo clasificado, ás 18.30 horas. “Para nós é un novo reto en liga, afrontámolo coa actitude de sempre para levar os tres puntos”, explicaba Ana Romero, exhausta e ilusionada nunha semana de moito traballo con Copa da Raíña, liga e os compromisos de España con Xapón, en ta
13 de decembro de 2019
Pescados Rubén 2-4 Palma Futsal
O Pescados Rubén Burela FS plantou cara ao Palma Futsal, deu mostras da súa madurez e da súa capacidade de reacción, pero a calidade, pegada e envergadura dos baleares, que chegaban como “equipazo” a Vista Alegre, non deixaron escapar os tres puntos (2-4). Con 0-2 en contra, os mariñáns souberon medrar co osíxeno do penati asinado por Matamoros antes do descanso. Cando mellor estaban, tras o empate de Álex Diz, Palma deu a volta ao marcador en ta
13 de decembro de 2019
Pescados Rubén 6-4 UCAM ElPozo
Malia as baixas e o cansazo de Copa da Raíña, liga e seleccións nesta semana, o Pescados Rubén Burela FS puido sacar adiante un partido moi movido no electrónico ante o UCAM ElPozo Murcia FSF (6-4), ante un rival novo, pero traballado e con moita pegada, que puxo as cousas difíciles nas filas mariñás. O UCAM sorprendeu poñéndose por diante no primeiro minuto de xogo, con Pepa ante Jozi. Respondeu o conxunto galego con Bea Mateos igua
14 de decembro de 2019
Peque, elixida a mellor da tempada pasada pol@s compañeir@s
Peque será recoñecida como a Mellor Xogadora 2018-19 na II Gala do Fútbol Sala da Real Federación Española de Fútbol, que se celebrará este xoves, 19 de decembro, o Salón LuIs Aragonés da Cidade do Fútbol de Las Rozas, a partir das 18:00 horas . A festa do fútbol sala nacional, na que se recoñecerá aos mellores da tempada anterior polos seus logros, dedicación e entrega e na que se homenajeará tamén a grandes profesionais que levan toda unha vida
16 de decembro de 2019
Resultados de base
Consulta aquí todos os resultados de base da fin de semana entre as nosas Xoias
16 de decembro de 2019
Peque e Jenny Lores estrearán 2020, de novo coa Vermella
Peque e Jenny Lores acaban de recibir un novo chamamento da Selección Española, menos dunha semana despois do seu último compromiso en Marín e Burela, fronte ao Xapón. As burelistas entraron na convocatoria que estreará o ano cun dobre duelo amigable ante Portugal, os días 14 e 15 de enero na localidade lusa de Vila Real. LIGAZÓN.
16 de decembro de 2019
Duelo de noveis en Córdoba
O Pescados Rubén Burela FS continúa coa intensa recta final de 2019. Logo de Copa do Rei e liga, afrontará mañá o terceiro partido en menos de sete días. Será coa penúltima xornada de Primeira antes do ecuador e un esgotador desprazamento, con duelo de noveis na elite, fronte a Córdoba Patrimonio (21.00 horas) no Vista Alegre andaluz. Tan só 2 puntos separan a duodécima praza cordobesa do peche da táboa mariñán, dous conxuntos que ch
16 de decembro de 2019
Córdoba Patrimonio 5-1 Pescados Rubén
O Pescados Rubén Burela FS non poderá regresar de terras andaluzas con boas sensacións tras sucumbir ante Córdoba Patrimonio da Humanidade (5-1). Os tres goles encaixados na primeira parte pesaron demasiado para os galegos, malia gañar en comodidade sobre a pista e finalización na segunda. Agora toca pensar en despedir o ano e a primeira volta, en Vista Alegre, no gran talismán, cunha alegría. Jimbee Cartagena será o rival da xornada 15 o sábado,
17 de decembro de 2019
Horarios de base para recibir o Nadal
Tres citas, con Copa de División de Honra Xuvenil, Torneo de Begonte para Alevín A e Trofeo do Nadal Mariñán Imdecum para categoría Biberón.
18 de decembro de 2019
Seis Xoias no Campionato Alevín e Infantil de Seleccións Comarcais
As Xoias Laranxas recibirán o Nadal con compromisos de seleccións comarcais. Seis burelistas defenderán o combinado de Lugo na fase previa do Campionato Alevín e Infantil, que se disputará en este domingo, 22 de decembro, baixo a organización da RFGF. Dumbría acollerá a competición feminina, coas alevíns Fátima Guillén e Lola Muñoz e as infantís Claudia Rodríguez e Nerea Olveira. Cee será o escenario para a masculina, co alevín Gabri
19 de decembro de 2019
Suspendido o Pescados Rubén-Cartagena polo temporal
Información. Sábado21: O partido previsto para esta tarde en Vista Alegre suspéndese polo peche das instalacións municipais debido á alerta por temporal que atravesa Galicia Nos vindeiros días marcarase a data para disputar o aprazamento.
O Pescados Rubén Burela FS chega mañá ao ecuador e despide 2019, con outra final en Vista Alegre na visita do Jimbee Cartagena FS (18.30 horas), que recalará na Mariña na décima praza (15 puntos) e logo de perder a oportunidade de meterse en Copa na última xornada. “Foron dúas semanas de moito traballo con Copa do Rei e liga entre semana, pero chegamos ao sábado co único obxectivo de despedir o ano e a primeira volta cunha vitoria a
20 de decembro de 2019
Un novel para despedir 2019, a domicilio
As Guerreiras pecharán o seu periplo de 2019 este domingo a domicilio na pista dun novel. O pavillón San Ignacio acollerá a última cita da primeira volta ante o Bilbo FS (12.00 horas), un rival que ocupa a antepenúltima praza, con 6 puntos. A expedición mariñá partirá mañá ás 14.30 cara ao seu último destino de 2019. Dany non poderá participar por molestias nun xeonllo. Tampouco estarán Jane, por trámites burocráticos no seu país, n
20 de decembro de 2019
Unha goleada para dicir adeus a 2019
O Pescados Rubén Burela FS pechou os compromisos da xornada 15 esta mañá cunha vitoria contundente ante o novel Bilbo FS (2-7), nunha cita na que as locais incluso puideron empatar no inicio da segunda parte. Malia que non dispuxeron de moito acerto de cara a portería, o dominio das galegas viuse recompensado con 0-2 de Peque e Luci, nos minutos 6 e 14, pero un Bilbo con moito ímpeto conseguiu chegar vivo ao descanso grazas ao tanto
22 de decembro de 2019
Everton finalizará a tempada cedido en UA Ceutí
O ala brasileiro Everton Luiz Ferreira Araújo finalizará a tempada nas filas do UA Ceutí. O Pescados Rubén Burela FS e o 20 mariñán, con contrato ata xuño de 2021, chegaron a un acordo para o seu traslado, en calidade de cedido, ao conxunto de Segunda División que dirixe Santi Valladares. O club Laranxa agradece a contribución de Everton nestes meses de loita e adaptación na máxima categoría e deséxalle moita sorte defendendo as core
23 de decembro de 2019
Resultados de base
Últimos resulados antes das vacacións de Nadal
23 de decembro de 2019
Vacacións de Nadal
O Pescados Rubén Burela FS pecha 2019, o mellor ano da súa historia, cunhas merecidas vacacións. Ascenso a Primeira División Masculina, campión de Segunda, campioas de I Copa de SM A Raíña, triunfadoras da 4Nations Futsal e da Supercopa de España… Con esta bagaxe, os equipos sénior toman unha semana de descanso para retomar con enerxía e forza o comezo de 2020. Tras o aprazamento da xornada 15 co Jimbee Cartagena pola alerta vermella
23 de decembro de 2019
Ceuta, destino en 2020 para o laranxa Juanfran
O ala murciano Juanfran Botía Galiano incorporarase ao UA Ceutí co ano novo. O 11 laranxa, con contrato co Pescados Rubén Burela FS ata xuño de 2020, defenderá á escuadra de Segunda División como reforzo de inverno, xunto a outro dos seus compañeiros na Mariña, o brasileiro Everton. Juanfran recalou no equipo de Juanma Marrube en 2018-19 para converterse nunha das almas que cumpriron o gran soño do regreso á elite para o conxunto gal
30 de decembro de 2019
35 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores