Noticias
Arquivo de Febreiro 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Azkar Lugo  (5) – Burela FS (2)   Liga Autonómica Cadete Burela FS (1) – Troula FS (5)   Liga Autonómica Infantil ED Vigo 2015 (1) – Burela FS (9)   Amigables
1 de febreiro de 2010
Manuel, Brais e Turero convocados pola selección galega sub-20
A selección galega sub-20 realiza o martes día 2 de febreiro un adestramento de preparación para que o foron convocados por Santiago Valladares, seleccionador galego, tres xogadores do CD Burela FS. Os elixidos, nesta ocasión foron Manuel Jiménez, Brais García e Rubén García “Turero”. O adestramento está fixado para as 18:00 horas, no pavillón polideportivo de Restollal de Santiago de Compostela.
1 de febreiro de 2010
O Burela sofre para facer historia
Estará cos grandes na Copa de España tras superar ao Valladolid nun duelo trepidante, que puido sentenciar na segunda parte e que acabou contra as cordas.   Hai crónicas que convén empezar polo final, como a que nos ocupa. Só o desenlace e as súas consecuencias permanecerán indelebles na memoria dos centos de afeccionados que foron testemuñas do enfrontamento entre o Burela-Pescados Rubén e o Valladolid.
2 de febreiro de 2010  |  I. Meitín - La Voz de Galicia
O club considera “innecesaria” a denuncia do Valladolid FSF pola suposta aliñación indebida de Jozi
O CD Burela FS respondeu hoxe mesmo á denuncia formulada polo Club Valladolid FSF diante do Comité Nacional de Fútbol Sala con respecto á posible aliñación indebida de Jozi no partido xogado a pasada fin de semana en Burela. José Ramón González, en calidade de presidente, fixo chegar un documento de alegacións no que se reflicte claramente a legalidade do procedemento por parte da entidade laranxa. Tal e como se menciona no texto de al
2 de febreiro de 2010  |  Foto: Manuel Cao
Jozi e Edu asistiron á presentación do Igualatorio Médico da clínica Virxe da Mariña
A Clínica Virxe da Mariña puxo en marcha un novo servizo para a cidadanía denominado Igualatorio Médico. Con esta iniciativa pretende ofrecer un servizo integral que contará coa garantía profesional, marca da casa, e facultativos altamente cualificados a disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña. Os asociados poderán contar cunha boa asistencia sanitaria e a prezos moi económicos que poderán abonar en cómodas cotas men
3 de febreiro de 2010
Antón Bao e Antón Veiga visitarán a Escola do Burela FS
A Escola do Burela FS recibe o xoves día 4 a visita de Antón Bao e Antón Veiga, vicepresidente e responsable da área de Deportes e Cultura, respectivamente, da Deputación de Lugo. O encontro está enmarcado no convenio asinado pola Deputación e a entidade laranxa, onde se inclúe o seguimento das actividades por parte de ente provincial. Unha vez finalizada a visita á Escola, Antón Bao e Antón Veiga visitarán as oficinas do club onde a
3 de febreiro de 2010
O Comité Nacional desestima a denuncia do Valladolid FSF
O Comité Nacional de Fútbol Sala desestimou a denuncia interposta polo Valladolid FSF, na que cuestionaba a legalidade da alineación da burelista Joziane de Oliveira no partido da décimo sétima xornada de Honra, Burela FSF-Valladolid FSF (domingo 31 de xaneiro). O CD Burela FS recibiu esta mañá o comunicado do devandito organismo, no que o xuíz único de Competición de Fútbol Sala resolve que “despois de revisar a documentación obrante
4 de febreiro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Puerto Celeiro Venres 5 de febreiro, ás 19.45 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Autos Lobelle FS-Burela FS (xornada aprazada do 10 de xaneiro)Domingo 7 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón de Restollal de Santiago de Compostela   Liga Autonómica Cadete Burela
4 de febreiro de 2010
O club laranxa recibirá unha axuda de 125.000 euros da Deputación de Lugo
A Deputación de Lugo concedeulle ao CD Burela FS unha axuda de 125.000 euros para contribuír co club a manter tanto os seus equipos de elite, feminino e masculino, coma as categorías inferiores. Así o anunciou na tarde de onte o vicepresidente da Deputación, Antón Bao, xunto ao delegado de Deportes da Deputación, Antón Veiga, no transcurso dunha visita á entidade laranxa. Durante a súa xornada na vila mariñá, Antón Bao e Antón Veiga f
5 de febreiro de 2010
O Camping-El Escorial chega á bomboneira como pechacancelas do Grupo Norte
O Burela FS recibe mañá, na vixésima xornada de Prata, o Camping-El Escorial, que chega á bomboneira como pechacancelas do Grupo Norte (18.30 horas). Asentados no último posto do podio (34), a cinco puntos do cuarto clasificado, e cun partido menos, os pupilos de Suso Rey deben aproveitar esta oportunidade para continuar nesa liña ascendente que lles proporcionaron os seus resultados máis recentes (Lanzarote Tías Yaiza, 5-2, e Grupo d
5 de febreiro de 2010
O Burela FSF comeza a segunda volta exultante, ante o Gironella (domingo 7, 12.30 horas)
Tras conseguir o billete para a Copa de España 2010, o Burela FSF Pescados Rubén comeza esta fin de semana o segundo capítulo do seu periplo na elite futbolística, co arranque da segunda volta, ante o Gironella. Será en Vista Alegre, o domingo, ás 12.30 horas. As pupilas de Javier Pardeiro estarán exultantes fronte a fronte co seu primeiro rival e primeiro verdugo da División de Honra; ante o Gironella, o Burela FS foi
5 de febreiro de 2010  |  Foto: Carlos Echevarría
Dani Martín sela a remontada laranxa no último segundo
Dani Martín fixo vibrar o Vista Alegre tras marcar, no último segundo, o tanto da vitoria (4-3) fronte a un Cámping El Escorial incrédulo ante a remontada laranxa. A acción decisiva do encontro, moi protestada polos madrileños, determinou un choque no que os visitantes seguiron á perfección o seu guión, defensa numantina e contragolpes perigosos, mentres que o Burela FS tivo na súa escasa definición unha rémora que arrastrou durante
6 de febreiro de 2010
O Burela FSF Pescados Rubén vence o Gironella e escala ata a cuarta praza
O Burela FSF Pescados Rubén inicia a segunda volta da División de Honra cunha sufrida vitoria (4-3) ante o Gironella. Con estos tres puntos, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro alcanza a cuarta posición tras o empate do Murcia e a derrota do Atlético de Madrid. No duelo ante o conxunto catalán, a escuadra burelense tivo que loitar ata o final para dobregar a un Gironella que ofreceu unha boa imaxe. O Burela iniciou o partido moi c
7 de febreiro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 3-5 Puerto Celeiro Autos Lobelle FS 3-1 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 1-4 Bueu FS   Deporte Escolar EDM Burela FS Benxamín B 3-6 ACD Xove Benxamín ADS Foz Benxa
8 de febreiro de 2010
Brais, Turero e Manu entran na convocatoria final de Galicia Sub-20 para o nacional
Os burelistas Brais, Turero e Manu vestirán a camisola de Galicia no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20, que se desenvolverá en Santiago de Compostela entre o 10 e o 14 de febreiro. No Grupo A, o combinado galego debutará o xoves 11 ante o perdedor do encontro Asturias-Aragón e, ao día seguinte, tocaralle enfrontarse ao vencedor do devandito encontro. A selección de Santiago Valladares clasificarase para as s
8 de febreiro de 2010
O Burela FS medirase ao Azkar no I Trofeo Entroido de Viveiro (mércores 10, 20.30 horas)
O CD Burela FS medirase ao Azkar Lugo no I Trofeo Entroido de Viveiro, que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, ás 20.30 horas, no pavillón municipal da cidade do Landro. Baixo a organización do Puerto de Celeiro FS, a solidariedade cos damnificados do terremoto de Haití é o xerme desta primeira edición; o club viveirense doará o cincuenta por cento da recadación do encontro para a reconstrución do país sudamericano. A
8 de febreiro de 2010
O Burela FS organizará a final da Copa Galega de Balompé coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña
O CD Burela FS colaborará coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña na organización da fase final da IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’, que terá lugar na vila burelá a finais de xuño. Así o anunciou esta tarde a presidenta do colectivo comarcal, Iris Castro, durante o acto de entrega de material deportivo por parte do club nas oficinas laranxas. Xunto a Iris Castro, os directivos do club Antonio Rodenas e Marcelin
9 de febreiro de 2010
A bomboneira tinguirase de Entroido Laranxa para o Burela FS-BP Andorra (luns 15, 21.00)
O CD Burela FS celebrará o Entroido Laranxa o 15 de febreiro (21.00 horas), en Vista Alegre, coa décimo sexta xornada, ante o BP Andorra, aprazada o pasado 9 de xaneiro por inclemencias meteorolóxicas. Para todas aquelas persoas que acudan disfrazadas ao partido o acceso ao pavillón será gratuíto. Ademais, o espectáculo futbolístico tamén se aderezará con premios cedidos por Living Sport, a casa de turismo rural A Fiallega e A Parrill
10 de febreiro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Deporte Escolar EDM Burela FS Infantil-ED Lourenzá InfantilSábado 13 de febreiro, ás 9.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela EDM Burela FS Alevín A-ED Lourenzá AlevínSábado 13 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela AD O Pilar Alevín-EDM Burela FS Alevín BSábado 13 de febreiro, ás 10.35 horas, no pavilló
11 de febreiro de 2010
O Burela FS triunfa no I Trofeo Entroido de Viveiro, ante o Azkar Lugo
O Burela FS impúxose onte ao Azkar Lugo no I Trofeo Entroido de Viveiro. O espectáculo goleador brillou no encontro entre os dous mellores equipos de fútbol sala masculino da provincia luguesa. O asubío final chegou no momento máis intenso, con 5-5, un resultado que os laranxas desempataron na quenda de penaltis, alzándose co título desta primeira edición, organizada por Puerto Celeiro FS e con parte da recadación destinada á reconstrución de
11 de febreiro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo
O Burela FS colabora coa Federación Galega de Doadores de Sangue na recollida de material para Haití
O CD Burela FS colaborará coa Federación Galega de Doadores de Sangue e a Irmandade de Doadores da Coruña na recollida de material sanitario para Haití, o vindeiro luns, 15 de febreiro, en Vista Alegre. Durante a xornada de hoxe, representantes da Federación e do club laranxa percorreron os diferentes centros de ensino da vila co fin de informar sobre a campaña de axuda aos miles de damnificados polo
11 de febreiro de 2010
A Galega Sub-20 debuta con 4-0 ante Asturias
A Selección Galega Sub-20 fixo hoxe o seu debut no Campionato Nacional de Seleccións Territoriais de Santiago de Compostela con vitoria clara (4-0) ante Asturias. O conxunto de Santiago Valladares amosou un dominio transparente durante os corenta minutos dun encontro no que participou toda a comitiva galega. Os burelistas Brais e Turero formaron parte do cinco inicial xunto a Iago Míguez, David López e Héctor; tamén xogaron Manu, Anton
11 de febreiro de 2010
Castela e León, rival dos galegos sub-20 na semifinal do Nacional
Galicia disputará as semifinais do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20 fronte a Castela e León; será mañá, ás 12.00 horas, no pavillón compostelán Multiúsos. Tras a vitoria de onte fronte a Asturias (4-0), o combinado galego conseguiu clasificarse para a fase final grazas ao triunfo de hoxe ante Aragón (4-1), que lle proporcionou a primeira praza do grupo. Para esta cita, o seleccionador Santiago Valladares op
12 de febreiro de 2010
As pupilas de Pardeiro defenderán a cuarta praza en Campillos
O Burela FSF Pescados Rubén partiu onte con rumbo á provincia malagueña para enfrontarse ao Campillos na décimo novena xornada da División de Honra. O pavillón municipal acollerá o encontro mañá, ás 16.30 horas, no que as pupilas de Javier Pardeiro buscarán unha maior comodidade de asentamento na cuarta praza. O afastamento na táboa, entre a cuarta posición das galegas (33 puntos) e a décimo cuarta das andaluzas (13 puntos), dá como fa
12 de febreiro de 2010
Oportunidade de ouro para o Burela FS na xornada de descanso
O Burela FS dispón dunha oportunidade de ouro na xornada de descanso da División de Prata para tocar o liderado do Grupo Norte. O luns 15 (21.00 horas) o conxunto de Suso Rey disputará en Vista Alegre a primeira xornada da segunda volta, ante o BP Andorra, aprazada en xaneiro por un temporal. Coincidindo coa parada do resto dos rivais, esta cita pode proporcionarlles aos laranxas o salto da segunda á p
12 de febreiro de 2010
Vitoria traballada do conxunto laranxa ante o Campillos (0-1)
As mulleres do Burela FSF acadaron unha importante vitoria ante o Campillos por 0-1, con gol de Dolo logo dunha boa xogada de triangulación desta con Claudia e Rosana. As de Pardeiro sufriron máis da conta para dobregar o conxunto local, en parte debido á boa actuación da porteira do Campillos, que detivo varias ocasións claras de gol. O tanto de Dolo chegou nada máis iniciarse o segundo tempo (0-1. Minuto 22), logo dunha rápida combin
13 de febreiro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Deporte Escolar EDM Burela FS Infantil 4-3 ED Lourenzá Infantil EDM Burela FS Alevín A 1-7 ED Lourenzá Alevín AD O Pilar Alevín 10-1 EDM Burela FS Alevín B EDM Burela FS Benxamín A 3-5 ED Lourenzá Benxamín
15 de febreiro de 2010
Brais, Turero e Manu, campións de España coa celeste sub-20
Os xogadores do Burela FS Brais, Turero e Manuel puideron adestrar hoxe de laranxa sendo campións de España. Os tres burelistas conseguiron o título do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais Sub-20 con Galicia onte en Santiago de Compostela, tras vencer ao combinado de Melilla por 4-3. Os galegos plantáronse na final despois de impoñerse por un nutrido 8-4 a Castela e León nas semifinais. Pola súa banda, os melillenses consegui
15 de febreiro de 2010
A Liga Nacional de Fútbol Sala homenaxea a antigüidade de clubs e profesionais
O hotel compostelán Puerta del Camino albergou, o sábado pasado, a cea oficial da Copa de España ‘Santiago de Compostela 2010’, na que se tributou unha merecida homenaxe ao presidente de Honra da LNFS, Aurelio Gómez Araújo ‘Yeyo’, que recibiu a Insignia de Ouro da asociación; aos clubs da asociación que cumpriron 25 anos desde a súa fundación, e ao veterano xornalista Eduardo Navarrete. O evento reuniu a preto dun centenar profesionais
15 de febreiro de 2010  |  LNFS
Goleada (5-0) ante o Andorra e liderado do Grupo Norte para o Burela FS
O equipo laranxa venceu con suficiencia a un complicado Andorra por 5-0 en partido aprazado correspondente á 16ª  xornada de Liga, e converteuse de paso en líder do Grupo Norte de Prata. Vista Alegre vestiuse de entroido para recibir os de Andorra e a bancada viviu unha noite máxica, con premios para os mellores disfraces e unha goleada que invita a soñar. Os visitantes opuxeron resistencia ata ben avanzado o segundo tempo, con varias oca
16 de febreiro de 2010
O Burela FS estará arroupado pola Pataca Naranxa en Xixón (7 de marzo)
O Burela FS estará arroupado pola afección da peña A Pataca Naranxa no seu desprazamento a Xixón o 7 de marzo (12.00 horas), na vixésimo terceira xornada de Prata. A comitiva laranxa partirá de Burela o sábado 6, ás 14.30 horas, dende a estación de servizo da vila. O prezo da viaxe, destinada tan só aos socios/as da peña, será de 35 euros e incluirá aloxamento, almorzo e comida do doming
17 de febreiro de 2010
Femesala Elche, rival laranxa na Copa de España (9-11 de abril)
O Femesala Elche, líder actual da División de Honra, será o rival do Burela FSF Pescados Rubén nos cuartos da XVI Copa de España de Fútbol Sala Feminino o 9 de abril, en Ourense. Así se deu a coñecer o luns pasado na sede da Real Federación de Fútbol en Las Rozas (Madrid) tras o sorteo dos emparellamentos. Os cruzamentos realizáronse entre os catro primeiros ao remate da primeira volta, por unha banda, e os tres restantes, xunto ao anf
17 de febreiro de 2010
Xornada das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Autos Lobelles FSDomingo 21 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Cadete O Parrulo FS-Burela FSDomingo 21 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón das Lagoas de Narón   Deporte Escolar EDM Al
18 de febreiro de 2010
Julio Delgado abandona as tarefas de segundo adestrador no Burela FS
O Burela FS continuará o seu periplo na División de Prata sen o preparador Julio Delgado, que abandona as tarefas de segundo adestrador e se desvincula da entidade laranxa por motivos estritamente persoais. Julio Delgado, unido ao CD Burela FS como xogador nas súas primeiras tempadas, regresou ao club mariñán no presente exercicio para compartir responsabilidades con Suso Rey na preparación do equipo masculino. A xunta directi
19 de febreiro de 2010
O Burela FS defenderá o liderado na pista cacereña
Ao Burela FS tocaralle defender mañá a primeira praza do Grupo Norte de Prata ante o Extremadura Cáceres 2016, undécimo clasificado. O partido comezará ás 17.30 horas, no pavillón multiúsos Ciudad de Cáceres. O empate co Grupo de Empresas Talavera (40 puntos), segundo clasificado, condiciona o papel dos laranxas na meseta para a vixésimo primeira xornada, que deberán loitar pola vitoria para conservar a primeira praza. Os burel
19 de febreiro de 2010
Vista Alegre recibe o feroz Cajasur Córdoba, como segundo clasificado
O Vista Alegre prepara para mañá un dos encontros máis emocionantes para o Burela FSF Pescados Rubén na liga. Defendendo a cuarta praza con 36 puntos, as laranxas recibirán o Cajasur Córdoba, campión da División de Honra en 2008-09 e segundo clasificado (45) na actualidade, que desafiará a boa campaña das pupilas de Javier Pardeiro. A partir das 18.30 horas, a bomboneira acollerá un duelo que os medios  nacionais especializados c
19 de febreiro de 2010
O Cajasur consuma a súa vinganza e gaña por 1-4 en Vista Alegre
O Cajasur Córdoba consumou a súa vinganza ao dobregar o Burela FSF Pescados Rubén, único conxunto que as derrotou no seu feudo, por 1-4 nun partido que esixiu o máximo esforzo das cordobesas. Desde o inicio, o conxunto burelense apostou polo contragolpe como arma para sorprender ao potente cadro andaluz que asumiu o dominio do xogo con naturalidade. A aposta tivo recompensa para o Burela cando Lidia, tras unha parede e continuación, s
20 de febreiro de 2010
O Burela perde o liderado tras un empate amargo en Cáceres
O Burela FS deixou escapar dous puntos, e o liderado, na súa visita ao Extremadura Cáceres, onde cultivou un empate (3-3) con sabor a derrota. O equipo laranxa saltou á pista cacereña con autoridade e seguridade en todas as súas accións; pola súa banda os cacereños estaban desorientados ante a eficaz presión laranxa e as súas continuas chegadas. A recompensa burelense chegou da man de Dani Martín; no minuto 10, o estilete laranxa abri
20 de febreiro de 2010
Resultados das categorías inferiores
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 1-2 Autos Lobelles FS   Liga Autonómica Cadete O Parrulo FS 6-3 Burela FS   Deporte Escolar EDM Alfoz Infantil 3-7 EDM Burela FS Infantil B A Mariña FS Alevín 6-5 EDM Burela FS Alevín A
22 de febreiro de 2010
Manuel e David retoman os adestramentos con Galicia Sub-18
Os burelistas Manuel Jiménez e David Rodríguez retoman hoxe os adestramentos de Galicia Sub-18 para a súa cita na gran final do Campionato de España de Seleccións Territoriais, que terá lugar en Melilla entre o 18 e o 21 de marzo. Os galegos conseguiron a súa clasificación en decembro tras impoñerse aos combinados do País Vasco (0-5) e Aragón (4-2) na eliminatoria previa de Santiago de Compostela. Xunto á selección de Santiago Valladar
22 de febreiro de 2010
FS A Mariña estrea o Campionato FEAFES Galicia mañá ante Porta Nova
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, FS A Mariña, comeza mañá a súa andadura no IV Campionato de Fútbol Sala de FEAFES Galicia ‘Todos polo Fútbol’; será ás 16.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela, ante o Porta Nova, de Ferrol. Media hora antes, as intalacións deportivas acollerán a presentación do campionato, cuxa fase final se desenvolverá en Burela a finais de xuño, coa colaboración do CD Burela FS. X
22 de febreiro de 2010
A Deputación de Lugo recibe a Manu, Turero e Brais como campións de España
A Deputación Provincial de Lugo ofreceu unha recepción na mañá de hoxe aos xogadores do CD Burela FS Manuel Jiménez, Rubén García ‘Turero’ e Brais García, xunto aos transportistas Iago Míguez, Antonio Diz e Jandri Míguez, polo seu recente título de campións de España con Galicia Sub-20. Os xogadores foron recibidos polo vicepresidente Primeiro, Antón Bao, e o deputado da Área de Deportes, Antón Veiga, no Pazo de San Marcos, nun acto a
22 de febreiro de 2010  |  Foto: Azkar Lugo
FS A Mariña inaugura a IV Copa Galega de Balompé con vitoria
O equipo de fútbol sala da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, FS A Mariña, inaugurou onte a IV Copa Galega de Balompé ‘Todos polo Fútbol’ no pavillón burelao Monte Castelo, con vitoria 5-0 ante o Porta Nova de Narón. Coincidindo con esta primeira xornada, a asociación mariñá fixo a presentación oficial do campionato autonómico, que en 2010 disputará a fase final na vila burelá en colaboración co CD Burela FS, o Concello
24 de febreiro de 2010
A alerta por fortes ventos obriga a suspender as actividades da EDM Burela FS
As diferentes categorías da EDM Burela FS non disputarán a xornada de Deporte Escolar programada para esta fin de semana ante o temporal que azouta Galicia dende hai días. A Secretaría Xeral para o Deporte decidiu suspender todas as actividades de Deporte Escolar na comunidade polo risco ante a previsión de fortes ventos, que manterá as provincias da Coruña e Lugo en alerta vermella para as próximas horas. A partir das tres da madrugad
25 de febreiro de 2010
O equipo feminino desprázase a Logroño con opcións de escalada
O Burela FSF Pescados Rubén afronta unha cita máis na súa meritoria estrea na División de Honra, visitando o Kupsa 4 Arcos Logroño. Co anhelo de reencontrarse coa vitoria, tras o 1-4 ante o Cajasur Córdoba, as pupilas de Javier Pardeiro terán a oportunidade raspiñar algunha posición mañá, no pavillón municipal logroñés de Lobete, a partir das 19.00 horas. A vixésimo primeira xornada da elite preséntase propicia para a escalada das lara
26 de febreiro de 2010
O cadro de Suso Rey recibe o irregular Illescas, na quinta praza
O Burela FS recibe o irregular Illescas FS na vixésimo segunda cita do Grupo Norte de Prata, un conxunto que con continuos altibaixos conseguiu facerse coa quinta posición (31 puntos) e loita por coarse nos postos de play-off. A partir das 18.30 horas, o Vista Alegre acollerá un duelo da metade alta da táboa, no que para calquera das dúas escuadras a vitoria supón moito máis que tres puntos; supón un pasiño máis cara á tan ansiada fase
26 de febreiro de 2010
Segunda parte desafortunada e inmerecido empate para os burelaos (4-4)
O Burela FS non puido pasar do empate en Vista Alegre ante o Illescas (4-4) a pesar dun excelente xogo demostrado polos laranxas, que se viron absorbidos polo pouco acerto de cara á portería no segundo período. Aínda así, os pupilos de Suso Rey, na segunda praza, seguen mantendo as distancias co terceiro, Gijón-El Llano, que perdeu na casa do Valverde (5-4). Parecía que a décimo segunda xornada volvería ser unha festa para a bomboneira
27 de febreiro de 2010
A cuarta praza de Honra volve ser laranxa tras o 2-4 do Burela FSF ante Kupsa Logroño
O Burela FSF Pescados Rubén non desaproveitou a oportunidade que lle brindaba a vixésimo primeira xornada da División de Honra. A vitoria recollida hoxe ante o Kupsa 4 Arcos Logroño, por 2-4, catapulta as laranxas dende a sexta ata a cuarta praza, tras a derrota do Navalcarnero en Córdoba. As xogadoras mariñás chegaron a Logroño e fixeron o que debían sen demasiadas complicacións na pista. No minuto 10, o Burela FSF xa gozaba dunha cla
27 de febreiro de 2010
48 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores