Noticias
Arquivo de Febreiro 2011
O Panificadora endosou un 0-7 ao pechacancelas, Castrelo
Monólogo ribadense con vitoria fácil ante un Castrelo (0-7) que aínda non conseguiu nin un só punto nos 16 partidos xogados durante esta tempada e que tan só disparou á portería visitante en dúas ocasións durante todo o encontro. Marta, en dúas ocasións, Elvira e Nuria subiron o 0-4 ao luminoso, resultado co que se chegou ao descanso. A continuación foi un calco da primeira parte e de novo Elvira, Fátima e María puxeron o 0-7 definiti
1 de febreiro de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 5-4 Cidade de Ourense   Deporte Escolar ED Mondoñedo Alevín 4-1 ED EON Burela FS Alevín A (4ª xornada aprazada) ED EON Burela FS Alevín B 4-1 ADS de Foz Alevín (5ª xornada aprazada)   Liga Prebenxamín da Mariña
1 de febreiro de 2011
O club organiza unha viaxe para a afección no derbi Ponte Ourense-Burela FSF
O club laranxa, en colaboración coa Delegación de Deportes do Concello de Burela, poñerá á disposición da afección un autobús e entradas gratuítas para que as persoas que así o desexen poidan presenciar o vindeiro sábado, 5 de febreiro, o derbi autonómico entre o Ponte Ourense e o Burela FSF Pescados Rubén. O pavillón municipal dos Remedios, na cidade das Burgas, acollerá o encontro da décimo sétima xornada de Honra a partir das 17.00 horas.
1 de febreiro de 2011
Antón, Juan e Manu visten de branco e azul para a final de Segovia
Os burelistas Antón, Juan e Manu cambiarán o laranxa polo branco e azul para a final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que se desenvolverá en Segovia entre mañá e o domingo, coincidindo coa XXII Copa de España. Cataluña será o primeiro rival dos galegos, mañá a partir das 16.30 horas, no pavillón Pedro Delgado. No caso de saír vitorioso, o combinado irmandiño terá que agardar ata o sábado para medirse a Andalucía (13.0
2 de febreiro de 2011
Juan Carlos Modia deixa o seu cargo como xerente do CD Burela FS
O ata agora xerente da entidade laranxa, Juan Carlos Modia, causa baixa voluntaria no club debido a motivos persoais. Modia estivo vinculado ao Burela FS dende o seu nacemento, en 2001, como membro da xunta directiva fundadora. En 2005 as súas responsabilidades trasladáronse á área administrativa, como o primeiro e único xerente do CD Burela FS ata a actualidade. Logo do seu labor como administrador, Juan Carlos continuará plenamente l
2 de febreiro de 2011
O Spa Termas de Villalba, destino rexenerativo para o Burela FSF
Tras o notorio desgaste do gran partido ante o líder mostoleño, o Burela FSF Pescados Rubén comezou a semana cunha sesión rexenerativa, o luns pola tarde, no centro colaborador Tesal Termas de Villalba e así recuperarse fisicamente para o derbi autonómico fronte ao Ponte Ourense (sábado 5, 17.30, Os Remedios). A xornada do cadro laranxa discorreu entre o circuíto e o club termal con terma romana, duchas bitérmicas e cronoterapia, baño
2 de febreiro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Os Meigallos FS-Burela FSSábado 5 de febreiro, ás 20.00 horas, no pavillón José Mario González de Sarria   Liga Autonómica Infantil Concello de Guitiriz FS-ED EON Burela FSSábado 5 de febreiro, ás 18.00 horas, no pavillón municipal de Guitiriz   Deporte Escolar
3 de febreiro de 2011
Os brasileiros Clebinho e Ique, reforzos do cadro burelao
Despois de intensas xestións no Brasil e en España e de superar obstáculos de todo tipo, o cadro burelao recibiu esta semana os reforzos dos brasileiros Cleber Rafael Barbosa (São Paulo, 1983) e Carlos Henrique Ribeiro (São Paulo, 1985), procedentes do fútbol sala romanés. Clebinho e Ique estiveron acompañados na súa presentación oficial polo presidente da entidade, José Ramón González Casas, e o director xeral, José Luis Sáez Castro.
3 de febreiro de 2011
A pegada galega imponse á catalá (1-4)
A Selección Galega impúxose a Cataluña (1-4) no primeiro partido do Grupo II na final do Campionato Nacional Sub-19 en Segovia, vitoria á que o laranxa Manu contribuíu cun gol. Mañá, a partir das 13.00 horas, os irmandiños xogarán o pase á final, do domingo, ante Andalucía. Enorme intensidade se viviu entre dous dos favoritos na competición. Os galegos puideron neutralizar a presión catalá nunha en gran xogada por banda de David,
4 de febreiro de 2011
O Burela FS recibe o Andorra, en duelo directo, con caras novas
O Burela FS recibe mañá o BP Andorra coas últimas incorporacións laranxas na convocatoria, nun duelo entre a sexta praza dos pirenaicos e a sétima dos mariñáns e un só punto de diferenza. Coa aparición de Clebinho e Ique, Suso Rey intentará suplir a ausencia do capitán, Juanma, que evoluciona favorablemente da súa lesión de xeonllo; tampouco participará na cita de Vista Alegre (18.30 horas) Manu, inmerso na final do Nacional Sub-19 con Galicia
4 de febreiro de 2011
As burelás poñen as pinturas de guerra para visitar o intratable Ourense
As burelás poñerán as pinturas de guerra para o trepidante derbi autonómico que as agarda este sábado na visita ao intratable Ponte Ourense. O pavillón dos Remedios acollerá o duelo entre a segunda praza ourensá (45 puntos) e a cuarta mariñá (31) a partir das 17.00 horas. Motivación e rivalidade reinarán na pista da cidade das Burgas por ambas as dúas bandas e non só pola condicición de cita galega. As burelás, que veñen de rozar a per
4 de febreiro de 2011
Voluntarios de Alcoa e o CD Burela FS estudan a reanimación cardiopulmonar
O CD Burela FS reuniu esta tarde, no pavillón municipal Vista Alegre, máis dunha trintena de alumnos/as nun curso de Reanimación Cardiopulmonar, integrado no Plan Action da Fundación Alcoa e destinado ao profesorado da ED EON Burela FS e delegados/as de todas as categorías da entidade laranxa. A apertura da xornada contou coa presenza da responsable de Relacións coa Comunidade de Alcoa-San Cibrao, Hilda Rubal; o xefe de Contabilidade
4 de febreiro de 2011
Os laranxas gañan (7-2) nun partido intenso e vibrante ante Andorra
Empezou ben o Burela FS con gol de Minu, no minuto 5, e pouco cabía presaxiar a pelexa que se desatou no remate do primeiro tempo logo do segundo do andaluz (2-0. Minuto 10). Pero os partidos de fútbol sala (e máis cando se xogan en Vista Alegre) teñen iso, que cando menos o esperas vólvense emocionantes e saltan chispas na pista, e fóra dela. Ía o partido por sendas calmas cando o equipo rival lembrou que sen intensidade non ía sacar
5 de febreiro de 2011
Empate do Burela Pescados Rubén que sabe a vitoria ante o Ourense
O Burela FSF Pescados Rubén non só tratou de ti a ti o Ponte Ourense, segundo clasificado, na súa propia pista, senón que regresou cun punto da cidade das Burgas, 1-1, encadeando a súa décima xornada sen perder na División de Honra. O inicio do choque estivo marcado pola lesión da grande estrela local, Ampi, que tivo que retirarse nos minutos iniciais e xa non volveu. A ausencia da xogadora facilitou o traballo defensivo do Burela FSF,
6 de febreiro de 2011  |  A MARIÑA - EP
O Panificadora mantense nos postos de permanencia
Os resultados da décimo oitava xornada non poñen en perigo o Panificadora del Eo-Ribadeo FS, ao que esta fin de semana lle tocou descansar posto que que disputou a súa cita co Funeraria Apóstol FS o 15 de xaneiro, a petición do equipo visitante (0-5). A derrota do Carballiño FS como local ante o Concello de Mos FSF (3-7) segue mantendo as ribadenses fóra dos postos de descenso. Tamén perdeu o FC Meigas, outro dos equipos que loita por
7 de febreiro de 2011
Galicia Sub-19 pecha o seu bo papel no nacional como subcampioa
A Selección Galega Sub-19 pechou o seu bo papel no Campionato Nacional de Segovia como subcampión tras unha equilibrada final ante a Comunidade Valenciana (2-3). Os de Santiago Valladares accederon á gran cita tras a vitoria a Cataluña (1-4) e o empate con Andalucía (3-3), con presenza goleadora do laranxa Manu. A tensión protagonizou unha primeira parte sen goles. Nada máis comezar o segundo período, dous goles nun minuto, o primeiro
7 de febreiro de 2011  |  Foto: Golsala
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Os Meigallos FS 7-1 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Concello de Guitiriz FS 6-6 ED EON Burela FS   Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil A 8-1 A Mariña FS Infantil (xornada 7) ED Lourenzá Infantil 2-
7 de febreiro de 2011
O CD Burela FS organizará a Copa de España Feminina de Fútbol Sala
O CD Burela FS terá a honra de organizar a XVII Copa de España Feminina de Fútbol Sala ao finalizar a liga da tempada 2010-11. Así lle foi comunicado esta mesma mañá á entidade laranxa pola Real Federación Española de Fútbol, que se decidiu pola proposta mariñá “unha vez estudadas as solicitudes recibidas”. No ano en que o club cumpre o seu décimo aniversario, Vista Alegre acollerá por primeira vez un campionato nacional tras converter
8 de febreiro de 2011
O Entroido da Pataca Naranxa
A Pataca Naranxa abrirá os festexos do Entroido 2011 o sábado 26 de febreiro cun tradicional cocido. Coincidindo co Burela FS-Extremadura Cáceres 2016, da vixésimo sétima xornada de Prata, a peña burelista reunirá os seus socios e socias en torno a un suculento xantar na Parrillada de Jandro, a partir das 15.00 horas. Ata o mércores 23, todas as persoas interesadas poderán retirar os tickets (15 euros) na cafetería Vista Alegre, na ce
9 de febreiro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS-Concello de CelanovaDomingo 13 de febreiro, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS-Colexio LiceoSábado 12 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Deporte Escolar
10 de febreiro de 2011
A pichichi laranxa, Ro, reaparecerá ante o Diamante-La Rioja
O Burela FSF Pescados Rubén recibirá este sábado o Diamante-La Rioja coa reaparición da pichichi laranxa, Ro, tras unha rotura de fibras que a mantivo apartada das pistas tres semanas. Javier Pardeiro poderá incluír de novo á burelá nas rotacións ante o sétimo clasificado, aínda que sen exceso de minutos. O encontro de Vista Alegre arrincará no seu horario habitual, ás 18.30 horas. A décimo oitava xornada de Honra volverá reunir a diam
10 de febreiro de 2011
O Burela FS visita a décimo terceira praza en Ceuta
O Burela FS visitará mañá a décimo terceira praza de Prata en Ceuta, ante un rival ao que, polo momento, 2011 non lle está sentando nada ben. A partir das 18.00 horas, o Unión África Ceutí recibirá os laranxas no Guillermo Molina Ríos con ansias de puntos, despois dun duro comezo de ano, no que tan só conseguiu subir 1 punto á súa cuadrícula en catro encontros. Dende a sexta praza, o cadro burelista non debe confiarse pola diferenza n
11 de febreiro de 2011
O Diamante vence en Vista Alegre e corta a excelente etapa burelá
O Diamante-La Rioja puxo fin á excelente etapa do Burela FSF Pescados Rubén tras imporse en Vista Alegre por 1-2. O conxunto burelense non coñecía a derrota desde o seu enfrontamento na pista do Valladolid, quinta xornada da División de Honra. O cadro rioxano presentouse no feudo laranxa coa intención de reafirmar a súa progresión na competición e certificou o seu bo estado de forma, cuarta vitoria consecutiva, realizando un bo parti
13 de febreiro de 2011
O Burela empata en Ceuta nun choque marcado pola arbitraxe e o infortunio no remate
O Burela FS saldou a súa visita a Ceuta cun empate a tres tantos nun partido que estivo marcado pola actuación dos colexiados e o infortunio laranxa na definición. Ata cinco veces estrelaron o balón nos paus. O dúo arbitral, desde o inicio do choque, presentou a súa candidatura á peor actuación da película; Unión Africa Ceutí-CD Burela FS. Arrasaron nos nomeamentos e finalmente levaron o Goya. Doce cartóns amosaron; cinco por bando ceutí e set
13 de febreiro de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Autonómica Cadete Burela FS 5-1 Concello de Celanova   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 2-3 Colexio Liceo   Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil A 6-4 Ribadeo FS Infantil ED EON Burela FS Alevín A 3-2 ED Lourenzá A
14 de febreiro de 2011
Adestramento da Selección Galega
A xogadora burelista Lidia participará no segundo adestramento preparatorio da Selección Galega Sub-23 para o nacional de Estepona (1-6 de marzo); a sesión está programada para esta tarde, no pavillón compostelán Monte dos Postes (19.30 horas). Xunto á representante laranxa, completan a convocatoria de María Bardanca Sara Martínez, Marta Rodríguez e Ana Rivera, do Ponte Ourense; Lucía Álvarez, Iria Saeta e Vanessa Quintela, do Cidade d
14 de febreiro de 2011
A Mariña FS-Porta Nova, aprazado polo mal tempo
O conxunto naronés Porta Nova, primeiro rival da Mariña FS no Campionato ‘Todos polo Fútbol’, non viaxará hoxe a Burela polo mal tempo. Con este aprazamento, o equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da comarca posporá ata a vindeira semana o seu debut na nova edición da cita organizada dende Feafes-Galicia, ante APEM A Coruña. Un total de 11 conxuntos disputarán a liga ata mediados de xuño. A Mariña FS comp
14 de febreiro de 2011
O Tobarra chega a Burela pechando a clasificación (martes 15, 21.00)
Sen tempo apenas para repoñerse do periplo ceutí, os pupilos de Suso Rey encararán mañá a segunda de tres citas nunha semana. En fronte terán o Restaurante Frontera Tobarra, que chega a Vista Alegre (21.00 horas) pechando a clasificación de Prata, con 14 puntos. Ao Burela FS tocaralle defender a sexta praza (39 puntos) ante un conxunto que só puntuou fóra da casa na xornada inaugural da tempada, en Eivissa (2-4). Aínda así, cunha long
14 de febreiro de 2011
Ao Panificadora escápaselle o empate no último suspiro
Un partido moi igualado se viviu o sábado no municipal de Vimianzo entre o Fisober FSF e o Panificadora do Eo, da décimo novena xornada de Autonómica, no que as ribadenses a punto estiveron de traer algo positivo para A Mariña. Transcorría o minuto 10 cando Sabela puxo o Ribadeo por diante, cun potente tiro desde 18 metros que a porteira local Paula non conseguiu deter. Uns 5 minutos máis tarde a local Patricia subiu a igualada nun de
15 de febreiro de 2011
Empate ante o pechacancelas (1-1) nun día gris para os pupilos de Suso Rey
O Burela FS salvou un punto ante o Restaurante Frontera Tobarra, pechacancelas da categoría, nun día moi gris para os pupilos de Suso Rey. Os laranxas fixéronse coa igualada a escasos segundos para o final cun xogo impreciso ao que a bancada de Vista Alegre non está acostumada. Dende o inicio, a falta de acerto dos mariñáns aliouse coas boas intervencións do meta visitante, Augusto, cun equipo que veu á bomboneira para pecharse na súa
16 de febreiro de 2011
A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña e o CD Burela FS renovan a súa colaboración
O CD Burela FS vén de renovar o seu convenio de colaboración coa Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña. O directivo do club Marcelino Luna recibiu onte a Iris Castro, presidenta do colectivo, e a María José Nóvoa, coordinadora do centro, nas oficinas do club para reafirmar a continuidade deste proxecto conxunto. Na xuntanza, Iris Castro agradeceulle ao club o apoio prestado, tanto técnica coma humanamente, en todas as inicia
16 de febreiro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FCFS-Burela FSSábado 19 de febreiro, ás 16.00 horas, pavillón das Roteas de Vigo   Liga Autonómica Cadete ADFS Bueu-Burela FS (8ª xornada)Sábado 19 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Bueu   Deporte Escolar ED EO
17 de febreiro de 2011
O Burela FS visita o CEIP de Cervo a través de 'Coñece o meu Club'
O CD Burela FS entrou onte nas aulas do CEIP de Cervo a través de “Coñece o meu Club”, actividade integrada no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte destinada á promoción da práctica deportiva nos centros educativos e a facilitarlles aos escolares o coñecemento dos recursos dispoñibles no seu contorno. Deste xeito, a entidade laranxa dá continuidade a un labor de promoción da base co que xa leva traballando varias tempadas.
17 de febreiro de 2011
Concentración de Galicia Infantil
Os infantís da ED EON Burela FS Christian García e Renato Lopes participarán nun novo chamamento de Galicia Infantil, no preparatorio do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais. Os laranxas concentraranse co combinado de Iván García entre o venres e o domingo no Complexo Xuvenil As Mariñas de Bergondo. Sub-23 feminina. A burelista Lidia continúa cos adestramentos de Galicia Sub-23 de cara á cita nacional de Este
17 de febreiro de 2011
O Entroido Laranxa volve a Vista Alegre o sábado 26
O CD Burela FS celebrará o Entroido Laranxa o 26 de febreiro (18.30 horas), en Vista Alegre, coa vixésimo sétima xornada de Prata, ante o Extremadura-Cáceres 2016. A entrada será gratuíta para todos os seareiros/as que acudan disfrazados. Os mellores entroidos recibirán atractivos premios, cedidos pola Parrillada de Jandro, Living Sport e o club, nas categorías de grupos, parellas e individual; nesta última tan só con
18 de febreiro de 2011
Os burelaos poñen en xogo tres valiosísimos puntos na difícil pista murciana
Os burelaos terán en xogo tres valiosísimos puntos mañá na difícil pista de ElPozo Ciudad de Murcia. O Palacio dos Deportes da urbe levantina acollerá o duelo directo entre a oitava praza dos locais (38) e a sétima dos laranxas (40), a partir das 17.00 horas. A táboa estase apertando aos poucos para o Burela FS nas últimas candidaturas de play off. Aínda que sen apenas tropezos, a acumulación de empates, en total 10, cifra que tamén co
18 de febreiro de 2011
O cadro de Pardeiro viaxa a Zaragoza con altibaixos no vestiario
Con rumbo a terras mañas partiu esta mañá a expedición laranxa, con altibaixos no vestiario, para medirse ao noveno clasificado de Honra, Natudelia.com Zaragoza. Fronte ás malas novas das ausencias da pichichi Ro, por molestias musculares, e da gardameta Irene, por motivos persoais, ademais da dúbida de Lucía, por sobrecarga, a boa noticia céntrase no regreso ás pistas da internacional Vanessa; Javier Pardeiro poderá outorgarlle algún minuto á
18 de febreiro de 2011
Un Burela pouco madrugador sucumbe ao parapeto levantino (5-4)
Un Burela FS pouco madrugador non puido desartellar o parapeto de ElPozo Ciudad de Murcia (5-4). Cunha reacción tardía, os laranxas non puideron sobrepoñerse tras o ecuador dunha primeira parte imprecisa en ataque e feble en defensa. Axiña se torceron as cousas para os pupilos de Suso Rey, con dous tantos en contra xa aos catro minutos da bucina inaugural. Contra vento e marea loitaron os laranxas para non deixarse engulir polo electró
19 de febreiro de 2011
As laranxas retoman o obxectivo da imbatibilidade ante o Natudelia (3-5)
Concentración e serenidade devolvéronlle ao Burela FSF Pescados Rubén un xogo eficaz, con control de balón e ritmo, ante o Natudelia.com Zaragoza (3-5). Os tres puntos permítenlles ás mariñás tomar distancia co Valladolid FSF, que perdeu na casa do Soto del Real (2-1), ademais de retomar a liña de imbatibilidade. As pupilas de Javier Pardeiro concretaron unha primeira parte que rozou a perfección; souberon medir o seu dominio, a pesar
19 de febreiro de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Coruxo FCFS 4-8 Burela FS   Liga Autonómica Cadete ADFS Bueu 2-1 Burela FS (8ª xornada)   Deporte Escolar ED EON Burela FS Infantil B 8-3 EDM Alfoz Infantil ED EON Burela FS Infantil Feminino 2-5 AD Santiago de
21 de febreiro de 2011
Renovación da xestión da escola deportiva municipal 2010-11
O CD Burela FS renovou esta mañá o seu convenio de colaboración co Concello de Burela para 2010-11, polo que a entidade laranxa se responsabiliza, unha tempada máis, da xestión da escola deportiva municipal de fútbol sala. A concelleira de Deportes, Neves Cando, e o presidente do club, José Ramón González Casas, asinaron a continuidade do compromiso no consistorio. Este é o cuarto ano do club laranxa á fronte da escola deportiva munici
21 de febreiro de 2011
Vista Alegre e Álvaro Cunqueiro, próximas visitas no programa Xogade
Os CEIP Vista Alegre, de Burela, e Álvaro Cunqueiro, de Mondoñedo, serán os próximos destinos do CD Burela FS na actividade da Secretaría Xeral para o Deporte ‘Coñece o meu Club’, integrada no seu programa Xogade. Os representantes laranxas visitarán o centro burelao o xoves e o venres para adestrar cos rapaces/as de entre primeiro e sexto de Primaria; a xornada deportiva na cidade mindoniense está prevista para o venres coas clases de
22 de febreiro de 2011
Ribadeo FSF 5-6 Mesón Río Ulla
Nun partido máis parecido a Provincial que a Autonómica, o Ribadeo perdeu unha boa ocasión de sumar os tres puntos, cos que podería situarse a cinco do descenso, ante o Mesón Río Ulla, un rival dos máis frouxos que pasaron polo polideportivo ribadense. A falta de concentración das xogadoras de Martínez nos minutos finais do encontro tirou pola borda o bo traballo de remontada dun marcador que se lles puxo costa arriba no minuto 1, can
23 de febreiro de 2011
Horarios da XX Copa Galicia (7-8 marzo)
O Burela FS abrirá a fase final da XX Copa Galicia o vindeiro 7 de marzo na capital do Entroido galego. O cadro de Suso Rey medirase ao Azkar Lugo, da División de Honra, na primeira semifinal, que terá lugar ás 19.00 horas, no Lalín Arena. A segunda semifinal enfrontará o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, de Honra, e o Mera FS, de Primeira A. O título decidirase o martes 8 a partir das 18.30 horas.   Lun
23 de febreiro de 2011
O club laranxa participa no exitoso maratón de lectura de Burela
O club laranxa estivo presente no exitoso maratón de lectura de Burela, coa participación de Ro, Irene, Juanma e Edu, nunha iniciativa do club de lectura promovido dende a Concellería de Cultura. As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén decidíronse polos relatos de Xente de aquí e de acolá, do mindoniense Álvaro Cunqueiro, o autor máis lido durante a cita no centenario do seu nacemento. Os membros do conxunto masculino, pola
23 de febreiro de 2011
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Azkar Lugo FSSábado 26 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS-Hércules FS (1ª xornada aprazada)Sábado 26 de febreiro, ás 20.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela O Parrulo FS-ED EON Burela FS
24 de febreiro de 2011
O farol vermello visita os pupilos de Suso Rey
Os pupilos de Suso Rey recibirán este sábado o farol vermello da categoría, Extremadura Cáceres 2016 en Vista Alegre, a partir das 18.30 horas. O Burela FS intentará recuperar a liña triunfal e volver a un bo xogo, arroupado pola bancada laranxa, ante un rival que non consegue saír do máis fondo da táboa (14 puntos). Cos reforzos do pivote brasileiro Cassio e o peche italo-brasileiro Lucas no mercado invernal, os estremeños tan só cons
24 de febreiro de 2011
O espectáculo sénior abre as súas portas á EDM EON Burela FS
O CD Burela FS estreitará os lazos entre os primeiros equipos laranxas e a EDM EON Burela FS achegando o espéctaculo sénior, de Prata e Honra, ao alumnado da escola e as súas familias. Deste xeito, a entidade repartirá entre as pequenas promesas do fútbol sala invitacións para as próximas citas de Vista Alegre, co fin de que os nenos e nenas poidan presenciar os encontros e gozar do ambiente festivo acompañados de seus pais/nais. 
25 de febreiro de 2011
O prometedor Valladolid chega a Vista Alegre en tempos baixos (domingo, 12.30 horas)
O prometedor Valladolid FSF, un dos favoritos da categoría xunto aos intratables Móstoles FSF e Ponte Ourense, chega a Vista Alegre en tempos baixos para disputar o duelo directo da vixésima xornada de Honra. O domingo, a partir das 12.30 horas, o Burela FSF Pescados Rubén saltará á pista para defender a súa actual cuarta praza, a tres puntos da quinta das pucelanas. A bomboneira acollerá un encontro de traxectorias dispares, entre a r
25 de febreiro de 2011
Lala guía o Valladolid para derrotar a un Burela esvaecido
O Valladolid levou os tres puntos de Vista Alegre tras vencer por 2-5 a un esvaecido Burela FSF Pescados Rubén. As pucelenas realizaron un meritorio encontro xa que xogaron todo o encontro con cinco xogadoras. A pesar diso, lograron un alto rendemento ás súas ocasións e á ansiedade local durante o choque. O partido comezou favorable aos intereses laranxas xa que no minuto tres de xogo Rocío desviou un lanzamento de Vanessa que despistou a Lala
27 de febreiro de 2011
O pechacancelas inverte o guión e dana o orgullo do Burela
Sorpresón no Vista Alegre. O pechacancelas Cáceres saqueou a fortaleza laranxa e deixou o Burela sen os tres puntos e moi danado na súa honra. O equipo mariñán non atopa saída ás súas crises de resultados e tampouco a fórmula para traducir o seu dominio en goles e vitorias. Onte volveu contabilizar unha alta porcentaxe de posesión e incontables situacións claras de gol, sobre todo no segundo período, pero viuse sorprendido por un inimigo que
27 de febreiro de 2011  |  La Voz de Galicia
Ao Panificadora sóbralle a primeira parte en terras ourensás (4-2)
Logo de presenciar o derbi de Honra entre o Cidade das Burgas e o Ponte Ourense, as ribadenses saltaron á pista dos Remedios para enfrontarse ao segundo equipo do Ponte. Aínda que non recolleron vitoria (4-2), as mariñás mostraron unha boa cara e non defraudaron para nada na súa actitude de conseguir os tres puntos. A saída en tromba das locais, aliadas coa sorte na consecución dos goles, puxo as cousas difíciles ás ribadenses, que ti
28 de febreiro de 2011
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 6-7 Azkar Lugo FS   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS-Hércules FS (1ª xornada aprazada)Suspendido O Parrulo FS 2-1 ED EON Burela FS   Deporte Escolar ED EON Burela
28 de febreiro de 2011
A Mariña FS recibirá mañá o APEM Carballo (16.30 horas)
O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, A Mariña FS, recibirá mañá o Apem Carballo, no  campionato “Todos polo Fútbol”. O encontro terá lugar no pavillón Monte Castelo, ás 16.30 horas. Este será o segundo partido da liga para os mariñáns, que a semana pasada visitaron o APEM A Coruña, sen sorte no resultado. Un total de 11 conxuntos disputarán a competición ata mediados de xuño. A Mariña FS compar
28 de febreiro de 2011
Lidia defenderá a camiseta galega no Nacional Sub-23 (Estepona, 2-6 marzo)
A xogadora do Burela FSF Pescados Rubén Lidia Mesías defenderá a camiseta galega no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-23, que se disputará en Estepona entre o 2 e o 6 de marzo. Completan a convocatoria definitiva de María Bardanca Sara Martínez, Marta Rodríguez e Ana Rivera, do Ponte Ourense; Lucía Álvarez, Iria Saeta e Vanessa Sotelo, do Cidade das Burgas; Iria Vieiro e Eirka González, do Meirás Valdetires; Sara Fern
28 de febreiro de 2011
55 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores