Noticias
Arquivo de Febreiro 2012
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Cidade de Viveiro (xornada 10)Domingo 5 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Cadete IES Coruxo-Burela FS (xornada 14)Sábado 4 de febreiro, ás 17.30 horas, no pavillón Instituto Coruxo de Vigo Deporte Escolar B
2 de febreiro de 2012
O líder agarda as pupilas de Pardeiro en Móstoles
O Burela FS Pescados Rubén abrirá mañá a segunda volta da Primeira División cunha durísima proba para conservar a sétima praza (26 puntos). O líder agarda as pupilas de Javier Pardeiro en Móstoles (36 puntos); a décimo sexta xornada dará comezo ás 18.30 horas, no pavillón Villafontana. O conxunto mostoleño, que accedeu a semana pasada ao cumio da táboa  compartido co Atlético de Madrid Navalcarnero, preséntase implacable: Un cadro
3 de febreiro de 2012
En recordo de Rodrigo Maseda
O CD Burela FS Pescados Rubén desexa transmitir o seu máis sentido pésame a familiares, amigos e compañeiros do policía burelao Rodrigo Maseda Lozano, falecido a semana pasada en acto de servizo na praia coruñesa de Orzán. En recordo da súa memoria, o fútbol sala de Burela honrará a Rodrigo cun minuto de silencio no encontro de mañá (Vista Alegre), sábado, ante o Gáldar Gran Canaria FS, no que os xogadores laranxas amosarán os seus res
3 de febreiro de 2012
Os tres puntos escapan de Vista Alegre ante os canarios (1-5)
Os tres puntos escaparon hoxe de Vista Alegre na visita do Gáldar Gran Canaria (1-5), cunha cita na que arrastraron o lastre de ir por detrás no marcador, coa acuciante acumulación de faltas. Dende o asubío inicial, ambas as escuadras foron cautas, sen demasiadas chegadas á meta rival. As mellores oportunidades, estiveron do lado laranxa, no minuto 13, en saque de esquina que non puido aproveitar Bebeto baixo os paus,  e no 15, nu
4 de febreiro de 2012
O Burela FS golea en Móstoles (2-11) e desbanca o líder
As laranxas romperon coa imbatibilidade do Móstoles na casa. A perfección que buscaba Javier Pardeiro en vésperas da xornada atopouna o gran Burela FS Pescados Rubén en  terras madrileñas e cunha goleada (2-11), que asenta as mariñás en zona de Copa (29 puntos) e desbanca as mostoleñas da primeira praza. Nunha cita de dominio galego absoluto, foi Dolo a encargada de abrir a suculenta lata, no minuto 6. Con escasísima marxe de mano
4 de febreiro de 2012
Segunda vitoria do Ribadeo, ante As Burgas (3-2)
O Panificadora del Eo-Ribadeo FSF, con máis corazón ca cabeza, conseguiu quedar cos puntos na súa segunda vitoria da tempada ante un novo equipo, Cidade das Burgas (3-2), que esta vez non puido contar con xogadoras de Primeira División por coincidir o horario co desprazamento a Pamplona para enfrontarse ao CD Orvina. Aínda que foi o equipo local o que dispuxo das mellores ocasións, principalmente nos pés de Nuria no un contra un coa p
6 de febreiro de 2012
A Mariña Alevín, subcampioa do Autonómico de Seleccións Locais
A Mariña fíxose co título de subcampioa no Campionato Autonómico de Seleccións Locais de Base na categoría alevín este domingo no Carballiño, tras un axustado 2-3 na final fronte ao combinado de Cambre. A selección mariñá, cos burelistas Néstor Valle, Álex Esquerdeiro, Luca Eijo, Álvaro Suárez, Luismi Nieto e Alberto Quelle, conseguiu o billete para a última fase tras o empate 2-2 con Lambre e a vitoria 6-0 fronte a Lugo. Nas semifinai
6 de febreiro de 2012  |  Foto: seleccionamarinafs.blogspot
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 7-0 Cidade de Viveiro (xornada 10) Liga Autonómica Cadete IES Coruxo 1-4 Burela FS (xornada 14) Deporte Escolar Burela FS Cadete 3-0 Alfoz Cadete ED EON Burela FS Infantil 5-1 ACD Xove Infantil ED EON Burela FS
6 de febreiro de 2012
Jozi, a menos batida da elite
Unha das claves do éxito do Burela FSF Pescados Rubén nas últimas tempadas é o seu excepcional rendemento defensivo. O conxunto que adestra Pardeiro caracterizouse sempre por ser difícil de bater e nesta tempada non é unha excepción. A internacional brasileira Jozi é a porteira menos batida do campionato, con 27 tantos encaixados, 2 menos que o Ponte Ourense, que leva 29. Nas últimas semanas, as burelenses tamén incrementaron notablme
7 de febreiro de 2012  |  A Mariña-El Progreso
Ceuta, próximo destino para o Burela FS (sábado 18)
O Burela FS Pescados Rubén non volverá á competición de Segunda División ata o 18 de febreiro, con Ceuta como destino; será no encontro correspondente á vixésima xornada, no complexo deportivo Guillermo Molina Ríos (18.00 horas). Julio Delgado mantén estes días a dobre sesión diaria, facendo fincapé nos adestramentos físicos polas mañás e a preparación táctica de tardes. Unha das maiores preocupacións para o técnico burelista é a baixa
8 de febreiro de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil ADFS Bueu-Burela FSSábado 11 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón municipal de Bueu   Liga Autonómica Cadete Burela FS-EDM GuitirizSábado 11 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela   Liga Autonómica Infantil E
8 de febreiro de 2012
O perigoso Soto del Real pon a proba a boa etapa do Burela FS
Pelexando por coarse en postos de Copa, o perigoso Soto del Real chegará mañá a Vista Alegre para poñer a proba a boa etapa do Burela FS Pescados Rubén, con sete xornadas imbatible e a esmagadora vitoria en Móstoles (2-11) da semana pasada como guinda. A décimo sétima xornada de Primeira comezará na bomboneira ás 18.30 horas. O conxunto madrileño saltará á pista mariñá co firme propósito de coarse na zona de privilexio
10 de febreiro de 2012
Vitoria por 3-2 do Burela Pescados Rubén, que aumenta a súa excelente serie
O Burela FS Pescados Rubén mantén o paso na súa escalada cara á zona alta da Primeira División tras sumar unha vitoria máis á súa serie triunfal, sete vitorias e un empate nas últimas oito xornadas. Nesta ocasión, o conxunto dirixido por Javier Pardeiro derrotou por 3-2 a un Soto del Real voluntarioso que se presentou en Vista Alegre coa clara consigna de especular en todo momento cos posibles erros laranxas. Desde o asubío inici
11 de febreiro de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil ADFS Bueu 3-5 Burela FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 5-3 EDM Guitiriz   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 3-2 AD Lumieira   Deporte Escolar Burela FS Cadete 5
13 de febreiro de 2012
Fisober 5-0 Panificadora del Eo
O Panificadora del Eo Ribadeo FSF non deu mostras de impotencia e plantoulle cara ao líder, Fisober Vimianzo, aínda que sen recompensa no electrónico. As mariñás encaixaron un 5-0, nunha cita marcada polas ausencias, que fixeron que Martínez tivera que desprazarse a Vimianzo con tan só oito xogadoras, catro das cales pertencentes ao filial Xoula: María por lesión, Marta, Nuria e Sabela por asuntos persoais e Arancha e Fátima por estudos.
13 de febreiro de 2012
O infantil Álex García adestra coa Galega
A presenza do xogador da ED EON Burela FS Álex García foi reclamada pola Selección Galega Infantil de cara ao Campionato de España de Seleccións Territoriais. O deportista laranxa participará no adestramento de hoxe, no municipal de Teixeiro, en Curtis (17.45 horas). Sub-23. Continúa tamén a preparación co combinado irmandiño sub-23 a burelista Lidia Mesías. A próxima sesión está programada para mañá n
14 de febreiro de 2012
Cely pasa a revisión médica na clínica Virxe da Mariña
A última incorporación do CD Burela FS Pescados Rubén, Araceli Gayardo, máis coñecida como Cely, someteuse hai uns días á avaliación médica na clínica Virxe da Mariña, para control e exame da súa preparación física. O corpo facultativo do centro médico burelao, que mantén un convenio de colaboración coa entidade laranxa dende hai varias tempadas, encárgase de supervisar a saúde dos equipos sénior do CD Burela FS dende os recoñecemento
14 de febreiro de 2012
Entroido Laranxa, con cita dobre
O Burela FS Pescados Rubén celebrará o Entroido Laranxa con cita dobre, os días 25 e 26 de febreiro, e entrada gratuíta para todos os que se contaxien do espírito carnavaleiro e acudan a Vista Alegre ataviados cos seus mellores disfraces. A escuadra burelá da Segunda División Masculina será a encargada de inaugurar a fin de semana recibindo o Hospitalet Bellsport, o sábado 25, ás 18.30 horas
15 de febreiro de 2012
Técnica e Táctica para os futuros adestradores, nas mans de Javier Pardeiro
O estratega do Burela FS Pescados Rubén feminino, Javier Pardeiro, alternará  o seu encomiable labor nas canchas coas aulas do IES Monte Castelo nas vindeiras semanas, como mestre de Técnica e Táctica no curso de Instrutor de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol. Na súa primeira toma de contacto, o domingo pasado, o preparador laranxa destacou o alto nivel e a predisposición dos futuros adestradores mariñáns de base. “As cl
15 de febreiro de 2012
A ala-peche brasileira Milena volta ás filas burelistas
A ala-peche brasileira Milena Gasparini Ribeiro volta ás filas burelistas. A xogadora, procedente do Sinnai Calcio a 5 italiano, foi recibida esta tarde na sede do club polo vicepresidente do CD Burela FS Pescados Rubén, Manuel Blanco, e o directivo Marcelino Luna. A canarinha, que aterrou onte en terras asturianas procedente de Sardeña, amosouse “completamente feliz de regresar a un equipo que estiven acompañando dende a distancia”. “
15 de febreiro de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil IES Coruxo FS-Burela FSDomingo 19 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón municipal de Navia, en Vigo Liga Autonómica Infantil Troula Betanzos FS-ED EON Burela FSSábado 18 de febreiro, ás 18.30 horas, no pavillón municipal de Betanzos   Deporte Escolar
16 de febreiro de 2012
A expulsión de Javier Pardeiro condiciona a derrota no derbi galego (4-3)
Unha inexplicable expulsión do adestrador burelao, Javier Pardeiro, condicionou en exceso o encontro que enfretaba a Burela FSF Pescados Rubén e Ponte Ourense, e que terminou con vitoria das locais pola mínima, logo de recuperar unha desvantaxe de 0-3 a favor das xogadoras laranxas. O partido foi vibrante. O Burela conseguía adiantarse no luminoso aos cinco minutos (0-1), tras unha boa xogada persoal avanzado desde o centro da can
19 de febreiro de 2012
Os laranxas perden a vantaxe ante UA Ceutí (3-2) a poucos minutos para o final
Non puido conservar o marcador o equipo que dirixe Julio Delgado, malia rematar os primeiros vinte minutos con vantaxe no marcador (1-2). Foi superior o conxunto laranxa en boa parte do partido, cun xogo de presión que bloqueou por momentos o equipo rival, pero a intensidade amosada foi insuficiente para quedar cos tres puntos. Ique e Clebinho anotaron nos primeiros minutos para os mariñáns, que se puxeron 1-2 no minuto 9 de xogo e non encaixa
19 de febreiro de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil IES Coruxo FS 5-5 Burela FS   Liga Autonómica Infantil Troula Betanzos FS 4-6 ED EON Burela FS   Deporte Escolar ED Lourenzá Benxamín 2-3 ED EON Burela FS Benxamín A (xornada 7, 2ª volta)  
20 de febreiro de 2012
O Funeraria Apóstol non deu respiro ao Ribadeo FSF (0-6)
Visitou o municipal de Ribadeo outro dos potentes de Autonómica, o Funeraria Apóstolo de Santiago, o equipo máis goleador e o menos goleado nesta tempada, que levou os tres puntos e endosou ao Panificadora del Eo-Ribadeo FSF 0-6. As baixas que vén arrastrando o equipo mariñán obrigaron a Martínez a botar man de varias xogadoras do filial, o que debilitou as rotacións e só foron capaces de facer fronte ás santiaguesas na primeira metad
20 de febreiro de 2012
O centro Alba Vila coida da nutrición de Milena
A xogadora do Burela FS Pesados Rubén Milena Gasparini visitou o centro de dietética burelao Alba Vila hai uns días como coidado da súa nutrición. A brasileira tamén se someteu a semana pasada á avaliación médica na clínica Virxe da Mariña, para control e exame da súa preparación física. Como parte da planificación de preparación e rendemento deportivo, a saúde dos xogadores e xogadoras CD Burela FS está baixo a supervisión da mar
22 de febreiro de 2012
Xornada das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Autos Lobelle FSSábado 25 de febreiro, ás 16.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Cadete Burela FS-ED Vigo 2015 (xonrada 12)Domingo 26 de febreiro, ás 17.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Infantil ED EO
22 de febreiro de 2012
Recepción oficial para A Mariña Alevín
Os concellos de Burela e Xove ofreceron unha recepción oficial onte pola tarde para os integrantes do combinado da Mariña Alevín, subcampioa  do Autonómico de Seleccións Locais de Base do pasado 5 de febreiro, no Carballiño. Baixo a batuta de Fran Vázquez e do laranxa Carlos Méndez acudiron aos actos os representantes da ED EON Burela FS Luismi Nieto, Luka Eijo, Alberto Quelle, Alejandro Esquerdeiro, Néstor Valle e Álvaro Suárez,
23 de febreiro de 2012
Hospitalet, obxectivo do Entroido Laranxa
O Hospitalet Bellsport, con tan só 1 punto de vantaxe sobre os mariñáns, será o obxectivo do Burela FS Pescados Rubén e do Entroido Laranxa para 21ª xornada da Segunda División. Este sábado Vista Alegre acollerá a festa de Don Carnal, con entrada gratuíta para os/as afeccionados/as disfrazados, a partir das 18.30 horas. O cadro burelista pelexará por definir e pechar a cita desta semana para despedirse dun tedioso período sen boas nova
23 de febreiro de 2012
Lucía comeza a rehabilitación baixo supervisión de L2 Fisioterapia
A xogadora do CD Burela FS Pescados Rubén Lucía Nespereira xa está inmersa no proceso de rehabilitación, baixo supervisión de L2 Fisioterapia, unha vez reparada a lesión de ligamento cruzado anterior do xeonllo dereito. A ala-peche laranxa, que se lesionou durante un adestramento do Nadal, pasou polo quirófano do Policlínico Lucense SA o pasado 25 de xaneiro, nunha intervención dirixida pola traumatóloga Luísa Ibáñez. Despois do períod
24 de febreiro de 2012
As laranxas mídense á potencia goleadora do Cajasur Córdoba
As laranxas mediranse á potencia e eficiacia goleadora do máximo finalizador de Primeira, Cajasur Córdoba, sen Javier Pardeiro, que deberá cumprir dous partidos de sanción tras a expulsión da semana pasada en Ourense. Vista Alegre acollerá o segundo asalto do Entroido Laranxa, con entrada gratuíta para os afeccionados/as disfrazados, o domingo coa visita do cuarto clasificado (39 puntos), a partir das 12.30 horas
24 de febreiro de 2012
O Burela FS Pescados Rubén rompe a súa etapa negativa ao vencer por 6-4 o Hospitalet Bell Sport
O Burela FS Pescados Rubén rompeu a súa etapa negativa ao derrotar por 6-4 o Hospitalet Bell Sport nun encontro emocionante e con alternativas no marcador. Logo de nove xornadas, o conxunto burelense catou o sabor do triunfo, aínda que non o tivo doado ante un conxunto catalán que obrigou os pupilos de Julio Delgado a manter a intensidade ata o final. O choque comezou da peor forma posible para os intereses laranxas, xa que o
25 de febreiro de 2012
Merecida vitoria do Burela FS Pescados Rubén ante o potente Cajasur Córdoba
Vitoria do Burela FS Pescados Rubén por 2-0 ante o potente Cajasur Córdoba que se descolga pola loita do título de Liga da Primeira División. O conxunto burelense fíxose acredor por ambición e méritos dun triunfo que non chegou ata a recta final do encontro. O primeiro tempo estivo marcado pola alta intensidade de xogo marcada por ambos os conxuntos, que gozaron de varias oportunidades, as máis claras para o Burela, para abrir o marca
26 de febreiro de 2012
Leis Pontevedra FS 2-1 Panificadora del Eo-Ribadeo FS
As xogadoras de Martínez realizaron un extraordinario xogo defensivo no Municipal de Pontevedra, aínda que viron frustrado o seu traballo no minuto 7 da segunda metade (2-1), no único descoido que lle daba os tres puntos a un experimentado Leis con xogadoras que veñen sendo habituais nas aliñacións da Segunda División. O Panificadora presentouse en Pontevedra cun equipo minguado polas baixas que veñen sendo habituais nas últimas xorna
27 de febreiro de 2012
Resultados das categorías de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 5-4 Autos Lobelle FS   Liga Autonómica Cadete Burela FS 0-8 ED Vigo 2015 (xonrada 12)   Liga Autonómica Infantil ED EON Burela FS 0-8 ED Vigo 2015 (xornada 8)   Deporte Escolar
27 de febreiro de 2012
Lucía, hoxe, en Radio Burela
A ala-peche laranxa Lucía Nespereira participará esta tarde na Tertulia Futbolística de Radio Burela (20.30 horas), dirixida por Senín Díaz, xunto aos colaboradores habituais do programa. Sorteo de entradas. A emisora municipal retomará o sorteo de entradas para os partidos laranxas en Vista Alegre agradecendo así a fidelidade dos seus seguidores. O próximo encontro será o domingo 11 de marzo, co Bu
27 de febreiro de 2012
Bebeto permanece estable e fóra de perigo
O ala-pivote do CD Burela FS Pescados Rubén Bebeto, ingresado na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital da Costa dende o sábado, en Burela, permanece estable e fóra de perigo. O brasileiro foi trasladado ao centro con tres costelas fracturadas e ferida pulmonar, por un choque cun rival durante o encontro ante o Hospitalet Bellsport en Vista Alegre; nunha tentativa por evitar un disparo á portería, o xogador laranxa recibiu un golpe no tóra
27 de febreiro de 2012
Lidia pon rumbo a Vitoria coa Galega
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías xa ten todo preparado para poñer rumbo mañá ao Campionato de Seleccións Territoriais de Vitoria (29 febreiro-4 marzo) coa Selección Galega Sub-23. Valencia será o primeiro rival da escuadra irmandiña o mércores, ás 10.00 horas, no pavillón Mendizorroza. O seguinte chanzo será ante Madrid entre o xoves e o venres, dependendo do resultado do primeiro día (12.00 horas). As semifinais e f
27 de febreiro de 2012
O mundo laranxa, analizado na Tertulia Futbolística
Non tivestes a oportunidade de escoitar onte a Tertulia Futbolística coa participación de Lucía? Podedes repasar os mellores momentos do programa de Radio Burela dende aquí.
28 de febreiro de 2012
Bebeto sae da Unidade de Coidados Intensivos
O xogador laranxa Alexandro Ribeiro Cardoso, Bebeto, saíu este mediodía da Unidade de Coidados Intensivos do Hospital da Costa, tras mostrar unha notable mellora, para ser trasladado a Medicina Interna. Nos vindeiros días, o persoal médico do centro seguirá a evolución do brasileiro en planta. Durante esta tarde, o xogador, que sufriu unha fractura costal e perforación pulmonar durante o encontro do sábado en Vista Alegre ante o
28 de febreiro de 2012
41 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores