Noticias
Arquivo de Febreiro 2013
O favoritísimo de Terceira, O Esteo, chega a Vista Alegre
Tarde de fútbol y espectáculo promete este sábado Vista Alegre. Antes de la gran cita de Primera LNFS entre Burela FS Pescados Rubén y Marfil Santa Coloma, el gran favorito de Tercera, O Esteo FS, saltará a la pista de la bombonera para medir la fortaleza de los pupilos de Lucas en casa; la 19ª jornada dará inicio a las 16.00 horas. Los números de los de As Pontes infunden respeto; dominan la liga con 46 puntos, a 10 del segundo,
1 de febreiro de 2013
Gironella, unha pista que se lle resiste ao líder
O Burela FS Pescados Rubén afrontará a 17ª xornada de Primeira, tras subir ao liderado, coa visita á resistente pista do Gironella, sexto clasificado (25 puntos). O esférico comezará a rodar no municipal catalán mañá ás 17.30 horas. "Imos moi motivadas e preparadas para romper a estatística nesta pista tan complicada. O noso obxectivo é lograr vencer por primeira vez na pista do Gironella e conservar o liderado" afirma a cap
1 de febreiro de 2013
O renovado Burela FS estréase na casa, ante o Marfil
O Burela FS Pescados Rubén volve á casa tras dúas xornadas fóra para presentar o seu renovado proxecto ante o Marfil Santa Coloma, oitavo (19 puntos), coa dispoñibilidade das novas caras, Cesinha, Silva, Matamoros e Isi. O encontro da 15ª xornada de Primeira arrancará mañá ás 18.30 horas, en Vista Alegre. A escuadra de Julio Delgado medirase ao equipo do pichichi da categoría, Dani Salgado, autor de 21 dos 55 tantos do Marfil. Par
1 de febreiro de 2013
Comeza a revolución, a revolución laranxa: Burela FS 7-4 Marfil
O renovado proxecto laranxa falou en Vista Alegre. O Burela FS Pescados Rubén subiu esta tarde a súa primeira vitoria en Primeira División nun encontro repleto de goles ante o Marfil Santa Coloma (7-4), con hat trick inicial do sublime Matamoros. Con estes tres puntos o equipo de Julio Delgado sae do fondo da táboa, con 7, por diante de Colegios Arenas Gáldar, con 5. Comeza a revolución, a revolución laranxa! Os da Mariña non der
2 de febreiro de 2013
O Burela FS desfai a maldición en Gironella e marca distancias no liderado (0-1)
O Burela FS Pescados Rubén desfixo a maldición, asinando esta tarde a súa primeira vitoria en Gironella, unha pista que se lle resistía. O 0-1 proporciónalle tres valiosísimos puntos cos que marca distancias no liderado, con 38 puntos, fronte ao 37 do Navalcarnero, que empatou no derbi madrileño ante o Móstoles (2-2). O municipal catalán viviu un partido moi competido, con control e mellores ocasións para as laranxas. Peque anoto
2 de febreiro de 2013
Golpe de autoridade ante o líder de Terceira
O Burela FS Pescados Rubén B conseguiu tres valiosísimos puntos esta fin de semana dando un golpe de autoridade na casa ante o intratable líder de Terceira, O Esteo (4-1). Os laranxas souberon frear a experiencia do gran favorito da categoría con seriedade en defensa e fluidez en ataque. Vista Alegre presenciou unha primeira parte moi igualada, na que os de Lucas ofreceron unha gran concentración, creando continuo perigo sobre a m
4 de febreiro de 2013
O aire cálido tamén sopra nas categorías de base
A Mariña estivo esta fin de semana baixo un anticiclón deportivo; o aire cálido que asolagou as competicións laranxas sénior con boas novas, tamén soprou nas categorías de base. En Nacional Xuvenil, o conxunto de Lucas recolleu un traballado empate ante o líder, Azkar Lugo (5-5), que lle permite seguir pisándolle os talóns para asaltar a primeira praza en calquera momento. En Autonómica houbo pleno de resultados favor
4 de febreiro de 2013
Matamoros, mellor xogador da 15ª xornada na LNFS
O madrileño Jorge Valhermoso Matamoros lidera a enquisa da LNFS como mellor xogador da 15ª xornada, cita na que o Burela FS Pescados Rubén conseguiu a primeira vitoria da tempada, fronte ao Marfil Santa Coloma (7-4). O pivote, que se estreou de laranxa anotando hat-trick nos tres primeiros minutos do encontro e asistiu a Juanma no cuarto, leva reunido, por agora, o 53,85% dos voto
5 de febreiro de 2013
Paula Cortiñas, de branco e azul
A prometedora Paula Cortiñas (Cervo, 1996) cambiará esta semana a camiseta laranxa pola branca e azul. A pivote burelista representará a Galicia no Campionato de Seleccións Autonómicas Sub-17, que acollerá a localidade gaditana de Chiclana de la Frontera (6-10 de febreiro). A expedición irmandiña, que realizou o último adestramento o domingo pasado, puxo rumbo a terras andaluzas esta mañá dende A Coruña. Xunto a Paula pelexarán po
5 de febreiro de 2013
Visita de Iago Barro ao Viveiro FSF
O burelista Iago Barro exerceu de mestre na cidade do Landro o venres pasado. O gardameta da Primeira División dirixiu, no seu concello natal, un adestramento específico coas porteiras do Viveiro FSF: Diandra e Brenda, da categoría sénior; Jaiza, cadete; e Iria Leila, infantís. Iago tamén coincidiu co resto das integrantes dos equipos sénior e cadete, coas que compartiu algunha que outra anécdota deportiva.  
5 de febreiro de 2013
Duelo de proximidades en Terceira (venres, 21.15 horas)
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá mañá, en Vista Alegre, o Ribeira de Piquín nun duelo de proximidades na Terceira División (21.15 horas). O cadro laranxa defenderá a sexta praza, na 20ª xornada, con tan só 1 punto de vantaxe (33) sobre o visitante. “É unha cita moi importante para medir as nosas aspiracións na táboa, para concretar se podemos seguir pelexando polos postos altos” advertiu Iván Cao, Lucas, que tamén falou da “v
7 de febreiro de 2013
Movido Entroido futbolístico
Liga Nacional Xuvenil Burela FS-Santiago FutsalDomingo 10 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Liga Autonómica Xuvenil Burela FS-Santiago Futsal (xornada 5 aprazada)Domingo 10 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela Troula FS-Burela FS (
8 de febreiro de 2013
Anaitasuna. Desafío laranxa con Marca TV de testemuña
O Burela Pescados Rubén busca a confirmación da revolución laranxa ante as cámaras de Marca TV, sábado día 9 ás 13.00 horas, e na complicada pista do Triman Navarra. A escuadra dirixida por Julio Delgado preséntase en Anaitasuna no seu mellor momento da tempada. Dous empates consecutivos e a primeira vitoria na Primeira División permitiron aos de A Mariña abandonar o farolillo vermello e recuperar a confianza. Cada xornada é un reto para os mariñ
8 de febreiro de 2013
Derbi galego en Vista Alegre
Emocionante derbi galego en Vista Alegre o sábado día 9, ás 18.30 horas, entre o Burela Pescados Rubén e o Ponte Ourense. O conxunto burelés defende o liderado da Primeira División ante as ourensanas que están a recuperar o seu nivel nas últimas xornadas. O Burela afronta o derbi con confianza aínda que consciente que en fronte terá un rival complicado e con ánimos de revancha polo serio varapalo sufrido na primeira volta. As pupilas de Pardei
8 de febreiro de 2013
O Burela B logra a vitoria (4-1) ante o Ribeira de Piquín
O Burela B impúxose ao Ribeira de Piquín por 4-1 nun duelo que se decidiu no tramo final. O conxunto dirixido por Iván Cao logrou plasmar a súa superioridade tras unha primeira parte intensa e igualada aínda que con demasiadas imprecisions por ambos conxuntos. Na segunda parte, o conxunto laranxa logrou aumentar o ritmo e os visitantes sufrían para manter a súa portería a cero. As ocasións comezaron a xurdir con claridade e Souka foi o encarga
9 de febreiro de 2013
O Triman curta a serie ascendente do Burela Pescados Rubén
Derrota do Burela Pescados Rubén na cancha do Triman Navarra (5-3) que corta a racha positiva do conxunto mariñano. O reto de Anaitasuna agardábase complicado e así se puido observar coas cámaras de Marca TV de testemuña.
O encontro comezou con intensidade e cun duelo de artilleros. Rafa Usín adiantou aos navarros no minuto inicial pero Matamoros sacou a relucir o seu rifle para igualar a contenda, minutos dous de partido. O control do xogo non tiña dono e no ecuador do primeiro periodo emerxeu de novo a eficacia laranxa. Tras driblar ao seu par, Matamoros desenfundou a súa zurda para enviar o esférico á escuadra. O Burela Pescados Rubén invertía o marcador tralo
9 de febreiro de 2013
O derbi galego e o liderado quedan en Burela
O Burela Pescados Rubén mantén o liderado da Primeira División tras conquistar (4-2) o derbi galego ante Ponte Ourense. O encontro resultou equilibrado durante un primeiro periodo que comezou co tempranero tanto visitante. Aos dous minutos as ourensás vencían por 0-1, cun gol de Lucía Nespereira en propia meta. A intensidade en ambos conxuntos aumentaba co paso dos minutos pero o equipo mariñano mostrou as súas credenciales para remontar o parti
9 de febreiro de 2013
CONTINÚA O ENTROIDO EN BURELA
En pleno Mércores de Cinza, o Burela FS Pescados Rubén resístese a abandonar a diversión e os praceres do Entroido. Continuará coa festa ata a fin de semana con premio futbolístico para todos os disfraces que acudan a Vista Alegre este sábado. As persoas que asistan ao Burela FS-Umacón Zaragoza (18.30 horas) con galas carnavaleiras terán entrada gratuíta ao recinto.
13 de febreiro de 2013
Sobre rodas, con Cerezo Bikes
Coincidindo cunha das citas máis esperadas na tempada histórica do Burela FS Pescados Rubén, a visita do flamante ElPozo Murcia o 16 de marzo, a entidade laranxa promoverá a práctica deportiva a través do sorteo dunha bicicleta MMR, doada pola firma Cerezo Bikes. Ata o comercio burelao trasladouse o director deportivo do club, Marcelo Santoro, para recoller a prezada bicicleta, valorada en 800 euros, das mans dos xerentes do negocio, o ex–cicl
14 de febreiro de 2013
Resultados de base
Liga Nacional Xuvenil Burela FS 2-4 Santiago Futsal Liga Autonómica Xuvenil Burela FS 1-3 Santiago Futsal (xornada 5 aprazada) Troula FS 7-1 Burela FS (xornada 14) Liga Autonómica Cadete Azkar Lugo 3-2 Burela FS (xornada 13)
14 de febreiro de 2013
Cristian lánzase con Galicia ao Campionato de España Sub-16 (Madrid, 15-17 febreiro)
O cadete laranxa Cristian García representará a Galicia no Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-16, cuxa fase previa se desenvolverá en Madrid entre mañá e o domingo. O combinado irmandiño pelexará polo billete para a final no Grupo A coas Baleares, Castela A Mancha e o grupo anfitrión, no polideportivo municipal Miguel Guillén Prim. O B estará composto por Melilla, País Vasco e Andalucía (sede); no C incorpóranse A
14 de febreiro de 2013
Intensa fin de semana para o Deporte Escolar laranxa
As categorías da base burelista aplicaranse a fondo esta fin de semana na dinámica competición de Deporte Escolar, con seis citas programadas para o sábado en cadetes, infantís, alevíns e benxamíns. A escola de Barreiros recibirá o Cadete A e o Alevín A laranxas, ás 12.15 e 13.15 horas. Vista Alegre acollerá do dobre duelo ante o Ribadeo FS co Cadete B (10.15) e o Alevín B (11.15), e o compromiso benxamín ante o Santiago de Foz (1
15 de febreiro de 2013
Burela FS 2-4 Umacón Zaragoza
O Burela FS Pescados Rubén non puido renderlle unha nova vitoria hoxe á afección de Vista Alegre. Os pupilos de Julio Delgado tiveron que enfrontarse a un Umacón Zaragoza (2-4) moi dinámico, co pesado lastre da desvantaxe no electrónico ao longo do encontro. Os primeiros compases transcorreron con cautela por parte de ambas escuadras, sopesando os seus movementos e resistíndose a ceder o control do balón. Antes de cumprirse en seg
16 de febreiro de 2013
Ao Burela FS sóbranlle dous minutos en Logroño (2-2) para conservar o liderado en solitario
O Burela FS Pescados Rubén regresa a Galicia con empate ante o Diamante (2-2). Logo de reaccionar ante o tanto temperán das locais, as laranxas souberon tomar a iniciativa no xogo e no marcador ata o minuto 38. O resultado de Logroño obriga as mariñás a compartir o lideradoo co Atlético de Madrid Navalacarnero, que se impuxo onte ao Valladolid por un axustado 2-1. Sen apenas asimilar o ritmo do partido, o Burela FS tivo que pelexa
17 de febreiro de 2013
Rifadísima vitoria no derbi comarcal (2-3)
O Burela FS Pescados Rubén B fíxose esta fin de semana con tres puntos rifadísimos no derbi comarcal de Terceira. Os de Lucas materializaron a vitoria na pista do Cidade de Viveiro (2-3) nos últimos segundos, nun encontro no que o xogo errático inicial e a desafortunada finalización os empuxou a pelexar contra o marcador. As imprecisións marcaron o xogo laranxa no primeiro período. O equipo local, ben cerrado na súa pista, fo
18 de febreiro de 2013
Xornada triunfal con resplandor laranxa na base
As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén pechou unha xornada triunfal. O resplandor do fútbol sala laranxa impúxose en 8 das 9 citas da axenda da fin de semana. Na Liga Nacional, os xuvenís regresaron á boa senda, vencendo a domicilio ao Cidade de Narón (1-5). Deporte Escolar tamén tivo brillo laranxa, con dobre vitoria cadete, 2-11 ante a escola de Barreiros e 6-1 sobre o Ribadeo FS; con
18 de febreiro de 2013
Galicia despídese do nacional sub-16
Galicia e o burelista Cristian García despedíronse do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-16 en Madrid, nunha primeira eliminatoria moi rifada, na que decidiu o goal average. Os irmandiños perderon ante a anfitrioa (5-0) e gañaron a Baleares (4-3). A fase final disputarase en Cataluña os días 20 e 21 de abril. A primeira semifinal xogarana Andalucía e
18 de febreiro de 2013
Fotografía: FC Barcelona
Venda anticipada para FC Barcelona (sábado 2, 19.30 horas)
A entidade laranxa xa abriu a venda anticipada para o próximo Día do Club, o sábado 2 de marzo, na visita á bomboneira do FC Barcelona Alusport, atrasando o horario habitual ata as 19.30 horas. A afección poderá adquirir as entradas na sede burelista (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) de luns a venres entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas. Os socios adultos
19 de febreiro de 2013
Xuvenís e cadetes comparten Vista Alegre
A Liga Nacional Xuvenil e Deporte Escolar Cadete compartirán o protagonismo de Vista Alegre esta fin semana xunto a Terceira División. Estreará a pista o Cadete A recibindo o sábado ao Cidade de Viveiro (10.00 horas), seguido do Cadete B-Lourenzá Mondoñedo (10.50). O domingo chegará a quenda para os xuvenís, que defenderán a terceira praza ante o pechacancelas, La Junquera (12.00). Esparexidos pola Mariña estarán a ED
21 de febreiro de 2013
Julio Delgado non seguirá no banco do Burela FS
Julio Delgado non seguirá dirixindo ao Burela Fs Pescados Rubén en Primeira División. Onte a última hora da tarde, o vicepresidente da entidade, Manuel Blanco e o Director Xeral José Luís Sáez comunicaron ao técnico a decisión de non seguir contando cos seus servizos tras o acordo adoptado pola Xunta Directiva laranxa. Logo de informar a Julio Delgado, o club iniciou negociacións para cubrir a vacante; polo momento non se formalizou contrato c
21 de febreiro de 2013
O Burela FS B protexerá o podio de Terceira ante o ADFS Bueu
Os pupilos de Iván Cao, Lucas, terán o reto de protexer o podio na 22ª xornada de Terceira, tras a sanción de -3 puntos ao 5Coruña FS por aliñación indebida ante o Leis Pontevedra no último encontro. Con 39 puntos, o Burela FS Pescados Rubén B pelexará por manter a terceira praza no seu poder na visita a Vista Alegre do ADFS Bueu, oitavo (25 puntos). O encontro arrincará ás 16.30 horas do sábado. “Estamos adestran
22 de febreiro de 2013
O líder laranxa desafía a solidez da pista sotorrealeña
O Burela FS Pescados Rubén custodiará a primeira praza da máxima categoría na sólida pista do Soto do Real, oitavo (27 puntos), este sábado ás 18.00 horas. “É unha das pistas máis complicadas. A súa resolución na casa é das mellores da categoría, con Navalcarnero e nós mesmas” dixo Lucía Nespereira, encomiando os números das locais no seu parapeto, con 6 vitorias, 1 empate e tan só as derrotas ante Lacturale (2-4) e Alicante (3-6
22 de febreiro de 2013
Proba superada
O Burela FS Pescados Rubén venceu (1-4) con autoridade na complicada pista do Soto do Real e mantén o coliderato co Atlético de Madrid Navalcarnero, que sufriu un serio correctivo nesta cancha.
A escuadra dirixida por Javier Pardeiro manexou o partido con solvencia e intelixencia ante a defensa zonal proposta polo conxunto madrileño. Peque iniciou a conquista cun gol, no minuto 2, que silenciou o pavillón madrileño, desactivando a intensidade local. As galegas alternaron a presión alta e a defensa en media pista sorprendendo a un Soto do Real que se quedou sen argumentos ofensivos. Por contra, o Burela Pescados Rubén xeraba claras ocasi
23 de febreiro de 2013
O Burela FS B segue en alza
O Burela FS Pescados Rubén B segue en alza. Coa nova vitoria ante o ADFS Bueu (4-2) da fin de semana, a escuadra mariñá segue á espreita da segunda praza de Terceira, custodiada polo Pazos de Borbén, que tampouco defraudou, impoñéndose 1-7 ao Carballiño FS. Os pupilos de Lucas asumiron o control dende o inicio, aínda que con algún desaxuste na circulación de balón, ante un rival forte. O dominio laranxa materializouse a partir do
25 de febreiro de 2013
Fotografía: FC Barcelona
Aínda non tes a túa entrada para o Burela FS-FC Barcelona?
Vas perder o fénomeno deportivo do ano? Evita as filas de Vista Alegre o sábado 2 (19.30 horas) e faite coa túa entrada para o Burela FS Pescados Rubén-FC Barcelona Alusport na venda anticipada. Xa a podes adquirir na sede do CD Burela FS Pescados Rubén, de luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00). Para os menores de 14 anos, o acceso será gratuíto.   PREZOS PARA SOCIOS
25 de febreiro de 2013
Goles e máis goles
As categorías de base viviron unha xornada prolífera de cara á portería, con goles e máis goles. Os cinco compromisos laranxas resolvéronse con 46 tantos a favor e tan só 9 en contra. O Burela FS Cadete A protagonizou a vitoria máis contundente, 20-0, en derbi mariñán co Cidade de Viveiro. A Liga Nacional tamén foi testemuña da puntería burelista, con 15-0 na visita de La Junquera FS. O terceiro triunfo da ED EON Burela FS foi par
25 de febreiro de 2013
O Burela FS presenta a Juanlu como adestrador laranxa en Primeira LNFS
O Burela FS Pescados Rubén xa ten novo adestrador para o histórico proxecto de Primeira LNFS, o madrileño Juan Luis Alonso Doral, máis coñecido como Juanlu. O técnico selou o acordo que o vinculará á entidade mariñá ata 2015 esta tarde na sede laranxa, xunto ao vicepresidente, Manuel Blanco, e o director xeral, José Luis Sáez. “O Burela FS ten un presente difícil, pero un futuro prometedor” aseguraba con optimismo Juanlu na súa ch
25 de febreiro de 2013
Foto: Marca.com
O Burela FS nomeará socio de honra o deportivista Fran (sábado 2 de marzo)
O Burela FS Pescados Rubén nomeará socio de honra o ex–xogador do RC Deportivo de La Coruña, Fran, referencia por excelencia da canteira e da etapa dourada do club herculino, imaxe da superación deportivista, cunha Liga, dúas Copas do Rei e tres Supercopas, ademais de vivir o xúbilo do ascenso a Primeira. Vinte e cinco anos despois do seu debut de branco e azul, Francisco Javier González Pérez (Ribeira, 1969), un dos mellores futb
27 de febreiro de 2013
Convidado de luxo para a base de Vista Alegre
A competición de Deporte Escolar burelista pechará a mañá do sábado con seis citas e un convidado de luxo, a visita a Vista Alegre do ex–xogador do RC Deportivo de La Coruña, Fran González, a partir das 12.45 horas. Ás 10.00 horas tocará a bucina para o Cadete A, ante ACD Xove (Vista Alegre) e o Benxamín, fronte á EDM Cervo (Monte Castelo). Continuarán o ED EON Burela FS Infantil A (10.50) e o Cadete B (11.40),
28 de febreiro de 2013
39 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores