Noticias
Arquivo de Febreiro 2014
Tres puntos para continuar entre as mellores
O Burela FS Pescados Rubén plantouse esta tarde no municipal de Soto del Real para reafirmarse no cume de Primeira División RFEF e non tatexou. Abandeiradas pola visión goleadora da moza Lara, por partida dobre, e a última incorporación, Daniela, as pupilas de Quico Otero non deixaron escapar os tres puntos con 2-3 final para durmir unha xornada máis entre as mellores. Despois do 0-3 do líder Navalcarnero en Gironella, as da Mariña ocupan prov
1 de febreiro de 2014
A Copa Galicia e O Parrulo, destino dos laranxas na última semana de descanso ligueiro
O Burela FS Pescados Rubén comeza a última semana de descanso ligueiro con ganas de competición. Volverá saltar á pista mañá para medirse ao Parrulo FS, de Segunda División, nos cuartos da Copa Galicia (A Malata-Ferrol, 20.00 horas). Para a cita, Juanlu terá a Christian e Iago Míguez como dúbidas, ademais da ausencia de Hugo, intervido de menisco hai un par de semanas. Entrarán na lista de convocados Carlitos, como vén sendo habit
3 de febreiro de 2014
Excesivo castigo para os burelaos na pista da Estrada (4-0)
O Burela FS Pescados Rubén B truncou a súa boa senda na pista da Estrada FS o sábado pasado caendo por 4-0, un excesivo castigo para os laranxas que pagaron moi caro os seus erros. Nunha primeira parte equilibrada, os mariñáns marcharon ao descanso cun electrónico desfavorable de 2 goles (minutos 11 e 12) despois de dous fallos inxenuos en defensa. Con 2-0, o cadro de Lucas intentou a remontar nun segundo período tens
3 de febreiro de 2014
A alerta vermella por temporal obriga a suspender os adestramentos de mañá (martes 4)
Os equipos da ED Burela FS  e CD Burela FS Pescados Rubén non terán mañá, martes 4, adestramentos. A alerta vermella decretada por temporal obriga a suspender as actividades en instalacións deportivas de Burela, segundo comunicou o alcalde, José María González. A Comisión Escolar de Alertas da Xunta de Galicia decidiu a suspensión da actividade docente, o transporte escolar, as actividades no exterior e as extraescolares
3 de febreiro de 2014
O Xuvenil remata a Liga Nacional no podio
O Burela FS Xuvenil rematou o seu periplo na Liga Nacional ostentando o terceiro posto do podio con 33 puntos tras a vitoria fronte ao Vilalba FS (5-2). O título foi conquistado polo Azkar Lugo FS, con 36 puntos, avantaxando en ‘golaverage’ ao Santiago Futsal. A Liga Autonómica tamén trouxo bos resultados para os representantes laranxas, con 3-0 en Cadetes fronte ao ADFS Bueu e 2-0 para os Infantís ante Os Meigall
4 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS en semifinais da Copa Xunta co Azkar, tras a vitoria fronte ao Parrulo (1-3)
O Burela FS Pescados Rubén xa é semifinalista da Copa Xunta de Galicia tras a vitoria de onte fronte ao Parrulo FS (1-3), de Segunda División. Os pupilos de Juanlu recibirán en Vista Alegre o Azkar Lugo FS no seguinte chanzo, antes da final, coa data aínda pendente de acordar entre os dous equipos. O cadro mariñán, con numerosas ocasións aínda que tamén con falta de acerto en finalización, puido adiantarse cun tanto temperán, no m
5 de febreiro de 2014
MATAMOROS 2016
O Burela FS Pescdos Rubén e Jorge Valhermoso Matamoros prolongan a súa relación contractual durante dúas tempadas máis. O killer laranxa lucirá a camiseta do club mariñán ata 2016. O presidente do CD Burela FS, Manuel Blanco Fanego, arroupou a Matamoros na formalización da súa renovación. O máximo mandatario da familia laranxa incidiu na importancia desta renovación “xa que Matamoros é unha aposta segura e fundamental para o crece
6 de febreiro de 2014
Juanlu, na reunión semanal da base xunto ao profesorado da ED Burela FS
Juanlu Alonso, nas Xornadas Teórico-Prácticas do Comité Galego de Adestradores (A Coruña, sábado 8)
O técnico laranxa Juanlu Alonso participará este sábado, 8 de febreiro, nas Xornadas Teórico-Prácticas de Fútbol Sala que organiza o Comité Galego de Adestradores en colaboración coa Universidade da Coruña. O adestrador do CD Burela FS Pescados Rubén clausurará ás 13.00 horas unha mañá de relatorios nas que tamén estarán presentes Xabi López e Diego Ríos, preparador físico e técnico do Azkar Lugo FS respectivamente. A present
6 de febreiro de 2014
ED Burela FS Benxamín 2013-14
Xornada lonxe da casa para as xoias laranxas
Esta fin de semana a base laranxa deixarase ver pouco na casa. Dos diez encontros programados para esta xornada, tan só tres se poderán presenciar en Vista Alegre: os conxuntos Benxamín, Alevín e Infantil C, que se verán as caras con CFS Cidade de Viveiro, Escolas Celeiro Xove e ED Riotorto o sábado, a partir das 10.00 horas. No resto dos encontros de Deporte Escolar, Xove será o destino para o Cadete B e o Infant
6 de febreiro de 2014
Unha nova alerta obriga a suspender os adestramentos e partidos burelistas desta tarde (venres 7)
Unha nova alerta por temporal obrigará a suspender todos os adestramentos e partidos do CD Burela FS Pescados Rubén e da ED Burela FS para esta tarde, segundo a información emitida dende o Concello de Burela na noite de onte.  Prevese un fenómeno meteorolóxico adverso laranxa por vento que poderá acadar alerta vermella p
7 de febreiro de 2014
Suspéndese a actividade do Burela FS para hoxe e o domingo
O CD Burela FS Pescados Rubén suspendeu a actividade nos pavillóns e desprazamentos de todas as súas categorías tanto para hoxe pola tarde coma para o domingo, debido á información remitida dende o Concello de Burela por alerta de temporal, segundo as directrices da Xunta de Galicia. Os aprazamentos de partidos de base afectan á Liga Autonómica Cadete e Infantil, Liga Prebenxamín
7 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura
Tarde de derbis
O Burela FS Pescados Rubén B abrirá mañá unha tarde de derbis en Vista Alegre (16.00 horas). A Terceira División acollerá a 17ª xornada entre os laranxas e o Superti A Pontenova, un apetitoso duelo mariñán como antesala da pugna galega de Primeira División RFEF, coa visita do Valdetires Ferrol FSF (18.30 horas). Á convocatoria de Lucas poderán volver Bruno de Nois e Brais, recuperados das súas respectivas lesións. Quen aínda n
7 de febreiro de 2014
As laranxas estrean a segunda volta na casa con duelo galego
O Burela FS Pescados Rubén estrea a segunda volta na casa coa visita do Valdetires Ferrol FS. O novel rival, penúltimo (11 puntos), abre o recital de duelos galegos para as laranxas tras superar o ecuador de Primeira RFEF. Vista Alegre acollerá o encontro mañá no seu horario habitual, 18.30 horas. “Estamos obrigadas a conseguir os tres puntos se queremos seguir detrás do líder, sobre todo sendo na casa e cun rival que teoricamente
7 de febreiro de 2014
Fotografía: A Caixa Escura
O Burela golea ao Valdetires no derbi galego
O Burela Pescados Rubén vence no derbi galego con absoluta claridade ao Valdetires Ferrol por un contundente 9-2. O duelo entre mariñanas e ferrolanas foi unha película previsible na que a superioridade laranxa plasmouse na pista sen excesiva resistencia visitante, penúltimas clasificadas de la Primera División.
Lidia comezou o choque cun disparo ao pau no minuto inicial, primeiro aviso local que na segunda ocasión non perdoou e Peque marcou o 1-0, minuto 3. As departamentais esperaban encerradas buscando a súa ocasión que apareceu nun contragolpe. Uxía empatou o derbi (1-1) superado o ecuador do primeiro periodo pero simplemente resultou un espellismo xa que na recta final o Burela Pescados Rubén impuxo a súa calidade para situarse con vantaxe de 4-1. D
8 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
O Burela FS queda co derbi nunha segunda parte de remontada
O derbi mariñán de Vista Alegre, entre o Burela FS Pescados Rubén B e o Superti A Pontenova, do sábado quedou na casa tras unha eficaz segunda parte dos laranxas que conseguiron remontar un 0-2 desfavorable e anotar o gol do triunfo a dous minutos para o final. O Superti soubo beneficiarse da primeira parte con dobrete de Santi. Xa no minuto 2 o xogador pontenovés culminou un balón tras un malentendido entre Hélder e Alemán; no mi
10 de febreiro de 2014
Cicloxénese de goles laranxas na fin de semana
Deporte Escolar EDM Barreiros Infantil 1-5 ED Burela FS Infantil B ED Burela FS Infantil C 4-3 ED Riotorto Infantil ED Burela FS Alevín 18-0 Escolas Celeiro Xove FS Alevín A ED Burela FS Benxamín 11-1 CFS Cidade de Viveiro Benxamín
11 de febreiro de 2014
Venda anticipada para a Copa do Rei: Burela FS-Ríos Renovables (martes 18, 20.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén volve á competición por todo o grande. Tan só tres días despois de retomar a liga de Primeira, co Umacón Zaragoza (sábado 15, 18.30 horas, Vista Alegre), o cadro de Juanlu agasallará a bancada laranxa cos cuartos da Copa do Rei; enfronte terá o Ríos Renovables, rival directo en competición ligueira. O partido do martes 18 (20.30 horas) contará coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro
13 de febreiro de 2014
Actividade competitiva para a base laranxa dende o venres
Mañá xa comeza a base laranxa a entretida fin de semana sobre as pistas, con catro competicións en xogo, Autonómica Cadete e Infantil, Deporte Escolar e Liga Prebenxamín da Mariña. Deporte Escolar dará a saída mañá pola tarde, coa visita do Infantil B e Cadete B a Xove (18.15 e 19.15 horas). Ambos os equipos terán outra cita o sábado en Vista Alegre; comezarán os cadetes, ás 10.00, coa EDM O Valadouro, seguidos do
13 de febreiro de 2014
O cadro de Lucas visita o Vilalba FS, farol vermello
O Burela FS Pescados Rubén B visita este sábado o Vilalba Peugeot FS , farol vermello de Terceira. O duelo provincial arrincará ás 18.00 horas, no municipal da vila chairega.  Dende a sétima praza, con 26 puntos, os laranxas desprázanse para facerse co triunfo ante un rival que só leva 9 puntos en 17 encontros. Os locais non puntúan dende a décimo terceira xornada, cita na que se impuxeron ao Ribeira FS por un rifadísimo 7-6;
14 de febreiro de 2014
A pola vitoria e presionar ao líder
O Burela Pescados Rubén afronta outro derbi galego, nesta ocasión medirase ao Cidade As Burgas, undécimo clasificado con 20 puntos, nun duelo correspondente á xornada 18 da Primeira División que se disputará no pavillón ourensán de Os Remedios, sábado día 15 as 17.00 horas.
A escuadra burelesa, segunda con 43 puntos, intentará sacar rentabilidade á xornada xa que o Alcorcón recibe en Santo Domingo ao líder, Atlético de Madrid, e un pinchazo das colchoneiras permitiría reducir as diferenzas na loita polo liderato. O conxunto dirixido por Quico Otero quere ampliar o seu pleno de vitorias nos derbis galegos e para iso deberá ofrecer a súa mellor versión ante o Cidade As Burgas. O equipo ourensán revitaliza a súa compet
14 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura
Volta ao rodos nunha semana con moito traballo
Despois de case un mes de inactividade ligueira debido ao Europeo de Amberes, o Burela FS Pescados Rubén volve aos rodos en Vista Alegre, cunha semana de moito traballo por diante. O primeiro rival será mañá, o Umacón Zaragoza, ás 18.30 horas, como antesala de cuartos de final de Copa do Rei, co Ríos Renovables o martes 18, e de novo a reincorporación á liga na pista do flamante FC Barcelona, o sábado 22 (16.15 horas).
14 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura
O Burela FS supera o Umacón nunha tarde de goles (7-5)
O Burela FS Pescados Rubén superou o atranco do Umacón Zaragoza nunha tarde de moitos goles. Os laranxas, que chegaron ao descanso con desvantaxe (1-2), conseguiron dar a volta ao marcador con hattrick de Burrito, dobrete de Antoñito e pincelada de Mata, despois do tanto inaugural de Iago Míguez. Cando Vista Alegre aínda cantaba pola volta da liga de Primeira LNFS, o Umacón Zaragoza lanzou o seu serio aviso en forma de gol, con C
15 de febreiro de 2014
Triunfo contundente das burelistas sobre As Burgas (0-7)
O CD Burela FS Pescados Rubén resolveu o seu segundo derbi galego da segunda volta con contundencia. A escuadra de Quico Otero non tivo demasiadas complicacións para impoñerse esta tarde sobre ao Cidade das Burgas, cun claro 0-7, con hattrick goleador da pichichi mariñá, Peque, e dobrete da meta Jozi. As laranxas saltaron á pista dos Remedios para facer fronte a un rival moi pechado, á expectativa. Aos poucos as filas burelistas
15 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
O Burela FS B imponse aos vilalbeses con hattrick de Manu e dobrete de Xoel (4-6)
O Burela FS Pescados Rubén B impúxose en derbi provincial ao pechacancelas de Terceira, Vilalba Peugeot FS, con hattrick de Manu e dobrete de Xoel, ademais da contribución de Antón González. Os laranxas valéronse da renda da primeira parte, con 2-4, para facerse cos tres puntos despois dun segundo período no que os locais conseguiron acurtar distancias ata o 4-5. Antes do minuto 5, os mariñáns xa dominaban o marcador con vantaxe d
17 de febreiro de 2014
O Burela FS inicia a andaina da Copa Xuvenil este domingo co Azkar (Vista Alegre, 12.30 horas)
O Burela FS Pescados Rubén inicia a súa andaina na Copa Nacional Xuvenil este domingo, coa visita do Azkar Lugo a Vista Alegre (12.30 horas), vixente campión de liga. Xunto a transportistas e laranxas, no Grupo Norte da competición tamén estará integrado o Vilalba FS. No Sur participarán Noia FS, Santiago Futsal, ADFS Bueu e IES Coruxo. Os burelistas, que remataron a competición regular na terceira praza, mediranse ao
17 de febreiro de 2014
Un chanzo máis para a historia
Continúa a semana intensa de regreso á competición. Despois do traballado triunfo ligueiro do sábado ante o Umacón Zaragoza (7-5), ao Burela FS Pescados Rubén espérao outra cita para seguir subindo chanzos na historia; mañá xogarase o billete para as semifinais da Copa do Rei coa visita a Vista Alegre do Ríos Renovables (20.30 horas). As bancadas laranxas contarán cun invitado de luxo, o seleccionador nacional, José Venancio L
17 de febreiro de 2014
Resultados da fin de semana
Liga Autonómica Cadete CD Burela FS 1-5 Maren O Parrulo FS   Liga Autonómica Infantil ED Burela FS 1-3 O Parrulo FS   Deporte Escolar ACD Xove Cadete 9-3 CD Burela FS Cadete B CD Burela FS Cadete B 4
18 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
Un minuto afasta os laranxas da Copa do Rei
Os laranxas despedíronse hoxe da Copa de Rei ao caer en Vista Alegre ante o Ríos Renovables (2-3). Logo de marcharse ao descanso con 1-0, o Burela FS Pescados Rubén viu como se esvaía a súa vantaxe en tan só un minuto, o 28, no que os visitantes conseguiron perforar a meta mariñá por partida dobre. A escuadra de Juanlu enfrontouse ao partido con garra e ganas de gol desde o asubío inicial, tentando a rede dun Molina que se erixiu
19 de febreiro de 2014
As mellores imaxes laranxas 2013-14, en A Caixa Escura Producións
As mellores imaxes da gran familia que compón o CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14 xa están dispoñibles en A Caixa Escura Producións, dende a fotografía de todos os integrantes do club laranxa ata os cadros das diferentes categorías, sénior e de base. Achégate á avenida Arcadio Pardiñas, 81, entresollado de Burela (982888202), para facerte coas túas fotografías, a partir de tan só 1 euro/unidade.
19 de febreiro de 2014
Axenda de Copa, Liga e Seleccións na base laranxa
As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén terán unha fin de semana atarefa. Ao desenvolvemento dos partidos de Liga Autonómica Infantil, Deporte Escolar e Liga Prebenxamín da Mariña súmanse o comezo da Copa Nacional Xuvenil e a fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-16. Os laranxas Aarón, Noé e Mamadou partirán esta tarde na expedición de Galicia Cadete con rumbo a terras catalás
20 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
A bomboneira desafía o líder de Terceira (sábado 22, 16.00 horas)
A bomboneira desafiará este sábado o líder de Terceira División, Leis Pontevedra (40 puntos). A tan só catro puntos do podio, o Burela FS Pescados Rubén B (sétimo, 29 puntos) recibirá o rival en Vista Alegre, ás 16.00 horas. O envite chega nun momento crucial nas expectativas dos mariñáns. “Temos dúas xornadas seguidas cos de arriba, con primeiro e segundo; estes partidos decidirán se pod
20 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
Emocionante duelo coa visita do UA Alicante, cuarto clasificado
Ao Burela FS Pescados Rubén preséntaselle un emocionante duelo mañá na Primeira División RFEF coa visita a Vista Alegre do guerreiro UA Alicante, cuarto clasificado. O partido, no que as laranxas perseguirán a súa cuarta xornada sen coñecer a derrota, está previsto para as 18.30 horas; nel veranse as caras as dúas máximas goleadoras da elite, Peque (31) e Sareta (25). “Tócano
21 de febreiro de 2014
Asalto ao Palau con Esport 3 e TVG 2 (sábado 22, 16.15 horas)
O Burela FS Pescados Rubén ultima detalles para o asalto ao Palau Blaugrana. A escuadra de Juanlu Alonso medirase mañá ao todopoderoso FC Barcelona Alusport, ás 16.15 horas, con todas as enerxías depositadas en volver puntuar fronte a un dos máis grandes, no podio, e cumprir a súa quinta xornada consecutiva sen coñecer a derrota. O partido será emitido en directo por Esport 3 e TVG 2. “É un parti
21 de febreiro de 2014
Derrota no feudo do campión
O Burela Pescados Rubén cae derrotado ante o poderoso FC Barcelona Alusport por 3-0 no Palau Blaugrana, os mariñáns venderon cara a súa derrota.
A escuadra galega saltou moi concentrada á pista realizando un gran traballo defensivo ante a variedade de recursos ofensivos dos blaugrana. Os bureleses xogaron sen medo ante o poderío local, buscando as súas opcións ofensivas aínda que a presión catalá minimizou o caudal atacante galego e penalizou, no primeiro despiste, ao Burela por mediación de Wilde (1-0), minuto 11. O choque continuou con máxima intensidade en ambas escuadras pero o marcad
22 de febreiro de 2014
Tres puntos valiosos
Vitoria emocionante do Burela Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante (4-3) nun partido moi disputado e equilibrado que Peque decantou no tramo final. O triunfo laranxa permítelle á escuadra de Quico Otero manter o ronsel do líder, Atlético de Madrid, que goleou ao Soto do Real (12-3).
O encontro disputado en Vista Alegre resultou igualado con momentos favorables para ambos conxuntos sendo o Burela Pescados Rubén o que comezou mellor o choque. Durante o dominio inicial das burelesas lograron unha renda de 2-0 con goles de Bea Mateos, tras disparo desde a frontal, e Peque culminando unha rápida transición, minuto 9 de partido. Intentaron crear maior perigo as alicantinas pero o Burela anuló a súa reacción e chegouse ao descanso
22 de febreiro de 2014
Pulo cara ao podio de Terceira para o Burela FS B
O Burela FS Pescados Rubén B recolleu tres importantísimos puntos o sábado na visita do líder a Vista Alegre. A escuadra laranxa conseguiu impoñerse por 2-0 ao Leis Pontevedra FS, un resultado que lle permite seguir aspirando ao podio de Terceira. A bomboneira viviu unha cita intensa e rifada, cun bo comezo do Burela FS B, que conseguiu dominar sobre a pista nos primeiros minutos e se adiantou no marcador por mediación de Manu, mi
24 de febreiro de 2014
Bo comezo laranxa na Copa Xuvenil
Os xuvenís burelistas comezaron con bo pé na Copa Nacional ao impoñerse por 4-2 ao actual campión de liga, Azkar Lugo FS. A fin de semana tamén se tinguiu de vitoria en Deporte Escolar en catro dos seis encontros laranxas. En Autonómica Infantil e Liga Prebenxamín da Mariña, a escola burelá non tivo tanta sorte, con resultados desfavorables para os primeiros por 4-2 e 1-4 e 7-10 para os máis pequenos. Campiona
24 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
O Burela FS recibe o universo Galipizza&Cia
O xerente de Franquicia Galipizza, José Manuel Vázquez, visitou hai uns días Vista Alegre para presenciar un dos adestramentos do equipo laranxa de Primeira RFEF acompañado do presidente do club, Manuel Blanco Fanego. José Manuel Vázquez puido coñecer máis de preto a preparación e dinámica do actual campión de Liga e Copa de España, polo que a empresa Galipizza&Cia aposta co seu patrocinio dende comezos de tempada, e comparti
25 de febreiro de 2014
Axenda de partidos de base
Terceira División I.E.S. Coruxo - CD Burela FS Pescados Rubén B Sábado 1 de marzo, 16.00 horas. Polideportivo As Travesas.Vigo Liga Comarcal Cadete CD Burela FS Pescados Rubén A – EDM Barreiros Venres 28 de febreiro, 19.00 horas. Polideportivo Os Castros. Burela Liga Comarcal Alevín A.D. Santiago de Foz - ED Burela FS Pescados Rubén Sábado 1 de marzo, 12.00 horas. Polideportivo O Cantel. Foz Liga Comarcal Benxamín A.D. Santiago de Foz - ED Burela
27 de febreiro de 2014
Foto: A Caixa Escura Producións
O Burela FS B viaxará moi minguado á pista do Coruxo
O Burela FS Pescados Rubén B, pelexando con Troula e A Estrada pola quinta praza, viaxa esta semana para medirse a outro dos cocos de Terceira, o Concello de Vigo IES Coruxo, segundo clasificado, que pelexa por arrebatarlle o cumio ao Leis Pontevedra, cun tan só un punto de desvantaxe. Aos mariñáns presentáselles unha xornada complicada non só pola entidade do rival senón tamén pola escaseza de efectivos. O municipal das Travesas de Vigo acoll
28 de febreiro de 2014
42 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores