Noticias
Arquivo de Febreiro 2015
Resultados da base durante a fin de semana
Documento adxunto
2 de febreiro de 2015
Luismi e Daniel clasifícanse con Galicia Sub-16 para a final do Nacional
Os burelistas Luismi Nieto e Daniel Bertolo tiveron unha relevante presenza na pugna de Galicia Sub-16 para a fase final do Campionato Nacional de Seleccións Territoriais, que compartirá con Aragón, Cataluña e Valencia. Os irmandiños conseguiron a clasificación para a seguinte rolda tras impoñerse con contundencia ao País Vasco (0-11) e á anfitrioa, Estremadura (6-4), a fin de semana pasada en Plasencia. No primeiro encontro,
5 de febreiro de 2015
Horarios da base laranxa para esta semana
Documento adxunto
5 de febreiro de 2015
A capitanía laranxa Fai equipo pola saúde mental
Os capitáns dos equipos de Primeira División do CD Burela FS Pescados Rubén Iago Míguez e Maite visitaron onte un adestramento da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña no pavillón burelao dos Castros. Os xogadores laranxas participaron nun partido xunto aos usuarios da asociación e os mozos da localidade que colaboran con eles habitualmente nas sesións de fútbol sala, ademais do preparador físico e director da base bure
5 de febreiro de 2015
Duelo provincial na busca busca da terceira consecutiva
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá este sábado en duelo provincial o Valdesuso Peugeot Vilalba FS (Vista Alegre, 16.00 horas), na busca da terceira vitoria consecutiva para os laranxas. Os pupilos de Lucas están vivindo o seu mellor momento da tempada co comezo da segunda volta. Tras os triunfos fronte ao ADFS Bueu (4-3) e a semana pasada ante O Carballiño FS (2-7), ocupan a undécima praza de T
5 de febreiro de 2015
Foto:  Marián García Mesa
Visita á sempre complicada pista do Magna Navarra (venres 6, 20.30 horas)
A 21ª xornada de Primeira División LNFS conducirá ao Burela FS Pescados Rubén á sempre complicada pista do Magna Navarra. O duelo directo entre a oitava praza dos anfitrións (30 puntos) e a novena dos laranxas (26 puntos) decidirase mañá no pavillón Anaitasuna de Pamplona a partir das 20.30 horas. Os de Juanlu chegan a este compromiso tras o valioso empate ante Palma Futsal (1-1) en Vista Alegre fronte ás tres de
5 de febreiro de 2015
Gran rival para seguir mirando cara arriba
O Burela FS Pescados Rubén visita mañá, na 17ª xornada de Primeira División RFEF, a sólida pista do UA Alicante, quinto clasificado (29 puntos); a cita dará o pistoletazo de saída ás 18.30 horas. “Tras o resultado con Navalcarnero comezamos a semana abatidos, pero enseguida conseguimos centrarnos exclusivamente en Alicante. É un gran rival, poderoso, para arrincar a nosa máxima concentración e pelexar por seguir mirando cara a
6 de febreiro de 2015
A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA RATIFICA A SÚA INTEGRACIÓN NA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALVAGARDANDO AS PARTICULARIDADES DO FÚTBOL SALA
A Asemblea Extraordinaria da Federación Galega de Fútbol Sala, celebrada onte na Coruña, ratificou a súa fusión e integración na Federación Galega de Fútbol, salvagardando as particularidades do fútbol sala. Así o apoiou unha amplísima maioría dos compromisarios presentes na xuntanza, con 49 votos a favor e 5 abstencións. A FGF aprobou no mes de agosto os estatutos de fusión coa FGFS, constituíndo o Comité Galego de Fútbol Sala, con Juan Probaos como presidente e José Luis Sáez como vicepresidente. Dando un paso máis neste compromiso, a asamblea de onte avalou o artigo 94 do devandito regulamento, que contou co beneplácito da Xunta de Galicia e da Real Federación Española de Fútbol, defendendo a propia capacidade de decisión na organización competición, calendarios, arbitraxes, así como na elección da súa xunta directiva.
O vicepresidente da FGFS, José Luis Sáez, declarou no programa Galicia en goles da RTVG que “houbo un abrumador apoio de ratificación dos estatutos que xa se aprobaran no seu día pola Federación Galega de Fútbol por unanimidade. O artículo 94 que foi o que agora ratificamos sin ningún voto en contra, ben a decir que o Fútbol Sala, dentro da FGF, terá unha semiautonomía para a organización da competición, calendarios, arbitraxes, así como na elecc
6 de febreiro de 2015
Fotografía: Prensa Magna Navarra. LNFS
O Magna vence en Anaitasuna por 4-1 ao Burela Pescados Rubén
O Magna Navarra fixo valer o factor cancha e logrou vencer (4-1) ao Burela Pescados Rubén nun duelo intenso que se decidiu nos minutos finais. Ambos equipos saltaron ao templo de Anaitasuna con determinación aínda que nos primeiros compases os navarros levaron a iniciativa ante un conxunto galego que se foi asentando defensivamente co paso dos minutos. A solidez laranxa contrastaba coa súa pouca fluidez ofensiva aínda que Bellvert conseguiu ad
6 de febreiro de 2015
Derrota do Burela Pescados Rubén na pista do Universidade de Alicante (3-1)
A Universidad de Alicante sacou tallada dos resultados dos equipos que lle anteceden na táboa para meterse de cheo na loita pola Copa de España tras superar por 3 a 1 en terras levantinas ao Burela FS Pescados Rubén no regreso de Carlos Navarro ao banquiño local. A primeira parte resultou de poder a poder entre alicantinas e burelesas, na que ambos equipos buscaban de inicio facerse coa manixa do partido e presionar a saída do balón rival. O p
7 de febreiro de 2015
Resultados de base 7-8 febreiro 2015
Documento adxunto
9 de febreiro de 2015
O Infantil A gozará da Minicopa de España 2015
O equipo Infantil A do CD Burela FS Pescados Rubén, dirixidos por Mario Pillado e Christian Fustes, gozará da Minicopa de España Cidade Real 2015 baténdose ao Inter Movistar en cuartos de final ao Inter Movistar, o venres 13 de marzo. A Minicopa Infantil de Fútbol Sala celebrarase de forma paralela á XXVI Copa de España Cidade Real 2015 coa participación dos equipos infantís dos oito clasificados para o torneo. Un atractivo máis
10 de febreiro de 2015
Semana de descanso tras o contundente triunfo ante o Vilalba (7-1)
O Burela FS Pescados Rubén B afronta a semana de descanso competitivo en Terceira División tras o contundente triunfo na visita do Valdesuso Peugeot Vilalba FS (7-1), nun duelo provincial ao que os chairegos chegaban pechando a clasificación. Tras o comezo da segunda volta, con 9 puntos de 9 en xogo, os pupilos de Iván Cao, Lucas, son décimos con 19 puntos. O próximo compromiso será o 21 de febreiro, na pista do terceiro clasifica
10 de febreiro de 2015
Iván Cao, Lucas, asumirá dirección do Burela FS de Primeira RFEF tras a saída de Quico Otero
O ata agora adestrador do Burela FS Pescados Rubén B, Iván Cao Valle, Lucas, asumirá a dirección do equipo feminino de Primeira División RFEF tras a saída de Quico Otero. O club laranxa e o viveirense, á fronte do proxecto dende 2013-14 e actual subcampión de liga, rescindiron de común acordo o contrato que vinculaba o técnico á entidade ata finais de 2014-15. Lucas será presentado oficialmente nos próximos días. Na nova etapa do
11 de febreiro de 2015
Lucas, presentado oficialmente polo CD Burela FS Pescados Rubén
O CD Burela FS Pescados Rubén presentou onte pola tarde a Iván Cao Valle, máis coñecido como Lucas, como novo adestrador do equipo de Primeira División RFEF ata finais de tempada. Coa presenza do presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, o novo técnico, ata esta semana á fronte do filial masculino de Terceira División, amosouse moi ilusionado coas novas responsabilidades: “Para min é un gran reto. Agradezo esta posibilidad
13 de febreiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Duelo irmandiño de altos voos, Cidade das Burgas-Burela FS (sábado 14, 17.00 horas)
O CD Burela FS Pescados Rubén estreará adestrador en liga cun duelo irmandiño de altos voos. As laranxas, pechando o podio (37 puntos), visitarán mañá a pista do segundo clasificado, Cidade das Burgas (42); o derbi arrincará ás 17.00 horas, no pavillón ourensán dos Remedios. As burelistas enfróntanse a un rival ao que sucumbiron na primeira volta, con 0-5 en Vista Alegre, e ao que se impuxeron máis recentemente nas semifinais
13 de febreiro de 2015
Vive o Entroido Laranxa co Burela FS-Zaragoza (sábado 14, 18.30 horas)
Vista Alegre prepárase para vivir mañá o Entroido Laranxa coa 22ª xornada de Primeira División LNFS que enfrontará o CD Burela FS Pescados Rubén e o DLink Zaragoza, a partir das 18.30 horas. A entrada será gratuíta para os afeccionados que acudan disfrazados e haberá agasallos para o mellor disfrace adulto e infantil. A bomboneira acollerá o duelo entre a décima praza dos da Mariña (26 puntos) e a duodécima (22) dos aragoneses, qu
13 de febreiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Derrota inxusta nunha tarde de goles: Burela FS Pescados Rubén 5-6 DLink Zaragoza
Vista Alegre foi testemuña no Entroido Laranxa dun partido de goles que virou as costas ao Burela FS Pescados Rubén na recta final. O DLink Zaragoza levou os tres puntos da Mariña (5-6) logo de ir a remolque durante todo o encontro, cun penalti materializado a pouco máis dun minuto para a bucina final. Edu e Abel Budría enseguida se converteron nuns dos grandes protagonistas da cita, con moitísimo traballo baixo os paus e oportun
14 de febreiro de 2015
O Burela FS recupera a senda triunfal na casa do Cidade das Burgas
O Burela FS Pescados Rubén recuperou a senda triunfal esta tarde, no debut de Lucas no banco, levando o derbi galego a domicilio fronte ao Cidade das Burgas (2-3). As laranxas armáronse de intensidade e implicación para marcar os tempos do partido en todo momento. As mariñás saltaron á pista para levar a voz cantante, sendo donas das ocasións e non permitindo o avance do rival, con ocasións só xeradas por perdas burelistas. Gaby
14 de febreiro de 2015
Galicia Benxamín, subcampioa de España
A Selección Galega Benxamín, co vicepresidente da Federación Galega de Fútbol Sala e do CD Burela FS Pescaos Rubén, José Luis Sáez, como xefe de expedición, proclamouse esta fin de semana subcampioa de España en Asturias. O combinado irmandiño, que gañou o billete para a final tras vencer a Andalucía (2-1), non puido impoñerse na cita definitiva (2-1) a Castela A Mancha, que chegou á pugna polo título tras un contundente 1-7 fronte a Cataluña.
16 de febreiro de 2015
Final Copa Galicia 2014
Mosteiro Bembrive, próximo destino dos laranxas. Cuartos de Copa Galicia
O Burela FS Pescados Rubén aparcará mañá a preparación ligueira, antes de desprazarse á pista de titánico ElPozo Murcia (venres 20, 21.00 horas), para medirse ao CD Mosteiro Bembrive, de Segunda División B, en cuartos da Copa Galicia. A cita disputarase no pavillón vigués de Bembrive, a partir das 21.00 horas. Os de Juanlu xa se viron as caras cos pontevedreses na segunda eliminatoria da Copa do Rei, con vitoria para o Bembrive t
16 de febreiro de 2015
Fotografía: Xoán Carlos Gil
Vitoria ante o Mosteiro Bembrive (2-5) e pase a semifinais da Copa Galicia
O Burela Pescados Rubén logrou o pase a semifinais da Copa Galicia tras vencer no duelo de cuartos ao Mosteiro Bembrive por 2-5. O encontro disputado na pista do conxunto pontevedrés comezou co conxunto burelés tomando a iniciativa e plasmando no marcador a súa superioridade. No minuto dez o Burela Pescados Rubén xa vencía por 0-3 con goles de Matamoros, Behroz e de novo Matamoros, esta vez desde o punto de penalti. O Bembrive apenas inquietaba a
18 de febreiro de 2015
Fotos: Marián García Mesa
Recuperando sensacións e efectivos para o gran reto ante ElPozo (venres 20, 21.00 horas)
O Burela FS Pescados Rubén afronta a 23ª xornada de Primeira División LNFS, na casa do titánico ElPozo Murcia FS, recuperando sensacións, tras o pase a semifinais da Copa Galicia, e efectivos, co regreso de Isi, logo dun mes apartado por unha rotura de fibras. O partido, que arrincará ás 21.00 horas no Palacio dos Deportes de Murcia, poderá seguirse en directo por Onda Regional de Murcia. O equipo mariñán chegará
19 de febreiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
Juanma estrea banco na pista do Santiago Futsal
O secretario técnico do CD Burela FS Pescados Rubén e segundo de Juanlu en Primeira LNFS, Juanma Marrube, estrearase á fronte dos bancos o sábado coa visita do equipo laranxa de Terceira División á pista do Santiago Futsal B (Santa Isabel, 17.00 horas). Juanma colle as rendas do filial mariñán no momento máis doce dun conxunto repleto de novas promesas, que encadea pleno de triunfos na segunda volta, con 9 puntos
20 de febreiro de 2015
O Burela FS recibe o Móstoles co debut de Lucas en Vista Alegre
O Burela FS Pescados Rubén recibirá mañá o Móstoles FSF ás 18.30 horas. A 19ª xornada de Primeira División RFEF será o primeiro encontro de Iván Cao, Lucas, en Vista Alegre á fronte do equipo mariñán: “A medida que se achega o momento van aparecendo os nervios por ver desde o banco o grande ambiente de Vista Alegre nos partidos de Primeira, pero supoño que unha vez que soe o asubío inicial todo desaparecerá; a miña experiencia sobre a pista in
20 de febreiro de 2015
Fotografía: Prensa ElPozoMurcia. LNFS
O Burela Pescados Rubén roza a sorpresa ante ElPozo Murcia
O Burela Pescados Rubén a piques de dar, outra vez, a sorpresa no Palacio dos Deportes de Murcia onde ElPozo Murcia conquistou os tres puntos tras vencer (5-4) cun gol de Álex no último minuto. O conxunto de Juanlu Alonso realizou un excelente encontro no que tuteou á escuadra de Duda que tivo que tirar de calidade e moito esforzo para doblegar aos bureleses.
O choque comezou cun ritmo trepidante e os murcianos adiantáronse pronto por mediación de Grello. A pesar do 1-0, o Burela Pescados Rubén non se amedrentou plantando cara e ofrecendo un gran nivel de xogo. O premio chegou co empate (1-1) conseguido por Matamoros, minuto 9. Ambas escuadras buscaban con descaro a meta contraria con alternancia no control do xogo. O marcador desequilibrouno Álex, o meta laranxa observou a posición adiantada de Iago
21 de febreiro de 2015
Fotografía: Marián García
Derrota do Burela por 1-2 ante un Móstoles eficaz
O Burela Pescados Rubén deixou escapar tres puntos de Vista Alegre ante un Móstoles que venceu no feudo burelés por 1-2 aproveitando ao máximo as súas oportunidades. O partido comezou con boa sintonía no conxunto laranxa que tomou a iniciativa e xerou boas oportunidades de gol que Etayo, porteira mostoleña, desbaratou con solvencia.
O Móstoles non conseguía frear o impulso local, Peque disparou ao pau e minutos despois asistiu perfectamente a Tainã que abriu o peche visitante. Co 1-0 o Móstoles intentou estirarse un pouco máis e sacou petróleo para remontar o encontro. O empate (1-1) chegou tras un córner que rematou María Otero e o 1-2 foi obra de Inma, a quince segundos do descanso. Con este resultado chegouse ao descanso e na continuación as pupilas de Lucas saíron con án
21 de febreiro de 2015
O CD Burela FS lanza o álbum das Estrelas Laranxas
As Estrelas Laranxas xa teñen o seu propio álbum oficial. A colección da tempada 2014-15 con fotografías de toda a familia do CD Burela FS Pescados Rubén foi presentada esta mañá polo presidente da entidade, Manuel Blanco, acompañado polo secretario técnico, Juanma Marrube. Un total de 213 fotografías individuais de deportistas e técnicos, ademais dos 14 cadros, compoñen o coidado álbum do club mariñán, coas categorías prebenxamí
25 de febreiro de 2015
En recordo de Rosalía
O CD Burela FS Pescados Rubén recordou onte a grande escritora galega Rosalía de Castro no 178º aniversario do seu nacemento participando na súa xa tradicional cita co Maratón de Lectura que organiza dende hai cinco anos o Colectivo Cultural Buril de Burela. Participaron as promesas de Primeira División LNFS Carlitos e Erik, xunto ao preparador físico Alfonso Mera, ademais da meta Patri e a xogadora Kiko, de Primeira RFEF. A Esmor
25 de febreiro de 2015
Horarios de partidos de base
Documento adxunto
27 de febreiro de 2015
Duelo directo en Terceira División en Vista Alegre
O Burela FS Pescados Rubén B disputará mañá un duelo directo en Vista Alegre, na xornada 18 de Terceira División, coa visita do CP Casás. A décima praza dos da Mariña, con 29 puntos, e a novena dos de Lugo, con 22, medirán as súas forzas a partir das 16.00 horas no compromiso de estrea de Juanma na bomboneira á fronte dos laranxas. Santiago Futsal 3-1 Burela FS B A semana pasada, o derbi de filiais na
27 de febreiro de 2015
Cita galega, co Amarelle, antes do descanso
O Burela FS Pescados Rubén disputará cita con aires galegos este sábado, na pista do Viaxes Amarelle (Sagrada Familia, 18.00 horas) correspondente á 20ª xornada de Primeira División RFEF, antes do parón ligueiro pola fase final do Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-21 Feminino (Murcia, 8-9 de marzo). O cadro de Iván Cao, Lucas, plantarase na cidade herculina co firme obxectivo de recuperar as rendas da vitoria tra
27 de febreiro de 2015
O Burela porá a proba a súa sólida defensa ante a capacidade ofensiva do Marfil
O Burela FS Pescados Rubén recibe mañá en Vista Alegre ao Marfil Santa Coloma nun duelo de iguais con 1 só punto de distancia entre a novena praza dos cataláns (27 puntos) e a undécima dos galegos. Os pupilos de Juanlu saltarán á pista ás 18.30 horas para poñer a proba a sólida defensa laranxa ante o envite ofensivo dos visitantes, máximo goleador da competición (115 tantos a favor).
O conxunto burelista chega á cita sen contratempos, con pleno de efectivos, logo de plantarlle cara ao mismísimo ElPozo Murcia (5-4), a piques de dar a sorpresa. “Estamos nun bo momento de forma, probablemente no mellor momento de xogo da tempada, pero pésanos un pouco a racha de cinco partidos sen gañar; necesitamos romper esa dinámica” falaba así Juanlu da actualidade laranxa. “Medirémonos a un rival que está nunha etapa pos
27 de febreiro de 2015
Foto: Marián García Mesa
O Burela FS empata o Marfil (3-3) merecendo máis
O Burela FS Pescados Rubén suma na 24ª xornada un punto tras un traballado empate na visita do Marfil Santa Coloma á Mariña (3-3), unha cita na que os laranxas mereceron máis, na que a ansiedade nos últimos metros lles restou efectividade. Galegos e cataláns viviron unha primeira parte máis equilibrada do que reflectiu o 0-2 ao descanso. Ambas as escuadras saíron apostando polo ataque. Antes de cumprirse o primeiro minuto Rafa López
28 de febreiro de 2015
Triunfo claro do Burela FS na pista do Amarelle (0-4)
O Burela FS Pescados Rubén volveu demostrar que se lle dan ben os derbis irmandiños esta tarde cun claro triunfo na pista do Viaxes Amarelle (0-4), nun encontro no que os goles se lles resistiron ás pupilas de Lucas ata rozar o descanso. Tiveron que armarse de paciencia as mariñás ante un rival pechado atrás, á espera. Co paso dos minutos, o cadro laranxa foi gañando en perigo ata que a falta de 1 para finalizar o primeiro período Shiori in
28 de febreiro de 2015
35 noticias atopadas
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores